Empresarias e conciliaci贸n
O Servizo Galego de Igualdade contratou a realización dun informe sobre aproximación á situación da problemática da conciliación nas mulleres empresarias á consultora I.G. Documentación, S.L. A selección da mostra realizouse en colaboración co SGI, encargandose I.G. da realización do estudio dende a fase inicial de documentación ata o traballo de campo e elaboración do informe.
I. G. Docuentación, S.L. Enderezo: Ronda de Outeiro, 269 B Poboación: A Coruña CP: 15010 Teléfono: 981 145 810 Enderezo electrónico: ig@informacióngalicia.net
Santiago de Compostela, decembro de 2007.
2
Índice 1. Antecedentes .……………...………………..……………………………… 3 2. Fontes de información secundarias sobre a actividade emprendedora ……………………………………………...… 6 3. Fontes de información secundarias relativas á conciliación …………………………………………….………………..… 13 4. Obxectivos do estudio …………………………………………...…………...………. 15 5. Algunhas consideracións …………………………………………...……………………. 19
3
Antecedentes Na actualidade, no plano teórico, ninguén discute que toda acción política enfocada ao desenvolvemento socioeconómico, ten que ter perspectiva de xénero o que implica a conciliación como obxectivo estratéxico. Se ben a Enquisa de Poboación Activa (EPA) reflicte o importante avance experimentado nos últimos anos na reducción da taxa de desemprego, seguimos a falar dunha situación de precariedade que afecta especialmente ás mulleres, a pesares do importante esforzo en plans e proxectos para fomentar a súa empregabilidade e cualificacións. Nesta liña, tratase de fomentar accións que permitan: 1. Acceso e permanencia no mercado de traballo nun emprego de calidade 2. Promoción e desenvolvemento profesional Se ben o esforzo institucional ten producido importantes avances, o cambio non foi suficiente para modificar a situación de desigualdade. Neste contexto, e no marco das directrices da Unión Europea, as políticas de fomento ao emprendemento cobraron nos últimos anos unha especial relevancia como vía de creación de emprego. Por outro lado, o desenvolvemento dunha sociedade equilibrada precisa de instrumentos que axuden a evolucionar unha estrutura social anquilosada nas desigualdades, que afectan dun xeito moi especial ás mulleres. Así, no avance da igualdade de oportunidades, a “conciliación” pasou a situarse como un dos principais obxectivos estratéxicos en toda acción política.
4
A conxunción destes dous conceptos, emprendemento-conciliación, precisa de estudos e indicadores específicos que permitan coñecer a fondo a problemática do colectivo de mulleres empresarias a fin de poder deseñar medidas que permitan a súa visibilización e impulso como xeradoras de riqueza e emprego. Tendo en conta que en moitos casos o autoemprego xurde como opción á situación de precariedade laboral ou paro, este colectivo sofre con maior intensidade as barreiras de acceso aos recursos de financiamento. Por outro lado, as empresas creadas por mulleres adoitan encadrarse na parte do sector servicios menos valorada, social e economicamente, nun contorno de perda de poder político dos gobernos fronte a unha economía cada vez máis globalizada, e dun tecido produtivo que precisa “moita innovación” para adaptar as súas estruturas ás novas necesidades. Os estudios consultados non ofrecen moita luz para os obxectivos deste traballo xa que o colectivo de mulleres empresarias adoita quedar oculto entre o pretendido universalismo do masculino e a falta de formación en xénero das persoas que realizan os estudios, cando non da falta de vontade política real que non acompaña os avances lexislativos cos adecuados
recursos
orzamentarios. Falase de “empresas”, de “empresarios”, de “traballadores e traballadoras”. Incluso no actual “PLAN ESTRATÉGICO ESTATAL DE IGUALDAD OPORTUNIDADES (2008-2011)”, publicado en decembro de 2007 dise na introducción: “As empresas están empezando a descubrir que as mulleres non só están moi cualificadas, senón que son unhas importantes consumidoras do moito máis que comestibles ou deterxentes.
