Fraguas2010

Page 1

VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA Salvador Fernández Moreda PRESIDENTA DA COMISIÓN DE CULTURA, EDUCACIÓN E PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICO Caridad González Cerviño DIRECCIÓN Gabinete de Cultura da Deputación da Coruña COMISARIO Manuel González Arias COORDINADOR Marcos Sánchez González COMPOSICIÓN DO XURADO Caridad González Cerviño, Presidenta da Comisión de Cultura, Educación e Patrimonio Histórico-Artístico da Deputación provincial da Coruña. Ignacio Tellería Lorenzo, ceramista Jesús Vázquez Montero (Suso Montero). Deseñador, artesán, director artístico. Concepción Outeiriño Fernández (especialista en textil artesanal) José Carlos Pereira Calviño, Director da Escola Técnica de Xoiería do Atlántico María Josefa Jimenez Sánchez, Axente de Emprego e Desenvolvemento Local Francisco Pazos Martínez, Escultor, ex-profesor da Escola de Canteiros de Pontevedra, ganador da modalidade Contemporánea da edición anterior. Leopoldo Enríquez Sáenz de Santa María, Vitralista po la Real Sociedade Económica de Amigos del País. Secretario do Xurado Rogelio López Cardalda TEXTOS Miguel R. Bertojo FOTOGRAFÍAS Xosé Durán DESEÑO GRÁFICO E MAQUETACIÓN Andres de la Iglesia DESEÑO, TRANSPORTE, MONTAXE E COORDINADOR DA ITINERANCIA A Forxa Producións. CONCELLOS COLABORADORES Arzúa, Camariñas, Cedeira, Oroso e As Pontes de García Rodríguez IMPRIME Imprenta provincial DEPÓSITO LEGAL ----

2


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

A ARTESANÍA, VALOR EN ALZA Con esta nova edición do Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas, convocado con periodicidade bienal, a Deputación de A Coruña renova o seu compromiso cos artesáns e artesás de Galicia e coa súa visibilidade como sector, mais tamén coa continuidade e sostibilidade dos seus obradoiros e a excelencia das súas producións. O alto grao de participación nesta VIII edición, a orixinalidade e a calidade das obras presentadas, vén a poñer en evidencia algo xa sabido: o rigor profesional, o bo facer e a indiscutíbel capacidade creativa dos nosos artesáns. Mais o certame non só apoia as nosas artesanías, tanto tradicionais como contemporáneas, senón que, edición tras edición, rende un moi especial tributo á figura e á extensa obra dun galego ilustre, Antonio Fraguas: activo membro da Xeración Nós, fundador e director do Museo do Pobo Galego. De feito, o certame converteuse xa nunha convocatoria de indubidábel referencia para todos os artífices galegos, sen distinción de oficios ou ocupacións. Así o testemuñan as 198 pezas presentadas e, sobre todo, o nivel de dedicación e primor que amosan en tódolos casos, tal e como reflicten as páxinas deste catálogo.

Aínda así, este certame forma parte dunha longa relación de apoios, recursos e compromisos da Deputación de A Coruña coa promoción e a difusión da artesanía. Falo de diferentes encontros, citas, convocatorias feirais ou mostras estabeis relacionadas co sector -Mostrart, a xa clásica feira anual de artesanía de A Coruña, que xa vai pola XXVI edición; a tradicional Mostra do Encaixe de Camariñas, a punto de cumprir o seu XXI aniversario; a Mostra da Olería de Buño (Malpica de Bergantiños); a Mostra de Artesanía en Vivo de Vimianzo...- e doutras accións de recuperación de arquitecturas populares estreitamente vinculadas á produción artesanal, como é o Forno do Forte (Buño). Mesmo o Ministerio de Industria recoñeceu, xa en 2007, a dimensión e transcendencia deste esforzo da institución que presido, coa concesión de un dos seus premios nacionais de artesanía. Mais o valor real deste premio é que confirma a oportunidade das nosas políticas de apoio, sobre todo nuns momentos tan delicados como os que estamos a vivir... Trátase de producir, pero con visos de rendibilidade e continuidade temporal, obxectos de calidade inequívoca e xenuína personalidade. Se hai dous anos dicía que a propósito da olería tradicional que, lonxe de terse extinguido hai trinta anos tras a irrupción doutros materiais ou deseños alternativos, seguía aínda vixente, o mesmo digo hoxe dunha das obras premiadas, os zocos de Elena Ferro, e do oficio que representa.

4

Máis alá da adquisición das obras dos dous galardoados nesta edición, o ourive Miguel Sánchez Iglesias, na categoría de peza tradicional, e a zoqueira, Elena Ferro Lamela, na de obxecto contemporáneo, e tal e como vén sendo habitual, a institución que presido ten destinado unha boa parte dos 19.000 euros cos que dota ao certame á adquisición doutras obras -ata quince nesta ocasión-, que xa engrosan a importante colección da institución e o seu inxente patrimonio artístico.

A esta relación hai que sumar outras 32 seleccionadas expresamente polo xurado e que conforman esta exposición itinerante que percorrerá distintos concellos da nosa provincia. Todas elas reflicten exclusividade, competencia nos seus respectivos oficios e coñecemento dos soportes empregados... Noutras palabras, trátase de obxectos diferenciados, froito do saber facer; a habilidade e o oficio; pero, por riba de todo, estamos a falar de obxectos con referencias culturais inequívocas. As que identifican a Galicia como o que é: unha terra única... A Deputación de A Coruña seguirá polo tanto a perseverar na súa política de fomento dos saberes tradicionais, as artes e os oficios, aínda que insistindo na necesidade de adoptar actitudes que garantan emprego estábel, novos espazos de mercado e valor ás futuras producións a forza de deseño, imaxinación e sinais de identidade propias, mellorando así a súas posibilidades competitivas, a súa adaptación ás novas necesidades de consumo e a súa percepción como obxectos excelentes. En definitiva, lexitimando o seu carácter de valor en alza. Antes de rematar, quero agradecer expresamente as contribucións de diferentes persoeiros da cultura en xeral, a política ou a comunicación por prestar os xuízos e valoracións sobre a artesanía e que, sen dúbida algunha, amplían e enriquecen os contidos deste catálogo. Falo de César Antonio Molina, Laura Seara, Ramón Pernas, Xoel López ou Carlos Núñez, entre outros. Grazas a todos e todas.

