PROXECTO LECTOR DE CENTRO 2020-21

Page 1

PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

CURSO 2020/21

PROXECTO LECTOR DE CENTRO - INTRODUCIÓN 1. ANÁLISE DO CONTEXTO 2. OBXECTIVOS 3. PRINCIPIOS DE ACTUACIÓN DIDÁCTICA E AXENTES IMPLICADOS

4. ORIENTACIÓNS DIDÁCTICAS PARA O TRATAMENTO DA COMPRENSIÓN

LECTORA E DO VOCABULARIO ESPECÍFICO EN TODAS AS MATERIAS DOS DISTINTOS NIVEIS EDUCATIVOS 5. APLICACIÓN DA COMPRENSIÓN LECTORA NA AULA

6. ACTUACIÓNS CONCRETAS DO CENTRO DESTINADAS AO FOMENTO DA

LECTURA E DA ESCRITURA E Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS (INTEGRADAS NO PAL) 7. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DO PROXECTO

LECTOR

1


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

CURSO 2020/21

- INTRODUCIÓN O Proxecto Lector é un documento interno e peculiar para cada centro educativo, no que se deben integrar todas as intervencións destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades informativas, favorecendo activamente a adquisición das competencias clave co currículo, a saber: • Comunicación lingüística (CCL) • Competencia dixital (CD). • Competencia para aprender a aprender (CAA). • Competencias sociais e cívicas (CSC). • Conciencia y expresiones culturales (CCEC). • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT) • Sentido da iniciativa e espíritu emprendedor (CSIEE) O desenvolvemento da competencia lectora -nas súas vertentes comprensiva, expresiva e crítica- e investigadora cómpre prantexalo como un proceso a longo prazo, que debe concretarse en actividades habituais integradas no currículo da E.S.O. e debe perseguir uns obxectivos comúns a todas as áreas curriculares e etapas da Secundaria. Agora ben, nun centro como o IES de Curtis, que integra diferentes modalidades de ensinanzas (ESO, Bacharelatos, Ciclos Formativos e Formación Profesional Básica I e II) cómpre elaborar un plan extensivo a todo o alumnado, con variedade de actividades de fomento da lectura e de perfeccionamento comunicativo e da educación documental (busca e análise de información de diversa natureza). Segundo a lexislación vixente, os centros de ensino disporán dunha biblioteca escolar: este recurso educativo contribuirá ao fomento da lectura, axudará a que alumnado acceda á información e a outros recursos para a aprendizaxe nas diferentes áreas e materias, e axudará a desenvolver habilidades para investigar e enxuizar con acerto. Polo tanto a biblioteca escolar debe contribuír a facer efectivos os principios pedagóxicos referidos á lectura. O espazo que vimos de mencionar é un instrumento imprescindible para a posta en práctica do noso Proxecto Lector de Centro. O profesorado debe organizalo e dinamizalo como un centro de recursos para a lectura, a información, a aprendizaxe e o desenvolvemento persoal, de xeito que o alumnado adquira un hábito continuado que reforce a súa formación permanente. Entendemos que a biblioteca escolar non só é un lugar integrado na actividade pedagóxica en todas as áreas curriculares do ensino, senón tamén un lugar que debe facilitar recursos variados encamiñados ao fomento da lectura e das habelencias interpretativas; debe,

2


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

CURSO 2020/21

polo tanto, entenderse como un verdadeiro elemento transversal dentro da comunidade educativa. Por todo isto, é preciso o compromiso de todo o profesorado para que esta funcione como elemento dinamizador da actividade educativa e da vida cultural do centro. De xeito simultáneo, xunto co funcionamento da biblioteca, deben tamén entrar en acción os departamentos co seu traballo específico para buscar a comprensión e a expresión correcta nas súas materias. E, como non podía ser doutra maneira, as familias tamén teñen un papel relevante neste proceso, como axentes concienciadores da importancia da lectura e do coñecemento como elemento formativo e socializador.

Partindo destas premisas xerais, que serven como introdución á nosa concepción do Plan Lector, pasamos agora a un primeiro paso, que será unha análise da situación real do centro nestes últimos cursos.

