The Take - Guía didáctica

Page 1

FICHA TÉCNICA

Título Orixinal: The take Género: Documental Direción: Avi Lewis Guión: Naomi Klein Produción: Barna-Alper Productions e National Film Board of Canada. Duración: 83 min. Países: Arxentina Ano de produción: 2004 Sinopse: Situada en Arxentina, A Toma mostra a historia duns obreiros e as súas familias que tratan de facer fronte á profunda crise que se vive no país, debido ás políticas neoliberais aplicadas durante os últimos anos, tomando baixo o seu control as antigas fábricas nas que traballaron e que agora se atopan pechadas. A película toma como fío condutor todo este proceso da expropiación da empresa Forja San Martín por parte dos seus propios traballadores. Ao redor de Freddy e Lalo, e das peripecias deles, os seus compañeiros e as súas familias para intentar conseguir a propiedade dunha fábrica que os seus patróns deixaron abandonada, Lewis e Klein, os responsables do documental, mostran o fenómeno das empresas recuperadas en Arxentina e a situación política dun país que estivo a piques de elixir como presidente en 2003 ao mesmo suxeito que desmantelou e privatizou o Estado na década dos noventa: Carlos Menem. Ademais do caso de Forja San Martín, o documental mostra tamén as experiencias da empresa de cerámicas Zanon e a de téxtil Brukman, exemplos dun amplo movemento de recuperación de fábricas. FICHA DIDÁCTICA 1.

2.

Obxectivos pedagóxicos: •

Mostrar a capacidade da xente de auto-organizarse para artellar alternativas sociais e produtivas que axuden a facer fronte aos desastres provocados polas políticas neoliberais.

Analizar as experiencias de resistencia e construción alternativas baseadas na ocupación e a autoxestión.

de

Claves de traballo para o profesorado:

Naomi Klein, unha das voces máis recoñecidas do movemento antiglobalizador a nivel internacional, activista militante e autora do libro No Logo, e o seu compañeiro, o tamén canadense Art Lewis, realizaron La Toma co expreso desexo de incidir no debate sobre a globalización. Respecto diso Klein dixo: "En 1998 e 1999 había unha explosión de novas formas de pensamento e de análise, novas tácticas para oporse ao neoliberalismo. Pero despois isto converteuse en algo así como nun


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.