5
Agora compran activos financeiros e móbiles. Así que máis vale contar con elas na estratexia empresarial porque a súa ausencia está empezando a descubrirse como unha rémora para a conta de resultados. Simultaneamente, as empresas empezan a descubrir que a calidade de vida dos traballadores e traballadoras inflúe na productividade e na fidelización das súas plantillas”.
Fontes de información secundarias sobre a actividade emprendedora O asunto non mellora en estudios específicos de actividade empresarial, para o que se tomou como referente o informe GEM (Global Emtrepreneurship Monitor), realizado a nivel europeo, con metodoloxía unificada e realizado por equipos multidisciplinares e organizacións expertas na materia. No último informe publicado (2007) podemos observar como, se ben intenta introducirse certa desagregación na recollida de datos, esta non chega a ter a necesaria perspectiva de xénero que nos permitiría comprender e analizar a situación existente. Por un lado, falase sempre do “emprendedor” e no único apartado no que se intenta a desagregación homes-mulleres e no que se establece o perfil socioeconómico, para o que se revisan as variables de sexo, idade, nivel formativo, ingresos, zona na que habita e situación laboral, co seguinte resultado de gráficos e interpretacións que se reproducen a continuación.
6
7
8
(Argumentación exposta baixo o título “Género”) En una primera aproximación a las magnitudes básicas, se observa que la distribución de la población emprendedora early stage en Galicia, por género, muestra que el 55,57% de los emprendedores son hombres y el 44,43% son mujeres, porcentaje este último que supera notablemente el relativo a la media española (39,1%). Además, mientras que en España este porcentaje se ha mantenido estable entre 2005 y 2006, en Galicia se ha producido un notable incremento del porcentaje de mujeres emprendedoras en este período (37,1% y 44,4%, respectivamente). El porcentaje de emprendedoras gallegas está por encima de la tasa media española, mostrando un buen comportamiento en este sentido. Además, en el último año, se ha
9
producido en Galicia un avance muy importante en la equiparación de las tasas de emprendimiento entre hombres y mujeres. Por lo que se puede afirmar que en Galicia se ha producido tanto un salto cuantitativo como cualitativo respecto al año anterior y a la media española. Las posibles causas de este resultado se comentan detalladamente en el capítulo 6 de este informe, si bien se puede adelantar que la atención de diversos organismos al colectivo femenino y la recuperación global de la actividad emprendedora están entre los factores que explicarían el incremento de este porcentaje respecto a 2005. Por otro lado, entre los emprendedores potenciales, se produce un acercamiento aún mayor entre sexos, pues este año los hombres superan a las mujeres en 5,6 puntos porcentuales respecto a la intención de crear una empresa. En este aspecto, Galicia se aleja notablemente de la media española, donde el 38,9% de las mujeres tienen intención de crear una empresa (frente al 47,19% de Galicia). Situación que refleja un cambio radical respecto al año anterior, en el que el porcentaje de las mujeres potencialmente emprendedoras en Galicia era notablemente inferior al de España (37,1% en Galicia frente a 52,3% en España). La diferencia entre sexos en el conjunto de los empresarios con un negocio operativo durante más de tres años (emprendedores consolidados) es notable. De ello se deduce que la mujer acusa más los períodos de recesión, pero tiende a consolidar sus negocios. Este dato se refuerza con el período temporal al que se refiere el estudio. En efecto, son empresas que llevan más de 42 meses en funcionamiento, por lo que se parte de empresas creadas antes de enero de 2003, año en que los porcentajes de creación de empresas por mujeres eran muy reducidos. Nuevamente, Galicia presenta unas referencias muy positivas. El 41,87% de los negocios consolidados son de mujeres, frente a un 30,2% en España. El porcentaje de mujeres que ha cerrado un negocio en los 12 meses previos a la realización de la entrevista supera al dato obtenido para el caso de los hombres. Los
10
negocios cerrados por emprendedoras se corresponden con un 54,53%. Si bien esta cifra supera notablemente la del pasado año (42,7%), así como la media española (39,1%), hay que ponerla en relación con la mayor actividad emprendedora femenina en todas las etapas de desarrollo que hemos señaladas en los párrafos precedentes.
