Columba Revista cultural Nº 19

Page 72

06 Columba 2019 71 - 75 Santalla_13 Columba 2010 Santiago 14/05/2019 14:09 Página 71

A consulta de don Paco da Mercé. O sanatorio de Neda Mamuela Santalla

Don Paco e Amelia no Pazo da Mercé ••••••••••••••••••••••••••••••••••••

• Ano 2019 • 71

A consulta de don Paco da Mercé. O sanatorio de Neda

Entre os anos de 1925 a 1975, o pazo da Merce, situado a beira da ría de Ferrol, foi considerado o “sanatorio” de Neda, o ser o lugar de residencia e consulta do médico Francisco Cebreiro Barros, coñecido por don Paco da Mercé. A orixe deste pazo (que hoxe en día é un aloxamento de turismo rural), situado na parroquia de San Nicolás, atópase en Francisco Somalo, que procedente de Matute (Logroño) chega a Neda na segunda metade do século xviii como comerciante dedicado á plantación de vides e elaboración de viños. É invitado polo seu irmán, o crego da parroquia de Sta. María de Neda a asentarse cos seus negocios na beira sur da ría de Ferrol, onde existía desde antigo a ermida da Mercé. Esta será rehabilitada por Somalo como capela do mesmo nome e edificará un pazo ou “casa grande”. Sitúase no Camiño Real da ría, en Neda, unha casa señorial coa súa adega e lagar na planta baixa, coas plantacións de viñedos nos terreos propiedade do pazo, que se estenderán desde xubia ata Perlío. A principios do século xix, a crise da vide na comarca, a derrota de Trafalgar en 1805 (onde se perde o gran esforzo da marina de guerra levado a cabo na capital departamental de Ferrol), o desmantelamento do esta-


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.