A reciclaxe das mulleres no ámbito rural galego

Page 1



A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego ÍNDICE 1.- Introdución e obxectivos do estudo ............................ 5 2.- Metodoloxía ................................................................ 7 - As enquisas e a súa orientación - Método cualitativo e cuantitativo - A ruralidade: campo do estudo 3.- As transformacións do rural galego: percorrido histórico sobre a evolución do papel das mulleres no ámbito rural ......................................................... 16 - Unha ollada á vida e costumes do rural galego - Integración das mulleres no mundo laboral: as dificultades de acceso derivadas da ruralidade 4.- Situación laboral actual da muller en Galicia ............ 23 - Estudo: Análise dos datos extraídos das enquisas Análise das enquisas realizadas a traballadoras Análise das enquisas realizadas a empresarias e técnicos locais de emprego - Situación laboral actual da muller en Galicia - Actividades con menor presenza feminina - Incremento da presenza feminina en sectores masculinizados - Incremento da presenza feminina en sectores feminizados - A evolución da contratación de mulleres - Situación laboral actual da muller rural 5.- Actividades formativas e iniciativas a prol da incorporación da muller ao mercado de traballo ....... 50 - Plan Transversal Aurora - LEADER E PRODERr, programas de desenvolvemento rural 6.- Conclusións .............................................................. 58 7.- Bibliografía ............................................................... 63

~ 3 ~



A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego 1. INTRODUCIÓN E OBXECTIVOS DO ESTUDO A incorporación da muller ao mercado laboral estivo marcada, dende sempre, pola vinculación do sexo feminino a ocupacións relacionadas co ámbito doméstico e do coidado, que se foron estendendo aos sectores que ían ocupando no mercado laboral. Pola contra, outras profesións concibíronse ao longo da historia como actividades masculinizadas nas que a presenza do sexo feminino era dificilmente comprendida. As capacidades técnicas, o mundo da construción e mesmo a esfera do poder e a vida pública eran eidos asociados aos roles e aos estereotipos de xénero masculinos. A presenza de mulleres neste mundo era ínfima e complementaria. Esta tendencia explica o feito de que, dende os nosos devanceiros, as áreas laborais nas que se rexistraba unha incorporación masiva de mulleres tendían a ser infravaloradas tanto económica coma socialmente. Co paso dos anos a visión sobre o a importancia da figura feminina no eido socioeconómico comeza a experimentar un cambio positivo pero no que aínda queda camiño por percorrer. Comezan así a impoñerse as perspectivas que proclaman que a muller desempeña un papel fundamental no seo das comunidades rurais, non só pola súa participación na vida familiar senón tamén polo rol que xogan dentro da esfera económica. En ocasións as políticas de desenvolvemento rural vén reducida a súa eficacia ao non recoñecer a importancia deste dobre papel que a muller desempeña no mundo do agro. A realidade constata que as mulleres se dedican a tarefas máis diversas, teñen maior número de responsabilidades e as súas xornadas laborais son máis extensas cás dos homes. Así, pódese afirmar que as mulleres rurais distribúen o seu tempo en: Vida doméstica: administradoras do fogar, coidado dos cativos Na vila ou aldea: cobren os servizos sociais e culturais Colaboran activamente nas explotacións agrícolas ou nas empresas familiares cando a miúdo non cobran un salario nin son traballadoras autónomas Pola contra, non é habitual a implicación feminina na toma de decisións no ámbito local nin autonómico posto que o repartimento desigual das tarefas é un obstáculo importante para conseguir que homes e mulleres participen igualitariamente do desenvolvemento rural.

~ 5 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego Esta difícil situación de partida provocou a aparición de iniciativas a prol das mulleres rurais, tanto a escala europea como nacional ou de comunidades autónomas, destinadas a incentivar a súa participación. As actitudes tradicionais no relativo aos roles establecidos para mulleres e homes, a necesidade dunha maior formación, a falta de empregos para as mulleres, a prepariedade laboral, os inconvenientes derivados de obstáculos como a falta de medios de transporte no eido rural, a necesidade de servizos de gardería, ou as dificultades para a conciliación da vida laboral e familiar… desencadean unha serie de inconvenientes que dificultan o acceso das mulleres ao mercado laboral. A realización deste estudo ten como finalidade principal afondar no eido laboral das mulleres no ámbito rural galego, máis concretamente, para descubrir cales son as ocupacións en recesión, así como dar conta de posibles alternativas e oportinudades de recliclaxe das mulleres neste ámbito. Deste xeito, o estudo reserva tamén unha parte para abordar o tema do incremento ou descenso da presenza das mulleres en ámbitos masculinizados e feminizados Para cumprir con este fin primordial, baralláronse os datos de maior actualidade de cara a obter un coñecemento o máis fiable e obxectivo posible sobre a realidade laboral na que a muller do rural galego se encontra inmersa. Asemade, amosaranse as oportunidades destinadas ao desenvolvemento e progreso económico de cara a atopar novos ámbitos de ocupación, ao mesmo tempo que se incidirá na análise e na necesidade de mellorar o nivel de formación e a cualificación profesional das traballadoras do rural.

~ 6 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego 2. METODOLOXÍA EMPREGADA A realización deste estudo comprende a aproximación á realidade laboral da muller no rural galego ao mesmo tempo que se contextualiza esta situación dentro do marco das características xerais das condicións laborais nas que ás galegas lles toca vivir. Por iso, ademais do material informativo extraído da realización do propio estudo empregouse todo un abano de material bibiográfico e estatístico de cara a un mellor coñecemento e comprensión do espazo laboral feminino galego. Deste xeito, pódense apreciar as diferenzas existentes entre o acceso ao traballo nos ámbitos rurais e as singularidades propias da inserción laboral no marco das zonas urbanas. Coa finalidade de obter datos o máis fieis posibles sobre a realidade das dificultades de acceso das mulleres do rural ao mercado laboral e profundar na pescuda sobre cales son as ocupacións que en maior e en menor número desempeñan, o primeiro dos procedementos levados a cabo foi o método das enquisas. Para a súa elaboración pensouse en que tipo de información específica interesaba obter e cales serían os actores sociais que poderían proporcionala. Considerouse que empresarias, técnicos de emprego locais e traballadoras das catro provincias galegas serían os actores que mellor poderían mergullarnos na realidade do mercado laboral feminino, abordándoa de maneira cualitativa e cuantitativa e centrándomonos na Galicia rural. En total, realizáronse 141 enquisas en diferentes concellos rurais da provincia galega co fin de obter unha cantidade de información o suficientemente representativa.