Salvador Fernández Moreda Presidente da Deputación de A Coruña


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

A ÉTICA DE FACER BEN AS COUSAS IMPORTANTES Antonio Fraguas Fraguas, Don Antonio para moitos de nós, dedicou unha boa parte da súa dilatada e fecunda existencia a facer comprensibeis as diferentes mostras da cultura espiritual e material de Galicia. Entre elas, obviamente, os oficios, e todo canto tiña motivado e mobilizado aos seus artífices: os artesáns. “Desde moi cativo convivín con artesáns, observei detidamente o seu quefacer cotián, e sempre experimentei ese sentimento particular de admiración que se sente ante quen fai non só unha obra, senón unha obra artística”, afirmaba o propio Don Antonio nunha longa entrevista reproducida no catálogo da primeira edición deste certame. “A partir da sinxeleza dun material e cun traballo máis ou menos complexo, o artesán fai unha interpretación do oficio e do movemento, unha interpretación da vida…”. Este fragmento poñía de manifesto que a artesanía non só é un xeito de gañar a vida a secas, senón unha elección vital en toda regra. En calquera caso, moitas destas conclusións e interpretacións coinciden coas de diferentes actores da vida social, cultural ou política, consultados respecto a súa consideración do feito artesanal e dos termos ‘artesanía’ ou ‘artesán’. A precisión, rotundidade e compromiso das palabras de César Antonio Molina, ex ministro de Cultura, poeta, escritor e periodista, deixan poucas dúbidas sobre a súa sensibilidade, criterio e interese neste particular apartado do noso acervo: “A artesanía é a manifestación artística máis primixenia e sen a cal a arte non tivese nacido e desenvolvido como o fixo ao longo da historia. É un labor que hai que coidar e conservar porque é parte da idiosincrasia dos pobos”. Laura Seara, directora xeral do Instituto de la Mujer, Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad, propón un xenuíno exercicio de poesía, delicadeza, rigor histórico e indubidábel galeguidade, sen dúbida moi do gusto de Don Antonio... “De torques a colares, de prendedores a apliques, de fibelas a mil formas de alfaias. As obras que saen das mans dos nosos artesáns son herdeiras fieis da máis elevada actividade dos nosos devanceiros, e nos amosan a creatividade dos seus autores e autoras; pero, sobre todo, testemuñan os folgos

6

dunha cultura milenaria”. Sexa como for, a noción sobre o significado e o alcance real do termo ‘artesanía’ doutro galego ilustre como é Ramón Pernas, escritor, crítico, guionista, columnista habitual no xornal La Voz de Galicia, e director de Ámbito Cultural, Espacio de Cultura de El Corte Inglés, queda destramente sintetizada nestas dúas frases se cadra categóricas: “A artesanía é a arte do pobo. O antecedente creativo de todas as artes”. A FORZA DAS PALABRAS Aínda que en evidente sintonía cos xuízos e citas precedentes, só alguén como Carlos Núñez, músico e gaiteiro de sona mundial, podería aludir con semellante soltura a ese bálsamo máxico do espírito que fica nos oficios, e do que a miúdo falaba Don Antonio. A elegancia do seu sutil paralelismo entre ámbalas dúas manifestacións é, se cadra, unha sorte de homenaxe aos luthiers e creadores de instrumentos musicais: "O artesán é o compositor dunha obra material concreta. O compositor é o artesán da máis inconcreta das obras inmateriais". Así pois, a pregunta é inevitábel: ¿Seguen mantendo os termos ‘artesanía’ ou ‘artesán(artesá)’ esa vitalidade no seu significado, tal e como insinuaba Don Antonio? ¿Seguen aludindo a eses mesmos valores, a esa disposición de espírito ou a esas mesmas actitudes e destrezas? Semella que así é. Mais, vexámolo en detalle... Ámbolos dous significantes seguen moi vivos na fala coloquial, pero o certo é que algúns dos seus significados variaron nesta última época. Nalgúns casos, os seus respectivos sentidos contraéronse pola súa utilización reiterada en contextos pouco apropiados ou para facer referencia a produtos e procedementos alleos á propia artesanía, precisamente co propósito de engadirlles os valores dos que carecen. O contrapunto a esta auténtica banalización ten sido, por exemplo, a utilización recorrente de ámbolos dous termos nos discursos filosófico ou sociolóxico contemporáneos. En A teoría da clase ociosa æunha lectura que José Luis Borges consideraba imprescindibleæ, Thorstein Veblen (1857-1929), sociólogo e economista estadounidense, contrapuxo dous tipos psicolóxicos no mundo económico occi-

dental: o que sostén unha conciencia utilitaria, reprodutor do sistema e da súa ideoloxía, e o alleo á dinámica mercantil, nutrido polos que apostan pola libre curiosidade: artistas, inventores, aventureiros e, mesmo, os que arriscan o seu capital... “Só a curiosidade libre discorre no sentido da evolución biolóxica; pola contra, o despotismo do diñeiro, esclerotízaa”. Veblen definiu o home como “un ser de acción, máis que de cálculo ou de gozo”. Tal e como anos máis tarde demostrou o zoólogo e etólogo Konrad Lorenz (1903-1989), Premio Nobel de Medicina en 1973, Veblen sostivo ademais que “o utilitarismo dos financeiros ou dos educadores modernos constitúe un factor de bloqueo biolóxico da cultura”. O pensamento científico é, polo tanto, “froito da curiosidade libre en maior medida que a racionalidade”. Así pois ese instinto artesanal, tal e como o denomina Veblen, é practicamente imprescindíbel para que unha cultura evolucione. No seu libro O artesán, Richard Sennett, outro sociólogo norteamericano, adscrito ao pragmatismo æcorrente que trata de unir, segundo as súas propias palabras, “a filosofía ás prácticas concretas das artes e as ciencias, á economía política e á relixión; é dicir, que o seu carácter distintivo é a busca de problemas filosóficos insertos na vida cotiá” æ describe que: “A artesanía responde a un impulso ético de facer ben as cousas que se consideran importantes”. A artesanía como actividade fundaméntase na habilidade, o xuízo, o compromiso e a experiencia, aspectos que precisan tempo e un diálogo constante cos distintos materiais e cos problemas e resistencias que eventualmente presenten. Sennett promove así a noción de disciplina, “non como algo imposto, senón como todo un símbolo que representa a forza psicolóxica que hai que ter para sobrevivir e que cristaliza no hábito e a rutina”. Un termo, este último, que pode ser vivo e rico e non necesariamente pobre e aburrido como se pensa a miúdo. O concepto de oficio, no sentido dos oficios artesáns, “convértese así en algo que é necesario dominar para crer e respectarse a un mesmo”. Segundo Xoel López, un dos nosos músicos e compositores pop máis novos æen idade, que non en éxitos discográficos...æ, a artesanía, ademais de arte,

