Recomendacións lectoras verán 2014

Page 1

Ata 14 anos Relato de un náufrago, G. García Márquez, 176 páx. Este maxistral relato móstranos a apaixonante loita do único supervivente dun naufraxio: vai á deriva polo mar Caribe nunha balsa durante dez días plantándolle cara á morte... Viaje al centro de la tierra, Julio Verne (adapt. en Clásicos a medida, Anaya), 160 páx. Axel cóntanos nesta fantástica adaptación da novela de Verne a viaxe que emprende co seu tío cara ó mesmísimo centro da Terra, seguindo as pegadas de A. Saknussemm, investigador e escritor do século XVI.

Bajo la misma estrella, John Green, 304 páx. Hazel e Gus son dous adolescentes: o cancro que ambos padecen estalles facendo ver que non hai tempo para lamentacións, pois eles só teñen na súa man o aquí e o agora. E aí dá comezo unha longa viaxe cara a Amsterdam para cumplir desexos... antes de que sexa tarde.

Trampa de luz, Agustín Agra, 80 páx. Unha novela de medo e fantasía sobre a procura dun segredo relacionado cuns feitos inexplicables acontecidos cos animais dunha pequena vila.

El valle de los lobos, Laura Gallego, 271 páx. Esta é a historia dunha nena, Dana, que vive nunha granxa e ten un amigo que se chama Kai; o problema é que o rapaz é invisible para todos... excepto para a protagonista, que será requerida polo Maestro para entrar no misterioso mundo da maxia... Todo por una chica, Nick Hornby, 304 páx. Sam é o fillo de 16 anos dunha nai divorciada, que aínda está buscando o amor. A Sam gústalle o skate, ten un bo amigo Tony Hawk (un póster) e está tolo por Alicia. Hornby mergúllase no mundo dos adolescentes e a súa relación coa vida a través das súas decisións e desexos.

A partir de 14 anos Sala de espera, José Luis Sampedro, 232 páx. Na sala de espera da morte, José Luis Sampedro bota a mirada atrás para relatar os seus dez primeiros anos de vida e reflexionar sobre o destino da humanidade. A obra póstuma dun escritor imprescindible.

La vida era eso, Carmen Amoraga, 320 páx. Esta novela, que vén de recibir o premio Nadal, fálanos do amor e da dor que produce a súa perda: a morte fulminante do seu home, deixa a Giuliana desfeita e soa con dúas fillas pequenas. Terá que loitar e ver a nova cara da vida..

111 poemas de amor; de todo corazón, selección de J.M. Plaza e ilustración de A. Ruiz de la Prada, 208 páx. Velaquí unha antoloxía de poemas de amor feitos desde o século XIX ata hoxe: Bécquer, Rubén Darío, Blanca de los Ríos,... farán as delicias dos lectores máis sentimentais.

El amor en los tiempos del cólera, G. García Márquez, 496 páx. A historia de amor ao longo de sesenta anos entre Fermina Daza e Florentino Ariza, no escenario dun pequeno pobo portuario do Caribe enche, mesturada coa deliciosa pegada do realismo máxico, as páxinas desta novela..

El juego de Ripper, Isabel Allende, 480 páx. A astróloga máis coñecida de San Franciso anuncia unha inminente cadea de crimes. A predición non tarda en cumprirse e o inspector Bob Martín será o encargado da investigación; sen contar vai recibir a axuda dun grupo de cibernautas coñecedores dos xogos de rol…

Guía del autoestopista galáctico, Douglas Adams, 296 páx. Un xoves ao mediodía a Terra é destruída para poder construír unha nova autopista hiperespacial. Arthur Dent, que esa mesma mañá presenciou como botaban abaixo o seu fogar, pensa que xa non pode aguantar máis neste planeta: decide, pois, fuxir cun amigo seu...

Canta Irlanda, Javier Reverte, 384 páx. Javier Reverte volve á literatura de viaxes neste fascinante recorrido pola salvaxe Irlanda, pobo que non ten debuxadas nin águias, nin leóns nos seus escudos e bandeiras, senón unha lira gaélica.

Deseo de chocolate, Care Santos, 424 páx. Entretida novela que, a partir da historia dunha chocolateira de porcelana, narra o devir da cidade de Barcelona a través da súa tradición chocolateira e de tres mulleres, que teñen como nexo de unión o preciado obxecto de porcelana..

Los días de Alejandría, Dimitris Stefanakis, 714 páx. Un conglomerado de historias paralelas que se entrecruzan nunha estrutura de saga familiar, onde sobresae, como personaxe principal, a cidade de Alejandría..


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.