Cuadernillo Alicia no País das Marabillas

Page 1

Alumno................................................................

Curso.................................. , nº ..............

1

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


2

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


CAPÍTULO I : O COELLO BRANCO Érase unha vez unha nena que se chamaba Alicia: e tivo un sono moi estraño. Gustaríache saber que pasou no soño? O primeiro que aconteceu foi isto. Apareceu un Coello Branco correndo, con moita presa; e xusto ao pasar ao lado de Alicia parouse e sacou un reloxo de peto. Que divertido verdade? Viches algunha vez a un coello con reloxo? Non te parece que ten uns fermosos ollos color rosa? Ten as orellas rosadas; unha fermosa chaqueta marrón, pódeselle ver a punta do pañol vermello asomando polo peto da chaqueta: total, que coa garabata azul e un chaleco amarelo, a verdade e que forma un agradable conxunto. - Meu Deus! - dixo o coello Chegarei demasiado tarde! A que chegará tarde? Pois voucho dicir: tiña que ir a visitar á Duquesa. A Duquesa era unha señora moi rosmona e malhumorada. Por esa razón o Coello estaba morto de medo, porque pensaba que, como castigo, a Duquesa o mandaría decapitar. Cando o coello Branco marchou correndo, Alicia quixo saber que lle ocorría, e marchou correndo detrás del; correu e correu, hasta que caeu no tobo. 3

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


E entonces a súa caída foi moi longa. Baixaba, baixaba e baixaba... Pensou que ía a atravesar completamente a terra, e saír polo outro lado. Era exactamente igual que un pozo moi profundo, só que non tiña auga. Esta enorme caída rematou por fin, e Alicia foi a para sobre unha morea de paus e follas secas. Non se fixo nada de dano, levantouse dun chimpo, correu tras o Coello. E este foi o comezo do estraño sono de Alicia. ando vexas un Coello branco, pensa que ti tamén podes ter un sono curioso como o de Alicia.

Actividades 1.- Como se chama a protagonista da historia?

2.- Que animal aparecía no soño?

3.- Como era o animal? Descríbeo.

4

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


4.- Que aparato leva o animal? Para que serve?

5.- Busca o significado de: Decapitar

Madrigueira

6.- Completa a táboa con cinco nomes, cinco adxectivos e cinco verbos do capítulo Nomes

Adxectivos

Verbos

7.- Ordena alfabeticamente os nomes do exercicio anterior.

8.- Debuxa o capítulo

5

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


CAPÍTULO II : COMO MEDROU ALICIA Despois de caer no tobo, correu un treito moi longo baixo terra, e de súpeto, atopouse nunha enorme sala rodeada de portas. Todas estaban pechadas con chave, a coidada Alicia non podía saír dalo e púxose moi triste. Ao cabo dun anaco atopou unha mesa pequena con tres patas, toda feita de cristal; enriba da mesa había unha chave pequeniña. Alicia deu a volta a toda sala tratando de abrir con ela algunha das portas. Coitada Alicia! A chave non abría ningunha porta. Pero por fin, chegou a unha portiña pequerrechiña. Que alegría levou ao ver que a chave servía para esa pechadura! Rapidamente abriu a portiña, agochouse e mirou ao outro lado. Que cres que viu? Un xardín preciosísimo! Sentiu unhas ganas enormes de entrar nel! Pero a porta era demasiado pequena. Non podía pasar de ningún xeito! Así que a pobre Alicia pechou a porta e deu a volta para deixar a chave no seu sitio, pero esta vez atopou sobre a mesa unha cousa completamente diferente. Era un frasco, que tiña colgada unha etiqueta na que se podía ler: BÉBEME! Probou o líquido, estaba moi bo, enseguida o bebeu todo.

6

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


Nese mesmo momento, pasou unha cousa curiosísima. Nunca o adiviñarías! Encomezou a facerse pequena, pequena hasta quedarse do tamaño dunha boneca! - Agora si que podo pasar!- Pensou Alicia E marchou correndo. Pero cando chegou, a porta estaba pechada con chave, e a chave estaba enriba da mesa e non podía collela! Que magoa ter pechado a porta con chave! O seguinte que atopou foi un pasteliño, no que estaba escrita a palabra: CÓMEME. Naturalmente púxose mans a obra e comeuno. E que pensas que lle pasou? Seguro que non o imaxinas! Terei que contarcho ! Medrou, medrou e medrou. Fíxose máis alta do que era antes!Máis alta que ningún neno! Máis alta que ningunha persoa maior! Máis, e máis alta! ACTIVIDADES 1.- Que preferirías ti: ser pequerrechiña como un gatiño, ou alta e grandota e darte cabezazos no teito a todas horas?

7

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


2.- Por que se fixo pequerrecha Alicia?

3.- E que fixo que se fixera grande?

4.- Escribe os contrarios: Grande Pechado Maior

Anano Alto Triste

5.- Escribe os diminutivos e os diminutivos deste capítulo. Aumentativos

Diminutivos

6.- Escribe todos os adxectivos que atopes

8

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


7.- Hai outro conto moi famoso no que o protagonista e moi, moi grande. Como se titula este conto? Investiga e lo escríbeo.

9

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


CAPÍTULO : O CHARCO DE BÁGOAS Seguro que estás pensando que Alicia debeu sentirse moi leda cando comeu o pastel e empezou a medrar. Claro , agora xa podía coller a chaviña da mesa de cristal e abrir a portiña. Claro, si, efectivamente podía; pero, de que lle serviría abrir a porta, se xa non podía pasar por ela? A súa situación era peor que nunca. Se baixaba a testa hasta o chan podía mirar pola porta con un só ollo. Pero era o único que podía facer! Sentouse no chan e chorou como se tivera roto o corazón. Chorou, e chorou. As súas bágoas corrían polo centro da sala como un río abundante. Moi pronto formaron un Charco de Bágoas bastante grande, que ocupaba a metade da sala. Así podería seguir Alicia hasta hoxe mesmo, se non houbera acertado a pasar pola sala o Coello Branco que ía a visitar á Duquesa. Viña magnificamente vestido, e levaba un par de guantes brancos nunha man, na outra un pequeno abanico; non paraba de rosmar: - Ai, la Duquesa, la Duquesa! Como vai estar de enfadada se a 10

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


tiven esperando por min! Pero non a viu, sabes. Por iso cando Alicia empezou a dicir: _ Por favor, señor _ Parecíalle que a voz viña do alto da sala porque a cabeza de Alicia estaba altísima. O Coello levou un susto horrorosa, deixou caer os guantes e o abanico e saliu correndo a toda velocidade. Entonces si que ocorreu algo raro. Alicia recolleu o abanico e comezou a abanicarse, e mira por onde, volveu a minguar e nun minuto quedouse do tamaño dun rato! Agora mira o debuxo, e rapidamente adiviñarás o que pasou a continuación. Verdade

que parece un mar? Pois é o Charco de Bágoas formado polas bágoas de Alicia. Ves, Alicia caeu dentro do Charco e o rato con ela, e aí os tes nadando xuntos dun lado a outro. Pero, por que quere o Rato se afastou de Alicia con tanta presa? 11

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


Pois o que pasa é que Alicia púxoselle a falar de gatos e de cans, e como sabedes os ratos odian aos gatos e aos cans!

Actividades 1.- Por que chora Alicia?

2.- Quen entrou na sala?

3.- Que obxectos levaba esta personaxe?

4.- Que pasou para que Alicia se volvese do tamaño dun rato?

5.- Explica as razóns polas que Alicia tivo botarse a nadar.

12

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


6.- O rato escapa de Alicia, por que?

7.- Debuxa este capítulo.

13

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


CAPÍTULO: UNHA CARREIRA SEN METAS Cando Alicia e o Rato lograron saír do Charco de Bágoas, estaban moi mollados; o mesmos lles ocorría a unha morea de criaturas estrañas que tamén caeran ao Charco. Había un Dodo (é o paxaro do bastón), un Pato, un Loro, un aguilucho e algúns outros. Non tiñan nin idea de como poderían secarse. Pero Dodo, que era un paxaro moi listo, díxolles que o máis axeitado era facer unha carreira sen meta. Que cres que era iso? Que non o sabes? Pois si que es ignorante! Agora presta moita atención e rapidamente remediarei a túa ignorancia! En primeiro lugar hai que ter unha pista para a carreira. Debe de ser de forma máis ben circular, pero a forma non importa moito sempre que de un rodeo bastante grande e remate volvendo ao mesmo punto de partida. A continuación, colócanse todos os corredores sobre a pista, aquí e alá; non importa onde, o que fai falta é que non queden todos agrupados. Despois non fai falta dicir: á unha, ás dúas e ás tres! se non que se lles deixa que se poñan a correr cando queiran, e que o deixen cando lles pareza.

14

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


De maneira que todas estas criaturas e Alicia, estiveron correndo pola pista hasta que se secaron por completo. Entonces, Dodo dixo que todos eran gañadores e que todos debían recibir un premio! E claro, Alicia tivo que darlles os seus premios. E non tiña nada que darlles se non uns poucos doces que casualmente levaba no peto. Houbo exactamente un para cada un. Pero non quedaba premio para Alicia! Que cres que fixeron? A Alicia só lle quedaba un dedal. Agora mira o debuxo e verás o que pasou.

- Dáme iso - dixo Dodo

15

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


Entonces o Dodo tomou o dedal e entregoullo de novo a Alicia dicindo: - Suplicámoslle acepte este elegante dedal. Todas as demais criaturas aplaudiron. Verdade que era un regalo estraño? Imaxínate que te teñen que facer un agasallo de aniversario. Prefires que vaian ao armario dos teus xoguetes e busquen a boneca máis bonita das túas bonecas e te digan: _ Toma, meu amor, este fermoso agasallo polo teu aniversario. Ou máis ben che gustaría que te agasallen con algo novo, algo que non tiveras antes?

Actividades 1.- Subliña de vermello as frases interrogativas e de verde as frases exclamativas.

2.- Ordena alfabeticamente: Dodo, amor, Alicia, xoguetes, meta, aguilucho, dedal, rodeo.

3.- Escribe unha frase coa palabra ignorancia.

16

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


4.- Escribe as palabras deste capítulo que se escriban con: ca, co, cu, que, qui Ca

Co

cu

que

Qui

5.- Que onomatopeas fan estes animais: Can Touro Pato Rato

León Ovella Abella Serpe

6.- Describe o animal que máis che guste deste capítulo e debúxao

17

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


18

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


CAPÍTULO: BILL O LAGARTO Agora vouche contar as aventuras de Alicia na casa do Coello Branco. Recordas que ao Coello Branco lle caeron os guantes e o abanico do susto que se levou ao escoitar a voz de Alicia, comprenderás que non podía presentarse a visitar á Duquesa sen guantes nin abanico; de maneira que ao cabo dun anaco volveu para buscalos. Para entonces xa tiñan marchado o Dodo e as outras criaturas estañas, e Alicia andaba deambulando por alí. Que cres que fixo o Coello? En realidade creu que Alicia era a súa doncela, e empezou a darlle ordes! - Mary Ann!- díxolle - Vaite a casa e tráeme uns guantes e un abanico! - Agora, de presa! Tal vez con eses ollos de cor rosa non vía moi ben. Porque sen dúbida Alicia non ten aspecto de doncela verdade? Pero ela era unha nena moi amable, e non se sentiu nada ofendida, se non que saíu a todo correr como puido cara a casa do Coello. Por fin atopou a porta aberta; porque se houbera tido que chamar ao timbre, supoño que tería saído a abrir a verdadeira Mary Ann: e esa non tería deixado entrar a Alicia por nada do mundo. E menos mal que tampouco apareceu Mary Ann mentres Alicia corría escaleiras arriba: porque me temo que a tería tomado por unha ladroa! Por fin descubriu a habitación do Coello e alí había un par de guantes sobre a mesa, xa os ía a coller e marcharse, cando viu un frasquiño na mesa. Naturalmente na etiqueta poñía. BÉBEME. E Alicia bebeu un pouco!

19

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


Ben, pois eu creo que tamén iso foi unha sorte, non cres ti? Porque se non houbera bebido nada, non tería ocorrido toda esta aventura marabillosa que te vou a contar. E iso sería unha pena, non? Xa vas coñecendo tan ben as aventuras de Alicia, que me aposto a que te imaxinas o que ocorreu a continuación. E se non cho imaxinas, contareicho! Medrou, medrou e medrou. E en moi pouco tempo a habitación estaba chea de Alicia. Exactamente igual que un tarro está cheo de marmelada! Había Alicia hasta o teito; Alicia estaba en todos os recunchos da habitación! A porta abría cara o interior, e naturalmente non había sitio para abrila e cando o Coello se cansou de esperar veu el mesmo a buscar os seus guantes, naturalmente non puido entrar. E que cres que fixo entonces? Enviou ao Lagarto Bill ao tellado e o mandou baixar pola cheminea. Pero resulta que Alicia tiña un pé no fogar e cando escoitou que Bill baixaba deu unha patada moi suave... e Bill saíu voando polos aires!

20

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


Actividades: 1.- Con quen confunde o Coello a Alicia?

2.- Que atopou Alicia na mesa ademais dos guantes?

3.- Alicia fixo algo que non debería porque xa coñecía o que ía pasar. Que fixo? Que sucedeu?

4.- Quen voo polos aires? Por que?

21

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


5.- Imos a facer comparacións! Alicia medrou É tan alta Está tan ledo Ten os ollos A mesa é máis longa

6.- Ilustra este capítulo

22

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


CAPÍTULO : O VERME AZUL Entón marchou de alí e logo de moito andar atopou un verme. Era un verme moi particular: estaba sentado nun cogomelo e fumaba nunha cachimba turca. Alicia contoulle o que lle pasaba e o verme, que era moi simpático, díxolle que o cogomelo era máxico e que podía comer un anaquiño. Alicia probouno e, de súpeto,volveu a empezar a medrar. Actividades 1.- Describe ao animal que se atopa Alicia sentado nun cogomelo.

23

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


2.- Que aparato tiña ese animal?

3.- Que solución lle da o verme para medrar?

4.- Escribe os contrarios de: Medrar Calar Limpar Secar

Chorar Mover Sacar Entrar

5.- Escribe os verbos do exercicio anterior en: presente, pasado e futuro Presente

Pasado

futuro

Debuxa o verme

24

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


CAPÍTULO: O BEBÉ PORQUIÑO Gustaríache que te contase a visita de Alicia a Duquesa? Foi unha visita moi importante. Pois Alicia seguiu para diante e chegou á casa da Duquesa. Empezou chamando a porta, pero como ninguén lle contestou, tivo que abrila ela mesma. A porta levaba directamente a cociña. No centro da habitación estaba a Duquesa, levaba un traxe moi bonito, pero que non lle lucía nada porque tiña un narizolo horrible. Estaba sentada e tiña no colo un bebé que era un porquiño. Tamén había unha cociñeira que lle preparaba a cea ao bebé. Como a Duquesa era moi antipática, Alicia seguiu o seu camiño. Cando pasaba debaixo dunha árbore, viu empolicado nunha póla un gato grandísimo que lle sorría cun enorme sorriso. Era o gato Cheshire, que lle explicou o camiño que tiña que pillar se quería ir onda a lebre. Despois o animal empezou a desaparecer pouco a pouco asta que xa non se lle vía máis co sorriso. Veu alguén un sorriso sen gato? Asegúroche que é algo moi raro. Polo menos iso foi o que lle pareceu a Alicia, aínda, con todo, decidiu ir buscar a lebre.

Actividades 1.- Escribe o nome dos 25

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


cachorros destes animais: cabalo Vaca balea Ovella

Porco Aguía Galiña Gato

2.- Como se chama o gato? Onde estaba?

3.- Escribe dúas situacións nas que te poñas de mal humor e outras dúas de bo humor.

26

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


CAPÍTULO: UNHA MERENDA DE LOCOS Alicia deixou ao gato Cheshire e foi a ver á Lebre de Marzo e ao sombrereiro. A lebre andaba a celebrar unha festa no xardín. Alí os atopou tomando o té debaixo dunha enorme árbore, xunto con un leirón que estaba sentado entre os dous. Só estaban os tres á mesa, pero sobre ela había unha gran cantidade de cuncas de té preparadas. Fíxate que non ves toda a mesa, e ves que hai nove cuncas, contando coa que ten na man a Lebre de Marzo.

Nun extremo da mesa había unha poltrona verde que parecía posto alí para Alicia, foi e sentouse nel. Todos mantiveron unha longa conversa. O leirón non dixo moito. Estaba profundamente durmido, e só se espertaba as veces.A Alicia déronlle pouco de comer e beber. Despois dun anaco ela mesma serviuse un pouco de té, pan e manteiga. 27

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


O sombrereiro sempre andaba con sombreiros para vender: mesmo o que levaba na testa! Como ves, ten o prezo marcado, un "10" e un "6", iso quere dicir dez chelíns e seis peniques. Despois de merendar, Alicia seguiu o camiño á busca do Coello Branco. Actividades 1.- Cantos invitados estaban merenda?

2.- Cantas cuncas había?

3.- Que ten de especial o sombreiro ?

4.- Ordena alfabeticamente: chelín, penique, sombrereiro, leirón, lebre, merenda e dez

5.- Escribe que merenda prepararías para compartir cos teus amigos.

28

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


CAPÍTULO: O XARDÍN DA RAÍÑA A procura do Coello, Alicia chegou á porta dun xardín preciosísimo, cheo de mouteiras de flores e de fontes de auga fresca. Era da Raíña de Corazóns e tan enorme se vía que dentro del había un fermoso castelo e un campo para xogar ó croquet. Paseando polo xardín, Alicia atopou un grupo de naipes que tiñan brazos e pernas, talmente coma as persoas. Alicia era tan alta como un rato posto a dúas patas, así que xa te das conta de que esta roseira e moi pequena e os xardineiros tamén. E que estarán facendo con esa pintura vermella? Isto é o que eles contaron a Alicia: A Raíña de Corazóns quería unha roseira de rosas vermellas nese recuncho, pero estes coidados homiños cometeron un erro e plantaron unha roseira branca. Estaban moi asustados, porque a Raíña íase a enfadar moito e ordenaría mandarlles cortar a testa a todos. A Raíña tiña moi malas pulgas e, cando se enfadaba, sempre daba a mesma orde: - Que lle corten a testa! Pero ao final ninguén lle facía caso. Podes adiviñar que pretenden facer os xardineiros?

29

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


Están intentando pintar as roseiras de cor vermello, teñen moita presa por deixalas rematadas antes de que chegue a Raíña. Mentres Alicia estaba falando cos naipes, apareceu a Raíña!

Actividades: 1.- Como son os xardineiros? Descríbeos.

30

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


2.- Por que pintan as roseiras de vermello?

3.- Cal é frase favorita da Raíña?

4.- Que tipo de frase é? Escribe ti dúas máis.

5.- Escribe dúas oracións enunciativas e dúas interrogativas

31

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


CAPÍTULO: A CUADRILLA DE LAGOSTAS A Raíña ao ver a Alicia, insistiu en que a nena xogase ao croquet. Pero o xogo ao que xogaban os naipes son era un xogo nada doado. Para empezar, no canto da moca déronlle un flamengo vivo. Eu asegúroche que é moi difícil atinarlle á bóla cun flamengo, sobre todo se a bóla en realidade é un ourizo vivo escollido. Alicia que pensaba que o xogo era moi fácil, dixéralle á Raíña que estaría encantada de botar con ela un partido. Pero resultoulle horrible e non desfrutou nadiña, polo que estaba desexando que acabara canto antes.

Actividades: 1.- Xogaches algunha vez ao croquet? 2.- Investiga como se xoga Materiais

Normas

32

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


CAPÍTULO : QUEN ROUBOU OS PASTEIS? Durante o partido a Raíña mandara facer unas pasteis. Pero o paxe de Corazóns acusárono de roubalos. Oíches a historia dos pasteis que fixo a Raíña de Corazóns? Podes dicirme que pasou con eles? Por suposto! Non é o que conta a canción? A Raíña de Corazóns fixo un deliciosos pasteis Un día de verán O Paxe de Corazóns roubounos e un villano levounos a un lugar lonxano A canción di iso. Pero non se podía castigar ao Paxe porque sae nunha canción. Había que metelo preso, encadealo e levalo ante o Rei de Corazóns para celebrar un xuízo como é debido. Formáronlle un xuízo: O Rei de Corazóns facía de rei e de xuíz, a Raíña de Corazóns ten cara de mal humor, o Coello Branco está sentado 33

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


ao carón do Rei e lee a canción e os xurados que son os que teñen que dicir se culpable ou inocente. Pero Alicia non vira a Raíña facer os pasteis nin ao Paxe levalos. O Coello branco tocou unha enorme trompeta e berrou: _ Alicia ao estrado! Alicia púxose en pé coma un raio e entonces... Que pasou? Pois que a saia de Alicia se enganchouse no estrado do xurado e todos eles saíron despedidos! Xa sabedes que para formar un xurado teñen que ser doce. Imos a ver se os damos identificado! Vexo: a rá, o leirón, a rata, o furón, o ourizo, o lagarto, o galo, a toupeira, o pato, o esquío, un paxaro de pico longo...pero, só van once. Fáltanos un! Ah! Ves unha cabeciña branca detrás da toupeira? É un ratiño! Xa están os doce! Alicia recolleunos con moito coidado. Espero que non se fixeran moito dano! Actividades: 1.- Quen era o xuíz?

34

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


2.- Conta como se produciu o accidente de Alicia

3.- Nomea os doce membros do xurado.

4.- Separa en sílabas: Lagarto Ourizo Toupeira lagarto Rei Alicia 35

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


CAPÍTULO : A CHOIVA DE NAIPES O xuízo rematou da seguinte forma: O rei quería que o xurado decidira se o Paxe era inocente ou culpable. A raíña quería que decidiran como o ían castigar. Isto non está ben verdade? Porque claro, se resulta que non roubara os pasteis, non había que castigalo. A ti gustaríache que te castigaran por algo que no fixeches? Entonces, Alicia dixo: - Que estupidez! - Que lle corten a cabeza!- exclamou a Raíña - Quen vos vai tomar en serio! Non sodes máis que os naipes dunha baralla!- replicou Alicia. Os naipes enfadáronse tanto que pegaron un brinco e caeron ó montón enriba da nena, talmente coma se fosen unha treboada. Pero entre tanto rebumbio e confusión Alicia aproveitou e fuxiu ás carreiras, aínda que perseguida polos naipes. O que pasou a continuación non o imaxinarías nunca! Xusto naquel momento Alicia espertou de súpeto e respirou moi aliviada ao ver que os naipes non eran máis que 36

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


unhas follas de árbore que o vento fixera caer sobre a súa cara. Verdade que sería precioso ter un sono estraño, igual que Alicia? Actividades: Conta un dos teus soños

37

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


Fai un debuxo do conto

38

O baúl de segundo

Mª José Baz / Rosa González


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.