é a suma das virtudes ás que aludían tanto Don Antonio como Sennett. As súas reflexións, tan maduras como lúcidas, son como un ungüento da vella farmacopea tradicional: “A artesanía é o embrión, a semente da arte e, en moitos casos, arte en si mesmo. Non podo entender a artesanía sen auténtica dedicación, constancia, concentración, cariño, paixón e en ocasións diría mesmo obsesión. O artesán fai da súa obra unha extensión do seu corpo e crea algo onde só había arxila, madeira ou metal. O artesán é un creador, un mago. O artesán escolle as notas perdidas no aire e busca sempre a canción perfecta”. A ARTESANÍA COMO ESFORZO O concepto de actividade artesanal de Sennett inclúe tanto oficios clásicos da artesanía æoleiro, soprador de vidro ou luthieræ como oficios, prácticas ou labores tan dispares como a do cociñeiro, a dos membros do equipo de Linux, impulsor da Wikipedia, ou a dos pais que poñen en xogo todas as súas habilidades e coñecementos para educar os seus fillos. Segundo Sennett, a artesanía comprende “a cultura material e o coñecemento tácito como bens de capital social”, é dicir, “coñecementos e habilidades que se acumulan e transmiten na interacción social, aínda que non se teña conciencia real de tal...”. Sennett desconfía do perfeccionismo; de feito, conclúe o seu libro cun consello: emular a vella figura mitolóxica de Hefesto coxo, deus do lume e da forxa, "o tipo máis digno de persoa á que é posible aspirar: orgulloso do seu traballo, aínda que non de si mesmo. Ou aceptámonos como algo imperfecto e aprendemos das dificultades ou podemos caer nas trampas do narcisismo, tan actual como devastador”. Seguindo o modelo do vello artesán, Sennett suxire “que aprendamos dos nosos fallos para mellorar no que realmente conta: o oficio de vivir”. “A nosa potencia mental desenvolveuse a través das mans, da manipulación das cousas. Existe, polo tanto, unha relación estreita entre a man, a cabeza e o corazón”, afirma Sennett. Segundo John Dewey (1859-1952), filósofo, psicólogo e pedagogo estadounidense, “o traballo que se mantén impregnado de xogo é arte”. Na palabra ‘xogo’, e no que incorpora de liberdade e inspiración na súa relación coa materia, está o segredo. Nesta mesma liña de razoamento o filósofo e sociólogo alemán Herbert


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

Marcuse (1898-1979) escribiu en O home unidimensional. “Nesta sociedade non todo o tempo empregado en e coas máquinas é tempo de traballo (é dicir, esforzo desagradábel pero necesario) e non toda a enerxía aforrada pola máquina é forza de traballo. A mecanización tamén ‘aforrou’ libido, a enerxía dos instintos da vida”. Aí reside precisamente a verdade do contraste “entre o viaxeiro moderno e o poeta errante ou o artesán, entre a liña de montaxe e a artesanía, entre a vila e a cidade, o pan de fábrica e o enfornado na casa [...]. É certo que este romántico mundo anterior á técnica estaba cheo de miseria, esforzo e sucidade, que eran o fondo de todo pracer e gozo”, conclúe. Así era. Pero ese conflicto ten rematado hai tempo xa... A converxencia é posíbel, viábel e mesmo recomendábel dende un punto de vista práctico... Michele de Lucchi, arquitecto italiano, deseñador e fundador de Produzione Privata, unha pequena empresa que experimenta dun xeito sistemático e incentiva os procesos artesáns, afirmaba dende a perspectiva do éxito masivo dos seus deseños que a artesanía é imprescindíbel para a creación, “porque é o laboratorio experimental da tecnoloxía: permite equivocarse e aprender dos erros”. Para concluír dicindo pragmático que o deseño é precisamente iso: “a beleza da equivocación, a casualidade...”. Mais, no fondo, falamos de artesanía; é dicir, que non abonda con facer obxectos atractivos só coa pegada xenial do seu autor: é preciso que cumpran unha misión. “Cando os obxectos de uso cotián e o ambiente doméstico en que vivamos sexan obras de arte, é dicir, obxectos diferenciados, alleos á seriación industrial, masiva e estandarizada, entón poderemos dicir que alcanzamos o equilibrio vital”, afirmaba Bruno Munari, deseñador tamén de orixe italiana, no seu edificante libro A arte como oficio. Hoxe en día, un artefacto considérase realmente se a súa forma é acorde co seu propósito/utilidade, se o seu soporte material responde ás esixencias construtivas formuladas e se todos os seus compoñentes presentan unha estrutura lóxica. Un obxecto no que converxan xenio, saber, habilidade (oficio), sutileza e exquisitez na súa xusta medida. Segundo Munari, “o belo hoxe parece ser unha consecuencia directa do xusto”; é dicir, “un proxecto exacto é un obxecto belo”. Trátase, se cadra, de facer clásicos, como apuntaba o enxeñeiro industrial, economista e urbanista Luis Racionero en O mediterráneo e os bárbaros do Norte: obxectos que duren, que resistan o paso das xeracións...

8

E dicir, “o que se aguanta malia o cambio das modas e segue interesando aos mozos a pesar de mutacións incesantes nos estilos de vida e nas solicitudes ás súas percepcións”, aínda que sometido a criterios de evolución inevitabeis.. Mais convén insistir nun aspecto clave. Para Racionero, clásico non é só a arte grega, as ordes plásticas, os canons escultóricos, as divinas proporcións, as normas retóricas, as escalas musicais ou as unidades tráxicas, senón que, ademais de todo iso, “clásico é calquera acervo cultural humano que perdurase no seu impacto sobre a imaxinación e as emocións de sucesivas xeracións”. Aínda así, e tras tanto asunto transcendental, sempre queda o humor incisivo, mesmo cáustico e ata marcusiano á vez, do polifacético Luis Piedrahita, mago, guionista, director de cine... ¡Que ninguén senta ofendido! Segundo constata mordaz Piedrahita, “O artesán realiza unha arte sa, que se explica a si mesma e que non necesita forasteiro algún para xustificalo. Un porrón que ofrece a súa auga fresquiña é artesanía, un papaventos de papel que desafía as leis da gravidade é artesanía e, por suposto, os peitos dunha muller cincuentona, duros como porróns e desafiando ás leis da gravidade, tamén son unha forma de artesanía...”. Miguel Bertojo


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

Elena Ferro Lamela

MIMETISMO CREADOR Aínda que pareza paradoxal, un par de zocos flo calzado de sempre no mundo ruralfl que semellan dúas inofensivas xoaniñas foi o traballo merecedor do oitavo premio de artesanía Antonio Fraguas Fraguas, ¡na súa categoría de artesanía contemporánea! A súa artífice é Elena Ferro Lamela (Vila de Cruces, 1975), filla e neta de zoqueiros. O xurado recoñeceu nesta singular entrega da artesá pontevedresa a súa persoal visión, rabiosamente actual, “refrescante e sen complexos”, dunha xenuína icona da cultura galega. Voa, mariquiña, voa, ese é o nome da proposta, deixa ben patente que tradición e modernidade poden fle ata deben...fl ser “perfectamente compatibeis”. UN ELO DE CALIDADE NUNHA CADEA DE TRES XERACIÓNS Xa desde moi nova, Elena sentiu a chamada do oficio. Non é casualidade: o rozamento flco coiro, neste caso...fl fai o cariño, di o refrán. Aos dez anos xa ía ás feiras co seu pai, Alfonso, e trataba de imitalo en todo: “levaba camisas de cadros coma el e a carteira no peto, tamén como el... Somos cinco irmáns, un home e catro mulleres, nesa orde. Eu son a pequena e, polo tanto, andaba sempre tras meu pai como unha parrula. Ademais do oficio ensinoume a conducir e a facer outras cousas que as meniñas desa idade nin se lles ocorrería: cortar leña, manexar o tractor...”. A semellanza do seu avó, o seu pai facía sobre todo zocos: dende os modelos máis clásicos e sinxelos, os de sempre, ata polainas ou botas altas sen cordóns, as máis recomendabeis para andar polos prados sempre húmidos. “Os zocos baixos tipo zapato son máis recentes, de finais dos setenta: un tempo en que proliferaron as novas granxas con cortes máis hixiénicas; é dicir, modelos máis prácticos sen cordóns, máis axeitados ás novas circunstancias...”. Elena empezou no oficio timidamente, facendo pulseiras. Os complementos femininos foron a súa primeira contribución ao fondo familiar de deseños e propostas. “Observaba o que facían outros compañeiros artesáns e ata contrastaba con algún deles posibeis pormenores do oficio. A verdade é que atopei moi poucas reservas. Adoitaban falarme con naturalidade e sen prexuízos, malia o tópico de conservar os segredos do oficio e non os fiar a terceiros”.

