Tríptico nadal

Page 1

Prim e iro s p rato s (ata 14 ano s ) Os megatoxos e o ladrón de xade Márquez, 176 páx. Unha nova entrega da saga dos Megatoxos na que viaxan ao Xapón medieval. Aventuras nas que están presentes loitas de poder entre samurais, seres mitolóxicos, amor, traizón... e un Toxo mutante que garda unha chea de sorpresas. Les aventures d'Albert et Didier/Treper, André, 32 páx.

Folio,

Eberlé,

Albert et Folio non son animais como os demais. Viven xuntos grandes aventuras... (O texto pódese ler ou escoitar)

Los futbolísimos. El misterio del robo imposible, Roberto Santiago 332 páx. Os Futbolísimos enfróntanse ao maior reto ata a data: durante a inauguración da Exposición "Tesouros do Antigo Exipto", e xusto cando eles se atopan na cámara do faraón, alguén rouba a xoia máis valiosa. Terán que demostrar a súa inocencia, e descubrir quen está detrás do roubo.

Diario de Greg 8. Mala suerte, Jeff Kinney, 224 páx. Probe Greg! Definitivamente está atravesando por un mal momento. O seu mellor amigo, Rowley Jefferson, ignórao dende que se botou moza...

La lección de August, R.J. Palacio, 416 páx.

Alguén roubou a lúa?, Luis Castro Enjamio, 80 páx.

A súa cara faino distinto e el só quere ser un máis. Camiña sempre mirando ao chan, a cabeza gacha e a perrera tratando en van de esconder o seu rostro, pero, aínda así, é obxecto de miradas furtivas, murmurios afogados e cobadazos de asombro.

Alguén roubou a lúa! Unha desgraza... Alguén roubou a lúa! Unha desgraza. Que facer? Hipólito, Tina e a avoa Vidalina póñense en marcha para buscala.

S e g und o s p rato s (a p artir d e 14 ano s ) A neta do señor Linh, Philippe Claudel, 128 páx. Un ancián foxe do seu país en guerra levando consigo a única sobrevivente da súa familia. Unha entrañable e conmovedora historia sobre a crueldade do ser humano, a inxustiza, a incomprensión… pero tamén sobre amizade e a esperanza. Miña querida Sherezade, Andrea Maceiras, 136 páx. “Ser un libro é marabilloso. Agás cando chega a vellez. Entón decátaste de que estás feito un farrapo. Os personaxes que viven dentro de ti danche as costas porque non podes ofrecerlle a vida que eles queren”. Dictadoras: las mujeres de los hombres más despiadados de la historia, Rosa Montero, 196 páx. A historia máis persoal das mulleres e amantes que acompañaron aos grandes ditadores do século XX.

Os televisores estrábicos, Ramón Vilar Landeira, 144 páx. Unha presa de historias do cotián, protagonizadas por homes e mulleres que “ tentan vivir de pé porque a vida queima”.

A vinganza do defunto, Carlos G. Reigosa, 336 páx. Un arrepiante suceso acontecido durante a II Guerra Mundial en Vigo –cidade daquela ateigada de espías nazis e aliados– ten dramáticas consecuencias setenta anos despois.

Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia, Manuel Gago Mariño, Manel Cráneo (ilustrador), 152 páx. Emprende unha viaxe no tempo e achégate ao mundo castrexo. Aló coñecerás á historia de dez deuses da antiga Gallaecia que cobran vida nestas páxinas. Los últimos días de nuestros padres, Joël Dicker, 408 páx. O SOE, unha rama do Servizo Secreto Británico, recruta voluntarios civís de distintas nacionalidades durante a Segunda Guerra Mundial. Convertidos en espías, volverán aos seus países para conseguir información sobre o inimigo alemán…

Tes ata as 10, Francisco Castro, 296 páx. Antonio recibe un correo electrónico enviado polo seu pai que acaba de falecer. Este desacougante feito é o inicio dunha investigación que levará consigo grandes descubrimentos do seu pasado familiar e da época na que se desenvolveron: a ditadura de Franco.

La librería de los finales felices, Katarina Bivald, 464 páx. Un canto ao poder da amizade e ao amor polos libros: Sara viaxa ao pobo da súa amiga Amy, onde monta unha peculiar libraría…


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.