festas OURENSE 20I8
2
festas OURENSE 20I8
Jesús vázquezABAD Alcalde de Ourense
A cidade de Ourense dálle un ano máis a benvida ao verán amosando a máis atractiva das súas facianas: a das Festas maiores, unha cita que cada ano converte as rúas e as prazas da cidade en fervedoiros de actividades culturais e de lecer e moi especialmente en espazos de encontro e convivencia da veciñanza e visitantes da cidade Porque, ademais dun extraordinario programa de actividades, as nosas festas son unha das máis fermosas exaltacións daquilo que seguramente máis singulariza as xentes de Ourense: a súa hospitalidade, as súas ganas de gozar da compañía de amigos e amigas, e de recibir con agarimo ese número, que desexamos que sexa cada vez maior, de persoas que se achegan a Ourense. Coma As Burgas ou o río Miño, as Festas son patrimonio de todos e todas as ourensás. Conforman a nosa identidade como veciños desta cidade e convócannos para reivindicar e compartir todo o que nos une. Nove días por diante cunha variada proposta pensada para todas as idades e sensibilidades. Concertos, atraccións, actividades infantís, teatro de rúa, propostas gastronómicas, lectura do pregón e tantas outras citas que a atractiva e completa programación elaborada pola Concellería de Cultura pon á disposición de todas e todos nós. Con grandes artistas de recoñecido prestixio a nivel nacional e, entre eles e elas, unha protagonista á que quero subliñar especialmente, unha muller de Ourense da que presumimos e que nos honramos de ter como pregoeira: Cristina Pato, unha das máis extraordinarias creadoras musicais e unha das mellores embaixadoras que a nosa cidade ten dado en décadas.
Quero trasladarlle o meu agradecemento a todo o equipo da Concellería de Cultura, polo seu excepcional traballo para que Ourense teña as festas que merece. Durante estes días estaremos á vosa disposición para que todo transcorra á perfección. Desde aquí animo a todos e a todas a vivir as festas: a saír ás rúas da cidade, a quedar coas vosas familias e amizades para participar nas actividades, tomar algo xuntos ou dar unha volta por unhas rúas que estarán máis ca nunca cheas de vida. E tamén convidar a que veñan aquelas persoas que aínda non tiveron a oportunidade de coñecer Ourense en festas, e aos que queiran repetir: Ourense agarda a súa visita. O programa de actividades non é máis ca unha escusa para gozar do mellor que teñen as Festas de Ourense: as xentes que participan nelas.
3
festas OURENSE 20I8
4
festas OURENSE 20I8
Belén Iglesias CORTÉS concelleira de cultura
Entre os días 23 de xuño e 1 de xullo terán lugar as Festas Maiores de Ourense. Trátase da principal parada no noso calendario festivo, e onde aproveitamos para darlle a benvida ao verán. As nosas festas séntanlle ben a Ourense. Actividades pensadas para o goce da maioría, fan que as rúas e prazas se enchan de vida e de cor. Anímoos de corazón, a saír a procurar a programación que temos preparada, e da que estou segura, atoparán entre as súas preferencias algunha actividade que lles chame máis a atención, ou que sexa máis do seu gusto, pois están pensadas para abarcar un amplo abano de público. Ver os espazos cheos coas familias divertíndose no teatro de rúa, aos grupos de amigos e amigas ao son da animación musical, ou bailando nos concertos na Praza Maior e no Posío é a mellor forma de reivindicarse coma ourensán que vive a experiencia desta fermosa cidade que temos.
5
festas OURENSE 20I8
Programa Sábado, 23 de xuño23 de xuño Sábado, OURENSE STREET FOUD Horario:19.00 a 00.00 h Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo
PREGÓN 22.00 h PREGÓN a cargo de Cristina Pato. Artista e educadora interdisciplinaria. Aclamada pola crítica internacional como gaiteira, pianista clásica e educadora apaixonada, Cristina Pato leva unha activa vida profesional adicada ao intercambio cultural e a crear novos camiños para o seu instrumento único. Lugar: Praza Maior
CONCERTO 22.30 h ANDRÉS SUÁREZ. A historia de Andrés Suárez é un exemplo de ata onde pode chegar a combinación de constancia e talento. Pódeo levar, por exemplo, dos corredores do Metro ao Wizink Center de Madrid, dúas referencias que marcan o punto de partida e de chegada dun cantautor que chegou como músico da rúa e que hoxe é un dos artistas máis queridos polo público, que esgota as localidades dos seus concertos, sexa nun teatro ou no antigo Palacio de Deportes de Madrid, segundo opte polo seu lado íntimo ou pola súa vertente de gran banda de rock. AFORO LIMITADO Lugar: Praza Maior
6
festas OURENSE 20I8
XOGO DE AVENTURA 19.30 h a 00.30 h Survival Zombie. Vive unha noite de San Xoán terrorífica. Gran xogo de temática zombi que consistirá na superación dun circuíto con retos e obstáculos cheo de sorpresas que non esquecerás.
00.00 h Animación de rúa con: Alambique, Xituma Batuke, Perqtores de Seixalbo
Idade recomendada: maiores de 10 anos Lugar: Parque Miño Organiza: Concellaría de Xuventude
Domingo, 24 de xuño Domingo, 24 de xuño OURENSE STREET FOUD Horario: De 13.00 a 16.00 h e de 19.00 h a 00.00 h Concertos de: 13.00 h Grupo versións 21.00 h Nacho Pérez & Los Chacales Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo
CONCERTO 22.30 h ANTONIO JOSÉ. Con tan só 23 anos pero unha intensa e traballada carreira artística, Antonio José (natural de Palma del Río, Córdoba) perfílase coma unha das novas promesas do panorama musical e como o novo artista multiplatino, que se converteu en menos de tres anos no artista emerxente pop máis importante estatal demostrando ter unha carreira sólida e con posibilidades de consolidación e desenvolvemento en Latinoamérica. AFORO LIMITADO Lugar: Praza Maior
7
festas OURENSE 20I8
Luns, 25 de xuño
Luns, 25 de xuño OURENSE STREET FOUD
Horario: De 13.00 a 16.00 h e de 19.00 h a 00.00 h Concerto de: 21.00 h Os Forasteiros Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo
TEATRO 12.00 e 20.00 h Desastronauts presenta: Máis alto aínda. Circo Aéreo. Un espectáculo de verán cunha linguaxe visual apta para todos os públicos e que conta coa emoción das acrobacias aéreas. Máis alto aínda é un show brillante, cheo de adrenalina, acción e enerxía. Teatro-circo onde se mestura trapecio, humor e paixón. Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo
CONCERTO 20.00 h Indomable. Despois de máis de 100 concertos nesta xira, visitando varios países e abrindo para Iván Ferreiro, Ángles Stanich ou Xoel López, presenta a súa candidatura para bautizarse como rei dos garitos coa súa proposta acústica e de pequeno formato. Un músico en xira constante tocando a guitarra, harmónica, bombo e pandeireta que chega á praza San Martiño do seu natal Ourense, a punto de sacar un novo álbum. Temas persoais, de distancias curtas, sen grandes artificios nin maquillaxe e con letras directas de alto contido histórico e nostálxico. Lugar: Praza San Martiño
8
festas OURENSE 20I8
9
festas OURENSE 20I8
CONCERTO 22.30 h SEGURIDAD SOCIAL. Grupo de rock formado no ano 1982. A banda é un referente dentro da movida dos 80 e do rock estatal. Entre as súas cancións máis coñecidas están Chiquilla, Comerranas, Acuarela ou Quiero tener tu presencia. Ao longo da súa carreira, Seguridad Social evolucionou desde o punk skatalítico, ata os ritmos latinos e mediterráneos, situándose nun lugar destacado dentro do panorama musical. AFORO LIMITADO Lugar: Praza Maior
10
festas OURENSE 20I8
11
festas OURENSE 20I8
Martes, 26 de xuño
Martes, 26 de xuño OURENSE STREET FOUD
Horario: De 13.00 a 16.00 h e de 19.00 h a 00.00 h Concerto de: 21.00 h En mala hora Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo
TEATRO 12.00 e 20.00 h KcirKe. Circo, comedia visual e música son os ingredientes deste show, apto para todas as idades e onde o público participa desde o primeiro momento. Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo
CONCERTO 20.00 h María Mendoza (pianista/compositora) con Nova. É unha viaxe no tempo, un vagar entre épocas a través de nove composicións orixinais, sete delas inspiradas en temas galegos. Un convite a pechar os ollos e deixarse levar por antigas sonoridades mesturadas coas novas. Un intento de pechar o círculo, de dar voz ás músicas dos que xa non están para tentar permanecer no tempo. Lugar: Praza San Martiño
12
festas OURENSE 20I8
13
festas OURENSE 20I8
CONCERTO 22.30 h LOS SECRETOS. Foi un dos grupos emblemáticos da movida, unha época na que saíron grupos como Nacha Pop, Los Trastos, Alaska y los Pegamoides. Banda de longo percorrido que fuxiu das modas para refuxiarse nun son propio, co que escribiron algunhas das mellores cancións do pop en español. Sabendo facer da nostalxia e os sentimentos a flor de pel unha bandeira na que se refuxian miles de seguidores que avalan a traxectoria da única banda que segue en activo das xurdidas nos primeiros anos 80. AFORO LIMITADO Lugar: Praza Maior
14
festas OURENSE 20I8
Mércores, Mércores, 27 de xuño 27 de xuño OURENSE STREET FOUD Horario: De 13.00 a 16.00 h e de 19.00 h a 00.00 h Concerto de: 21.00 h DJ Pinchada Rock Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo
TEATRO 12.00 h e 20.00 h Circo activo presenta: Aire. Clown aéreos. Un espectáculo sen palabras onde o absurdo do clown atopa o virtuosismo do acróbata. Cun mastro chino de 5 metros de altura, un cubo, un micrófono e vestido cun mono de traballo, o clown Alone, transforma o espazo escénico coa axuda do público para lograr o seu obxectivo: construír un circo no aire e ofrecer o seu aloucado número final. Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo
CONCERTO 20.00 h Mounqup Bio Camille Hédoun. Camille Hèdouin é unha artesá do son. Nacida en Francia, pero galega de adopción, leva desde os 15 anos participando coa sua voz en bandas de Jazz, electrónica e folk. Foi en Galicia onde comezou a xogar con loops e samplers ata se converter na artista que é hoxe. As súas composicións son un collage de texturas, formas e cores que teñen como resultado a paisaxe sonora de MounQup. Lugar: Praza San Martiño
15
festas OURENSE 20I8
CONCERTO ROCK AND ROLL 21.00 h Los Bengala. Comezaron esta aventura hai catro anos sen máis pretensións que as de tocar e trasnoitar pero o destino converteunos nun dos proxectos de rock and roll máis excitantes do momento. Guillermo Sinnerman coa súa guitarra, Borja Téllez á batería e as súas dúas voces ao coro, fan que sexa difícil crer que unicamente estean dúas persoas enriba do escenario. Alá por onde pasan crean fieis adeptos e adeptas ao bengalismo ata tal punto, que varias das súas cancións xa se converteron en ritmos coreados por adultos, mocidade e nenos e nenas. A selva quedoulles pequena. Os Bengala non inventaron nada novo pero non hai nada que soe coma eles. Lugar: Praza do Ferro
CONCERTO 22.30 h SONS DA AURIA con Silvia Alonso, Daniel Minimalia e Emilio Rúa Sílvia Alonso, cantante nacida en Ourense, ten unha voz desas difíciles de esquecer, cun amplo rexistro vocal e matices inspirados no soul e no jazz. Cunha carreira artística meteórica (debutou no 2015), e dous discos no mercado, INDOORS ( Zouma Récords, 2015) e ICONS ( Rock CD Records, 2016), actualmente está preparando o seu terceiro que sairá neste ano 2018. Daniel Minimalia, “O Mike Oldfield español”, así foi chamado pola prestixiosa revista “Guitarristas”. Este mozo oriúndo de Victoria e ourensán de adopción, é capaz de crear texturas que envolven o público, facéndoo partícipe dunha viaxe a través dos sentidos. Navega entre xéneros tan distantes como o clásico e o rock, pasando polo new age ou mesmo o metal melódico, sempre cun mesmo obxectivo, transmitir un sentimento, narrar os seus “contos sonoros” utilizando sempre como actriz principal a súa guitarra. O cantautor Emilio Rúa fará un repaso das cancións dos seus sete discos publicados con temas propios, versións e adaptacións de temas populares galegos e universais, así como poesías e un adianto do que será o seu novo disco de Duetos con grandes artistas como Víctor Manuel, Pablo Milanés, Rozalén, Sole Giménez, Carlos Goñi e un longo etc. Aforo Limitado
16
Lugar: Praza Maior
festas OURENSE 20I8
CONCERTO 21.00 h Apertura de portas 23.00 h MITOCONDRIAS, banda de Ourense formada por Carlos Vázquez, Fernando Vázquez “Brasas”, David Taín e Digui. Unha banda local con gran traxectoria polos escenarios, na actualidade o seu espectáculo musical está baseado na música Blues e no Rock tradicional norteamericano. 00.00 h ROSENDO. Rosendo Mercado Ruiz naceu en Madrid o 23 de febreiro de 1954. Criouse en Carabanchel, onde segue a vivir na actualidade (2005). É guitarrista, cantante e compositor de rock. Formou parte dos grupos Ñu e Leño, e é considerado un dos máis importantes representantes do rock español. Prezo:5 € anticipada e 7 € na billeteira Venda de entradas: www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na sede de Afundación (Praza Maior, nº4) e na billeteira dúas horas antes da actuación. Gastos de xestión incluídos nos prezos excepto os gastos de xestión da venda telefónica. As persoas menores de idade que teñan entre 0 e 15 anos, ambos os dous inclusive, poderán acceder ao concerto pagando a entrada correspondente, cubrindo un formulario, que está no web da Concellaría de Cultura, www.ourensecultura.com, polo seu pai, nai ou titor/a que se entregará no momento da compra da entrada e nomearán a persoa responsable que o/a acompañará ao concerto. As persoas menores de idade que teñan 16 e17 anos, poderán acceder ao concerto pagando a entrada correspondente sen necesidade de ir acompañado/a dun adulto, cubrindo un formulario, que está no web da Concellaría de Cultura, www.ourensecultura.com , polo seu pai, nai ou titor/a que se entregará no momento da compra da entrada. Lugar: Xardín do Posío
