11 minute read

A consulta de don Paco da Mercé. O sanatorio de Neda • Manuela Santalla y Juan Carlos Rico

A consulta de don Paco da Mercé. O sanatorio de Neda

Mamuela Santalla

Advertisement

Entre os anos de 1925 a 1975, o pazo da Merce, situado a beira da ría de Ferrol, foi considerado o “sanatorio” de Neda, o ser o lugar de residencia e consulta do médico Francisco Cebreiro Barros, coñecido por don Paco da Mercé. Aorixe deste pazo (que hoxe en día é un aloxamento de turismo rural), situado na parroquia de San Nicolás, atópase en Francisco Somalo, que procedente de Matute (Logroño) chega a Neda na segunda metade do século xviii como comerciante dedicado á plantación de vides e elaboración de viños. É invitado polo seu irmán, o crego da parroquia de Sta. María de Neda a asentarse cos seus negocios na beira sur da ría de Ferrol, onde existía desde antigo a ermida da Mercé. Esta será rehabilitada por Somalo como capela do mesmo nome e edificará un pazo ou “casa grande” . Sitúase no Camiño Real da ría, en Neda, unha casa señorial coa súa adega e lagar na planta baixa, coas plantacións de viñedos nos terreos propiedade do pazo, que se estenderán desde xubia ata Perlío.Aprincipios do século xix, a crise da vide na comarca, a derrota de Trafalgar en 1805 (onde se perde o gran esforzo da marina de guerra levado a cabo na capital departamental de Ferrol), o desmantelamento do esta-

Don Paco e Amelia no Pazo da Mercé

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Ano 2019 • 71 A c o n s u l t a d e d o n P a c o d a M e r c é . O s a n a t o r i o d e N e d a

Columba Revista Cultural

leiro e do arsenal ferrolán, seguido da guerra de independencia contra Napoleón(1808-1814);levaacomarcaferroláaunhadassúascrisesmáisgravesda súa historia.

No ano de 1805, o alemán JuanAdam Penser, especialista metalúrxico do forno do reverbero do arsenal, casa coa filla de Francisco Somalo, Damiana, dona do pazo. A partir dese ano, o pazo da Mercé transforma a súa actividade produtora vinícola en fábrica de curtidos da Florida, é dicir, unha "teneduría" que funcionará ata 1870. En 1832 morre o matrimonio Penser-Somalo sen descendencia, e a fábrica seguirá baixo o mando do seu director, Tomás Cebreiro, quen debe ceder a propiedade os herdeiros do crego de Sta. María de Neda por un breve período de tempo, aínda que volverá novamente á dirección de Cebreiro.

Historicamente a fabricación de curtidos foi importante no concello de Neda, tanto pola abundancia de cortiza de carballo como pola abundancia de gando. A partir da década de 1870, a crise na fábrica de curtidos da Florida acaba producindo o seu peche, e o mesmo ocorre coas outras “tenedurías” da ría ferrolá. O motivo foi a forte competencia de Santiago de Compostela, co seu acceso ás peles brasileiras a través de Portugal, o que deu lugar a constitución de máis de vinte fábricas de curtidos na área compostelá.Afábrica do pazo da Mercé é abandonada e arrendada por un baixo prezo, 80 pesetas anuais, e o seu propietario Francisco Cebreiro marcha á emigración de Bos Aires. Estas circunstancias favorecerán que a propiedade do pazo da Mercé sexa dividida pola construción da liña do ferrocarril Ferrol-Betanzos. FranciscoCebreiroenBosAires,casarácunhafilladeemigrantesnedenses,María Barros. O matrimonio retornará a Neda-Ferrol, nacendo pouco despois o seu único fillo, Francisco Cebreiro Barros en 1897. Tras os seus estudos en Ferrol, Coruña e Madrid, Francisco Cebreiro, obterá a licenciatura en “Medicina y Cirugía” pola universidade de Santiago de Compostela en 1923. instálado no seu domicilio do pazo da Mercé, lugar ao que cariñosamente chamaba “o furado” , á beira sur da ría ferrolá, que desde o ano de 1925 ata a súa morte se converte na súa residencia e consulta médica. Esta era cualificada polos pacientes como o mellor sanatorio de toda a comarca.

En 1928, en Ferrol, Francisco Cebreiro coñece á que será a compañeira da súa vida, una dona de gran beleza, María Concepción Camelia Cachafeiro Rivero, coñecida como “Amelia” , seis anos máis nova que el, nada no porto do Barqueiro, no concello coruñés de Mañón.