O resultado é, unha vez mais, a pobreza e ineficacia dos mal chamados indicadores obtidos que non permiten nin ter unha clara fotografía da realidade, nin a medición de tendencias, nin o deseño de actuacións específicas.
O perigoso establecemento de medias, incluso nas variables básicas, leva a falsas conclusións de evolución positivas das tendencias cara a situacións de igualdade. No éxito ou fracaso das iniciativas empresariais teñen moito que ver aspectos como posibilidade real de elección do sector de actividade en relación co acceso a recursos financeiros e, sobre todo, o tempo de dedicación á actividade profesional. É dicir, á desigualdade no punto de partida e a posibilidade de conciliación.
11
A falta de perspectiva na recollida ou no tratamento dos datos non permite saber si “oportunidade” e “necesidade” teñen a mesma ponderación en emprendedores e emprendedoras ou as posibles diferencias na relación que se establecen entre o resto das variables básicas (idade, nivel de estudios, nivel de renda, implantación rural/urbana e situación laboral previa) e a súa consecuencia no éxito ou peche das empresas impulsadas por homes e por mulleres.
Os datos tampouco permiten analizar a influencia das variables básicas sobre a motivación ou mesmo as posíbeis diferencias de significado da palabra “oportunidade” para emprendedoras e emprendedores.
12
Fontes de información secundarias relativas á conciliación Realizouse tamén unha análise sobre as estatísticas presentadas en fontes oficiais gobernamentais (a nivel autonómico e estatal), e de xeito específico dos
seus
organismos
estatísticos
(IGE
e
INE),
tendo
en
conta
fundamentalmente dous aspectos das fontes: O seu contido: Relación das medidas de conciliación existentes e os datos que se proporcionan para observar os efectos das mesmas A presentación dos datos Neste sentido, é importante destacar o importante avance no acceso gratuíto á información a través de Internet. Dende os organismos de estatística pódese acceder á información vinculada á conciliación e a medidas de protección social. As fontes de datos relacionadas con este tema inclúense dentro da clasificación establecida nos ámbitos de “nivel, calidade e condicións de vida” que proporcionan unha descrición da posición de homes e mulleres dentro das sociedades.
13
Cabe destacar as enquisas sobre o “emprego do tempo” no panel de fogares da UE ou as enquisas sobre condicións de vida. Estes subgrupos teñen información valiosa e, en termos xerais, presentada de forma conveniente (segregada por sexo) sobre os aspectos relacionados coa división por xénero do tempo. Sen embargo, a información que se proporciona en “protección social” e sobre o “mercado laboral”, presenta graves limitacións en relación a análises sobre a conciliación. A poboación activa está desagregada por sexo pero logo sempre se fala de “asalariados” sen continuar coa desagregación. Tampouco se presta ningún tipo de atención especial e elementos diferenciadores nos datos da poboación activa respecto ás persoas que traballan por conta allea ou propia (tendese a unificar nun grupo de persoas “autónomas” con pequenos negocios sen ter en conta sequera se son xeradoras de emprego). O Ministerio de Traballo e o Instituto da Muller ofrecen nas súas Web indicadores relacionados (servizo de comedor e gardería, excedencias e permisos), e a da Seguridade Social tamén contén información estatística sobre “outros datos de protección social” que se ben proporciona comparativa de medidas, non inclúe información sobre homes e mulleres (si están desagregadas as pensións asistenciais). E dicir, se pode acceder a información relacionada pero é, en moitos casos, ineficiente por presentar carencias tanto no contido como na forma. Incluso outros enlaces específicos non presentan unha correcta desagregación das variables básicas de estratificación social dende unha perspectiva de xénero.