~ 7 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego

A CORUÑA

LUGO

OURENSE

PONTEVEDRA

A Coruña

Becerreá

Allariz

Forcarei

Boqueixon

Lourenzá

Ribadavia

Vilanova de Arousa

Camariñas

A Fonsagrada

Celanova

Cotovade

Cambre

Samos

Verín

Amoeiro

Padrón

Palas de Rei

Vilamartín de Valdeorras

Bueu

Negreira

Sober

Ourense

Cuntis

Fene

Fornelo de Montes

Coles

Vigo

Melide

Chantada

Petín

Agolada

Fisterra

Antas de Ulla

Manzaneda

Vila de Cruces

Laxe

Ribas de Sil

Xinzo de Limia

Silleda

Bergondo

Vilalba

Arnoia

Lalín

Boimorto

Monterroso

Baltar

Moraña

S. Cristovo de Cea

Meis

Aranga Ortigueira

Rodeiro

Abegondo Sta. Comba A Baña Arzúa Mazaricos

~ 8 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego Desta maneira, intentouse acadar unha aproximación o máis efectiva posible a todos os sectores empresariais con presenza feminina. Así, realizáronse tres modelos de enquisa tipo destinados respectivamente aos tres tipos de actores sociais xa citados. A finalidade deste método de pescuda de datos era obter unha mostra o máis concreta posible, ante a escaseza de información desta índole. - Orientación das enquisas As enquisas ás traballadoras orientáronse á obtención dun material estatístico que permitise saber cal é a visión que as propias mulleres teñen do mercado laboral, das empresas para as que traballan ou das ocupacións que desempeñan, así como sobre as súas expectativas de mellora ou superación. Igualmente, as preguntas formuladas amosaban o interese por coñecer que aspetos son os máis valorados á hora de elixir un traballo, o nivel formativo ou académico das entrevistadas e, a modo de resumo, datos relativos a: -

Estabilidade laboral Traxectorias laborais Antigüidade nos respectivos postos de traballo Avaliación dos respectivos postos traballo Asistencia a cursos de formación e valoración que se lles dá Sectores empresariais nos que traballan

As enquisas ás empresarias orientáronse á consecución de información, dende o punto de vista de quen contrata, e para saber cales eran os pricipais problemas do mercado laboral galego, centrándose no feminino, desde o punto de vista empresarial. Así, as preguntas formuladas ás empresarias deferíanse a: - Datos físicos relativos á empresa é a traxectoria profesional da empresaria en cuestión, dentro e fóra da empresa - Preferencias das empresarias á hora de contratar - Porcentaxe de incorporación de mulleres na súa empresa - Niveis de formación esixidos - Datos relativos ao perfil de traballador buscado - Plans ou proxección de futuro persoais

~ 9 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego - Mobilidade ocupacional: dentro da empresa, intercentros da empresa e externa á empresa - Opinións e posicionamentos sobre diferentes aspectos dos empregados tales como: Sociedade do coñecemento e globalización Novos enfoques organizativos e responsabilidade social da empresa Formación do persoal A experiencia laboral O papel que xogan as empresas no desenvolvemento da carreira profesional dos traballadores O traballo das contratadas por debaixo da titulación Por último, as enquisas ós tecnicos de emprego locais encamiñáronse á obtención de datos referentes á: -

Principais sectores de ocupación do Concello Profesións máis demandadas no Concello Ocupacións do Concello nas que hai máis mulleres Proxectos dedicados á reciclaxe profesional das mulleres e prazo de execución. Nº de postos de traballo que se crearían con dito proxecto Nº de postos de traballo que se crearían para mulleres con dito proxecto Tipoloxía de contratos que xurdirían Formación que deben ter as aspirantes a ditos postos Existencia ou non no Concello de estatísticas que dean unha idea das características do mercado de traballo Solicitude de información procedente do Concello por parte das empresas da zona e tipo de información que se lles facilita Motivos polos que as empresas non informan as súas traballadoras Información relativa a mulleres emprendedoras Información necesaria para ter un maior coñecemento do mercado laboral feminino

~ 10 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego Para completar e contextualizar a información extraída, tras a realización das enquisas traballouse tamén con documentación procedente de diversos espazos. A documentación empregada citarase posteriormente, no apartado dedicado á bibliografía, pero deseguido, pasamos a citar a documentación complementaria ás enquisas da que se botou man para a realización de táboas e gráficos e para a contextualización do estudo no marco do eido laboral galego: - Consultas e entrevistas con expertos no eido histórico-económico e laboral, especialmente no galego - Información procedente de sindicatos - Documentación bibliográfica, fundamentalmente relacionada coa situación laboral da muller galega - Datos estatísticos procedentes do Instituto Nacional de Estatística, (INE) do Instituto Galego de Estatística (IGE), da Seguridade Social do Ministerio de Traballo e do MAPA - O método cualitativo e cuantitativo Co termo método referímonos ao conxunto de accións levadas a cabo polo investigador no transcurso dunha investigador para conseguir os resultados que persegue ou despexar as incógnitas que trata de resolver. Se nos trasladamos ao eido puramente científico, o método constitúe o conxunto de accións adoptadas polo investigador para solucionar un problema científico, en determinadas condicións da investigación. a) Métodos cuantitativos: Cando se empregan métodos cuantitativos mídense características ou variables que poden tomar valores numéricos e deben describirse para facilitar a pescuda de posibles relacións mediante a análise estatística. Referímonos pois aos tests obxectivos, estudos de mostra1… Para concretar máis a definición de método cuantitativo cómpre engadir que, no estudo e investigación de fenómenos sociais desígnase como tal o procedemento empregado para explicar eventos mediante a recolleita dun gran número de datos que permitan formular unha hipótese. Falamos dun método mediante o cal se procura dar validez ás disciplinas sociais, facendo delas unha licenza grazas á técnica e tecnoloxía desenvoltas dende o século XIX tanto en materia de

1

Definición seguindo a Cook e Reichart

~ 11 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego cálculo e procedementos de investigación estatísticos, como tecnoloxía de cálculo de carácter electrónico. Xeralmente, a recolección destes datos pasa a través da aplicación de enquisas e sondaxes a un universo ou a unha mostra del. Por universo enténdese a totalidade da estrutura que hai que estudar e por mostra unha parte dese universo, que ben pode ser elixida ó azar ou a criterio do investigador. b) Métodos cualitativos: Trátase de descricións detalladas de situacións, eventos, persoas, interaccións e comportamentos que son observables. Incorpora o que os participantes din, as súas experiencias, actitudes, pensamentos, reflexións tal como son expresadas por eles mesmos e non como cada un as describe. As entrevistas en profundidade, o método etnográfico, as historias de vida, os estudos de caso, a observación e a investigación, entre outros, poden considerarse exemplos de métodos cualitativos. A investigación de corte cualitativa desenvólvese atendendo os seguintes aspectos: Entresacan descricións a partir de observacións que adoptan a forma de entrevistas, notas de campo, narracións, gravacións, rexistros escritos de todo tipo, notas de campo, fotografías…2. Produce, polo tanto, datos descritivos a partir das propias verbas das persoas (faladas ou escritas) e a conduta observable3 Prima o real, o global e o concreto fronte ao abstracto, o disgregado e o cuantificado4 Trátase dun proceso fundamentalmente indutivo, dado que vai dos datos á teorización por medio de técnicas de codificación e categorización5 O investigador actúa simultaneamente como observador e como participante6 Proceso aberto e flexible que implica a interpretación e a comprensión