Durante estes anos compatibiliza a súa profesión de médico coa politica, sendo alcalde republicano de Neda e concelleiro. Na comarca de Ferrolterra,

72 • Ano 2019 • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Revista Cultural Columba

outros médicos cunha participación na política do seu tempo serían Santiago de la iglesia e xaime Quintanilla, entre outros.

Santiago de la iglesia (Santiago, 1851-Ferrol, 1931) foi o médico de Serantes desde 1874 e despois de Ferrol. Militou no republicanismo e na masonaría, liderando o partido republicano federal en Ferrol, onde foi concelleiro. impulsou a creación do Centro Obreiro de Cultura, dirixiu o semanario La República efoisecretarioepresidentedaseccióndeCienciasdoAteneo.Desde 1914, dirixe o laboratorio municipal e elabora as estatísticas médicas sobreoimpactodasenfermidadesenFerrol,destacandooseuestudosobreatuberculose (1909). Destacou na súa divulgación científica sobre microbioloxía e hixiene nas diversas asociacións da cidade. xaimeQuintanillaMartínez(Coruña,1898-Ferrol,1936),trasestudarmedicina, instálase en Ferrol en 1917, nunha clínica propia, adquirindo unha gran sona polas súas calidades humanas. Politicamente defende o socialismo e o galeguismo, escribe en diversos periódicos locais e de ámbito galego, dirixe unha revista, Céltiga, e é autor de varias obras de teatro. Quintanilla, na súa practica médica en Ferrol, especialmente coa epidemia de gripe de 1918, destacará a precaria situación sanitaria, de infraestruturas e carencias sociais. As campañas médicas, como a loita antituberculosa, a loita antivenérea ou as campañas contra a mortalidade infantil, financiábanse á marxe da organizaciónsanitaria,queeransostidaspolassociedadesbenéficasefilantrópicas.En 1928, xaime Quintanilla, cos médicos González Criado e Rivero deAguilar, anticipáronse á lei de bases de coordinación sanitaria da época republicana, no que se da por superado o concepto de medicina individual, impoñéndose o da medicina en equipo, inauguraron o sanatorio cirúrxico de Ferrol, e uns meses máis tarde, o sanatorio do Carme en 1930, que tras a guerra civil se traslada ao edificio de González Criado na praza de España, onde tamén estaba o sanatorio de San xavier. Foi o primeiro alcalde socialista de Ferrol en 1931 e será fusilado en agosto de 1936.

Por último, Francisco Cebreiro, como estamos vendo, tamén pode encadrarsenamáximademédicoalemán,vichow,deque a medicina é unha ciencia social e a política non é máis que a medicina nunha escala máis ampla.

Neste período republicano en Galicia existen 1.330 médicos, un por cada 1.700 habitantes, pero no medio rural a proporción redúcese e será un médico por cada 3.500 habitantes. A asistencia médica ás familias incluídas no padrón de beneficencia municipal mantívose ata que a seguridade social foi estendendo a súa cobertura e se foron baleirando as listas de beneficiarios, na década de 1980.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Ano 2019 • 73 A c o n s u l t a d e d o n P a c o d a M e r c é . O s a n a t o r i o d e N e d a

Columba Revista Cultural

N e d a d e s a n a t o r i o O M e r c é . d a P a c o d o n d e c o n s u l t a A

Rematada a guerra civil, a adhesión ao novo réxime será unha condición importante para poder acceder ao exercicio profesional e aos colexios oficiais demédicos.Aosseusasociadosesixirásellescertificadosdeboaconducta,como por exemplo este que transcribimos e necesitaba ser …expedido por el alcalde, donde conste informes del cura párroco, de la guardia civil y de la falange, en los que se certificaba que el médico (interesado), carecía de antecedentes desfavorables que goza de una buena conceptuación tanto por su conducta pública, privada y católica. Políticamente, con anterioridad al Glorioso Movimiento, carecía de antecedentes políticos e iniciado el Alzamiento Nacional se adhirió a él…

En 1949, o xefe provincial de sanidade de A Coruña, propón a don Paco como médico interino da asistencia pública domiciliaria do concello de Neda, al no recibir propuesta del colegio oficial de médico. informe que non podía entregarocolexiodemédicosdaCoruñapolosméritosrepublicanosmáisque probados de don Paco da Mercé.