17
festas OURENSE 20I8
Xoves, 28 de xuño Xoves, 28 de xuño 12.30 h Animación de rúa coa charanga Achicoria OURENSE STREET FOUD Horario: De 13.00 a 16.00 h e de 19.00 h a 00.00 h Espectáculo de: 21.00 h Nelson Quinteiro Cabaret Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo
FEIRA HISTÓRICA Lugar: Centro histórico da cidade
TEATRO 12.00 h e 20.00 Luigi Ludus “un mago raro”. Un espectáculo de maxia onde a música toma un papel moi importante. Xogos con instrumentos musicais diferentes: campás de hotel, xogos de maxia cantada como os “aros rapeados”, un can de peluche que non so é poeta senón que tamén canta. Un espectáculo ideal para que toda a familia se introduza no mundo do espectáculo por unha porta máxica e divertida. Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo
CONCERTO POP 20.00 h Tachenko. Mellor grupo nos premios da música Aragoneses e premio “Artes y Letras” concedido polo Heraldo de Aragón na súa última edición, levan máis de dez anos de traxectoria desde que Sergio Vinadé e Sebas Puente uniran os seus talentos nunha cruzada persoal que se converteu nunha filosofía de vida. Con seis álbums e numerosos EP na súa discografía, conseguiron converterse nun clásico do pop cantado en español tanto para os seus seguidores como para o medio en xeral, sendo queridos e respectados a partes iguais pola súa profesionalidade, coherencia e, tamén, afabilidade. Teñen a forza sexy e o xesto ideal, son un bo remate de cabeza, unha entrada a tempo que non roza o dianteiro, o antes e o despois. Lugar: Praza San Martiño
18
festas OURENSE 20I8
CONCERTO SURF 21.00 h The Phantom Dragsters. Desde unha praia oculta en Ourense chega este trío que inspira os sons instrumentais que popularizaron Dick Dale ou The Ventures nos anos 60 e que axitaron daquela a millóns de mozos e mozas da costa californiana. Cunha formación composta de guitarra (Diego Stringbreaker), baixo (David Lone Crusher) e batería (Marcos Speedfire), o seu son está marcado pola reverb nas guitarras e unha contundencia pouco usual no xénero que propiciou que o locutor de radio Franky Zwiller os presentase no seu programa como “tremendo killer surf sound”. Lugar: Praza do Ferro
CONCERTO 22.30 h XESTREU. É unha fusión de cinco formas diferentes de pensar, de sentir, coas achegas persoais de cada unha...Isto é o que nos define...Do que escoitamos ao que cantamos hai unha viaxe, todo un proceso de adaptación e transformación. Xestreu afonda na recollida, adaptación e interpretación das cantigas dos diferentes pobos do mundo. Rachando coas fronteiras e cos prexuízos incorpora os cantos dos pobos á súa forma de entender a música. 23.30 h TREIXADURA. Constitúe desde 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita. Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a música tradicional ao máximo nivel. AFORO LIMITADO Lugar: Praza Maior
19
festas OURENSE 20I8
CONCERTO 23.00 h DVICIO. A rapidez co que un sinxelo vídeo gravado polo propio grupo cun smartphone chegou a millóns de persoas resume o impacto producido por DVICIO. Nada é o mesmo desde que estes cinco mozos chegaron con pop fresco e ideas brillantes. Andrés, Luis, Nacho, Martín e Alberto puxérono todo coas patas para arriba con ese Enamórate (no coche), chegando a máis de 65 millóns de persoas. 21.00 h Apertura de portas Prezo:5 € anticipada e 7 € na billeteira Venda de entradas: www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na sede de Afundación (Praza Maior, nº4) e na billeteira dúas horas antes da actuación. Gastos de xestión incluídos nos prezos excepto os gastos de xestión da venda telefónica. As entradas para menores só se venderán nas sedes de Afundación (Ourense - Praza Maior, nº4) e na billeteira de 21.00 a 22.00 h . Non se permitirá o acceso a menores coa entrada mercada de maneira online. As persoas menores de idade que teñan entre 0 e 15 anos, ambos os dous inclusive, poderán acceder ao concerto pagando a entrada correspondente, cubrindo un formulario, que está no web da Concellaría de Cultura, www.ourensecultura.com , polo seu pai, nai ou titor/a que se entregará no momento da compra da entrada e nomearán a persoa responsable que o/a acompañará ao concerto. As persoas menores de idade que teñan 16 e17 anos, poderán acceder ao concerto pagando a entrada correspondente sen necesidade de ir acompañado/a dun adulto, cubrindo un formulario, que está no web da Concellaría de Cultura, www.ourensecultura.com , polo seu pai, nai ou titor/a que se entregará no momento da compra da entrada. Lugar: Xardín do Posío