2 3 4 5 6

LeCompte, 1995 Taylor y Bogdan, 1990 LeCompte, 1995 Glasser e Strauss, 1967; Strauss e Corbin, 1994 e 1998 Rusque, 1999

~ 12 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego - A ruralidade Tendo en conta que o espazo no que se centra este estudo é o rural, cómpre aproximarnos teoricamente á definición e concreción deste termo, de cara a analizar e comprender as características do ámbito no que se encadra este proxecto. Desde as perspectivas científica, teórica e sociolóxica existen diferentes enfoques ou aproximacións teóricas sobre o concepto do rural ou ruralidade. Unha delas sería a que formula a existencia dunha dualidade na sociedade. Esta estaría baseada na contraposición das sociedades urbana e rural, presentándose como mundos claramente diferenciados e con características definitorias propias. Outra teoría sería a que considera que o tránsito entre o rural e o urbano é gradual, prodúcese sen rupturas e tendo en conta as dimensións históricas, xeográficas socioeconómicas e culturais. Pódese considerar que en Galicia se configura un sistema con dous modelos espaciais diferenciados. O modelo urbano sería o que comprende a maior parte dos efectivos humanos e a capacidade produtiva e xeradora de riqueza. Os núcleos urbanos expansiónanse mentres que a sociedade rural atópase inmersa nunha fase de descenso demográfico e funcional. Isto vén provocado pola constatación de que cada vez máis a poboación residente no rural non se dedica a tarefas agrarias. A pesar da existencia desta dualidade, ambas as realidades espaciais vincúlanse cada vez máis, de maneira que o paso dunha realidade a outra se produce de xeito gradual. Os comportamentos propios do estilo de vida urbano penetran nos espazos rurais o que provoca que algunhas zonas non poidan ser definidas nitidamente nin como rurais nin como urbanas. As dúas realidades superpóñense dando lugar aos espazos rurubanos ou ámbitos xerados polo punto de encontro entre a urbe e o agro. Estes, constitúense como áreas cunha intensa mestura morfolóxica, funcional e social, onde se rexistra unha actividade económica relacionada maioritariamente coas actividades non agrarias. Nestas áreas rexístrase unha intensa ocupación do solo por un hábitat disperso, unha elevada densidade demográfica e unha densa rede de comunicacións. Seguindo o exposto, para abordar o concepto do espazo rural galego debemos centrarnos no establecemento dunha tripla tipoloxía, tendo en conta as peculiaridades propias da Comunidad autónoma galega:

~ 13 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego 1. O hábitat rural interior: integrado por municipios rurais do interior da Comunidade. Integraríanno concellos de ata 10.000 habitantes coas seguintes características xerais: • • • •

Non lindan cunha capital de provincia Densidade demográfica baixa Acusado envellecemento da poboación Contan con reducidos espazos de urbanización

2. O hábitat rural costeiro: Son as zonas rurais do litoral. Inclúense neste grupo os concellos costeiros da provincia da Coruña que se estenden desde Muros a Fisterra, pasando pola Costa da Morte, Laxe, os integrados na comarca de Ortegal e a costa lucense. En xeral, comparten as mesmas características cós concellos propios de hábitats rurais de interior 3.

O hábitat municipios:

rururbano:

Pódense

diferenciar

tres

tipos

de

a) Os situados na periferia das sete grandes cidades. Na maior parte dos casos estes concellos forman un continuo urbanizado (tamén contan con zonas cun hábitat máis disperso. A súa dimensión demográfica, económica e funcional é elevada, debido a que o efecto descentralizador da cidade se estende a eles. b) Os que conforman as comarcas rururbanas, como na Coruña as comarcas da Barbanza, Bergantiños e O Eume. Ou en Pontevedra as comarcas do Salnés, O Morrazo, e O Baixo Miño. c) Aqueloutros, tanto do interior como da costa que son cabeceiras de comarca. Nos últimos tempos estase abandonando o clixé de concibir a sociedade rural como unha sociedade exclusivamente vinculada ás actividades agropecuarias ou do sector primario. Deste modo achegámonos a espazos rurais que adoptan formas e modos de vida urbanos así como sociedades urbanas que se configuran respecto de modelos rurais. O estudo do espazo rural, tendo en conta que con este termo se engloba o 35 % da poboación española, deberá facerse entón tendo en conta unha suma de variables que atenden ós aspectos económicos, xeográfico, político, social, cutural, sanitario… Deste xeito, afrontaríase a análise dos espazos rurais dunha maneira multidisciplinar. Seguindo esta liña

~ 14 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego pódense considerar como ámbitos7 que configuran a identidade rural, e que deben ser obxecto de estudo, os seguintes: • Demográfico: todos aqueles fenómenos referidos á poboación (número de habitantes, densidade…) Varios estudos coinciden en considerar espazos rurais todos aqueles que non superen os 2.000 habitantes8. • Físico-natural: estudo das características do medio físico e as consecuencias que delas se derivan. • Socio-relacional: Nas comunidades rurais predomina o comportamento individual debido ó illamento ao que están sometidas por mor das dificultades da mobilidade xeográfica. Un efecto deste illamento é a intensificación das relacións sociais co contorno máis próximo. • Socio-económico: A pesar de considerarse como un ámbito onde predomina a dedicación ao sector primario, as últimas décadas rexistran a aparición de novas formas de produción económica. Isto contribúe a superar a asociación entre os termos rural e agrario. • Ético: Nos espazos rural configúrase un sistema de valores diferente ao que predomina nos ámbito urbanos. • Servizos: As sociedades rurais presentan unha serie de precariedades respecto dos servizos. Malia que nas últimas décadas se produciu unha evolución no seo rural aínda se segue a constatar que se trata de núcleos onde a densidade de poboación é máis baixa, onde existe menor diferenciación social, onde se produce unha menor mobilidade social e espacial, que incide na lentitude dos cambios sociais, e a agricultura constitúe, se non a principal, unha das principais dedicacións da poboación activa.

