Columba Revista cultural Nº 19

Page 127

11 Columba 2019 126 - 132 Gasalla_13 Columba 2010 Santiago 14/05/2019 14:12 Página 126

As fotos de Serafín Paulino Gasalla

As fotos de Serafín

No ano 1999 a miña muller e eu adquirimos en Loderiro, no lugar de O Barreiro, a casa do vello Pemento, pai de Mercedes, a muller do fotógrafo e veciño de Esmelle Serafín Lorenzo, para todos os que o coñecimos e tratamos, “Cazolitos”. O que vou contar aquí, e só polo miudo, non é a vida de Serafín, senón o feito de como foron atopadas as fotos e o porqué do seu estado. Pero para entender isto tal vez teña que ilustralo cunha pequena anécdota que tiven con Serafín en 1992. Dirixíame no meu coche cara a Ferrol subindo a costa do Peirón en Esmelle, e á altura da fonte atopeime con Serafin, que totalmente encorvado tamén subía con evidente esforzo, enfundado no seu sempiterno impermeable azul e agarrado aos seus dous bastóns (que por certo atopei na casa e aínda conservo). Parei o coche e pregunteille a donde ía, díxome que ía para Ferrol, que si podíao levar, e inviteino a subir. Durante os dez minutos que puido durar a viaxe mantivemos unha con-

Casa do vello Pemento 126 • Ano 2019 •

••••••••••••••••••••••••••••••••••••


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.