BAILE 01.00 h Verbena coa orquestra Combo Dominicano Lugar: Rúa Progreso
20
festas OURENSE 20I8
WWW.TCOMPANYSHOP.COM
Auténtico té de origen
21
festas OURENSE 20I8
Venres, 29 de xuño Venres, 29 de xuño 12.30 h Animación de rúa coa charanga Nova Terra de Trives
OURENSE STREET FOUD Horario: De 13.00 a 16.00 h e de 19.00 h a 00.00 h Espectáculo de: 21.00 h Cándido Pazó Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo
FEIRA HISTÓRICA Lugar: Centro histórico da cidade TEATRO DE RÚA 12.00 h e 20.00 Uxía lambona e a banda molona. Música infantil. Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos, dándolle o su toque particular desde A Carolina rapeada ao Jato rockeiro. Facendo que todas as nenas e nenos presentes sexan participes deste concerto cheo de bailes, xogos coreografias e moitas sorpresas. Lugar: Alameda do Bispo Cesáreo
CONCERTO 20.00 h De Vuelta. É un proxecto do compositor, guitarrista e xornalista ourensán Luis Fernández Delgado. Cunha dilatada traxectoria musical ás súas costas, acaba de publicar o seu novo disco “A Tono”. O disco, de recente aparición, acaba de ser presentado en Madrid nun dos máis prestixiosos ‘templos’ da música: a Sala Galileo. Lugar: Praza San Martiño
22
festas OURENSE 20I8
CONCERTO INDIE 21.00 h Aries. Psicodelia desmedida e voces cuadriplicadas definen perfectamente a obra de Aries, unha moza normal de Bilbao que escapa da imaxe habitual de cantautora solitaria. Isabel Fernández Revieriego é quen se agocha detrás da música de Aries, unha artista que armada coa súa caixa de ritmos, o seu Rickenbakers e algún outro trebello dispar, elabora un pop alegre e hipnótico. Fichando polo selo La Castanya, a bilbaína consegue moverse máis do habitual polas cidades do noso país, deixando un pouco da súa psicodelia musical por cada local que pisa. Lugar: Praza do Ferro
CONCERTO 22.30 h Best Life. Xusto agora, neste momento onde parece que as etiquetas gañaron máis valor e fiabilidade que as cancións, os ourensáns Best Life (underyourseat), case como unha xogada mestra, miran cara a outro lado. O seu terceiro álbum “Changes” recupera parte dos anos noventa, eses nos que James era a banda a seguir, cando todos soñaban con ser Brett Anderson ou con poder ver de cerca o escenario de Glastonbury. Recuperan a década mirando cara atrás por riba do ombro pero sen deixar de dar o paso adiante que camiña ao lado dunha produción impecable en todos e cada un dos oito cortes do disco. Con cheiro a novo pero de sabor experto ao mesmo tempo. Coas decisións ben tomadas. Ás veces non é preciso cambiar, no pop só hai que saber pulsar a tecla adecuada. E a continuación, SIDONIE. Unha banda que nace en Barcelona a finais dos noventa, comezou a súa traxectoria sorprendendo con “Dragonfly”, un EP cheo de sonoridade moi especial, onde a psicodelia, o rock a música hindú ou o surrealismo lanzou o trío barcelonés a un escaparate mediático sen precedentes para unha formación de orixe independente. Os seus lendarios concertos, con performance incluída onde podían rematar espidos ou disfrazados, non fixo máis que aumentar a súa popularidade e inmediatamente o seu primeiro disco confirmounos como algo máis que unha promesa. AFORO LIMITADO Lugar: Praza Maior
23
festas OURENSE 20I8
ESPECTÁCULO
BAILE
23.00 h XXI OURENSE DANCE. O slogan este ano é: “Non ao acoso escolar, non ao bullyng”
01.00 h Verbena coa orquestra Panorama
Festa de dúas horas de música con Dj, baile, agasallos e mangueirazos de auga. Coas actuacións de: De Melo e Lexy Cray coa Agrupación musical da Limia, escola de danza Estilo Libre, presentación do cantante Ángel Cruz, escola de danza 4 Pasos, danza oriental Burlesque Divas e escola de patinaxe Roller Ourense.