En 1949, toma posesión da praza (interina) de médico de Asistencia Pública Domiciliaria de Neda, o 21 de abril, cun haber anual de 4.500 pesetas, máis 2.000 a maiores, en concepto de gratificación. Posto ao que renuncia nuns meses, dirá don Paco, pola excesiva acumulación de pacientes que lle impedía un trato máis persoal con eles..., tiña días de 50 enfermos, aos que miraba a todos un pouquiño.

Así, don Paco renunciou aos poucos meses do seu nomeamento á medicina pública para dar un trato máis personalizado aos pacientes, é dicir, prestarlles atención o tempo que necesitasen, tanto na súa consulta/sanatorio do pazo como nas visitas aos domicilios dos enfermos.

No pazo da Mercé, no primeiro andar se situaba a súa consulta e Amelia semprerecibíaospacientescuntratoagradableerespectuoso.Opazoeraconsiderado polos pacientes como o mellor sanatorio da zona pola elegancia do edificio, as impresionantes vistas a ría de Ferrol e os seus xardíns.

Consideraba don Paco que a mellor forma de atender ao paciente era a consulta a domicilio, que era o xeito de exercer a medicina, polo maior contacto que se pode ter co enfermo. O doutor Cebreiro mantíñase ao día en canto á información da profesión (unha informante oral asegura que don Paco lle regalou a súa avoa, que tiña moitos fillos, un dispositivo anticonceptivo, de quitar e poñer, para evitar os embarazos), e non evitaba incluso a cirurxía se unha emerxencia o requería.

Don Paco sempre se definiu coma un médico rural. Os veciños recordan sempre a súa rexa figura, a pé, calzado con fortes botas, coa súa bufanda e un

74 • Ano 2019 • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Revista Cultural Columba

farol, polas noites, visitando aos seus pacientes. Durante moitos anos cobrou só 15 pesetas pola súa consulta, e na década de 1970 chegou a cobrar 25. E ás veces, se a economía do enfermo era precaria, non era raro que deixara baixo a almofada uns cartos para mercar as medicinas. De aí ven o seu título popular de o médico dos pobres.

Na asistencia médica domiciliaria, don Paco compartía mesa cos seus pacientesefamiliares,café,tabacoeviño,untempodeconversasosegada,mentres se mantiña atento a evolución de proceso do paciente, ás veces por algunha incidencia aceptaba pousada e marchaba ao día seguinte. Esta atención médicadedonPacodurantealongarepresiónfranquista,creouunvínculoindestrutible entre don Paco e os seus pacientes e familias, tanto aquelas que ían á súa consulta no pazo ou aquelas que asistía nas súas casas. Don Paco era un home conversador, compasivo, amable, atento e de certeiros prognósticos. Ía ás casas onde o chamaban, a calquera hora do día ou da noite, xa fora día laboral ou festivo.

O colexio oficial médico deACoruña envíalle unha carta o 22 de novembro de 1967 a don Paco, constatando que desde o 13 de maio de ese ano pasouaser colegiado honorífico, por llevar más de 30 años de colegiación y haber cumplido los 70 años de edad.

Aeste recoñecemento da súa actividade médica, sumaríase uns anos máis tarde, a solicitude do médico ferrolánAlfonso Couce Doce, quen pide ao colexio oficial de médicos, o 25 de maio de 1973, para Francisco Cebreiro Barros: …la medalla de Honor y Mérito con motivo de las bodas de oro en la profesión y en el ejercicio activo de la misma, quieren tributarle un homenaje de todo el vecindario de Neda a su médico, nombrándolo Hijo Adoptivo de la villa, conocido en la comarca como don Paco da Mercé, ejerciendo la medicina con plena vocación y haciendo de la misma una gran labor benéfica, cobraba 25 pesetas por consulta.

Los actos programados por Neda terán lugar o 19 de xuño, “coincidiendo con los 50 años de ejercicio médico en aquella villa” .

Responderá o colexio oficial médico, a Alfonso Couce, o 13 de xuño de 1973, que por su ejemplaridad y honorabilidad intachable en su dilatada vida profesional, la junta le otorga la medalla de honor y mérito colegial, con su correspondiente insignia en la categoría de plata.

A súa pegada foi moi profunda en moitas xeracións de veciños e veciñas deNedaedeFerrolterra.Eseagradecementofíxoseevidentenoéxitodasubscrición popular para levantar un monumento a súa memoria, obra levada a cabo polo escultor e pintor, x. Braxe, e inaugurada en 1982.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Ano 2019 • 75 A c o n s u l t a d e d o n P a c o d a M e r c é . O s a n a t o r i o d e N e d a

This article is from: