Personaxes Quixote

Page 1

As aventuras de Don Quixote

PERSONAXES

2º de primaria CEIP A Sangriña


Fai moitísimos anos, un escritor, Miguel de Cervantes , inventouse unha novela, unha das mellores de todos os tempos: “Don Quixote da Mancha” O seu protagonista, un loco, tenro e entranable personaxe, estaba disposto a por paz no mundo. Para logralo contaría coa axuda incondicional da súa amada Dulcinea e o seul leal e fiel escudeiro, Sancho Panza. As súas peripecias e desventuras, as súa batallas contra terribles xigantes e e exercitos enimigos, ímolas contar nesta pequena adaptación da xenial obra de Miguel de Cervantes. Estades preparados para empezar? P o i s ,

v a m o s

a l á ! ! ! !


Personaxes


DON QUIXOTE É a personaxe principalda obra . Idealista e defensor de causas axenas en nome da xustiza, a defensa dos débiles, a honra e o amor. Preocúpase máis dos demais que de si mesmo. Ármase cabaleiro e sae en busca de aventuras para conquistar o corazón da súa inventada Dulcinea. O verdadeiro nome é Alonso de Quijano


SANCHO PANZA SANCHO PANZA É un vecinño de Don Quixote que se converte no seu escudeiro e acepta acompañalo porque lle promete darlle unha ínsua para gobernala. É un home de pobo, moi materialista, bo, realista, sinxelo, inxenuo e con sentido común. Acompaña a Don Quixote nas súas andanzas e sempre lle ofrece a súa visión da realidade.


DULCINEA DEL TOBOSO É a dama de Don Quixote, e na realidade chámabase Aldonza Lorenzo.

A verdade é que Dulcinea é unha personaxe inventada por Don Quixote, na realidade non era como el cría. Para el era a máis bela das doncelas e pola que loitaba cada día e a que lle brindaría as súas fazañas. Púxolle Dulcinea porque resultaba máis poético e Toboso porque era desa poboación.


A AMA

A ama de Don Quixote era unha persoa duns corenta anos. Coidaba da casa do seu señor, faille as comidas e cúralle as feridas. Sofre cando Don Quixote non volve a casa. Dela foi a idea de queimar os libros de cabalerías. Axúdanlle a quemalos o cura, o barbeiro e a sobriña.


A SOBRIÑA

A sobriña do Quixote vivía con el na súa casa. Ainda non ten vinte anos. Chámase Antonia Quijana. Participa na queima dos libros de cabalerías do seu tío. intenta convencelo de que un encantador levouse os seus libros. É a herdeira de Don Quixote.


O VENTEIRO

O seu verdadeiro nome é Juan Palomeque. É o dono da primeira venta a que chega Don Quixote na primeira saída e crendo que é un castelo e o dono o alcaide do mesmo pídelle que o nome cabaleiro, desexo que é cumplido. Cre que son certas todas as historias que se contan dos cabaleiros andantes. Discute co cura sobre a vercidade das historias que se contan nos libros de cabalerías.


O BARBEIRO Chámase Maese Nicolás. É o barbeiro do lugar onde vivía Don Quixote. Era batante amigo do inxenioso Don Quixote e visítao a menudo. Acompaña ao cura a buscar a Don Quixote cando este se vai de aventuras. Intenta facelo volver a súa casa. Foi retado por Son Quixote e fuxiu.


Eu son o cura do pobo de Don Quixote!

O seu nome é Pedro Pérez. Discute con Don Quixote moitos asuntos de cabalerías. Dubida que existan os cabaleiros andantes que saen nas novelas de cabalerías. Participa na queima dos libros de cabalerías. El é o que elixe os libros que deben ser queimados e quédase con algúns. Intenta que volva a casa e chega a metelo nunha xaula para conseguilo.


ROCINANTE

Rocinante é o cabalo de Don Quixote. Púxolle este nome porque soaba ben e derivaba de rocín. É un cabalo do campo, algo vello e con pouca forza. Acompaña ao seu amo na maioría das aventuras. Faise moi amigo do rucino de Sancho Panza.


RUCINO

Este é o burro ou rucino de Sancho Panza. Faise moi amigo de Rocinante. Moitas veces ráscanse o un ao outro.


Proxecto : O Quixote coas TICs


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.