Lugar: Rúa Progreso
Entrada: Gratuíta, pero pedimos a colaboración cun quilo de arroz ou de pasta. Organiza: Cadena 100 Colabora: Asociación Xuvenil Amencer Lugar: Xardín do Posío
Sábado, Sábado, 30 de xuño30 de xuño 12.30 h Animación de rúa con Trópico de Grelos
FEIRA HISTÓRICA Lugar: Centro histórico da cidade OURENSE STREET FOUD Horario: De 13.00 a 16.00 h e de 19.00 h a 00.00 h Espectáculos de: 12.00 h Animación infantil: obradoiros e xogos 13.00 h Soul&Roll 21.00 h Mago Teto Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo
24
festas OURENSE 20I8
ESPECTÁCULO Festa Paint Party 12.00 h a 14.00 h Midgnigth Paint Party Kids Festival de DJ e pintura. Para todos os públicos, especialmente público familiar dirixido por Chito, DJ e animador recoñecido. Prezo: Gratuíto Lugar: Xardín do Posío
15.00 h a 23.00 h Midgnigth Paint Party Festival de DJ e pintura. A festa que percorreu medio mundo chega a Ourense con artistas como Luka Caro, Groove Amigos, The Prieto brothers, BLVCDR e outros tantos artistas por anunciar... Prezo: 5 € as 1.000 primeiras entradas, 8 € as 500 seguintes e 12 € as restantes, máis gastos de xestión. Venda de entradas: www.woutick.es Lugar: Xardín do Posío
20.00 H BATALLA DE FLORES Saída Baixo Alameda cara ao Progreso e percorrido circular entre Alférez Provisional (cruzamento de Xoán XVIII) e Praza Concepción Arenal
CONCERTO 20.00 h Menage a Trois presenta “LOS AMIGOS DE LO AJENO” Tras o éxito colleitado polo seu primeiro EP “Migajas”, agora lánzanse cun disco en directo, “Los amigos de lo ajeno”, dúas horas de puro show no que versionan temas de artistas tan variados como: Muchachito, Extremoduro, Fito, Sonámbulo, Peret, Che Sudaka, entre outros. Estes temas representan as vivencias e influencias da banda e resume á perfección a súa forza e enerxía. Lugar: Praza San Martiño
26
festas OURENSE 20I8
ENOFESTIVAL OURENSE 2018 Promoción de viños ourensáns, coa presenza de seis adegas e colleiteiros/as, zona gastronómica mesturada con varias actuacións musicais, con grupos locais e cunha formación “cabeza de cartel”, de ámbito estatal. 20.30 h Apertura de portas 20.45 h Concerto de Mad Mission, 22.00 h Concerto de Anaut 23.30 h Cooper Billeteira: 10 € - anticipada 8 € (máis gastos de distribución), menores de 14 anos gratis. Venda de entradas: En ticketea.com, Trampitán e Peggy records Público: Maiores de 18 anos e menores acompañados de nais, pais ou titor/a legal. Lugar: Bulevar Termal (Traseira das Burgas)
AUDITORIO 20.30 h As ondas das pedras no río, da Aula de teatro universitaria de Ourense. A vida de dous xemelgos nun mundo onde non se debe transgredir a historia. Onde non se pode pensar o impensable, polo tanto, non debe suceder. Un contexto social exacerbado pola miseria económica e moral, que tantas veces van xuntas. Relacións de parellas truncadas aquí e na outra parte do mundo e que acaban empurrando cara a un final non desexado. O amor maternal, con erros, con brusquidades, onde as pequenas cousas poden facer que bata as ás unha bolboreta negra no noso corazón ou que nos sintamos arroupados no medio dun trebón. Prezo: 2 € Venda de entradas: Na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función. Lugar: Sala principal
27
festas OURENSE 20I8
CONCERTO ELECTRO CUMBIA 21.00 h Esteban e Manuel. É un dúo galego que abandeira o que eles mesmos denominan a “Cumibiatune” ou Psicocumbia. Este particular son bebe a partes iguais de ritmos latinos e tropicais, a orquestra de festa patronal e o marcado carácter que lle imprime o omnipresente efecto auto-tune nas voces. Xuran que todo o que fan é de verdade como a vida mesma, que levan a verbena no sangue e que non pretenden outra cousa que non sexa poñer a toda a xente a bailar e que sexan recordados sempre cun gran sorriso na cara. Lugar: Praza do Ferro
