Mª José
A fecundación O comezo do embarazo ten lugar cando un óvulo feminino é fertilizado por un espermatozoide masculino.
Esta unión prodúcese na trompa de Falopio e desde alí vai avanzando hasta o útero, onde se implantará.
Durante o embarazo, a célula froito da fecundación chamada cigoto divídese en dúas células despois dunhas horas. O cigoto sigue dividíndose durante tres días pasando a chamarse mórula. No cuarto día de embarazo, desta se transformación xurde o embrión e a placenta.No quinto día implántase no útero.
No caso de que un óvulo fecundado de orixe a dous cigotos nacerían gemelos univitelinos idénticos, sería diferente se dous óvulos foran fecundados por dous espermatozoides, neste caso o embarazo sería de xemelgos bivitelino (non idénticos e están en distintas bolsas).
A falta de regra é o primeiro sinal de embarazo, seguida de outros como, náuseas, sensibilidade nas mamas, cansazo, etc. Para confirmar o embarazo, practicase unha proba que detecta a presenza na urina da hormona do embarazo. Pódese calcular a data do nacemento do bebé contando 280 días, ou 40 semanas, desde o primeiro día d última regra. Exemplo: Primeiro día da última regla, 17 de xaneiro, a data probable do parto será sobre o 24 de Outubro. Todo esto depende da duración do ciclo de cada muller.
Desarrollo fetal As semanas do desarrollo fetal, non coinciden coas do embarazo, xa que este se conta desde o primeiro día da última regla e a fecundación suele producirse duas semanas despois. Despois da fecundación, a implantación do embrión no útero, comeza a etapa máis importante do desenrolo do feto. 3ª semana (5 semanas de embarazo) Na quinta semana do embarazo, comeza a formación dos órganos e da futura placenta que se encargará de nutrir ó bebé. Aparecen vellosidades que en
contacto cos vasos sanguíneos da nai nutren e dan oxíxeno ó bebé. Iniciase tamén a formación do cerebro, da medula espiñal e o desenrolo dos ollos.
4ª semana (6 semanas do embarazo) Nesta sexta semana de embarazo, o embrión ten forma de xudía, aparecen unhas pequenas protuberancias, que se converterán nas extremidades superiores e inferiores. Xa ten pescozo e cabeza cos seus ollos e nariz en plena formación. Tamén posúe cerebro e corazón que xa empeza a latexar, aínda solo ten 2 cavidades en lugar de catro.
5ª e 6ª semana (7 a 8 semanas do embarazo) Ao final da sexta semana distínguese claramente a médula espiñal, o corazón latexa moi rápido, a un ritmo de 140-150 latidos por minutos, o dobre que a nai. Vanse desenrolando o estómago, o intestino, o páncreas, o aparato urinario e os bronquios nos pulmóns. As mans e os pes parecen aletas.
7ª e 8ª semana (9 a 10 semanas de embarazo) Aparecen os músculos, cubertos dunha fina epidermis, a médula ósea e os nervios, desenvólvense os órganos sexuais e os dedos comezan a separarse. As vértebras e costelas comezan a crecer. O seu aspecto cada vez es máis humano. Mide uns 20 mm.
9ª e 10ª semana (11 a 12 semanas de embarazo) As extremidades xa teñen cóbados e xeonllos, aparecen as palpebras e as orellas vense claramente. O tronco estendese e aparecen os primeiros cartílagos e costelas. O feto está formado, solo ten que crecer e madurar todos os seus órganos. Los riscos de problemas serios, malformacións e interrupción do embarazo diminúen moito a partir de agora.
11ª e 12ª semana (13 a 14 semanas de embarazo) A médula ósea, o fígado e o bazo producen las células da sangue do feto, a súa cara parece máis humana e os intestinos vanse colocado adecuadamente no abdome. Los riles termínanse de formar e o feto empeza a ouriñar no líquido amniótico. O bebé empeza a responder aos estímulos procedentes do exterior, móvese, xesticula e xa mama. Xa ten as súas propias huellas dixitais.
13ª e 14ª semana (15 a 16 semanas de embarazo) Ten pelo na cabeza e pestanas, as pálpebras permanecen pegadas. Pode moverse con moita facilidade. Na ecografía apreciarse o sexo do bebé e compróbase que os seus órganos están perfectamente. A súa pel é transparente, poden verse os seus órganos, empeza a percibir a luz e a súa cabeza vai sendo máis proporcionada en relación co tamaño do seu corpo.
15ª e 16ª semana (17 a 18 semanas de embarazo) Fai movementos respiratorios, os brazos medraron e xa ten unllas, os ósos cada vez son máis fortes ,y móvese moito. As orellas e os ollos xa están perfectamente colocados.
17ª e 18ª semanas (19 a 20 semanas de embarazo) A pel do bebé produce unha graxa coa que mantén unha temperatura corporal adecuada. Xa pode oír, pero de manira distorsionada por atoparse no líquido amniótico. Os pulmóns, o aparato dixestivo e o cerebro van madurando e ocultos nas súas encías van aparecendo os dentes de leite. Empeza a chuparse o polgar.
19ª e 20ª semanas (21 a 22 semanas de embarazo) Aínda ten moito espazo para moverse ,é moi activo. Traga líquido amniótico. Se se trata dunha nena os seus ovarios teñen máis de seis millóns de óvulos, cantidade que baixará, hasta uno ou dous millóns cando naza.
21ª 22ª semana (23 a 24 semanas de embarazo) Os globos oculares case están desenvolvidos por completo, pero o iris aínda non ten pigmentación ( color). Xa lle medraron as pestanas e pode abrir os ollos diferenciando a luz da escuridade. Algúns órganos producen sustancias importantes para a súa vida, como a insulina.
23ª e 24ª semana (25 a 26 semanas de embarazo) Fórmanse os alvéolos pulmonares. As papilas gustativas estanse desenvolvendo. Durme de 18 a 20 horas diarias, pero cando está esperto móvese moito e cada vez responde máis aos estímulos que recibe do exterior. A pel está arrugada e vermella.
25ª e 26ª semanas (27 a 28 semanas de embarazo) A pel vaise estirando pola acumulación de graxa. O iris xa posúe pigmentación. A pel deixa de ser transparente. O corazón late a uns 140 latidos por minutos. Os pulmóns case remataron o seu desenrolo.
27ª e 28ª semanas (29 a 30 semanas de embarazo) Os intestinos e o estómago xa funcionan e os riles están moi desenvolvidos. O seu cerebro xa está maduro. O bebé comeza a buscar a posición definitiva.
29ª e 30ª semana (31 a 32 semanas de embarazo) Xa pode ver, o seu peso vai aumentando rapidamente. Unha vez colocado na que será a súa última posición irá xirando sobre si mesmo , flexionando e estirando brazos e pernas.
31ª e 32ª semana (33 a 34 semanas de embarazo) Traga moito liquido amniótico e ouriña moito . Sigue medrando moi rápido, os seus ósos e articulacións son moi flexibles para adaptarse ó canal do parto.
34ª semana (36 semanas de embarazo) Xa no se move tanto por falta de espacio. Pouco a pouco vaise encaixando na pelves.
36ª semana hasta o remate (38 semanas de embarazo hasta término) O bebé está preparado e pode nacer en calquera momento. Os pulmóns poranse en marcha desde que teña contacto co exterior. Si na semana 39-40 correspondente á 41-42 de embarazo, o parto no se presenta, o médico o provocará, porque a placenta pode perder a súa eficacia.