14
Obxectivo do estudio O principal obxectivo deste estudio, realizado dentro das accións de programa comunitario ARCO, foi iniciar a aproximación a especifidade da problemática da conciliación entre as mulleres empresarias considerando que, ademais da influencia que como no resto das mulleres ten na súa vida persoal e profesional, presentan un efecto multiplicador como barreira á competitividade e posibilidades de crecemento das súas empresas e polo tanto, á xeración de emprego e riqueza e a contribución á transformación da estrutura social.
1. ESQUEMA DE TRABALLO Máis co obxectivo realista das “boas prácticas” que dun pretencioso universalismo, deseñouse un esquema sinxelo sobre tres eixes: Historial e situación previa á posta en marcha da empresa
Motivación para a posta en marcha Influencia da existencia de axudas institucionais Existencia de responsabilidades familiares Apoio recibido
Descrición da situación actual Evolución da súa situación persoal-familiar Definición de problemas específicos na súa situación de traballadoras por conta propia Balance da situación: Satisfacción persoal-resultados económicos Conclusións
15
Principais indicadores da mostra Influencia da problemática da conciliación no posibilidade de crecemento das empresas
2. SELECCIÓN DA MOSTRA Tendo en conta que un dos obxectivos e o estudio de novas propostas e iniciativas que se podan impulsar dende o ámbito institucional, a investigación se realizou con empresarias que recibiron axuda a través do programa EMEGA, que é o único programa de axudas específico para emprendedoras. Desta selección resultou unha mostra de 491 empresas, creadas por mulleres e que empregan fundamentalmente a mulleres, cunha experiencia suficiente xa que presentan unha traxectoria entre dous e cinco anos de funcionamento. Os datos presentados nas seguintes gráficas dan unha idea da importancia da repercusión socioeconómica da iniciativa destas mulleres como xeradoras de emprego.
Ano de inicio da actividade
2003 34%
2005 41%
2004 25%
16
Distribuci贸n provincial por ano de inicio da actividade 100 90 80 70 60 50 40 30 20 10 0
Coru帽a
Lugo 2003
Ourense 2004
Pontevedra
2005
Creaci贸n de emprego
2005
248
2004
185
179
2003
173
187
0
100
20
10
233
200
Mulleres autoempregadas
300 Mulleres contratadas
35
400
500
Homes contratados
17
Segmentación da creación de emprego
0,43%
6,70%
23,97%
68,90%
Só autoemprego
Autoemprego e só contrataron mulleres
Autoemprego e contratan mulleres e homes
Autoemprego e só contrataron homes
Segmentación do emprego creado por ano de inicio da actividade
Autoemprego e só contrataron homes Autoemprego e contratan mulleres e homes Autoemprego e só contrataron mulleres Só autoemprego 0
2003
2004
50
2005
100
150
200
250
300
350
Total
3. METODOLOXÍA A credibilidade da investigación implicaba contar cunha mostra o suficientemente ampla, tanto en número de empresarias entrevistadas, como na
18
estabilidade da empresa, polo que se seleccionaron as empresas que participaron no programa EMEGA dos últimos tres anos que tiveran, cando menos, un ano completo de actividade. Composición da mostra: Empresas subvencionadas polo EMEGA nos anos 2003-2004-2005 Recollida de datos: Selección de datos básicos en colaboración co SGI: Nome da empresaria, localización e actividade da empresa, data de constitución, postos de traballo creados Toma de contacto coas empresarias: Entrevista telefónica Contido: Elaborouse un guión previo cos seguintes criterios Preguntas abertas guiadas que permitiran aportar as explicación relacionadas e indagar tanto nas solución individual da problemática como nas suxestións Preguntas pechadas a fin de obter pautas para a confección de indicadores
ENFOQUE METODOLÓXICO DO ESTUDIO
Investigación documental
Resultado dos coñecementos existentes en bibliografía e na rede
Traballo de campo
Realización de entrevistas semi estruturadas nas catro provincias galegas sobre unha selección de 491 empresarias
Análise
Cuanlitativo
Cuantitativo
19
A metodoloxía cualitativa supuxo a adopción dun enfoque de análise con maior implicación por parte do equipo investigador onde os axentes principais foron as persoas, protagonistas de cada unha das realidades analizadas e cuxa presenza non se podía limitar a ser un ítem nunha estatística, xa que posúen unha forma concreta de percibir a realidade que lles rodea. O enfoque baseado na descrición e análise dos fenómenos sociais de maneira independente das súas actoras quedou descartado, centrando a súa utilización exclusivamente en aqueles aspectos cuantitativos que, serven de apoio estatístico para contextualizar e proporcionar solidez aos resultados empíricos. Así, foron utilizadas diferentes fontes estatísticas, algunhas mencionadas anteriormente, debido ao carácter comparativo previo para delimitar o ámbito diferenciador do colectivo obxecto deste estudio en relación á problemática estudiada. O carácter innovador e pouco xeneralizado do tema de análise deste estudio fixo necesaria a procura de fontes máis precisas e unha especial atención aos “vicios ocultos” nas metodoloxías empregadas a pesares da aplicación da perspectiva de xénero. O obxectivo metodolóxico sería plenamente alcanzable a través de entrevistas en profundidade que permitisen recoller información sobre os aspectos máis sinalados do obxecto de estudio, como a observación do entorno familiar e de traballo, para o que sería preciso o contacto directo coas empresarias entrevistadas. Esto permitiría que as notas da entrevistadora, obtidas a partir da observación particípante, aportaran interesantes elementos para o análise.
20
Algunhas consideracións Tendo en conta as características deste primeiro estudio de aproximación, se prefire falar de consideracións e a vez de conclusións considerando así este estudio como un ensaio ou experiencia piloto, a modo de diagnóstico e aproximación á problemática da conciliación dende unha perspectiva tan innovadora como necesaria. Destacaríamos en primeiro lugar que os datos teñen un valor moi relativo ao non existir referentes anteriores que permitan establecer comparativas e tendencias. Por outra parte, ten máis peso a información cualitativa que será a que permita unha maior concreción no enfoque para futuras actuacións, contribuíndo así ao obxectivo científico de aproximación para unha mellor definición do problema. Respecto á selección da mostra, esta foi o suficientemente ampla para recoller un espectro de casuísticas variadas, dende a motivación e circunstancias iniciais para montar a empresa, ata as circunstancias familiares e persoais ou o grau de éxito no desenvolvemento do negocio. Sen embargo, hai que ter en conta que estamos a falar de mulleres que se acolleron a un programa de subvención para montar a empresa, polo que pode suceder que, tanto a colaboración prestada como a liberdade de expresión se vexan condicionadas por partir este estudio do mesmo organismo que regula este programa de axudas. O que si é unha conclusión clara é que as mulleres empresarias senten que as medidas reguladas dende as institucións non van con elas. Isto coincide coa documentación revisada na fase inicial do estudio xa que a definición de grupo
21
destinatario de medidas de conciliación, adoita incluír ás mulleres ocupadas nun traballo remunerado, por conta allea, e normalmente en situacións ben reguladas. É dicir, hai unha impresión subxacente de inxustiza social tras os proclamados lemas de igualdade que pretenden obviar e unificar realidades e necesidades ben diferentes. Outra característica común e que as mulleres empresarias son máis dadas a facer que a queixarse. Resolven mais que teorizan e “inventan sobre a marcha” tanto nas empresas como no seu contorno familiar e persoal. Partindo de que todos os estudios consultados están a falar de “mulleres ocupadas”, sen considerar a diferenciación entre asalariadas e conta propia, as empresarias falan principalmente das seguintes “situacións problemáticas para igualdade” -
Ámbito laboral afectado polo familiar o As cargas domésticas como causante do problema das situacións de inserción social o As implicacións que a falta de medidas de conciliación teñen sobre os ingresos o As cargas domésticas como causante do problema para continuar coa formación o As cargas domésticas como causante do problema da falta de promoción social (“teito de cristal” sobre todo para as mulleres con profesión definida e tamén para as empresarias) o As desigualdades no ámbito familiar afectan ao crecemento, promoción e tempo de traballo o A socialización nos roles adscritos de coidado
22
-
Ámbito familiar afectado polo laboral o Horarios o Distancias entre o lugar de traballo e a casa o Sensación de carreira de fondo continuada
-
Situacións especialmente conflictivas (enfermidades, etc..)