CONCERTO 22.30 h GUADI GALEGO E RAMÓN MIRABET Ramón Mirabet, premio ARC 2016 como artista revelación “Those little things”. Mirabet bebeu tanto das fontes jazzísticas dun trombonista reputado como é o seu pai como da tradición folk americana da súa nai, con referentes como Bob Dylan, Joan Baez ou Janis Joplin. A pesar de que entende a música lonxe do “glamour” dos focos e as portadas das revistas de moda, a popularidade chégalle da man do programa “Nouvelle Star” da televisión francesa. Ese mesmo impacto mediático espertou en España miradas curiosas, e moitos descubriron un músico cun extraordinario talento e unhas ganas inmensas de dar a coñecer as súas cancións. Guadi Galego fai balance da xira co seu terceiro traballo en solitario,O mundo está parado, un ano despois da súa saída. Este disco arrasou nas vendas, coa primeira tirada, moi especial, de 1.000 vinilos, esgotada en apenas un mes, e sendo considerado polo crítico Fernando Neira como un dos cinco mellores discos do 2016 en España. Tivo unha xira de máis de 50 concertos, coa que pasou polas catro provincias galegas, Barcelona, Madrid, Portugal e algunha das feiras máis importantes do Estado:o Mercat de Música Viva de Vic e a Trovam de Valencia AFORO LIMITADO Lugar: Praza Maior
28
festas OURENSE 20I8
FOGOS ARTIFICIAIS
BAILE
23.30 h Espectáculo pirotécnico a cargo da Pirotecnia Pablo
01.00 h Baile coa orquestra Olympus
Lugar: Marxe dereita do río Miño
Lugar: Rúa do Progreso
Domingo, Domingo, 1 de xullo 1 de xullo 12.30 h Animación de rúa con Aperta
OURENSE STREET FOUD Horario: De 13.00 a 16.00 h e de 19.00 h a 00.00 h Espectáculos de: 12.00 h Animación infantil: obradoiros e xogos 13.00 h Casa Coco 19.30 h Moon Cresta Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo
FEIRA HISTÓRICA Lugar: Centro histórico da cidade AUDITORIO 19.00 h WUSHU. Espectáculo de exhibición de artes marciais chinesas e acrobáticas. Prezo: Gratuíto Lugar: Sala principal
29
festas OURENSE 20I8
CONCERTO INFANTIL 20.00 h Concerto PunkInfantil con Peter Punk e Brais das Hortas. Dous músicos atópanse en escena por erro, un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario. Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente nun espazo común e acaban creando un delirio musical chamado “Concerto PunkInfantil” Lugar: Praza San Martiño
BAILE 21.00 h Baile coa orquestra París de Noia Lugar: Rúa do Progreso
Do 22 ao 27 de xuño tamén: XXII Edición Feira de Artesanía de Ourense “A creación como modo de vida” Talleres e oficios de artesanía ao vivo con sorteo diario de pezas artesanais Organiza: Asociación de Artesáns de Ourense Lugar: Rúa do Paseo
30
festas OURENSE 20I8
31
festas OURENSE 20I8
EXPOSICIÓNS CENTRO MUNICIPAL SALA VALENTE Exposición: Xeografía do Efémero, exposición de Santiago Barreiros Lugar: Rúa do Paseo Horario: De martes a sábado de 11:00 a 13:30 h e de 18:30 h a 21:30 h e os domingos de 11:00 a 13:30. Os luns o espazo permanecerá pechado.
32
MUSEO MUNICIPAL Exposición: “Colpo di Fulmine”, de Pablo Otero, salas I e II No terceiro andar, exposición “Cromática”, da Fundación Cum Laude Lugar: Rúa Lepanto Horario: De martes a sábado de 11:30 a 13:30 h e de 18:30 h a 21:30 h e os domingos de 11:30 a 13:30 h . Os luns o espazo permanecerá pechado.
ESPAZO EXPOSITIVO ARTURO BALTAR Lugar: Praza de San Cosme e San Damián Horario: De luns a venres de 12:00 a 14:00 CLAUSTRO SAN FRANCISCO Lugar: Antigo cuartel de San Francisco, a carón do Albergue de peregrinos Horario: De martes a sábado de 11:30 a 13:30 h e de 18.00 h a 21:00 h e os domingos de 11:30 a 13:30 h . Os luns o espazo permanecerá pechado.