10

Ao rematar o bacharelato, Elena non tiña desexo algún de seguir estudando. O seu, definitivamente, era o oficio. “De feito, ao longo do último curso, non parei de facer negocios: hoxe un maletín, mañá unha carteira... Estaba máis atenta a posibeis deseños, solucións técnicas ou á venda que aos estudos... Así que decidín quedar no obradoiro familiar. Naquela época, combinábamos a actividade coa agricultura e o coidado das vacas”. Mais o gando pronto deixou de ser rendíbel, “e miña nai, Emilia, empezou a desenvolver diferentes tarefas no taller. Un ano despois, miña irmá Teresa quedou sen traballo e, sen pensalo dúas veces, incorporouse tamén á actividade. Entón, empezamos a acudir a máis e máis feiras, a nosa vía de comercialización predilecta”. A empresa familiar xa era un feito case inexorable. É dicir, que todo foi medrando dun xeito paulatino, aínda que ás veces nunha progresión case xeométrica. “Hai catro anos, integrouse na actividade a miña irmá Chicha. De xeito puntual, en picos de demanda sobre todo na época estival, axúdannos os nosos pais, xubilados dende hai tempo, e a nosa tía Agripina. Agora mesmo tamén traballa con nós un dos meus sobriños, Juan, estudante. Ten boas mans: corta e ata, pon os cravos dos zocos con moita destreza... Menos coser a máquina, fai practicamente de todo”. Se dentro dun tempo decide quedar, será a cuarta xeración da familia Ferro no oficio. “Tamén contamos, por certo, cunha boa amiga, Luísa, sobre todo para os asuntos de papeis e as convocatorias de verán”. Elena e as súas irmáns acoden puntualmente a unha manchea de feiras de natureza moi dispar por toda a xeografía galega: gastronómicas, medievais, etnográficas, de artesanía... “Imos a todas partes, case tódolos fins de semana. Dende o Antroido ata outubro, cada día convértese nun ir e vir de aquí para alá; e, se coinciden dúas citas, ¡pois repartímonos as tarefas e as presenzas como boamente poidamos! Dende a feira de Monterroso, Arzúa, A Estrada ou Pontevedra, ata Ofeitoamán, en Vigo, ou Mostrart, en A Coruña, a máis importante de todas. En xullo e agosto, se cadra, temos feiras de máis... En setembro imos a Portugal, Albacete ou Eivisa, aínda que son citas se cadra máis puntuais”. Nas feiras de carácter urbano, Elena adoita presentar pezas máis caras e sofisticadas: bolsos, carteiras de man...; pola contra, no rural, “as máis frecuentes, presentamos cousas máis accesibles a tódolos petos. Tamén temos ido este ano por primeira vez a Milán (Italia) a unha feira de público con máis de 3.000 expositores, aínda que non hai case diferenza coas de

aquí. É bo cambiar de públicos e contrastar...”. O certo é que semellante dinámica representa un esforzo extra, sobre todo físico, e resta tempo ao traballo. “Aínda así, dámolo por ben investido posto que nos compensa... Somos novas aínda e temos forza para facelo, así que... ¡Xa veremos máis adiante! Cada cousa hai que ir axeitándoa ao seu tempo”. Elena ocúpase sobre todo dos novos deseños e dos encargos á medida. “As miñas irmás fan sobre todo o groso da produción. Dalgún xeito, temos distribuídos os papeis; aínda así, ningunha e máis importante có resto. Eu son a responsábel porque collín o relevo do meu pai. De pequena asinaba E. Ferro, e así foi como bautizamos o obradoiro”. ¿E como pensa alguén tan novo e cunha responsabilidade semellante? “ Síntome artesá e feirante, nada de empresaria...”. Máis aló da herdanza Elena fai calzado tradicional de Galicia, aínda que coa súa pincelada persoal. De corte clásico, de coiro de vaca ou becerro, ou contemporáneos e cheos de frescura. “Cada par de zocos está coidadosamente elaborado segundo as técnicas habituais: coa súa empeña, a súa bira flo cerco de coiro cravado ao xabre: o reborde da sola de madeira de bidueiro ou ameneirofl, a súa punteira reforzada, os seus amallós (cordóns) segundo os casos, e mailo seu gardapós (lingüeta)...”, enumera, recreándose con cada termo. “Facemos zocos dun ou de dous cortes de pel. Os de home facémolos normalmente dunha peza, ao xeito clásico, aínda que non só da zona de Vila de Cruces; os de muller e neno, de poldro ou cabalo, adoitan ser de dúas pezas”. Aínda que a relación segue cos de fibela, os de divertidas cores, como Voa, mariquiña, voa, e os de tacón flas novas insignias do obradoirofl, as polainas... “Se antes todo ía na súa cor natural, a do coiro orixinal, agora empregamos incluso peles con pelo, de cores negra, vermella ou berenxena, e mesmo imitacións de leopardo, cebra...” “Tamén facemos sandalias no verán”, advirte Elena. Aínda que tamén bolsos, carteiras e unha manchea de deseños diferenciados... “Interésanos ter a maior variedade de produtos posíbel. Como di meu pai, ‘non se vende o que non se ten’; é dicir, que canto máis ofrezas, máis opcións de venda terás. Ano tras ano, intentamos mellorar tanto os produtos como a súa presentación”, afirma con rotundidade. “ Adaptámonos á demanda, somos flexibeis e, sobre todo, moi abertos”.