7

Díez Prieto (1989:21-22) A Unión Europea considera poboacións rurais aquelas que non superan os 100 habitantes por Km. O INE e o MAPA consideran espazos rurais os municipios de ata 10.000 habitantes

8

~ 15 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego 3. AS TRANSFORMACIÓNS DO RURAL GALEGO: PERCORRIDO HISTÓRICO SOBRE A EVOLUCIÓN DO PAPEL DAS MULLERES NO ÁMBITO RURAL No transcurso do último século prodúcese na sociedade galega unha sucesión de transformacións que impactan na configuración das realidades sociais, sendo unha das máis significativas a incorporación progresiva da muller en diversos ámbitos da sociedade, reafirmando e reivindicando así o seu dereito pola igualdade. Neste sentido, a progresión da presenza feminina no ámbito educativo posibilita mellores oportunidades para o seu deselvolvemento persoal e colectivo, así como o acceso a diferentes espazos sociais. Estas modificacións, ás que nos acabamos de referir, terán unha incidencia desigual nos distintos espazos que conforman a xeografía galega, sendo as zonais rurais onde estas transformacións penetraron no tecido social de maneira máis lenta. Por esta razón, en ocasións a pertenza a un ámito rural pode condicionar as oportunidades vitais, de aí que a traxectoria sociolaboral e económica da muller do rural haxa que entendela no contexto dunha realidade social e dunhas circunstancias sociohistóricas determinadas. Facendo un percorrido histórico polo mundo do agro galego atoparémonos con que as funcións atribuídas ás mulleres están, e aínda seguen estando, estreitamente relacionadas co espazo doméstico (de forma máis marcada en determinados grupos de idade e sociais). Xeralmente, ó sexo feminino atribuíanselle todas aquelas funcións relacionadas coa súa natureza biolóxica e co rol social que tradicionalmente se esperaba que desempeñasen tanto na súa vida social como na unidade familiar. Desta maneira, pódense explicar as dificultades que un número considerable de mulleres poderían atopar para o seu desenvolvemento, véndose limitado o seu futuro, tanto pola súa condición feminina como pola orixe social-territorial. O medio rural galego: un territorio sociocultural transformado Serán as profundas transformacións económicas socioculturais e demográficas que experimentou o ámbito rural galego e que anotabamos ao principio deste apartado, as que leven consigo un cambio na vida dos seus habitantes, especialmente no colectivo feminino. As ampliacións das oportunidades formativas e económicas, os procesos de urbanización, o acceso a novos servizos desembocan en cambios que comportan novas realidades

~ 16 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego para os habitantes do rural e máis especialmente no caso da muller. Os cambios sociais das últimas décadas provocan a aparición dunha nova visión sobre o rol da muller na realidade que a rodea. Enténdese que os esforzos deben ir encamiñados á busca de mellores e maiores oportunidades equitativas de inserción sociolaboral. A prolongación da formación académica ou a propulsión de políticas educativas e sociais que igualen ese protagonismo social no que historicamente teñen primacía os homes, son considerados como algúns dos piares fundamentais para acadar unha mellora no eido formativo, tanto cultural coma academicamente, e lograr maiores oportunidades de inserción laboral e social. Co paso dos anos, e até chegar ata o momento actual, o mundo rural galego foi deixando de ser un espazo social e territorialmente illado. Pode considerarse que esta evolución se produce de maneira xeneralizada en toda a xeografía galega, se ben é certo que aínda persisten algunas limitacións ligadas á conservación de moitos elementos e costumes tradicionais tales como o papel secundario da muller na vida pública, a preeminencia do masculino sobre o feminino, e a dedicación simultánea ás tarefas domésticas e ás actividades agrícolas e gandeiras. Estas limitacións seguen existindo na actualidade pero xa entre os grupos de idade máis avanzada e menos entre o colectivo xuvenil, que se orienta cara a novos estilos de vida propios da influencia dos espazos urbanos. Froito destas tranformacións, e coa aparicición dos espazos rururbanos, a agricultura e a gandería deixan de ser as principais actividades económicas das familias do rural aparecendo novas actividades produtivas e laborais como a prestación de servizos, a industria ou a construción. Así, van cobrando protagonismo as actividades económicas vinculadas ao sector terciario e comezan a enxergarse novas pautas, comportamentos e formas de pensar propios dunha mentalidade urbana. Deste xeito, o eido rural configúrase como un hábitat onde se experimentan diferentes formas de vida directamente relacionadas cos intereses dos que o habitan por lograr maiores posibilidades de benestar. Este é o caso das mulleres rurais que loitan por acadar metas para insertarse na sociedade en condicións de igualdade.

~ 17 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego - Unha ollada á vida e costumes do rural galego A familia rural galega caracterízase por ter unha estrutura extensa de maneira que baixo un mesmo teito convivían e aínda convíven, aínda que en menor medida, varias xeracións, polo menos tres. Isto provoca a confluencia nun mesmo espazo doméstico de diverxentes visións do mundo Unha das institucións sociais que contaban con maior respecto era o matrimonio, relacionado directamente coa ampliación do patrimonio e a estabilidade persoal. O comportamento ético e social da unidade familiar estaba estreitamente ligado á relixión. A muller asumía unha presenza secundaria na esfera pública pero dela esperábase un comportamento social que resaltase a súa faceta de esposa e nai. A capacidade de decisión das donas, así como a súa influencia familiar estaban marcadas polo poder económico. Traballo e Costumes Os espazos e momentos de diversión eran as romarías celebradas en cada vila ou aldea. Estas eran os puntos de encontro e de troula para as distintas xeracións. Os bailes e festas configurábanse como os lugares preferidos, por non dicir únicos, para a mocidade. A cociña ou lareira vén sendo desde antigo o punto de encontro e de reunión familiar por excelencia no interior do fogar. Os labores campesiños constituían o traballo diario na vida do rural, traballo no que estaban tamén integrados os cativos, para os que as tarefas do agro formaban parte das súas vidas cotiás. Ademais, era normal que os nenos acompañasen os maiores durante a realización das tarefas do agro. A muller rural combina na súa vida os labores domésticos cos traballos agrícolas, unha compaxinación que aínda se segue a producir. As donas tiñan en oficios como o corte e a confección unha alternativa aos traballos agrícolas ou gandeiros. Actividades agrícolas como a sementeira, a colleita e todas aquelas que requirían de varias persoas pola laboriosidade que supoñen, constituían un punto de encontro para familias e veciños, intensificándose así as relación sociais. As xornadas laborais tiñan nos domingos o seu día de descanso. A xornada dominical destinábase ao fomento das relacións sociais. En canto á estrutura da vivenda, as terras de cultivo e a vivenda constituían unha unidade, que se transmitía en herdanza

