O descubrimento de América
Proxecto: O paso da historia
5º Primaria
CEIP A Sangriña
M. José Baz
Os avances na navegación permitíronlles aos mariños buscar novas rutas para comerciar. Buscaban chegar ás Indias, uns territorios asiáticos ricos en especias como a canela ou a pementa.
O navegante Cristovo Colón, naceu en Xénova , Italia, no ano 1451. DEsde moi pequeno quería ser Mariño, pero tiña unha gran paixón: a xeografía e os mapas.
Pasados uns anos tivo a idea de facer unha viaxe para chegar a Asia sen pasar polo mar Mediterráneo, quería facelo en dirección contraria, indo cara o Oeste.
Estaba convencido de que a terra era redonda, e que polo tanto, indo polo océano Atlántico, tamén chegaría a China e Xapón.
Cristovo Colón pediulle axuda ao rei portugués pero non quixo axudalo. Presentoulle o seu proxecto a raíña Isabel de Castela para intentalo. En abril de 1942, os Reis Isabel e Fernando firmaron con Colón un acordo, das Capitulacións de Santa Fe. Nelas establecíase que Colón recibiría o Almirantazgo, o Virreinato e gobernación de todas as terras que descubrise.
Ademais recibiría a décima parte das riquezas que atopara. Contou con tres carabelas: a Santa María, a Pinta e a Niña e as tripulacións e os materias precisos . As naves zarparon o 3 de agosto de 1492 do porto de Palos (Huelva).
Na madrugado do día 12 de outubro o mariñeiro Rodrigo de Triana berrou TERRA A VISTA!!!
Tiñan chegado a illa de Guanahani, a que Colón bautizou como San Salvador, días despois seguiron explorando a zoa e descubriron as illas de Cuba e a Española ( santo Domingo). Esta foi a primeira viaxe de Colón: O descubrimento!
Coa madeira, do seu mellor barco, A Santa María construíu un fortín que chamou " La Navidad" Colón arribou en España, no porto de Baiona, na carabela " A Niña"
Colón organizou tres viaxes máis a América
En 1496 realizouse a segunda viaxe: A colonización Nela descubriu as Antillas, pasou por Puerto Rico, Fundou a primeira cidade a que chamou La Isabela. Explorou Cuba e Jamaica e Cumaná ( Venezuela) En 1498 ten lugar a terceira viaxe: O paraíso l
terrenal Descubriu Illa Trinidad e a desembocadura do río Orinoco, Illa Margarita, Tobago e
G
Granada
Cuarta viaxe en 1502- 1504 O Obxectivo de Colón era atopar o paso cara Asía. Atopa moitas dificultades e non o logra. Explorou as costas de América Central: Honduras, Nicaragua, Costa Rica e Panamá
Viaxes de Cristovo Colón
Cristovo Colón morreu en 1506, Valladolid sen saber que descubrira América. Sabes de onde ven o nome de América? Esta palabra naceu a principios do século XVI, en honra de Américo Vespucio, explorador e cartógrafo italiano coñecido pola identificación de América como un continente. ( Naquela época, crían que o Novo Mundo era parte do continente asiático e non un continente en si.