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

Elena é fiel á memoria dos seus devanceiros e aos seus procedementos. Non obstante, “meus pais non paran de animarme para que desenvolva cousas novas. O que fago é conservar o tradicional e mesturar. Teño pensado facer incluso zocos flexibeis, con goma no medio”. Elena sabe que é o momento de propostas alternativas que marquen a diferenza. “A verdade é que non esperaba que moita xente que merca os nosos zocos o fixera”. Dalgún xeito, son un xenuíno reclamo. O caso é que, “se non os tiveramos, se cadra non se achegarían a nós...”, reflexiona Elena. “Mais dáse a circunstancia de que é o noso sinal de identidade: ¡somos zoqueiros por riba de todo! E esa insignia queremos mantela”. En canto aos procedementos, “ímonos adaptando. O xeito de traballar é o mesmo de sempre, pero máis flexíbel: seguimos cravando con puntas, pero tamén usamos grampas. Aínda que seguimos cortando a man, non é como antano. Se antes meu pai botaba toda mañá cortando, agora facémolo en apenas tres cuartos de hora cun cuño...”. O oficio de zoqueiro é froito da confluencia doutros dous: carpintaría e marroquinería. “Non obstante, nestes momentos, as madeiras fanas só para nós en Berres (A Estrada), xa que non podemos abranguer tanto. O meu pai facíaas flmesmo tamén para outros zoqueiros que non tiñan a ferramenta ou as máquinas axeitadasfl e eu tamén, aínda así... Avanzamos nos métodos e iso dános liberdade”. Nestes últimos tempos, máis aló de mellorar o produto final, “intentamos facelo tamén coa calidade do traballo en si: temos un taller novo, axeitado á produción e iso valóroo moitísimo. Era un obxectivo que tiña dende hai tempo e xa está cumprido”. En canto ás perspectivas, “queremos ir pouco a pouco, pero coidando que ninguén se aburra do que facemos. Ilusión temos dabondo e esas pequenas satisfaccións que nos dá o público ao recibir as nosas propostas dulcifican o esforzo e contribúen a manter as ganas de facer cousas novas”. O caso é que a fórmula Ferro (tradición + modernidade + innovación + atención, personalizada as máis das veces, ás demandas e suxestións do público) semella funcionar. Pero faltan dous ingredientes dificilmente repetibeis para completala: a actitude da propia artífice por unha banda e a súa fe cega no obradoiro familiar pola outra. María Elena Ferro Lamela Reboredo, Merza, Vila de Cruces 36580, Pontevedra - Tel.: 986 583 524 e-ferro@terra.es

12


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

Miguel Sánchez Iglesias

OURIVE POR ELECCIÓN Cosmos Torque é unha persoal interpretación de Miguel Sánchez (Montevideo, 1958), en ouro, prata e acibeche, dunha das pezas máis representativas da cultura castrexa: o torques. Aderezada por riba neste caso con outro sinal inequívoco de identidade tan delicada como harmoniosa: a filigrana, unha das técnicas máis características da ourivería tradicional de Galicia. Máis alá do seu carácter ornamental, os torques eran un símbolo do rango e dignidade dos guerreiros e xefes tribais. PAIXÓN POLO OFICIO “É unha honra enorme recibir un premio co nome de Antonio Fraguas, un personaxe incríbel, apaixonado da arte galega en xeral, incluídas as artesanías, e cunha sensibilidade fóra de serie, dificilmente clasificábel”, asevera Miguel Sánchez, un veterano xa no mundo dos oficios. A primeira pregunta ten que ver precisamente co seu achegamento ao mundo dos metais nobres. “En 1979 fun visitar ao meu irmán a Montevideo, curiosamente nado en Ourense como os nosos pais, e coñecín a María, a miña dona e compañeira de oficio, e alí ficamos case tres anos...”, refire Miguel baixo a atenta mirada da aludida. “As xoias sempre nos chamaron a atención e pensamos que podía ser un bo xeito de gañarnos a vida con certas garantías, así que decidimos dedicarnos profesionalmente ao asunto e asistir ás clases de Zina Fernández, un ourive de moita sona, que facía cousas realmente insólitas, revolucionarias, con ningunha semellanza co resto da xoiería da época. O certo é que era un auténtico prodixio no que atinxe ao oficio”. Na escola de Zina, El Taller, estiveron tres meses e medio. Tempo suficiente para unha formación de certo nivel. “Por outra banda, tampouco era un horario lectivo estándar. De feito, iamos tres veces por semana, tres horas cada día... Cada mes pagabamos 180.000 pesetas de entón entre ámbolos dous, ¡nada menos! O feito é que quedamos sen un can ao pouco tempo. Así que nos puxemos a traballar de inmediato... Zina morreu de cancro de pulmón pouco tempo despois. Ata certo punto era previsíbel: ¡adoitaba soldar fle nós tamén ao principiar, por suposto...fl sobre amianto! De feito, cando chegamos a Galicia seguimos traballando sobre almofadas de amianto. Un ano despois desapareceron do mercado. Agora son de carbón vexetal... ”.

14

Ao pouco de asentarse en Vigo, Miguel e María fundaron o Obradoiro Sánchez-Cano e, dun xeito paradoxal, empezaron a reproducir pezas ancestrais da ourivería e a pratería nativas. “Curiosamente non gardamos memoria gráfica de case ningunha daquelas pezas do principio, hai máis de trinta anos. A miúdo sorpréndenme clientes de antigo con algunha peza daquela e o certo é que non deixa de chamarme a atención a súa beleza pero, sobre todo, as horas de traballo fle de esforzofl que agocha cada unha delas”. Curiosamente, as obras orixinais de Miguel e María xa incluían filigrana, moi semellante á que figura na obra gañadora nesta edición do certame. “En calquera caso, a filigrana é universal”, explica o propio Miguel. O certo é que o bo de Zina ensinoulles moito e ben nun tempo case de marca. ¿A razón, determinante neste caso? A súa predisposición. “Tiñamos auténtica paixón e unha capacidade inusitada para a sorpresa non só polos resultados, senón polos achados que iamos facendo a cotío: traballabamos intensivamente, dun xeito incansábel, tódolos días, de luns a domingo, ¡unha media catorce horas! Incrible, pero certo”. Hai que pensar tamén na precariedade dos medios e a inconveniencia flou, máis ben, o risco...fl de certos procedementos e técnicas: “fundiamos e soldabamos a soprete dun xeito totalmente artesanal, soprando por un extremo... Un procedemento que aínda segue vixente, por exemplo, nunha chea de obradoiros do Reino Unido. A nosa primeira pulidora funcionaba de feito cun motor dunha lavadora... A verdade e que primeiro probamos cun trade, pero facía un ruído infernal”. Mais estas limitacións son a mellor evidencia da pericia dun artífice. Así pois, eles mesmos preparaban todo o necesario: “dende as soldaduras con cadmio e, por suposto, o fundido previo, ata o laminado nos cilindros. Cada quen as súas, ¡que conste! Teño visto pendentes meus desa primeira época que levaba cada un máis de 40 soldaduras... ¡Unha barbaridade! Agora, pola contra, xa se poden mercar as soldaduras por unha banda e o metal laminado pola outra... Os novos artífices, polo tanto, o teñen máis doado. “xa o teñen todo practicamente feito: si precisan lámina de 1 milímetro, cómprana e listo...”. ¿Que vén dicir este relato? “Que o oficio hai que mamalo de principio a fin... ”. O quid do asunto é facer oficio, botarlle horas, refugar solucións pouco axeitadas ata dar coa idónea; noutras palabras, insistir unha e outra vez... “Zina nos dicía a miúdo: flVouvos aprender o básico; non obstante, para

chegar a unha solución seguro que hai máis dunha alternativa. Vós tedes que atopala segundo as circunstancias. Todo depende de cada individuo, da súa pulcritude, do seu nivel de esixencia e de compromiso co oficio; aínda así, a eficiencia no traballo ou a optimización dos materiais só é posíbel se tes oficio”. A calidade da obra final fla ausencia de rastros de soldaduras, a limpeza dos pulidos...fl e a excelencia non se conciben sen perseveranza, sen mimo, sen ese tempo necesario que de seguro precisa calquera peza... A SEDUCIÓN DOS TORQUES Miguel e María son ourives e prateiros, “non xoieiros, que é alguén que merca e vende xoias. Nós, facémolas...”. Tanto o un como a outra. “De feito, cando María dicía hai anos que era ourive a xente miraba para ela como se fose un bicho raro... O gremio dos ourives sempre fora moi pechado e, sobre todo, de homes. Hoxe, en cambio, hai moitas mulleres traballando nesta ou noutras actividades relacionadas”. Por outra banda, “o noso traballo axústase mellor a parámetros máis clásicos en canto ao seu deseño”, con metais nobres de soporte, pedras preciosas e outros materiais que sempre gozaron dun grande crédito no mundo da xoiería: ébano, teca, marfil, acibeche, coral, nácara, malaquita, rubí, granate, olivina..., que adoitan precisar talla previa e engaste. “Aínda que tamén é unha cuestión de viabilidade comercial, de pura supervivencia: Galicia é terra de gustos clásicos”. En calquera caso, a evolución do traballo de Miguel é un feito. “Un par de pendentes con oitenta soldaduras é algo impensábel hoxe en día. De feito, dispoñemos doutros medios técnicos que nos facilitan a produción”. Dende a primeira vez que fixo un torques a principios dos oitenta, decidiu contribuír a súa recuperación para a xoiería moderna e, por suposto, a súa progresión. “Os primeiros que vin no Museo de Pontevedra parecéronme extraordinarios, pero o torques de ouro de Burela, que figura nos fondos do Museo Provincial de Lugo, ¡cativoume...!”, lembra con evidente paixón. O torques é unha peza particularmente complexa. Fácela maciza era delicado non só polo custo flo de Burela pesa, por exemplo, dous quilogramos e medio...fl, senón polos inconvenientes de abrilo ou pechalo arredor do colo. “Estiven máis de dous meses ás voltas co asunto ata dar coa fórmula: ¡un torques que abrise e pechase só! A solución técnica foi un resorte interior ao longo da súa estrutura”; é dicir, que falamos dun tubo oco.


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

“No aspecto puramente ornamental tamén incorporeille as pedras, o acibeche ou a nácara”. Se ata entón os torques eran pezas exclusivamente de museo, a partir das achegas de Miguel Sánchez as mulleres tiveron outra oportunidade extra de lucimento a súa disposición. “Penso que fomos os precursores da súa incorporación ao mundo da moda feminina”. Polo seu carácter, singularidade e complexa factura, os torques son sobre todo pezas únicas. “Nalgún caso facemos como unha sorte de pequena serie moi limitada; aínda así, cada unidade é diferente: sempre hai variacións na filigrana ou nalgún dos seus elementos. En resumo, pódese dicir que, na maioría dos casos, trátase de pezas case exclusivas”. Unha concepción extensíbel ao resto da súa produción e que só varía no caso das pezas máis pequenas e alcanzabeis para a maioría dos petos. Pese a todo, “cada peza, independentemente do seu valor, ten unha pegada diferente que a singulariza”, apostila Miguel Sánchez. O feito é que Miguel e María levan máis de trinta anos vivindo do seu traballo, ¡que non está nada mal para alguén que desenvolva un oficio! “A excepción desta última época que estamos a vivir, temos traballado moito e vendido todo canto fomos quen de producir en feiras, xeralmente de público, xoierías ou tendas especializadas... Ata tivemos comerciais e empregados. Nós traballamos neste oficio porque nos enche, porque é o noso modo de vida... Polo tanto, seguimos asumindo os retos como algo natural, case diría consubstancial a propia vocación”. Non obstante, coa perspectiva do tempo, aínda que os principios sigan inamovíbeis, as condicións de traballo ou as formas de comercialización son ben distintas. “Moitos de nós flfalo de artesáns cunha certa soleira ou unha traxectoria máis ou menos longafl temos non só un obradoiro estábel, senón tamén un punto de venda, por exemplo. O ideal é facer unha peza e ter a posibilidade de poñela no escaparate e que alguén que pase por diante se namore dela e a merque... Temos feito unha chea de feiras en todo estado. Hoxe case nos limitamos, salvo excepcións, a Vigo, A Coruña e Madrid. A nosa clientela é fiel dende hai tempo e iso é unha garantía”. Tamén nestes máis de trinta anos, tanto Miguel como María foron fle seguen sendofl conscientes do valor do colectivo e mesmo participaron activamente na creación da Asociación Galega de Artesáns (AGA) e no seu devir. “Efectivamente, somos dous dos seus fundadores, coñecidos como os doce apóstolos. Pensábamos que a artesanía galega merecía unha oportunidade,

16

que os oficios precisaban dun espazo propio... Éramos xente creadora, ilusionada e cunha grande capacidade de traballo. A maioría, seguimos sendo fieis a tales preceptos e, por suposto, á Asociación”. Sánchez-Cano Orfebres Rúa Don Bosco, 49 36202 Vigo (Pontevedra) Tel./fax: 986 228 082 sanchezcano.orfebres@gmail.com


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

PREMIOS


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

PREMIO ARTESANÍA COMTEMPORÁNEA ELENA FERRO LAMELA “VOA MARIQUIÑA VOA” Zocos Contemporáneos 29 x 20 x 20 cms c/u

20


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

PREMIO ARTESANÍA TRADICIONAL MIGUEL ÁNGEL SÁNCHEZ IGLESIAS “COSMO TORQUE” prata, ouro e acibache. Feita a man con traballo de filigrana.

22


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

ADQUISICIÓN


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

JUAN CABEZA QUILES “NIÑO PARA FERREIRIÑO” Talla directa. 22 x 22 x 22 cms.

26


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

CONCEPCIÓN CANOURA LEIRA “AUGA” Encaixe galego de Guipur. 280 x 160 cms.

28


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

TELMO CAO FARRÉ “XOGO DE COITELOS DE MESA CONTEMPORÁNEOS” Forxado a man. Mango de madeira de palisandro. 40 x 3 x 2 cms.

30


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

JOSÉ MANUEL CASTRO LÓPEZ “ENCAIXE DE SEIXO” Pedra de seixo oxidada de forma natural. 33 x 25 x 17 cms.

32


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

MARÍA DEL PILAR CONDE PENAS “OS LIÑOS COAS LIÑAS” Liño, algodón e seda natural. Tecido en tear baixo lizo.

34


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

IDIOA CUESTA ALONSO “VAGALUME” Tecido dobre e remate en trenza anudada. 22 x 30 cm.

36


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

ANGELES MERINO BALLESTEROS “XOGO DE CAFÉ” Pracas, pellizco e curros. Gres, engobes e esmaltes a 1.200º. 17 x 14 x 10 cms. x 3 pezas.