~ 18 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego dependendo dos costumes de cada familia. Unha mesma vivenda estaba construída de modo que puidese desempeñar varias funcións: fogar, almacén para os apeiros de labranza e, no seu caso, contaban con cortes para o gando. Unha característica en común para as vivendas era a carencia ou precariedade dos servizos. O status social das familias estará representado tamén a través do estilo, estética e complexidade das construcións das vivendas. Fóra do fogar, os ultramarinos configurábanse como os puntos fundamentais para o avituallamento de produtos para o consumo. Co paso do tempo, e sobre todo coas melloras educativas e coa aproximación entre a cidade e o campo, o mundo rural comezará a súa estapa de transicións. A interiorización de novos costumes e medios facilitan o paso a novas realidades. Este tránsito a novas realidades ten na escola e na educación un forte impulso promotor. As escolas unitarias acollían no seu interior a maioría dos cativos e cativas do rural, a pesar de contar cunhas infraestruturas deficientes que só melloraron co paso do tempo, o mesmo cós contidos propios da educación rural. Así, a cartilla de escolaridade concentraba as normas e cualificacións que actuaban a modo de pasaporte para o tránsito á novidosa esfera urbana. - Integración das mulleres no mundo laboral: as dificultades de acceso derivadas da ruralidade Até este punto contextualizamos historicamente as diferentes condicións de vida que configuraron a realidade da mulleres galegas no último século até aproximarnos ao momento actual. Os avatares da historia influíron na maneira en como o sexo feminino accedeu ao mundo laboral, un acceso que deseguido pasamos a analizar. O tardío proceso de industrialización e o estancamento económico polo que pasa España no século XIX coincide co auxe das exportacións de diferentes produtos, o incremento dos beneficios por transacións comerciais e a progresiva incorporación da muller ao mercado laboral. As mulleres comezan a traballar nos sectores agrícola e gandeiro tendo máis difícil o acceso a actividades económicas vinculadas coa industria e co comercio. Esta situación vén determinada pola tendencia existente na sociedade do momento a considerar o traballo extradoméstico da muller como algo excepcional e que soamente se debería dar tal situación no caso de que correse algún risco a economía da unidade familiar.

~ 19 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego Tras a incorporación da lei do 13 de marzo de 19009 dáse un paso máis na loita pola humanización do traballo, ao quedar prohibida a incorporación de mulleres e nenos ao traballo en idades temperás. Pola contra, o baixo nivel de escolarización que nestas datas se rexistraba entre as mulleres, facíaas depender dos intereses patronais, sobre todo no caso da muller rural. Así, as donas eran consideradas por parte dos patronos como man de obra barata, abundante e de escasa conflitividade. O estado civil era unha forma de diferenciar a poboación activa. Os homes accedían ao mercado laboral unha vez que contraían matrimonio, mentres que no caso das mulleres eran as solteiras as que tiñan maiores facilidades para se incorporar a un mundo laboral con numerosas trabas para casadas e viúvas. En definitiva, as oportunidades profesionais das mulleres estaban reducidas a aqueles postos de traballo aos que renunciaba o home, pola baixa cualificación requirida ou pola escasa retribución económica, incorporándose naquelas ramas laborais que estivesen relacionadas coa súa condición de muller. Serían as ansias de emancipación do fogar por parte delas as que provocaron un cambio ideolóxico sobre esta postura. Acadar certo grao de independencia nunha sociedade marcadamente patriarcal só sería posible mediante a consecución dun salario propio que suporía o punto e final ao matrimonio como única alternativa para conseguir un futuro autónomo e independente do control paterno. Malia que estas son a grandes trazos as características principais que definen globalmente os pasos dados para a incorporación feminina ao mercado laboral, tamén é certo que dependendo das diferentes comunidades estas características poden experimentar variacións. Se nos centramos en Galicia, a elevada taxa de actividade feminina nos labores agrícolas e gandeiros explícase pola elevada fragmentación da terra, pola existencia dun traballo mixto, así como polas elevadas taxas de migración, sobre todo por parte dos homes (1900-1920) Co traslado do campo á cidade na busca de oportunidades prodúcese unha perda de poboación no sector agrario e increméntase o desenvolvemento industrial das cidades. Este cambio á urbe permítelle á muller ter maiores posibilidades de se integrar no servizo doméstico das familias ricas ou de dedicarse á costura e confección, a cambio dun pequeno salario.

9

Intervencionismo estatal na lexislación obreira. A idade mínima para o acceso ao traballo fixábase nos 10 anos

~ 20 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego Á hora de iniciar unha pescuda coa finalidade de analizar a evolución histórica da inserción laboral feminina, así como das profesións nas que se rexistra unha maior presenza do sexo feminino, atopámonos con certos inconvenientes provocados pola imprecisión dos datos estatísticos. As estatísticas laborais a miúdo pasaban por alto o traballo realizado polas mulleres, e tampouco tiñan en conta o traballo que desempeñaban como axuda familiar ben en explotacións agrícolas, ben en explotacións grandeiras propias. Polo mero feito de desenvolver o seu traballo no seo familiar, as mulleres galegas entrado o século XX non tiñan un contrato que delimitase ou condicionase a súa xornada laboral. Coa crise económica do 29, o estancamento industrial e os movementos migratorios na busca de novos horizontes supoñían os principais obstáculos para a inserción das galegas nos sectores secundario e terciario. A incorporación ao sistema educativo permitiralles ás mulleres dedicarse a profesións liberais que requirían unha maior cualificación. Deste xeito, e existindo aínda un recelo de cara ás actividades extradomésticas, a súa presenza en fábricas, comercios e talleres comeza a ser unha realidade cada vez máis frecuente. Aínda así, o salario percibíase nos casos de viuvez, solteiría ou como actividade complementaria á desempeñada polos homes. A mentalidade conservadora e autoritaria dos corenta, unida á lentitude do despegamento definitivo da industralización, fan que se considere un problema o feito de que a muller desempeñe un traballo fóra do fogar. Por isto, unha vez que contraían matrimonio, as casadas tiñan que abandonar os seus respectivos postos de traballo, que pasarían a ser ocupados por solteiras. s mulleres precisaban cada vez máis dunha autonomía económica que lles brindase a oportunidade de coñecer novas liberdades, de aí que comezasen as súas andaduras laborais a idades moi temperás. Este feito provocaba que as mulleres abandonasen a súa formación ou recibisen a básica, accedendo a postos de traballos con salarios ínfimos e cunhas condicións precarias. As migracións, sobre todo as do campo á cidade, abren novos camiños para a incorporación laboral das galegas do rural a un mundo alleo á agricultura e afastado das tarefas domésticas. As solteiras serían as maior beneficiadas deste cambio, non sendo así para as xeracións máis vellas. Esta situación cambiaría nos sesenta10, cando se comeza o recoñecemento dos dereitos políticos 10

Coincidindo coa liberalización da economía española e ante a necesidade de contar con todos os recursos humanos e financeiros para facer fronte a unha das etapas de maior expansión económica do século XX.

