"Papeis da Academia"

Page 1

PAPEIS DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

Isabel Iglesias

XULLO 2011 / XUÑO 2012

Falemos de cartos

A NOVA TV

Porque diso se trata, non? Cando no 2010 convidamos a Gonzalo Martín a que nos expuxera a súa visión sobre a situación do sector audiovisual, trala expectación inicial xerada polas conferencias impartidas en Vigo e A Coruña comprobamos que, á hora da verdade, pesa máis a ansia de xustificación que o esforzo por comprender e avanzar.

ARTIGOS DE OPINIÓN DOS SOCIOS SOBRE A NOVA TV

PRODUCTORA DE MÁSCARAS

116 / 117

< ANTERIOR

• ÍNDICE

> SEGUINTE

10 ANOS DA ACADEMIA FORO ACADEMIA ABERTA X PREMIOS MESTRE MATEO A NOVA TV A FORMACIÓN AS PRODUCIÓNS OS FESTIVAIS AS MÚSICAS DA ACADEMIA OBITUARIO

ÍNDICE: A NOVA TV

Tras escoitalo, a conclusión daquela foi que o audiovisual é un sector precario que sofre moitísimo, pero a estas alturas baixuras da crise pouca, ou ningunha, audiencia pode ter xa esa queixa. Ah, que non é iso! Que falabamos de arte, de cultura, de piratería, de subvencións, de sectores estratéxicos, .... É certo, as cousas xa non son o que eran, ou iso creo. Apenas comezo a entender as claves do sector, resulta que xa nada serve. Pero, en realidade, pouco novo baixo o sol. Tras un novo produto, unha intención antiga: tras unha solución, un vello paradigma que construíu barreira ao modo máis arcaico: a resistencia ao cambio. Porque como di Gonzalo, temos dúas partes neste debate: • Se cos “modelos de negocio” actuais pódense obter beneficios da produción. • Se cun novo modelo se terían.

“As redes están transformando a creación pero, en todo caso, é fundamental o talento e saber construír audiencias porque se non nos ven, non temos nada que facer”

E tamén ten razón cando subliña que os modelos de negocio son sempre os mesmos e o seu obxectivo non é outro que financiar a copia cero: ou che alugo unha butaca ou anaco de plástico ou un visionado, ou che poño un anuncio de calquera forma, ou atopo un mecenas. A cuestión é determinar se o ciclo sala/aluguer/cable/televisión en aberto é a forma de facer negocios audiovisual ou se consiste en, por exemplo, estreala en Facebook con patrocinadores e unha campaña de promoción detrás tan salvaxe como poida ser, ao igual que pode selo para salas. Podemos enredarnos en discusións sobre lexitimidades ou apuntar ao problema de fondo para chegar a un verdadeiro cambio de paradigma e iso pasa polo debate honesto e a revisión de leis de fai tres séculos que xa non serven.

Escaseza e censura filtros son conceptos que xa non teñen cabida na nova realidade. E de aí a inquietante batalla social que non ten outra tradución que a loita polo control. A fartura de bits trouxo a personalización do consumo porque isto é, no fondo, o que vende a tecnoloxía, que nos personalicemos. Pero a capacidade de estirar o modelo de negocio volve a redistribuír o control en prexuízo de quen produce contidos. É dicir, novas tecnoloxías para vellas aspiracións. No fondo, “renovarse ou morrer” xa non é un discurso que ningún sector poida apropiarse. Á vista da situación, a sociedade enteira parece estar morrendo de éxito. Un éxito que levou a que o relativo ao financiamento, rendibilidade ou experiencia de uso, necesite unha redefinición urxente. Dicían un recente discurso do presidente do goberno “Ou reducimos gastos, ou aumentamos os ingresos ou, se non nos queda máis remedio, ambas cousas”. Obviamente, palabras desconectadas da realidade que emprende e traballa xa que ambas cousas son imprescindibles. En calquera caso, non se trata de elixir , a pregunta é: como? A audiovisualización do mundo é indiscutible e o seu poder de transformación abárcao todo pero non hai respostas que garantan o éxito. Como moito, claves para ir debuxando unha perspectiva global e non quedar fora do xogo. As redes están transformando a creación pero, en todo caso, é fundamental o talento e saber construír audiencias porque se non nos ven, non temos nada que facer: “O éxito é impredecible, só se poden limitar os danos”. Nin todo o que había era desbotable, nin todo o novo se constitúe en talismán. Probablemente será unha combinación que teremos que ir ensaiando en cada caso pero sempre, sempre, coa mirada posta na audiencia, nun público (todos somos público de algo) que xa non quere ser pasivo senón participar incluso nas decisións. A mirada do sector aos problemas e oportunidades debe ser global, coas etiquetas imprescindibles, pero só a modo de referencia.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.