38


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

FRANCISCO XAVIER PÉREZ MARTÍN “CAIXA CON ÁS” Cerdeira e faia. Torneado ornamental excéntrico / texturizado. 16 x 22 cms.

40


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

FERNANDO PORTO MATO “CIDADE INTERNA” Barro refractario cuberto con pátinas de óxidos metálicos. 50 cms.

42


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

ANA ISABEL RODRÍGUEZ BERNARDEZ “CHAL MARFIL” Tecido no tear con vainica e floco de macramé. 58 x 246 cms.

44


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

XABIER RODRÍGUEZ GÓMEZ “RETRATO DO PINTOR R. ZABALETA” Tapiz. 98 x 80 cms.

46


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

JOSE MANUEL SALVADO SANÍN “MOTIVOS XACOBEOS” Pandeireta tradicional, talla, marquetería e incrustacións.

48


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

ANDREA LAURA SANCHEZ CANO “OS TREPADORES” Prata de lei, feitas a man, utilizando trefilado, laminado e segueteado.

50


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

MARIA SILVA PÉREZ “GA-LEGO” Conxunto feito en prata e xogo de construcción. Caixa de madeira feita a man. 30 x 20; 18 x 18, 18 x 4 cms.

52


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

SANTIAGO VAZ VARELA “ESGAZADO” Ferro forxado. 60 x 58 x 27 cms.

54


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

EXPOSICIÓN


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

OSCAR ALDONZA TORRES “A VIDA DO COÑECEMENTO PERSOAL” Cerámica cocida en engobe branco, tratada con silex e sales. 69 x 28 x 27 cms.

58


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

VICTOR ARES CES “ETERNO RETORNO II” Pracas, gres e esmaltes. 32 x 30 x 25 cms.

60


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

MARTA ARMADA RODRÍGUEZ “COLGANTE I” Prata e esmaltes, pintado a man. Pezas con movemento. 12 x 8 cms.

62


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

CARMEN ARMENDARIZ VILLAR “CANTANDO BAIXO A CHOIVA” Cartón pedra. Papel reciclado e verniz. 70 x 45 x 18 cms.

64


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

JUAN CABEZAS QUILES “GAIVOTA” Talla directa. 60 x 25 x 20 cms.

66


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

JAVIER CASTRO FERNÁNDEZ “CASA CORUÑESA” Casa de monecas. Mixta sobre madeira. 70 x 47 x 156 cms.

68


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

IDOIA CUESTA ALONSO “ENREDOS” Cesto traballado con filamentos de la e cordón de algodón. 35 x 20 cms.

70


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

ADOLFO DOMÍNGUEZ CASAIS “SOR-TIJA” Pulido de pizarra, soldeo e conformado en prata. 3,5 cms.

72


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

ADOLFO DOMÍNGUEZ CASAIS “NAUTAS” Texturado, soldeo e conformado en prata. 4 cms.

74


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

ELENA FERRO LAMELA “POLAINAS” Coiro de vaca. Curtido vexetal. Cantos tiaxidos e bruñidos. 70 x 20 x 20 cms.

76


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

JAVIER GARRIDO ÁLVAREZ “CORDILLEIRAS” Gargantilla desmontable. Prata de 925 mm. Técnica de papiroflexia.

78


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

JAVIER GARRIDO ÁLVAREZ “PANEL DE ABELLAS” Gargantilla elaborada en prata e tres pezas bañadas en ouro. Feita por módulos e galerías.

80


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

MARÍA FE GONZÁLEZ LÓPEZ “A FORZA DO NOSO AMOR” Traballo tradicional, soldado, pulido e remachado. Gravado. 3 x 4,5, 2, 3 x 3,5 cms.

82


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

MARÍA FLORA LEMA BENDAÑA “ORIXE” Apretón e modelado. Cocción a 1.260º C. 33 x 48 (x6), 24 x 24 (x6) cms.

84


VII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

SANTIAGO MARTÍNEZ OTERO “LÁMPADA MANADA” Recalcado, torsionado, estirado, talla, repuxado,... 60 x 55 x 55 cms.

86


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

JAVIER MELÉNDEZ ORTEGA “ESTELA ENCORDADA HOMENAXE A MIGUEL HERNÁNDEZ” Refractario e técnica mixta. 55 x 22 x 7 cms.

88


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

ÁNGELES MERINO BALLESTEROS “XARRA” Pracas e churros. Gres, papel e esmaltes a 1.200º C. 51 x 30 x 14 cms.

90


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

RAÚL MIRANDA CUEVAS “DESMONTABLE” Pedras circonitas, andalucitas e amatistas. Prata de lei.

92


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

FRANCISCO XAVIER PÉREZ MARTÍN “XARRÓN PROFUNDO DE BIDUEIRO” Xarrón de bidueiro dunha peza, rematado en ceras naturais. 33 x 17,5 cms.

94


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

FERNANDO PORTO MATO “DEUS FINANCEIRO” Barro refractario cuberto con pátinas de óxidos metálicos. 70 x 50 x 24 cms.

96


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

JOSÉ RAMÓN RIVAS GARCÍA “OMESCURO” Carton pedra, resinas, fibra de vidro, esmaltes e óleo. 88 x 29 x 26 cms.

98


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

CARMEN RIVEIRO FERREIRO “TRAXE DE NOIVA” Liño 100%. Tecido en tear baixo lizo. Vestido e torera.

100


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

CARMEN RIVEIRO FERREIRO “PARELLA DE PEREGRINOS” Tecido en tear baixo lizo.

102


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

JOSÉ MANUEL SALVADO SANÍN “TAMBORIL NOGUEIRA” Madeira de nogueira, pel de cabra, bordonero e latón.

104


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

JOSEFINA SEDES FREIRE “VENDO PEIXE” Tapiz. 123 x 145 cms.

106


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

ANDRÉS TOUCEDA VÁZQUEZ “DEROPLATIS LOBATA” Construída sobre lazúelo de salmón e atado con fío de montaxe. 11 x 7 x 7 cms.

108


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

JOSÉ JUAN UNZUETA OLALDE “ESTELA DE LUZ” Lámpada. Pracas refractario sobre metal. 135 x 25 cms.

110


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

SANTIAGO VAZ VARELA “DANZA DAS LEMBRANZAS” Talla de madeira de nogueira. 27 x 14 x 10 cms.

112


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

MAÍA LUISA VIDAL JABOIS 1 “GARGANTILLA FLORAL” Seixo rosa. Xoiería. 13,5 x 19,5 cms.

2 “GARGANTILLA VOLVORETA” Prata e acibeche. Xoiería.

3 “GARGANTILLA DE FOLLAS” Cincelado e reticulado. Xoiería.

1

114


2

3


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

JUAN JOSÉ VILA CASTRO “RECLAMO DA AMIZADE” Talla directa en madeira de castiñeiro. 52 x 115 x 50 cms.