~ 21 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego e laborais da muller, o que levaría ao aumento das casadas no mercado de traballo. Este cambio segue a producirse con obstáculos derivados da escaseza de datos estatísticos que dean conta da realidade laboral feminina e dos problemas procedentes das condicións económicas, familiares, educativas e ideolóxicas que rodean o contorno feminino rural. Ollando a evolución da inserción feminina no eido laboral, esta ascende co paso do tempo, aumentando a súa presenza no sector servizos e industrial e diminuíndo a porcentaxe de mulleres ocupadas no sector agrícola, sobre todo nas zonas urbanas e nas súas áreas de influencia (rururbanas), onde madura o tecido industrial. Nos espazos máis rurais, e debido ao escaso nivel de mecanización das explotacións, o sector primario segue a ser o que engloba maior número de traballadoras. Isto non quere dicir que a muller non evolucione nestes ámbitos, posto que se constata cada vez con maior frecuencia as aspiracións das mulleres por se faceren coa titularidade das explotacións. Por todo o exposto podemos dicir que os sesenta marcan un punto de inflexión posto que: - Prodúcese unha mellora da cualificación académica e profesional o que implica o acceso a traballos de maior cualificación. - As mulleres contan con maior nivel de estudos e compatibilizan o traballo extradoméstico cos labores propios do fogar. - Xeralízase a inserción laboral das mulleres de clase media e das casadas. O proceso industrializador supón a confrontación dos valores tradicionais e as necesidades dun novo modelo produtivo. A muller dálle valor ao seu traballo non abandonando os seus postos de traballo nin polo matrimonio11 ni por aumentar a familia. Deste xeito as familias redúcense de forma notable en canto á natalidade, dando paso a parellas sen fillos ou impoñéndose o modelo de fillo único12.

11

Na actualidade, aínda constitúe un punto de inflexión nas súas vidas. Sobre todo en áreas de influencia máis urbana e onde a muller conta con maior instrución.

12

~ 22 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego Con estas novas tendencias chegamos á actualidade onde nos atopamos cun colectivo de mulleres novas, cultas e formadas, maioritariamente solteiras e profesionalmente ben ou aceptablemente preparadas que ven na industria e no sector terciario unha vía para acceder a un traballo asalariado. Este soldo é a súa oportunidade para acadar unha autonomía económica que lles permita desvincularse da produción agraria. A consecución destes fins foi desde antano e é un motivo para ampliar as traxectorias educativas, pois só así, as mulleres, e máis aínda no caso do rural, poderán acceder a unha mellora sociolaboral. Certo é que no ámbito rural aínda existen visións patriarcais e conservadoras que levan a establecer distincións de xénero. Precisamente por isto xorde a necesidade de deseñar novas políticas económicas e de emprego encamiñadas á consecución da igualdade de oportunidades laborais para o colectivo feminino permitindo a conciliación das vidas familiar e laboral

4. SITUACIÓN LABORAL DA MULLER EN GALICIA13 - Estudo: Análise dos datos extraídos das enquisas Análise das enquisas realizadas a traballadoras A poboación enquisada para este estudo fórmana mulleres das catro provincias galegas comprendidas nun rango de idade que se estende entre os 20 e os 68 anos. A porcentaxe de poboación activa feminina é moi variada pero cabe destacar a escasa existencia de traballadoras menores de 24 anos sendo un 4 % da poboación enquisada fronte ao 60 % da poboación activa, que está comprendida entre os 25 e os 39 anos e o 36 % das maiores de 40 anos.

13

Seminario de mulleres e universidade

~ 23 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego

Idades da poboación enquistada de 20 a 24 anos; 4%

mais de 49 anos; 18%

de 25 a 29 anos; 18% de 45 a 49 anos; 8% de 40 a 44 anos; 10%

de 30 a 34 anos; 22% de 35 a 39 anos; 20%

de 20 a 24 anos

de 25 a 29 anos

de 30 a 34 anos

de 40 a 44 anos

de 45 a 49 anos

mais de 49 anos

de 35 a 39 anos

Analizando ditos datos por provincias cabe destacar que na provincia de Lugo a poboación feminina activa máis frecuente laboralmente falando é a comprendida entre os 30 e os 34 anos. Pola contra, na provincia da Coruña, este dato pertence ao rango de idade comprendido entre os 35 e os 39 anos. Na provincia de Pontevedra existe unha equivalencia entre estes dous rangos sendo ambos os máis frecuentes, todo o contrario do que acontece na provincia de Lugo onde a franxa de idade das traballadoras activas supera os 49 anos de idade.

~ 24 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego Idade das traballadoras enquisadas por provincias 120

100

80

Lugo A Coruña

60

Pontevedra Ourense

40

20

0 de 20 a 24 anos

de 25 a 29 anos

de 30 a 34 anos

de 35 a 39 anos

de 40 a 44 anos

de 45 a 49 anos

máis de 49 anos

O mercado laboral feminino na Galicia rural é moi variado. Segundo os datos derivados das enquisas, os sectores da industria, a hostalería e o sector servizos son os máis comúns entre a poboación feminina do rural. Outros sectores con gran presenza feminina son o sector téxtil e o comercio, non só polo número de traballadoras que inclúen senón polo número de empresarias que se atopan inmersas neles. Centrándonos no aspecto das categorías laborais, as máis frecuentes entre as mulleres traballadoras son a de peón (sector servizos e industria), operaria de máquina ou maquinista (sector industria) e a de administrativo, seguida da de costureira, dependente e camareira xunto coas limpadoras.

~ 25 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego

Mercado laboral femenino en Galicia Veterinaria; 1% Costureira; 4%

Limpadora; 5%

Técnica; 5% Administrativa; 19% Maquinista; 16%

Hosteleria; 8%

Peón; 31% Repartidora; 4% Dependenta; 7% Veterinaria

Administrativa

Hosteleria

Dependenta

Repartidora

Peón

Maquinista

Técnica

Costureira

Limpadora

O sector laboral feminino caracterízase sobre todo pola estabilidade laboral das traballadoras onde case a metade delas (49 %) leva máis de 5 anos traballando na mesma empresa dándose casos de mulleres que levan máis de 20 anos no mesmo emprego. A estabilidade laboral é considerada como un dos problemas máis habituais cos que se atopan as mulleres na súa incorporación ao mercado laboral. O feito de que os datos deste estudo apunten unha taxa positiva de estabilidade prodúcese porque a miúdo no eido rural, as mulleres que se incorporan a un posto de traballo seguen nese posto durante moitos anos. Pode que as súas condicións laborais non sexan as desexadas pero danse moitos casos, sobre todo entre as mulleres de idade máis avanzada, de traballadoras actuais que se introduciron no mercado laboral a idades temperás e que probablemente terminen xubilándose no mesmo posto que ocuparon desde o principio.

~ 26 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego Un 28 % das traballadoras leva menos de 2 anos traballando na mesma empresa. A maioría das mulleres incluídas nesta porcentaxe teñen unha idade comprendida entre os 20 e os 29 anos, este é o seu primeiro traballo ou pola contra acaba de reincorporarse ao mundo laboral.

