Capítulo: Unha carreira sen metas
Alumno...............................
1
Proxecto: Alicia no País das marabillas
M. José Baz / Rosa González
CAPÍTULO: UNHA CARREIRA SEN METAS Cando Alicia e o Rato lograron saír do Charco de Bágoas, estaban moi mollados; o mesmos lles ocorría a unha morea de criaturas estrañas que tamén caeran ao Charco. Había un Dodo (é o paxaro do bastón), un Pato, un Loro, un aguilucho e algúns outros. Non tiñan nin idea de como poderían secarse. Pero Dodo, que era un paxaro moi listo, díxolles que o máis axeitado era facer unha carreira sen meta. Que cres que era iso? Que non o sabes? Pois si que es ignorante! Agora presta moita atención e rapidamente remediarei a túa ignorancia! En primeiro lugar hai que ter unha pista para a carreira. Debe de ser de forma máis ben circular, pero a forma non importa moito sempre que de un rodeo bastante grande e remate volvendo ao mesmo punto de partida. A continuación, colócanse todos os corredores sobre a pista, aquí e alá; non importa onde, o que fai falta é que non queden todos agrupados. Despois non fai falta dicir: á unha, ás dúas e ás tres! se non que se lles deixa que se poñan a correr cando queiran, e que o deixen cando lles pareza. De maneira que todas estas criaturas e Alicia, estiveron correndo pola pista hasta que se secaron por completo. Entonces, Dodo dixo que todos eran gañadores e que todos debían recibir un premio!
2
Proxecto: Alicia no País das marabillas
M. José Baz / Rosa González
E claro, Alicia tivo que darlles os seus premios. E non tiña nada que darlles se non uns poucos doces que casualmente levaba no peto. Houbo exactamente un para cada un. Pero non quedaba premio para Alicia! Que cres que fixeron? A Alicia só lle quedaba un dedal. Agora mira o debuxo e verás o que pasou.
- Dáme iso - dixo Dodo Entonces o Dodo tomou o dedal e entregoullo de novo a Alicia dicindo: - Suplicámoslle acepte este elegante dedal. 3
Proxecto: Alicia no País das marabillas
M. José Baz / Rosa González
Todas as demais criaturas aplaudiron. Verdade que era un regalo estraño? Imaxínate que te teñen que facer un agasallo de aniversario. Prefires que vaian ao armario dos teus xoguetes e busquen a boneca máis bonita das túas bonecas e te digan: _ Toma, meu amor, este fermoso agasallo polo teu aniversario. Ou máis ben che gustaría que te agasallen con algo novo, algo que non tiveras antes?
Actividades 1.- Subliña de vermello as frases interrogativas e de verde as frases exclamativas.
2.- Ordena alfabeticamente: Dodo, amor, Alicia, xoguetes, meta, aguilucho, dedal, rodeo.
3.- Escribe unha frase coa palabra ignorancia.
4
Proxecto: Alicia no País das marabillas
M. José Baz / Rosa González
4.- Escribe as palabras deste capítulo que se escriban con: ca, co, cu, que, qui Ca
Co
cu
que
Qui
5.- Que onomatopeas fan estes animais: Can Touro Pato Rato
León Ovella Abella Serpe
6.- Describe o animal que máis che guste deste capítulo e debúxao
5
Proxecto: Alicia no País das marabillas
M. José Baz / Rosa González