3


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

CURSO 2020/21

1. ANÁLISE DO CONTEXTO

O alumnado A maioría do alumnado do noso centro reside no medio rural e forma parte de familias

que viven, fundamentalmente, das actividades relacionadas co sector primario: agricultura, gandería e construción, con dificultades para desprazarse ata outros centros de acceso á cultura dende os seus domicilios; os servizos de documentación da área de influencia do IES son escasos e están centralizados nas vilas (Curtis e Teixeiro), polo que resultan de todo insuficientes para a formación intelectual destes alumnos. Isto implica que a biblioteca do propio Instituto

sexa o lugar mais accesible para eles, tanto para a consulta como para o

préstamo domiciliario de fondos bibliotecarios. O I.E.S. Curtis está situado na vila da que toma o seu nome e acolle alumnado procedente de todo o concello e concellos limítrofes, fundamentalmente por impartir dous Ciclos Formativos de Grao Medio (Automoción e Informática), ademais de ESO, Bacharelato e FPBÁSICA I e II.

PLANTILLA DO CENTRO (54 ) PERSOAL DOCENTE

47

PERSOAL NON DOCENTE

7 TOTAL DE ALUMNADO (238)

ESO 1º ESO

34

2º ESO

24

3º ESO

32

4º ESO

28

BACHARELATO 1º BAC

29

2º BAC

30

FP BÁSICA FP BÁSICA I

4

FP BÁSICA II

8

CICLOS FORMATIVOS CF AUTOMOCIÓN

29

CF INFORMÁTICA

19

4


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

CURSO 2020/21

Como antes se sinalou, o instituto atópase no medio rural; as dificultades para acceder a centros e eventos culturais son evidentes, en tanto que en varias poboacións non hai bibliotecas e o horario dos transportes tampouco facilita o desprazamento a outros núcleos de poboación maiores (Santiago, A Coruña…). A tecnoloxía informática tampouco está introducida en todos os fogares: nalgúns lugares as conexións non son boas e noutros as dificultades económicas impiden que as familias conten con este tipo de recursos. Estas características determinan as dificultades que o alumnado presenta para acceder a actividades culturais e á hora de perfeccionar a súa competencia lectora e dixital. E nese sentido a biblioteca do centro vai ser un importante instrumento de compensación social. A isto engádese a presenza, aínda que minoritaria, de alumnado inmigrante. Nestes últimos cursos a lectura, moi ligada á biblioteca e ao club de lectura, vén sendo unha ferramenta importante para integrar ao alumndo de procedencia estranxeira… As reunións do club facilitan o enriquecemento a través da multiculturalidade e contribúen, frecuentemente, á acollida de alumnado doutras culturas. Asemade, tampouco esquecemos outro tipo de alumnado con necesidades educativas especiais. Promoverase a compra de materiais de lectura para o alumnado destas características, en colaboración coa profesora de Pedagoxía Terapéutica e coa Orientadora do centro.

O profesorado No IES de Curtis traballan 50 profesores de diferentes especialidades. En xeral, son conscientes da importancia das boas prácticas lectoras e do papel que nas aulas se lle debe dar á lectura. Tamén o son das dificultades que mostra o alumnado neste campo e mostran o seu compromiso e boa disposición para mellorar, desde as súas áreas curriculares, a competencia comunicativa e documental dos alumnos.

A biblioteca escolar

A Biblioteca está situada na planta baixa do edificio principal, cerca dos accesos principias ao Centro. Ten unha superficie aproximada de 90 m2 e capacidade para 58 alumnos nunha situación normal. Certo é que, en determinados momentos, nestes últimos cursos, o espazo resultaba insuficiente. A chegada da pandemia creada polo COVID-19 fixo que se reducise o aforo deste lugar e tamén algunhas dinámicas do seu funcionamento: ofrécense 21 postos de traballo e/ou lectura e 7 postos informáticos. Os protocolos de limpeza son exhaustivos e habilitouse unha modalidade telemática de petición de préstamos.

5


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

CURSO 2020/21

Esta dependencia do IES está dividida en tres subespazos: un de lectura (que houbo que cambiar de ubicación por mor das distancias de seguridade), outro de estudo (con mesas de traballo e equipos informáticos) e un terceiro ambivalente, de lectura ou de proxección (con equipo multimedia e proxector; a mesa de lectura informal coa que se contaba houbo que retirala de xeito provisional ). Os espazos aos que nos referimos aparecen diferenciados ao intercalar entre eles andeis cheos de libros, que están abertos para permitir o acceso directo á lectura por parte dos usuarios. Neste curso tan atípico, vimos de colocar carteis que avisan da imposibilidade de coller directamente os libros, xa que o feito de que varias persoas os toquen de xeito sucesivo pode resultar perigoso no contexto da pandemia: cómpre pedilos ao profesor do equipo de biblioteca que estea de garda. No tocante á xestión e catalogación de fondos, na actualidade a Biblioteca está automatizada, temos instalado o "Meiga" na súa última actualización.. Os procesos de empréstitos e devolucións fanse, agora mesmo, a través do programa no que o fondo esté catalogado (por medio do lombiño é claramente identificable co programa utilizado na catalogación). Na última década,