festas OURENSE 20I8
DEPORTES SÁBADO 23 XUÑO 10.00 h a 20.30 h Natación: XLVI Trofeo Pedro Escudero Lugar: Piscina Rosario Dueñas, Pavillón Municipal dos Remedios
DOMINGO 24 XUÑO 10.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 22.00 h Tenis: “1º Ourense Open” homologado pola Real Federación Española de Tenis (RFET) Lugar: Club Santo Domingo
10.00 h a 20.30 h Fútbol: Trofeo “II Memorial Secundino Basalo” (Benxamín-Alevín) Lugar: Campo municipal de Oira
12.00 h a 14.00 h Pedestrismo: 3ª proba do VIII Circuíto Popular de Carreiras, correndo por Ourense 2018 Lugar: Carreira do centro, rúa do Paseo
10.00 h a 14.00 h Escalada: Clasificatorias Campionato galego de escalada en bloque Lugar: Pavillón Municipal dos Remedios 10.00 h a 20.00 h Balonmán: IV Torneo Handball Festas 2018 Lugar: Pavillón Municipal dos Remedios 10.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 22.00 h Tenis: “1º Ourense Open” homologado pola Real Federación Española de Tenis (RFET) Lugar: Club Santo Domingo 17.30 h Piragüismo: L Descenso do Miño de Ourense (vodas de ouro) Lugar: Os Peares – Velle 18.00 h a 21.00 h Escalada: Finais Campionato galego de escalada en bloque Lugar: Pavillón Municipal dos Remedios
16.00 h a 20.00 h Hóckey patíns liña: I Torneo de hóckey liña infantil e sénior “Cidade de Ourense” Lugar: Carballeira
19.00 h a 21.00 h Baloncesto: Street Basket 3X3 (alevín, benxamín, infantil e cadete) Lugar: Canchas exteriores do Pavillón Municipal dos Remedios MARTES 26 XUÑO 16.00 h a 20.30 h Volei Praia: torneos populares Lugar: Campo Municipal de Oira 16.00 h a 22.00 h Tenis: “1º Ourense Open” homologado pola Real Federación Española de Tenis (RFET) Lugar: Club Santo Domingo
19.00 h a 21.00 h Patinaxe: Disco Roller máis Deporte La Región “Festas de Ourense” Lugar: Xardín do Posío
19.00 h a 21.00 h Baloncesto: Street Basket 3X3 (júnior e sénior) Lugar: Canchas exteriores do Pavillón Municipal dos Remedios
LUNS 25 XUÑO 16.00 h a 20.30 h Volei Praia: torneos populares Lugar: Campo Municipal de Oira
MÉRCORES 27 XUÑO 16.00 h a 20.30 h Volei Praia: torneos populares Lugar: Campo Municipal de Oira
16.00 h a 22.00 h Tenis: “1º Ourense Open” homologado pola Real Federación Española de Tenis (RFET) Lugar: Club Santo Domingo
16.00 h a 22.00 h Tenis: “1º Ourense Open” homologado pola Real Federación Española de Tenis (RFET) Lugar: Club Santo Domingo
33
festas OURENSE 20I8
DEPORTES XOVES 28 XUÑO 10.00 h a 13.00 h e de 18.00 h a 21.00 h Ciclismo: Circuíto Ciclista Infantil Festas de Ourense Lugar: Canchas exteriores do Pavillón Municipal dos Remedios 16.00 h a 20.30 h Volei Praia: Xornada Cachibol Lugar: Campo Municipal de Oira 16.00 h a 22.00 h Tenis: “1º Ourense Open” homologado pola Real Federación Española de Tenis (RFET) Lugar: Club Santo Domingo
VENRES 29 DE XUÑO 16.00 h a 22.00 h Tenis: “1º Ourense Open” homologado pola Real Federación Española de Tenis (RFET) Lugar: Club Santo Domingo SÁBADO 30 XUÑO 8.00 a 21.00 h Wushu: XVII Campionato internacional “Cidade de Ourense” Lugar: Pavillón Municipal dos Remedios 10.00 h a 20.30 h Volei Praia: XIII edición Torneo “Cidade de Ourense” sénior Lugar: Campo Municipal de Oira 10.00 h a 20.30 h Natación: Campionato Galego categoría alevín Lugar: Piscina Rosario Dueñas (Pavillón Municipal dos Remedios)
16.30 h a 19.30 h Chave: Trofeo Festas de Ourense Lugar: Campo da chave da Alameda “O Bernabéu” 18.00 h a 21.00 h Tenis: Finais do “1º Ourense Open” homologado pola Real Federación Española de Tenis (RFET) Lugar: Club Santo Domingo DOMINGO 1 XULLO 10.00 h a 20.30 h Volei Praia: XIII edición Torneo “Cidade de Ourense” sénior Lugar: Campo Municipal de Oira 10.00 h a 13.00 h Wushu: XVII Campionato internacional “Cidade de Ourense” Lugar: Pavillón Municipal dos Remedios 10.00 h a 20.30 h Natación: Campionato Galego categoría alevín Lugar: Piscina Rosario Dueñas (Pavillón Municipal dos Remedios)
Edita:
PRODUCCIÓN EDITORIAL:
34
festas OURENSE 20I8
35