LECTURAS DE VERÁN

Page 1

Ata 14 anos Algo tan sencillo como estar contigo, Blue Jeans, Editorial Planeta, 544 páx. Os rapaces do corredor 1B da residencia Benjamin Franklin atópanse de novo tras as vacacións de Semana Santa. Alí espéranos os últimos meses do seu primeiro curso universitario, que prometen ser moi axitados e cheos de emocionantes historias.

Cuando me veas, Laura Gallego, Editorial Planeta, 384 páx. Desde hai unhas semanas corren rumores acerca de estraños sucesos que non teñen explicación. Algúns alumnos afirman ser atacados por unha forza invisible; outros aseguran que viron obxectos movéndose sós polo aire ou que sentiron unha estraña presenza axexándoos polos corredores.

Black Cat, Vicens Vives, 96 páx. Sherlock Holmes surprises us with the brilliant solutions to two impossible cases : he solves a horrible murder and a puzzling story of one odd client.

Énigme à tous les étages Tome 4 À Paris, Paul Martin et Matthias Malingrëy, Ed. Bayard Jeunesse, 80 pages Unha novela de medo e fantasía sobre a procura dun segredo relacionado cuns feitos inexplicables acontecidos cos animais dunha pequena vila.

Corredora, María Xerais, 104 páx.

Reimóndez,

Editorial

Genet Mullugueta naceu nunha pequena aldea de Etiopía. Dende pequeniña o que máis lle gustaba era correr. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrigárona a pedir esmola polas rúas inseguras de Addis Abeba. Alí coñeceu a Abebe, un médico que faría mudar a súa vida.

El misterio del tesoro pirata (Colección futbolísimos) , de Roberto Santiago, Edicións SM, 336 páx. Atopar un tesouro pirata e gañar un partido de fútbol son os novos retos dos Futbolísimos: cando chegan ao campo de Los Justos, equipo dun centro de menores sevillano, van quedar sorprendidos pola bandeira pirata que preside o seu campo.

A partir de 14 anos El asesinato de Sócrates, Marcos Chicot, Editorial Planeta, 768 páx. O libro recrea maxistralmente a época máis extraordinaria da nosa historia. Nais que loitan polos seus fillos, amores imposibles e soldados tratando de sobrevivir mestúranse cos gobernantes, artistas e pensadores que converteron Grecia na cuna da nosa civilización.

Lo que te diré cuando te vuelva a ver, Albert Espinosa, Editorial Grijalbo, 240 páx. Relato no que un pai e un fillo emprenden xuntos unha busca desesperada e valente, que levará aos protagonistas a enfrontarse co seu pasado.

Vento ferido, Carlos Casares, Editorial Galaxia, 100 páx. Libro composto por unha ducia de relatos breves dominados pola violencia e o fatalismo que ofrecen unha visión inquietante sobre o lado escuro dos sentimentos.

Intemperie, (Novela gráfica), Javi Rey, Planeta Cómic, 152 páx.

La niña alemana, Armando Lucas Correa, Ediciones B, 448 páx.

Narra a fuxida dun neno a través dun país castigado pola sequía e gobernado pola violencia. Novela na que a dignidade do ser humano brota entre as fendas secas da terra cunha forza inusitada.

Inspirada nun feito pouco coñecido: a negativa de Cuba e outros países a recibir aos xudeos que fuxían da Alemania nazi a bordo do transatlántico St. Louis. Finalmente, só a uns poucos se lles permitiu desembarcar.

El Olimpo de los desdichados, Yasmina Khadra Destino, 208 páx.

Os nenos da varíola, María Solar, Editorial Galaxia, 208 páx.

Conta a historia de Ach, Júnior e Pachá, tres personaxes que viven nun lugar de soidade, de secgredoos inconfesables, no que nace, porén, un espírito de solidariedade que trata de ser, a un tempo, denuncia do individualismo que impera na sociedade contemporánea.

Unha conmovedora narración ambientada a comezos do século XIX que ten como protagonista a vinte e dous nenos orfos que residen nun hospicio da cidade da Coruña. Estes verán como a súa vida cambia radicalmente coa expedición que levará a vacina da varíola a América.

Unha verdade amarga, Celia Díaz, Editorial Galaxia, 165 páx.

Miss Ourense, Bieito Iglesias, Editorial Galaxia, 172 páx.

Unha demanda de paternidade é o punto de partida que transforma de xeito radical as vidas de dúas familias. Unha historia sobre o pasado, a identidade e a memoria na que os segredos de familia rematan por saír á luz.

Catro relatos de corte detectivesco, protagonizados polo inspector de policía Gumersindo Nespereira. Ambientados no Ourense de finais dos anos sesenta, presentan unha cidade tranquila que agocha en realidade unha sociedade cómplice da ambición de poder.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.