a biblioteca do IES de Curtis rexistra unha actividade moi

reseñable. É moi amplo o número de usuarios que fan un uso frecuente dela con fins variados: lectura silenciosa, audición de lecturas en alta voz, elaboración e exposición de traballos académicos, consultas puntuais, desenvolvemento de sesións lectivas organizadas ó redor de tarefas de indagación, tertulia para os clubs de lectura, demandas para levar en préstamo, obradoiros de lectura crítica … Ben é certo que a concesión do PLAMBE supuxo unha importante axuda para optimizar a rendibilidade académica do espazo. Un equipo de varios profesores, pertencentes a diferentes departamentos didácticos, traballan a diario en tarefas de catalogación, formación de usuarios, dinamización lectora, actualización de fondos, deseño de actividades de aprendizaxe e de obradoiros, etc. Os fondos documentais cos que conta a Biblioteca Sarmiento (vimos, recentemente, de superar os 12.000)

pertencen maioritariamente ao ámbito dos materiais impresos de tipo

bibliográfico (desde o libro en variados formatos e tipos ata publicacións periódicas, como as revistas...). Están tamén a disposición dos usuarios

soportes de lectura dixital, que poden ser

usados para ler títulos descargados neles polo propio centro ou para descargas feitas polo propio alumnado ou profesorado. As achegas en soportes audiovisuais son menores, aínda que se está enriquecendo de xeito reseñable o número de fondos: a maior parte deste material son DVD con algún contido documental ou de cine de distintas épocas e nacionalidades adquiridos nos

6


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

CURSO 2020/21

últimos tempos; cómpre sinalar o esforzo que nestes últimos anos se está a facer para concienciar á comunidade educativa da contribución que a linguaxe fílmica fai na alfabetización informacional do individuo. Desde o equipo de biblioteca e tras a análise da situación real do centro, acometemos a concreción do Plan Lector do IES de Curtis, co propósito de non elaborar un documento cheo de xeneralidades e sen valor práctico: é unha proposta realista, viva, flexible, funcional e obra dun equipo moi sensibilizado coa necesidade e utilidade da lectura e das habilidades informacionais.

7


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

CURSO 2020/21

2. OBXECTIVOS A lectura comprensiva non é tarefa exclusiva das áreas de lingua: é obriga das familias e do profesorado poñer os medios necesarios para que os alumnos e alumnas comprendan e interpreten correctamente textos escritos, orais ou verbo-icónicos de distinto tipo, de variada temática e con diverso formato ou soporte: revistas, xornais, DVD, cd-rom, xogos multimedia, contidos na rede , etc. O noso obxectivo é deseñar un proxecto lector personalizado para o centro, establecendo uns criterios comúns para todas as áreas que, despois, se adaptarían aos distintos departamentos didácticos encargados de elaborar obxectivos, contidos e actividades concretas de lectura. A biblioteca sería unha peza de gran axuda na labor cotiá dos departamentos e tamén un importante instrumento para o desenvolvementos da autonomía persoal e das habilidades sociais. Este proxecto pretende ser sinxelo, realista, consensuado e baseado no fomento das boas prácticas lectoras na tarefa cotiá de todos os profesores e alumnos. Para conseguir mellorar neste aspecto, márcanse como esenciais os seguintes obxectivos: 1. Potenciar a comprensión lectora como base de toda aprendizaxe, como axuda para mellorar a comunicación oral e escrita, e como estímulo do espírito crítico, contribuíndo, en definitiva, ao crecemento persoal do alumnado 2. Integrar as actividades de comprensión lectora no contexto da clase e no traballo diario, respondendo ás características e necesidades propias de cada materia 3. Traballar a lectura comprensiva xunto coa escritura e a expresión oral en todas as materias do currículo 4. Asumir que esta tarefa non é responsabilidade exclusiva das materias de Lingua, senón que é necesaria a participación de todas 5. Implicar as familias no obxectivo de elevar a comprensión lectora dos seus fillos e fillas. Polo tanto débeselles informar da existencia deste Proxecto Lector e pedir a súa colaboración 6. Deseñar actividades de comprensión lectora por materias, ciclos e cursos que teñan como marco os principios do proxecto lector de centro

7. Programar actividades de animación lectora no marco do Proxecto lector de Centro

8


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

CURSO 2020/21

8. Utilizar os recursos da biblioteca escolar, o que contribuirá a actualizar os seus fondos e a facelos rendibles 9. Considerar a biblioteca do IES de Curtis coma un espazo central da vida diaria do centro, tanto para alumnado como para profesorado 10. Dedicar sesións de titoría a ensinar aos alumnos a aproveitar todos os recursos da biblioteca e a facer deles individuos cada vez máis competentes na comunicación a través de distintos códigos e canles

11. Considerar a comprensión lectora como unha materia transversal que implica a todas as que integran o currículo de cada curso, que esixe o uso de distintos espazos e que se pode traballar de diversos xeitos: en voz alta ou en silencio, co profesor ou co alumno de protagonistas, en dramatizacións ou en recitais, individualmente ou con varias voces …

9


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

3.

PRINCIPIOS

DE

ACTUACIÓN

CURSO 2020/21

DIDÁCTICA

E

AXENTES

IMPLICADOS O Equipo directivo e o Consello Escolar: 1. Asumirán o Proxecto como tarefa primordial cada curso escolar. Para isto, facilitarán os recursos humanos e materiais dos que poidan dispor 2. Saben que a familia ten que constituír un eixo fundamental no Proxecto Lector e debe invitala a colaborar eventualmente nas actividades lectoras do centro e a motivar a lectura dos seus fillos e fillas na casa, tarefa formativa na que pais e nais son fundamentais

A Comisión de Coordinación Pedagóxica: 1. Será informada de calquera iniciativa relacionada coa mellora das habilidades lectoras. Esta comisión, á súa vez, comprométese a transmitir esta inforción aos departamentos, a través das persoas que desempeñan as xefaturas de cada un. Tamén debe ser axente de propostas e suxestións para renovar PL e PAL.

O equipo de biblioteca: 1. Comprométese a colaborar activamente cos departamentos didácticos do centro á hora de proporcionarlles material didáctico, teórico e práctico, encamiñado á inclusión de actividades de fomento da lectura e comprensión lectora nas distintas programacións 2. Colaborará activamente na posta en práctica das actividades de fomento da lectura e de alfabetización informacional ao longo de todo o curso 3. Manterá axeitadamente os fondos documentais, en orde e cunha boa accesibilidade para os usuarios. Ademais, actualizará o catálogo en consonancia coas necesidades pedagóxicas do centro e coas suxerencias da comunidade educativa 4. Levará a cabo a formación dos usuarios da biblioteca de cara ao seu aproveitamento óptimo nas tarefas de busca de información ou de lecer

10


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

CURSO 2020/21

5. Responsabilizarase, en coordinación co equipo directivo, da actualización dos documentos que recollen as liñas fundamentais de actuación no que se refire a promoción de lectura e mellora da competencia lingüística. Este Proxecto Lector, concretado nos Plans Anuais de Lectura, incorporarase ao Proxecto Educativo de Centro co fin de traballar a comprensión lectora de modo sistemático.

11


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

4.

ORIENTACIÓNS

DIDÁCTICAS

PARA

CURSO 2020/21

O

TRATAMENTO

DA

COMPRENSIÓN LECTORA E DO VOCABULARIO ESPECÍFICO EN TODAS AS MATERIAS DOS DISTINTOS NIVEIS EDUCATIVOS Unha correcta comprensión lectora favorece a adquisición e comprensión do vocabulario específico propio de cada materia, co fin de acadar precisión e rigor na expresión dos conceptos de área e enriquecer os rexistros lingüísticos do alumnado. O currículo está mediatizado pola linguaxe, sexa oral ou escrita, e os coñecementos das distintas disciplinas artéllanse, en gran parte, de forma lingüística. Ademais, se os alumnos non dominan as técnicas para comprender textos escritos, péchaselles unha porta de acceso ao coñecemento e ao crecemento persoal. Para que o proxecto de lectura funcione, cómpre contar coa colaboración do profesorado dos departamentos didácticos, que poderán traballar guiándose polas seguintes liñas de actuación: • Deseñar actividades lectoras que se integren no contexto da clase e no traballo diario, que respondan ás características de cada materia e que se baseen nos obxectivos xerais do proxecto lector do centro • Compartir estratexias e recursos cos demais departamentos, e actuar conxuntamente, sempre que sexa posible • Propor actividades de animación á lectura en diferentes niveis educativos, axeitadas ao perfil académico do alumnado • Aproveitar os recursos da biblioteca e contribuír á actualización dos seus fondos • Non esquecer que a finalidade última do Proxecto é implicar na lectura o alumnado: é por iso que convén buscar actividades novas, motivadoras e axeitadas ao perfil dos alumnos. Aparte destas orientacións xerais para todo o alumnado, o profesorado deberá prestar axuda a aqueles rapaces e rapazas que mostren DIFICULTADES LECTORAS, tanto de comprensión como de expresión. Para iso recoméndase:

Ir descifrando cos alumnos que teñen dificultade os textos ata conseguir a súa comprensión

12


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

Non conformarse coa memorización literal dos textos

Comprobar sistematicamente se realmente o comprenden

CURSO 2020/21

Analizar o vocabulario Fomentar o hábito de preguntar e consultar ao profesorado o que non entenden. Para isto débense estimular os alumnos para que pregunten, evitar comentarios negativos, impedir que se sintan cohibidos ou ridículos, etc.

Facer que o alumnado entenda a importancia que ten para a súa aprendizaxe o feito de comprender ben o que le e acostumalo a empregar os dicionarios en liña

Invitar o alumnado a esforzarse en deducir o significado dunha palabra polo seu contexto ou a partir da súa etimoloxía. Para iso, en cada aula debe haber un dicionario actualizado de lingua galega e de lingua castelá ou ben un ordenador con conexión á Internet para acceder ás versións en liña dos dicionarios da RAE e da RAG

É moi importante fomentar no alumnado unha cultura da lectura e inculcarlle a idea de que, aínda que ler require un esforzo, é gratificante

Finalmente, convén practicar a lectura en voz alta, pois esta axuda á comprensión e permítenos comprobar moitas veces se o alumno comprende ou non o que le. Ademais, a lectura en voz alta mellora a dicción, a capacidade de expresarse en público con soltura, axuda ao alumno a vencer a timidez e o medo a enfrontarse ao “público”; por último, prepara os individuos para o seu futuro laboral.

13


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

CURSO 2020/21

5. APLICACIÓN DA COMPRENSIÓN LECTORA NA AULA - Consideramos que cada área de coñecemento, cada materia,

ten unha linguaxe

específica e un vocabulario concreto; polo tanto:

• Axudarase aos alumnos a coñecer e empregar a terminoloxía axeitada en cada ámbito do saber para que se desenvolvan con soltura nas tarefas comprensivas e expresivas do mesmo • Elaborarase unha lista de termos fundamentais de cada materia co fin de observar a evolución da capacidade lectora e de comprensión conceptual do alumnado • É imprescindible coñecer o significado claro de todos os conceptos, non só para a súa comprensión, senón para incorporalos á linguaxe oral e escrita • Debe procurarse que os alumnos coñezan a orixe etimolóxica e a evolución histórica dos termos para ampliar o seu horizonte cultural e facilitar a relación entre os coñecementos das distintas áreas – Para mellorar a comprensión lectora das unidades didácticas deseñadas polo profesorado, resultará fundamental:

• Ler detidamente os textos • Reler en silencio • Facer preguntas dirixidas cara a comprensión do texto • Analizar o vocabulario • Activar as ideas previas • Relacionar o texto lido con outras experiencias • Facer resumos, esquemas ou mapas conceptuais • Extraer a idea principal

14


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

CURSO 2020/21

• Propor outros títulos - Para romper o hábito de ocultar que non se comprende, o profesorado pode facer uso das seguintes pautas de actuación:

•Intentar que o alumno supere o sentido do ridículo e prestar unha atención especial aos máis tímidos •Facilitar que pregunten •Non levantar a voz nin enfadarse ante as dúbidas ou as preguntas reiteradas, senón ter una actitude comprensiva •Animar o alumnado á participación • Ter pacencia, repetir as explicacións de xeito diferente ou facelo coa colaboración de outros compañeiros • Facilitarlles que pregunten de forma indirecta (escrita) • Crear un clima de respecto, atención e colaboración - Para activar o clima de participación na aula e lograr un ambiente participativo, o alumno deberá:

Respectar as quendas de palabra

Aprender a escoitar

Reflexionar antes de falar

Comprender que todas as ideas, se son respectuosas, son válidas e defendibles e que non pasa nada por equivocarse

Formular preguntas sobre os textos tanto ao profesor como aos compañeiros

Expoñer as preguntas con seriedade

15


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

-

CURSO 2020/21

Aprender a defender teses ou a rebatelas, argumentando correctamente

Emprender unha segunda lectura despois de prantexadas as cuestións

Para a comprensión do vocabulario específico de cada área, realizaranse as

seguintes actividades:

• Buscar sinónimos e antónimos • Estudar prefixos, sufixos, familias de palabras, campos semánticos, etc. • Subliñar as palabras que non se entenden

- Para mellorar a comprensión e a expresión oral, proponse: • Que o profesorado lea en voz alta para servir de modelo e referente aos alumnos ▪Avaliar a comprensión lectora do alumno mediante a lectura en voz alta de textos • Que o alumno lea tamén en voz alta, resuma e/ou opine sobre a mensaxe lida. • Definir, de forma oral, termos que se traballaron e comprenderon

16


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

6.

ACTUACIÓNS

CONCRETAS

DO

CURSO 2020/21

CENTRO

DESTINADAS

AO

FOMENTO DA LECTURA E DA ESCRITURA E Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS (INTEGRADAS NO PAL) - ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS. No que a formación de usuarios e educación documental se refire, ao comezo da actividade académica o alumnado dos primeiros cursos da etapa de ESO e de 1º de Bacharelato (unha parte vén doutros centros) visitará a biblioteca acompañados do seu titor e dun profesor do equipo que traballa neste espazo. Nestas primeiras visitas o alumnado recibirá información, proporcionada por membros do equipo de biblioteca sobre:

• A BIBLIOTECA EN XERAL: Como se distribúe, normas, o que se pode atopar, horario. profesor responsible… • CONDICIÓNS DO EMPRÉSTITO E DEVOLUCIÓN: Como podo pedir emprestado un libro? Cantos libros podo levar? Cando os teño que devolver? Pódense sacar da biblioteca todos os tipos de libros?

• COLOCACIÓN DOS LIBROS NA BIBLIOTECA: Por que están así colocados? Que significado teñen os rótulos con números que hai nos andeis? Dentro de cada estante, como están colocados os libros? Cómo podo saber se hai un libro na biblioteca? • LOMBIÑOS: Que significado ten a información que aparece neles? • CARNÉS: Necesítoo para sacar libros da biblioteca? E para devolvelos? Valen para outra biblioteca? • OUTROS MATERIAIS: Pódense levar películas? E revistas? Que teño que facer para pedir en préstamo un soporte de lectura dixital? Como sei que libros teño á miña disposición neses dispositivos? •ORDENADORES: serven para buscar a información que poidan necesitar e consultar os libros da biblioteca do centro ou das bibliotecas públicas próximas. • PANEIS INFORMATIVOS: neles poderán encontrar novidades e notas de interese.

17


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

CURSO 2020/21

Con esta primeira actividade, o alumnado familiarízarase co funcionamento da biblioteca e así poderán valorala coma un lugar agradable que pon á súa disposición multitude de recursos diferentes e persoas que poden axudalos, non só para o seu traballo diario senón tamén coma forma de ocupar o seu lecer. Entrégaselles tamén un tríptico coas normas de uso, horario e recomendacións xerais. Neste curso recóllense tamén nel actuacións puntuais que apoian a prevención de contaxios polo COVID-19 neste espazo e que se integran nun protocolo específico de uso e funcionamento da biblioteca no contexto da pandemia, difundido entre toda a comunidade educativa. Estes alumnos dos primeiros cursos farán, no primeiro mes do curso académico, unha actividade que ten como finalidade poñer en práctica o aprendido na visita anterior: deberán localizar dentro do espazo da biblioteca

unha listaxe de títulos,

autores e materias diversos. Igualmente terán que xustificar onde gardarían

(zona e

andel) determinados títulos ou materiais. No ordenador indicaráselles tamén a forma de realizar unha consulta dun libro que queiran localizar, poderán, así, saber se o hai na biblioteca e, no caso contrario, en que outra biblioteca o poden atopar. Todo isto complementarase con actividades dixitais para a formación de usuarios, deseñadas polo propio equipo, e con concursos de busca de fondos nun tempo limitado. Finalmente, en todas as aulas haberá nos taboleiros aparecerán en formato papel as normas de uso e funcionamento da biblioteca neste curso. Tamén están publicadas no blog da biblioteca (curtisbiblio@gmail.com) -