118


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

DIRECTORIO DATOS PREMIADOS VOA MARIQUIÑA VOA POLDINAS ELENA FERRO LAMELA Reboredo, 1, Merza 36580 Vila de Cruces (Pontevedra) 655 452 426 e-ferro@terra.es COSMO, TORQUE MIGUEL ÁNGEL SÁNCHEZ IGLESIAS Ronda Don Bosco, 49. Baixo 36202 Vigo (Pontevedra) 986 228 082 sanchez-cano@telefonica.net

NIÑO PARA FERREIRIÑO GAIVOTA JUAN CABEZA QUILES Caamaño, 64. 15970 Porto do Son (A Coruña) 981 768 058 AUGA CONCEPCIÓN CANOURA LEIRA Electo Carballo, 30. Baixo. (A Corveira) 15174 Culleredo (A Coruña) 609 856 554 C.CANOURA@telefonica.net XOGO DE COITELOS DE MESA CONTEMPORÁNEOS TELMO CAO FARRÉ A barreira, 43-A, Orto (San Román) 15318 Abegondo (A Coruña) 638 717 272

120

ENCAIXE DE SEIXO JOSÉ MANUEL CASTRO LÓPEZ Vilasuso (Cores) 15100 Ponteceso (A Coruña) 981 713 204 OS LIÑOS COAS LIÑAS MARÍA DEL PILAR CONDE PENAS Means, 4 (Quembre) 15183 Carral (A Coruña) 981 672 409 tallerfiada@gmail.com VAGALUME ENREDOS IDIOA CUESTA ALONSO Hortas, 7. (Cela) 27151 Outeiro de Rei (Lugo) 982 390 666 – 677 334 150 idoiacuesta@yahoo.es XOGO DE CAFÉ XARRA ÁNGELES MERINO BALLESTEROS Emilio González López, 16. 8º Eqda. 15011 A Coruña (A Coruña) 667 942 358 CAIXA CON ÁS XARRÓN PROFUNDO DE BIDUEIRO FRANCISCO XAVIER PÉREZ MARTÍN Liñares, 27 (Vilarmateo) 15638 Vilarmaior (A Coruña) 981 781 927


VIII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

DIRECTORIO CIDADE INTERNA DEUS FINANCEIRO FERNANDO PORTO MATO R/ Iryda, 29 36680 A Estrada (Pontevedra) 986 570 155 – 678 531 565 fernandoporto.com CHAL “MARFIL” ANA ISABEL RODRÍGUEZ BERNÁRDEZ Urb. Corzos, s/n 32500 O Carballiño (Ourense) 988 272 719 – 679 713 917 RETRATO DO PINTOR R. ZABALETA XABIER RODRÍGUEZ GÓMEZ Avda. Joaquín Planells, 1. 4º D 15007 A Coruña (A Coruña) 981 230 589 tapizgalicia@gmail.com MOTIVOS XACOBEOS TAMBORIL NOGUEIRA JOSÉ MANUEL SALVADO SANÍN Lugar Esquipa, 5 15820 Santiago de Compostela (A Coruña) 609 446 953 OS TREMADORES ANDREA LAURA SÁNCHEZ CANO Ronda Don Bosco, 49. Bajo 36202 Vigo (Pontevedra) 986 228 082 sanchez-cano@telefonica.net

GA-LEGO MARÍA SILVA PÉREZ Padrón, 13 36680 A Estrada (Pontevedra) 986 570 595

CANTANDO BAIXO A CHOIVA CARMEN ARMENDARIZ VILLAR Canedo, 4-A 15293 Carnota (A Coruña) 639 575 478

ORIXE MARÍA FLORA LEMA BENDAÑA Rúa Viena, 8D. Baixo D 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) 650 016 474

ESGAZADO DANZA DAS LEMBRANZAS SANTIAGO VAZ VARELA R/ José Pereira, 31. 2º (Sabaris) 36393 Baiona (Pontevedra) 655 793 205

GAIVOTA JUAN CABEZAS QUILES Caamaño, 64. 15970 Porto do Son (A Coruña) 981 768 058

LAMPADA MANADA SANTIAGO MARTÍNEZ OTERO Portiño, 27. 2º B (Sigüeiro) 15888 Oroso (A Coruña) 655 890 040

CASA CORUÑESA JAVIER CASTRO FERNÁNDEZ Rúa Virxe da Barca, 24 15124 Muxía (A Coruña) 660 214 382

ESTELA ENCORDADA HOMENAXE A MIGUEL HERNÁNDEZ JAVIER MELÉNDEZ ORTEGA Bergondiño, 1B 15167 Bergondo (A Coruña) 677 101 303 urza@urza-brezo.com

A VIDA DO COÑECEMENTO PERSOAL OSCAR ALDONZA TORRES Lugar de casal, 38 (Laraño) 15897 Santiago de Compostela (A Coruña) 610 977 052 oscaraldonza.com ETERNO RETORNO II VICTOR ARES CES Arenal, 49. 4º 15002 A Coruña (A Coruña) 645 428 159 varesces@yahoo.es COLGANTE I MARTA ARMADA RODRÍGUEZ Castaña, 27. 1º 36212 Vigo (Pontevedra) 649 943 883 martaarmada.com info@martaarmada.com

SO-RTIJA NAUTAS ADOLFO DOMÍNGUEZ CASAIS Lamas de prado, 88. 1º 27004 Lugo (Lugo) 639 610 500 CORDILLEIRAS PANEL DE ABELLAS JAVIER GARRIDO ÁLVAREZ Carracas, 3. p 1º B 36202 Vigo (Pontevedra) 678 659 384 A FORZA DO NOSO AMOR MARÍA FE GONZÁLEZ LÓPEZ Concepción Arenal, 36. Baixo 36780 A Guarda (Pontevedra) 986 610 640 – 669 426 026

DESMONTABLE RAÚL MIRANDA CUEVAS Plaza da miñoca, 22. 6º B 36210 Vigo (Pontevedra) 653 641 854 OMESCURO JOSÉ RAMÓN RIVAS GARCÍA Rúa do Home Santo, 31. 1º A. 2ª. 15703 Santiago de Compostela (A Coruña) 655 157 146 TRAXE DE NOIVA PARELLA DE PEREGRINOS CARMEN RIVEIRO FERREIRO Carreira 15850 Zas (A Coruña) 696 268 923


VENDENDO PEIXE JOSEFINA SEDES FREIRE Avda. Joaquín Planells, 1. 4º D 15007 A Coruña (A Coruña) 981 230 589 fsedes@hotmail.com DEROPLATIS LOBATA ANDRÉS TOUCEDA VÁZQUEZ Sergio Saborido Cid, 1. 6º K 36211 Vigo (Pontevedra) 986 482 494 andrestouceda.com ESTELA DE LUZ JOSÉ JUAN UNZUETA OLALDE R/ Gondar, 8 (Lamiño) 15865 Brión (A Coruña) 687 765 337 GARGANTILLA FLORAL GARGANTILLA VOLVORETA GARGANTILLA DE FOLLAS MARÍA LUISA VIDAL JABOIS Conde, 3 36210 Vigo (Pontevedra) 986 423 115 – 606 006 678 RECLAMO DA AMIZADE JUAN JOSÉ VILA CASTRO Ronda das Fontiñas, 125, 4º D 27002 Lugo (Lugo) 982 225 378 – 608 310 448


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.