Incluso sen necesidade de datos, é obvio que todos estes factores afectan aínda máis ás mulleres que traballan por conta propia, que non contan coa seguridade dunha nómina nin co amparo legal das baixas, excedencias ou a tan proclamada redución, xa que a esixencia de dedicación e aínda maior en tanto o horario das micropemes (mais do 90% en toda a Unión Europea e con porcentaxes algo superiores en Galicia) é o que marquen os clientes. Así, para poder comprender os problemas específicos e establecer medidas, e preciso establecer un nexo na relación Emprendemento-GlobalizaciónConciliación partindo do triple conflicto que implica a conciliación por colisión: 1. Dentro da familia: Individualismo desaforado contra a necesidade de compromiso 2. Entre intereses privados e empresariais: A lóxica da productividade e o beneficio contra a lóxica da “realización persoal” 3. Entre autonomía persoal e paternalismo do Estado: Pedimos liberdade pero tamén esiximos solucións gobernamentais A “globalización” e a “conciliación” son preocupacións xeneralizadas, pero por separado:
23
Globalización Competencia global Costes-productividade Internacionalización Novas tecnoloxías Mobilidade xeográfica Deslocalización e perda de emprego Ampliación na UE da xornada laboral…
Conciliación Desigualdade salarial e segregación ocupacional Dobre xornada Descenso de natalidade Responsabilidade social das empresas: xornada flexible ou reducida, garderías Lexislación: excedencias, baixas…
Falamos dunha realidade na que algo máis do 80% das empresas non pasa de dúas persoas en plantilla (o 50% non ten asalariados), de que en Galicia non chegan a 30 as empresas con mais de 1000 persoas asalariadas e outra cifra similar para as que pasan de 500. Ante esta situación, os análises parciais son extremadamente perigosos para os colectivos que están a sufrir as maiores desigualdades: Globalización-Mercado de traballo: ¿Son as mulleres un “colectivo” e homoxéneo? Globalización-pemes: A meirande parte das empresas de mulleres ubicanse no sector servicios. ¿Qué futuro hai nun tecido industrial que se deslocaliza? Conciliación-empresas: ¿É o mesmo unha empresa cunha plantilla de 3 persoas que unha de 300 ou unha de 3.000? ¿Para qué realidade se está lexislando?
24
Como mulleres e empresarias os problemas de conciliación teñen unha repercusión amplificada xa que: 1. Como mulleres, sofren igual que o resto, os problemas de conciliación 2. Como empresaria o problema se multiplica porque... a. A necesidade de competir obriga a priorizar o traballo sobre todo o demais b. Teñen que aplicar medidas e buscar solucións para os problemas de conciliación das persoas empregadas Por outro lado, os ámbitos de poder no mundo empresarial non contan as medidas de discriminación positiva e os criterios do “politicamente correcto”. A consecuencia é que a visibilización
e representación das mulleres
empresarias tan maiores trabas que en outros ámbitos. Trátase por tanto dunha exclusión con orixe múltiple: 1. Por sufrir, como mulleres, toda a carga dos problemas de conciliación 2. Por estar fundamentalmente en micropemes e en sectores de actividade máis atomizados e menos valorados 3. Porque o ámbito empresarial se rexe por regras do “poder económico” cuxos circuítos informais son moito máis pechados e ríxidos que nos ámbitos da política ou a ciencia. Nin sequera os actuais gobernos de esquerda, tanto do Estado como de Galicia, son quen de facer fronte á resistencia ao cambio cara á igualdade do ámbito do poder económico. Probablemente nin sequera destaca.
25
26