RELACIÓN E COORDINACIÓN COAS BIBLIOTECAS DAS POBAOACIÓNS

VECIÑAS, co obxecto de facilitar a labor formativa e lectora ao alumnado. Por esta canle discorren accións como a de comunicar a estas bibliotecas as lecturas dirixidas e opcionais nas diferentes áreas e etapas educativas: deste xeito a posibilidade de préstamo e de acceso á lectura será maior.

-

FACER

PÚBLICA

NA

BIBLIOTECA

E/OU

NO

BLOG

AS

LECTURAS

RECOMENDADAS POR ÁREAS, para evitar coincidencias e para, en definitiva, mellorar a rendibilidade da actividade lectora.

18


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

-

CURSO 2020/21

PUBLICAR O PROXECTO LECTOR NO BLOG DE BIBLIOTECA E NA PÁXINA

WEB DO CENTRO, para que sexa un documento vivo no que toda a comunidade poida participar con novas achegas ou correccións. - FUNCIONAMENTO DO CLUB DE LECTURA FENDETESTAS , tentando que cada vez integre máis amantes da lectura de distintos niveis. Un ingrediente tan importante como a lectura será o cine dentro da actividade do noso club.

- DINAMIZACIÓNS LECTORAS NA BIBLIOTECA - COLOCACIÓN EN MESAS-EXPOSITORES LIBROS E DVD RELACIONADOS CON CELEBRACIÓNS TRANSVERSAIS OU FEITOS CULTURAIS RELEVANTES EN DISTINTOS MOMENTOS DO CURSO -

FUNCIONAMENTO DUN BUZÓN DE SUXESTIÓNS DE COMPRA, nunha zona

visible da biblioteca:

alí poderán depositar as súas suxestións os distintos membros

da comunidade educativa. Os diferentes departamentos remitirán tamén, anualmente, as súas suxestións de compra de fondos ó equipo de biblioteca: intentaranse satisfacer sempre buscando a equidade nas inversións e a mellora na oferta de fondos variados (temáticas curriculares diferentes). - ZONA DE EXPOSICIÓN DE ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS DA BIBLIOTECA EN LIBROS E DVD: dous mobles próximos á zona de préstamos conterán as novidades de fondos da biblioteca Sarmiento.

- COLABORACIÓNS NOS BLOGUES DA BIBLIOTECA - CONMEMORACIÓNS: Día das Mulleres escritoras, Día das Bibliotecas, Magosto, Samaín (ambientación do espazo

de biblioteca e exposición de libros, orixes da

celebración), Novembro: mes da Ciencia en galego, Día contra a Violencia de Xénero (proxección de curtas, carteis…) , Día dos Dereitos Humanos, Día da Paz, Entroido, Día dos namorados, Día da Muller Traballadora, Día do consumidor, Día do libro, Día das Letras Galegas… Deseñaranse actividades arredor de textos de distinta índole relacionadas con estes eixos temáticos e outros de inmediata actualidade.

19


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

CURSO 2020/21

- RECEPCIÓN DE EXPOSICIÓNS OU ELABORACIÓN DALGUNHAS PROPIAS DESDE O CENTRO, con actividades artelladas desde a biblioteca, coa axuda de profesorado das diferentes áreas. Buscarase ao longo de todo o curso a variedade disciplinar - DESEÑO DE CONCURSOS QUE ESIXAN A BUSCA DE INFORMACIÓN DE DIVERSO TIPO POR PARTE DO ALUMNADO -

BOLETÍNS CON RECOMENDACIÓNS DE LECTURA E DE CINE en galego e en

castelán. Publícanse en Nadal e ao remate do curso e ofrécense tamén en formato papel ao alumnado e ao profesorado que o demanda.

-

CONCURSOS DE CREACIÓN LITERARIA, en diferentes linguas e con distintos

motivos de inspiración.

- ENCONTROS CON ESCRITORES E CON OUTROS PERSOEIROS LIGADOS Á CULTURA, que transmitan ao alumnado a utilidade do saber e da lectura, no eido persoal e no socioprofesional. Para iso, o profesorado colaborará no deseño da Semana Cultural do centro, que se celebra todos os cursos ao remate do segundo trimestre.

- ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN LECTORA ESPECÍFICAS DE CADA ÁREA

OU

MATERIA. Nas programacións didácticas de cada Departamento e Ciclo deberán constar cada unha das actividades deseñadas especificamente para traballar a comprensión lectora. As actuais inclúense no Plan Anual de Lectura do noso IES. Cómpre subliñar que no deseño e realización de actividades, prestarase sempre atención ao alumnado con linguas e culturas diferentes, co fin de facilitar a súa integración nesta comunidade escolar. Igualmente acomodaranse as propostas aos alumnos con necesidades educativas especiais (lecturas axeitadas na biblioteca, participación en conmemoracións,no blog, nas lecturas dinamizadas …)

- CONTINUIDADE DA HORA DE LER: co propósito de favorecer as habilidades comprensivas e expresivas do alumnado e para espertar o interese pola lectura , habilitouse un pequeno período dentro da xornada lectiva dedicado a enriquecer o hábito lector. Dedícanse os 15 primeiros minutos dunha sesión diaria á lectura. Na

20


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

CURSO 2020/21

primeira semana faríase coa primeira sesión, na segunda semana, no segundo período lectivo e así sucesivamente ata esgotar as seis sesións da mañá; entón volveríase a empezar. Estase a facer 1º e 2º de ESO. O alumnado traería os libros da súa casa. Aínda así, o equipo de biblioteca pode ofrecer libros en préstamo aos rapaces que non os teñan

-OBRADOIRO DE PUBLICIDADE: E ti…Sabes ler publicidade? Dando continuidade a unha iniciativa que arrincou hai xa varios cursos, o equipo de biblioteca desenvolverá durante a Semana Cultural un obradoiro profesorado que traballa neste espazo.

de lectura audiovisual, deseñado polo En grupos de 10 alumnos como máximo,

manéxanse, durante dúas sesións continuas, estratexias de análise e interpretación crítica de mensaxes publicitarias de actualidade. Destínase aos primeiros cursos de ESO.

- OBRADOIRO DESTINADO AO USO CORRECTO DAS REDES SOCIAIS, A TRAVÉS DO PROXECTO LER NAS REDES SOCIAIS, DESEÑADO POLO EQUIPO DE BIBLIOTECA (GRUPO DE TRABALLO).

- FUNCIONAMENTO DUN NOVO GRUPO DE TRABALLO DESTINADO A BUSCAR E A DESEÑAR MATERIAIS QUE CONTRIBÚAN A FACER DA BIBLIOTECA E DO INSTITUTO UN LUGAR CADA VEZ MÁIS INCLUSIVO - PETICIÓN A TODOS OS DEPARTAMENTOS QUE SE TEÑA EN CONTA A PRESENTACIÓN

E CORRECCIÓN

DAS TAREFAS ESCRITAS Á HORA

DE

VALORALAS, para concienciar ao alumnado de que a competencia expresiva é algo básico para a formación do individuo e non forma parte só do currículo das áreas lingüísticas.

21


PROXECTO LECTOR DE CENTRO / IES DE CURTIS

CURSO 2020/21

7. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DO PROXECTO LECTOR Débense poñer en funcionamento unha serie de mecanismos que permitan avaliar o funcionamento e efectividade do Proxecto Lector cada curso no noso centro. Poden ser os que seguen:

• Elaboración de enquisas anuais para alumnado e profesorado coa finalidade de analizar o grao de implicación da comunidade educativa na posta en práctica de distintas actividades do proxecto lector • Comprobación do nivel de participación do conxunto da Comunidade Escolar nas actividades que se organizan, vendo o grao de aceptación dunhas e doutras • Valoración do uso da Biblioteca por parte dos profesores e dos alumnos e demanda de modificacións concretas • Análise do funcionamento da Biblioteca: aspectos que se deben reforzar ou mellorar • Análise de movementos de préstamo e de lectura en sala A análise anual (preferentemente ao remate do curso) dos resultados conseguidos debe demostrar ata que punto se acadaron os obxectivos previstos neste PL. É importante aproveitar os resultados da análise para a planificación do traballo de próximos cursos e para facer as oportunas modificacións neste documento, que, como se reseñou xa en varias ocasións, é un documento vivo e versátil, que debe adaptarse á realidade do centro e cambiar con el.

22


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.