Estabilidade laboral

Entre dous e cinco anos; 29%

Mais de cinco anos; 49%

Menos de dous anos; 28%

Mais de cinco anos

Menos de dous anos

Entre dous e cinco anos

No que atinxe á formación académica das enquisadas cómpre destacar que o 52 % son traballadoras non cualificadas das cales un 17 % non ten estudos e o 35 % restante só os estudos básicos. Por outra parte, un 48 % das enquisadas son traballadoras cualificadas un 25 % das cales ten estudos medios e un 23 % estudos universitarios, sendo estas últimas maioritariamente as que ocupan os postos de administración e xerencia nas empresas. No caso das mulleres de mediana idade (30- >49) e con niveis educativos moi baixos, cómpre resaltar que cando son as propietarias da súa empresa xestiónana elas mesmas. Isto indica que nestes casos, a experiencia laboral diaria e a disposición das traballadoras son tamén unha fonte importante de coñecementos.

~ 27 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego

Formación académica da poboación enquisada Sen estudos; 17%

Estudos superiores; 23%

Estudos básicos; 35%

Estudos superiores

Estudos medios; 25%

Estudos medios

Estudos básicos

Sen estudos

As características laborais máis valoradas polas traballadoras á hora de escoller un emprego son: a remuneración económica, a posibilidade de ascenso e mellora laboral dentro da empresa así como o horario.

Características laborais mais valoradas polas traballadores

Conciliación da vida familiar e laboral; 10%

Contorno; 6%

Duración contrato; 8%

Horario; 10%

Ascenso; 21% Soldo; 30%

Localización; 7%

Duración contrato Soldo Ascenso Contorno

Horario Localización Conciliación da vida familiar e laboral

~ 28 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego Unha das características menos importantes para as traballadoras no seu posto de traballo é se a empresa facilita a formación continua das traballadoras ou pon á súa disposición cursos formativos para a actualización de coñecementos. Un 65 % das enquisadas non acode a cursos de reciclaxe laboral. Segundo os datos extraídos, as traballadoras consideran que o máis importante é que no seu traballo, ademais de obter un bo soldo e de dispoñer dun horario que lles permita conciliar a vida laboral e familiar, se lles brinden oportunidades de ascenso.

Asistencia a cursos de reciclaxe

si; 35%

non; 65%

A maioría das traballadoras (un 70 %) que non acode a estes cursos establece como condicionante a falta de tempo para realizalos, fronte ao 20 % que non os realiza por falta de recursos económicos e o 10 % por falta de información sobre os cursos que se organizan e as datas de realización.

~ 29 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego

Causas máis frecuentes da non aistencia aos cursos de reciclaxe

Falta de información; 1,4

Por falta de recursos económicos; 3,2

Falta de tempo; 8,2

A maior parte das traballadoras que si acoden a cursos formativos e de reciclaxe profesional fano maioritariamente por necesidades laborais e buscando a actualización dos coñecementos necesarios para desenvolveren a súa actividade laboral. A finalidade de mellorar laboralmente, xa sexa dentro da mesma empresa e categoría profesional ou noutras, é outro dos motivos polos cales as traballadoras se interesan pola realización dos cursos de formación. Aproximadamente un 8 % acode aos cursos porque llo requiren dende a empresa e non por iniciativa propia da traballadora. Tamén hai que mencionar que nos atopamos con casos determinados en que as traballadoras si tiñan interese por formarse e acudían aos cursos que lles era posible. Con todo, recoñecían que estes escasamente se facían.

~ 30 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego Datos indicativos de por que acoden a cursos Porque o pide a emprea; 8% Necesidades laborais; 50%

Mellorar no traballo; 42%

Se centramos a análise da asistencia de mulleres a cursos de reciclaxe por provincias, os datos reflicten que: - A asistencia de mulleres aos cursos de reciclaxe non supera o 30 % en ningunha provincia sendo a de Lugo a de menor índice de asistencia pois aquí só o 9 % das traballadoras acode aos cursos de reciclaxe. É na provincia da Coruña onde se contempla unha maior porcentaxe de asistencia das traballadoras a ditos cursos con máis do 28 % de asistencia.

90%

85%

90% 80%

80%

72%

70% 60% 50% 40%

si non

28%

30%

15%

20%

20% 10%

10% 0% Coruña

Pontevedra

Lugo

~ 31 ~

Orense


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego Análise das enquisas realizadas a empresarias e técnicos locais de emprego Analizadas as enquisas das traballadoras pasamos á extracción de datos procedentes das realizadas a empresarias e técnicos de emprego locais. Segundo os datos proporcionados polas empresarias, os aspectos máis valorados polas traballadoras que se acaban de contratar en referencia ao contrato laboral son o horario e o soldo. Pola contra, o menos valorado é a formación continua da empresa xunto coa promoción laboral.

Horario 28 % Soldo 28 % Proximidade do lugar de residencia ao centro de traballo 19 % Duración do contrato 10 % Conciliación da vida laboral e familiar 12 % Promoción laboral 3 % Posibilidades de formación 0 %

13% Horario

28% Soldo

9%

Proximidade do lugar de residencia ao centro de traballo Promoción laboral

3%

Duración do contrato

19% 28%

~ 32 ~

Conciliación da vida familiar e laboral


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego Os aspectos máis valorados polas empresarias ao contrataren as súas traballadoras son, en orde de prioridade, as seguintes: A iniciativa para traballar A experiencia laboral previa A formación académica Estas son as tres características máis importantes e definitorias á hora da contratación. En canto á formación académica, un alto índice de empresarias enquisadas amosaron o seu descontento polas dificultades que se lle presentan á hora de contratar persoal debidamente cualificado para ocupar certos postos de traballo. Por outra banda, o interese, a forma de contactar coa empresa, xunto coa vida familiar e persoal das traballadoras, así como as súas referencias, son as características que o conxunto das empresarias enquisadas consideran menos relevantes á hora da contratación.

Valoracións das empresarias para a contratación

Interese pola empresa; 3%

Vida persoal; 7%

Formación; 20% Formación

Referencias; 10%

Experiencia Laboral Iniciativa Iniciativa; 37%

Experiencia Laboral; 23%

Referencias Interese pola empresa Vida persoal

En canto á porcentaxe de incorporación das mulleres nas empresas do rural obxecto do estudo, no 53 % delas todos os traballadores son mulleres. No 27 % das empresas, as mulleres cobren case a totalidade dos postos de traballo mentres que no 7 % dos casos, as mulleres cobren a metade do cadro de persoal e no 13 % só unha cuarta parte do cadro. A elevada porcentaxe de

~ 33 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego presenza de mulleres nas empresas débese a que as empresarias do eido rural enquisadas acostuman ser mulleres autónomas con poucas traballadoras ao seu cargo, con excepción do sector téxtil onde se precisa de maior man de obra para lograr a competitividade e, en moitos casos, estas empresa son unipersoais. Daquela, estamos ante autónomas dedicadas principalmente á agricultura e á gandería seguidas do sector téxtil e servizos.

