6 minute read
As fotos de Serafín • Paulino Gasalla
As fotos de Serafín
Paulino Gasalla
Advertisement
No ano 1999 a miña muller e eu adquirimos en Loderiro, no lugar de O Barreiro, a casa do vello Pemento, pai de Mercedes, a muller do fotógrafo e veciño de Esmelle Serafín Lorenzo, para todos os que o coñecimos e tratamos, “Cazolitos” . O que vou contar aquí, e só polo miudo, non é a vida de Serafín, senón o feito de como foron atopadas as fotos e o porqué do seu estado. Pero para entenderistotalvezteñaqueilustralocunhapequenaanécdotaquetivenconSerafín en 1992. Dirixíame no meu coche cara a Ferrol subindo a costa do Peirón en Esmelle, e á altura da fonte atopeime con Serafin, que totalmente encorvado tamén subía con evidente esforzo, enfundado no seu sempiterno impermeable azul e agarrado aos seus dous bastóns (que por certo atopei na casa e aínda conservo). Parei o coche e pregunteille a donde ía, díxome que ía para Ferrol, que si podíao levar, e inviteino a subir. Durante os dez minutos que puido durar a viaxe mantivemos unha con-
a f í n S e r d e f o t o s A s
Casa do vello Pemento
126 • Ano 2019 • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •
Serafín e a súa dona Mercedes
Abaixo: os baston de Serafín
versa que máis ou menos puido transcorrer así: —Serafín: Ghracias Paulino, non sabes como cho aghradezo, este reuma non me deixa vivir e ata Ferrol teño unha tirada. —Paulino: Bueno Oh! non te preocupes, para iso estamos os veciños. Pero non vas no coche de liña? —Serafín: Non, mellor a pé, o coche
é caro. —Paulino: E que contas?, pasaches a noite en Esmelle? —Serafín: Si, que teño que poñer en marcha un neghocio que teño aí pendente. —Paulino: E de que se trata? —Serafín: Ben, isto é ainda un secreto, pero estou intentando montar un coche que teño na casa, bueno son dous, pero con eles penso facer un para ir as carreiras. —Paulino: Pero na casa onde? Nunca che vin aí ninghún coche. —Serafín: Na tuxeira, pero non os ves porque os teño desmontados. A conversa seguiu ata que se apeou en Canido. Quedeime pensativo, xa que nunca vira alí ningún coche, e díxenme: cousas de Cazolitos! Pero anos despois, ao comprarlle a casa ao seu fillo, entendín aquela conversa. No alpendre atopábanse os dous coches que Serafín dixérame sete anos antes,eranunseat133eunseat127,totalmentedespezados,sófaltabanasca-
A s f o t o s d e S e r a f í n
Os bastóns de Serafín
• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Ano 2019 • 127
a f í n S e r d e f o t o s A s
Apilamentos no alpendre do lixo atopado
rrocerías e os chasis, todo iso revolto entre grandes cheas de todo tipo de trastos vellos, para Serafín pequenos “tesouros” , que recollía por onde pasaba e que lle chamaban a atención, denotando o que podería ser unha síndrome de Dióxenes. Nese alpendre e colgados dun gancho no alto da parede había máis de 400 carretes de fotos, todos velados, blanqueados e cheos de lixo, totalmente inservibles.Peroporsortedentrodacasaerepartidasportodaspartes,atopamos varias caixas redondas de aluminio con carretes, en total ao redor de 50, aínda enrollados e envoltos en papel de cera, dos cales algúns veianse moi deteriorados. Tamén atopamos unha das suas cámaras de fotografar, unha Brownin Kodak de 1929, estaba fóra no medio dunhas silvas. Nun pequeno taller de carpintería que había na bodega, atopamos no fondo dun caixón do banco de carpinteiro, dous obxectivos de cámara plegable ou de caixa de madeira: un Rectilique extra rapide Demaria Freres de 1900 e un EKC Kodak de 1910. Descuberto isto, tanto a miña muller coma min, non o dubidamos, e pasámosllos á Asociación de Veciños de Esmelle, que decidiu revelalos. E sorpresa! Apareceu parte da nosa historia, pero non só de Esmelle, senón tamén a de Covas, Marmancón, San Xurxo, Mandiá, O Val, Ferrol, etc. Os coches de liña, os labores agrícolas, os soldados, os oficios, os actos sociais tales como vodas, comuñóns, bautizos, festas, ro-
Dentro do circulo una das caixas con carretes atopada na cociña
128 • Ano 2019 • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •
Revista Cultural Columba
Cámara e obxectivos usados por Serafín
Abaixo: Un coche de liña de Ramón e Suarez
marías…, e un sinfín de persoas e momentos puntuais do pasado, que contan a nosa vida e a dos nosos devanceiros. Non quero comentar máis a importancia, calidade e o valor desas fotos, xa o fixeron Germán Castro, Fermín Goiriz e outros. No entanto vexamos algunas.O recuperado é excepcional, pero a miña muller e eu preguntámosnos moitas veces, que fotos terían eses centos de carretes velados que colgaban no alpendre? Igual hai unha resposta de porqué están velados. Fai tan só uns días, unha veciña recordoume unha anécdota que, sendo pequena, lle ocorreu a ela e ao seu pai con Serafín. Un día estaban cortando herba en O Soido, levaban con eles un burro que tiñan que entregar ao día seguinte xa que o venderan. Pasou ao pouco tempo Serafín que levaba a cámara, polo que decidiron facerse unha foto en compañía do burro para lembralo.Así que lle pediron que lles fixese a foto, unha vez feita díxolles que nuns días levaríalla a casa. Como non a daba traído, un día que o viron preguntáronlle pola foto, e a
A s f o t o s d e S e r a f í n
Orquesta en risco (con moito valor para subir aí)
Igrexa de Covas en construción
a f í n S e r d e f o t o s A s respostafoisorprendente:resultaqueodíaquellesfixoafotoaeles,polanoite viu un obxecto volante non identificado e que o fotografou, e que xa non atopou nunca máis o carrete, polo que chegara á conclusión que llo roubaran os extraterrestres. Así que podemos concluír que os carretes do alpendre puidéronos velar eses extraterrestres Quen sabe? Pero anécdotas e bromas aparte, á vista do atopado podemos intuír o que habería nese celuloide e a súa importancia. É unha mágoa a súa perda.
132 • Ano 2019 • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •