Trallamos a Muralla China

Page 1

A construciรณn mรกis grande da humanidade: A Gran Muralla China!!!


A Gran Muralla é unha das obras arquitectónicas máis impresionantes e importantes do mundo. Pero, ninguén dixo: imos a construír a Gran Muralla. É un dos símbolos máis célebres de China.


A SÚA HISTORIA Foi construída entre os séculos V a.C. e o século XVI co fin de protexer o Imperio chino. A súa construción divídese en varias fases


1ª FASE Abarca o período anterior a unificación. Nesta fase destaca especialmente o comezo da construción de pequenos muros por parte dos distintos estados existentes, para protexerse das invasións de pobos estranxeiros.


2ª FASE O primeiro emperador de China,Qin Shi Huang, no século III a. C. mandou unir todas as pequenas murallas que xa existían e engadiu novos tramos. O seu obxectivo era fortificar a fronteira norte do reino para evitar os ataques de tribos, sobre todo as de Mongolia.



3ª FASE Comeza coa morte do emperador Qin Shi Huang. Nesta etapa, a Gran Muralla permaceu abandonada, agás a labor de Han Wudi, que restaurou partes da construción expendéndoa para favorecer a ruta da seda ( rede comercial entre Europa e Asia)



4º FASE Co final da dinastía Han Wudi, China dividiuse en tres reinos. Esta etapa caracterízase pola nula actividade na Gran Muralla, xa que a súa construción quedou paralizada hasta o ano 1300.


5ª FASE Coa chegada da dinastía Ming seguen a construción para evitar conflitos.


DATOS INTERESANTES Esta obra é coñecida como a Gran Muralla desde finais do século XIX. Antes simplemente se chamaba " muralla", "barrera" ou " forte" Tardaron más de 1.000 años en completala, oficialmente a súa construción rematou en 1644


Foi a construción que empregou máis traballadores da historia.

Para levantala tiveron que traballar centos de miles de homes,( 800.000 ) a maioría eran escravos e prisioneiros, aos que se lles obrigaba a traballar en condicións moi duras.



Nalgún momento chegaron a traballar nela o 70% da poboación chinesa.

A Muralla foise ampliando pouco a pouco hasta acadar unha lonxitude de 21000 Km. Na actualidade consérvanse uns 2400 Km. Vai desde a fronteira con Corea, hasta o deserto de Gobi. Tárdase máis de 100 días en percorrela camiñando.



As dimensiรณns medias dos seus muros son impresionantes, 6 metros de ancho e 8 metros de altura.


Gran Muralla ten atalaias e torres de vixilancia para controlar aos inimigos e desde elas, en caso de perigo, enviaban sinais de fume de dĂ­a ou de lume polas noites dunhas a outras.


O punto mĂĄis alto da Muralla ĂŠ a montaĂąa Heita, a uns 1500 m sobre o nivel do mar.


O material que se usaron para a construción non foi o mesmo en toda. En cada tramo usaban o material que había polos arredores: pedra caliza, granito, arxila... aínda que tamén usaron ladrillo.


Os europeos non a coñecemos hasta o século XVII porque o goberno chino coidaba moito as súas fronteiras e en 1605 permitiron o paso do explorador portugués Bento Góis que foi o primeiro europeo en pisala.


Foi escenario de gran cantidade de guerras entre China e outros Estados.


Durante a construciรณn do muro, o chino Chuco Liang, no ano 200 a. C. inventou a carretilla e comezaron a usala.


En 1987 a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade. O 7 de xullo de 2007, foi nomeada unha das Sete Marabillas do Mundo Moderno.


PROXECTO VIAXAMOS POLO MUNDO: CHINA

4º DE PRIMARA CEIP A Sangriña


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.