Totalidade; 53%

Tres cuartas partes; 27% Tres cuartas partes Metade do cadro

Metade do cadro; 7%

Un cuarto do cadro Totalidade

Un cuarto do cadro; 13%

Atendendo o tipo de contrato, o 73 % deles son fixos fronte a só o 27 % dos contratos, que son temporais.

Tipo de contrato 80% 70% 60%

73%

50% 40% 30% 20%

27%

10% 0% Fixos

Temporais

~ 34 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego A pesar de que as empresarias recoñecen a importancia da formación, tamén consideran positivo o feito de que as traballadoras acepten desempeñar un traballo que se encontra por debaixo da súa titulación ou cualificación. O piar sobre o que se basean para a defensa desta idea consiste na consideración de que, ademais de ser difícil atopar un emprego equiparado co nivel académico, trátase da mellor forma de adquirir experiencia laboral. Nesta clase de pequena empresa rural, as empregadas acostuman ser contradas de xeito fixo ao considerar positivo que as traballadoras se sintan identificadas coa empresa para así espertar nelas a ansia por teren iniciativas e de propoñeren melloras. A situación laboral no futuro: O 51 % das enquisadas dentro de 10 anos vese traballando na mesma empresa, fronte ao 17 % que espera poder ter a súa propia empresa con varios operarios. Pola contra, un 6 % vese gozando do tempo libre e vivindo do que traballen outros e un 26 % que se ve xubilada dentro de 10 anos.

Visión de futuro 6 %

26 %

Traballando na mesma empresa

51 %

Á fronte da súa propia empresa Xubiladas

17 %

Vivindo doutros e con tempo libre

Ás empresarias enquisadas integrantes da mostra tamén se lles formularon preguntas relativas á globalización ou á sociedade do coñecemento. Nas catro provincias os resultados respecto destas cuestións xeneralízanse de maneira que as opinións sobre a globalización ou a sociedade do coñecemento van desde o descoñecemento á descarga de responsabilidades na Administración pública. En canto á implantación de novos enfoques organizativos como o teletraballo, moitas empresarias recoñecen

~ 35 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego que o seu desenvolvemento podería ser interesante pero recoñecen que teñen que darse moitos pasos para que a aplicación deste tipo de lóxicas deixen de estar tan lonxe das pequenas empresas do rural. Técnicos locais de emprego Para lograr que a mostra fose aínda máis significativa, para levar a cabo este estudo realizáronse tamén enquisas entre os técnicos de emprego locais de concellos das catro provincias galegas. En total, entrevistáronse 15 técnicos de emprego en cada provincia. Tras tratar os datos recollidos nestas enquisas destacamos que os sectores laborais máis usuais entre as mulleres do rural son: Sector da agricultura e da gandería A atención a maiores: a máis demandada por mulleres de baixa cualificación. Sector servizos

Ocupacións maioritarias das mulleres no rural Pesca; 5% Limpeza; 3%

Hosteleria; 11%

Servizos; 18%

Téxtil; 7% Agricultura e gandería; 38%

Atención ao maior; 18%

Pesca Téxtil Agricultura e gandería

Servizos Atención ao maior Limpeza

Reflectindo a información derivada das entrevistas realizadas cos técnicos, en máis do 80 % dos concellos enquisados non se levan a cabo proxectos dedicados á reciclaxe profesional.

~ 36 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego Esta información vén completar a anteriormente citada nas enquisas a traballadoras, onde apuntabamos que a pesar de que en moitos casos si existía un interese pola asistencia a cursos formativos e de reciclaxe, as propias traballadoras recoñecían que estes a penas se facían. Isto constitúe un problema na medida en que a formación e cualificación unidas a cursos formativos e de reciclaxe constitúen un piar importante para o progreso feminino no mundo laboral, especialmente no caso do rural. Un inconveniente importante é o feito de que nos propios concellos se descoñezan cales son as necesidades formativas reais que necesitan as mulleres do rural galego. Só coñecendo a realidade na que viven estas mulleres se poden crear cursos adecuados co tipo de traballo ou función que desempeñan no seo das empresas. Nos concellos atóparonse poucos tipos de proxectos destinados en exclusiva a mulleres dado que o escaso número de iniciativas encontradas están orientadas a ambos os sexos. Igualmente estes plans tampouco son válidos para as mulleres rurais posto que a maioría dos proxectos están encamiñados aos habitantes de espazos urbanos

Proxectos dedicados á reciclaxe profesional nos concellos de Galicia

27%

si

73%

non

O 73 % dos empresarios acoden aos concellos para solicitaren información sobre:

~ 37 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego Requisitos e documentación que hai que entregar xunto coa tramitación para a contratación de traballadores Axudas para a contratación de traballadores Subvencións para a posta en marcha de actividades Información e asesoramento sobre a adquisición de equipamentos Creación de empresas Servizos públicos de emprego Formación ocupacional Outra consulta frecuente é pedir información sobre os incentivos á contratación e as liñas de financiamento para a formación de desempregados e activos.

Busca de información das empresas nos concellos

23%

si no n

73%

Entre todas as afirmacións procedentes dos técnicos de emprego locais aos que se lles realizaron as enquisas pódense tirar as seguintes ideas globais: O traballo das mulleres no rural encóntrase moitas veces somerxido, sendo polo tanto difícil de cuantificar en cifras. Na realidade existe abundancia de datos sobre a situación laboral da muller pero non existe esta copiosidade de información que analice unicamente a realidade laboral das mulleres do rural.

~ 38 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego É precisa a información para que as mulleres poidan satisfacer as súas inquietudes formativas. É un mercado laboral non especializado e con escasa formación. A maioría das empresas rurais e con gran presenza feminina son explotacións agrarias. O despoboamento, o éxodo ás cidades e a falla de xente nova residente no rural inflúen negativamente na existencia de traballo e de empresas no rural - Situación laboral actual da muller en Galicia En liñas xerais podemos dicir que a situación laboral actual das galegas caracterízase por rexistrar unha taxa de emprego (51%) moi inferior á dos homes (71,4 %).

Taxa de emprego das mulleres en Galicia

51% 71,40%

Taxa de emprego feminino Taxa de emprego masculino

Se temos en conta as cifras alcanzadas entre os períodos 2003-2005, fronte ao 2005-2007, extraemos que a porcentaxe de mulleres contratadas é inferior ao seu peso poboacional posto que o 46% das persoas contratadas en 2007 son mulleres. As mulleres contratadas tiveron no 2007 un incremento do 13,6%, con relación ao 2005, o que supón 3,8 puntos máis. Atendendo ao paro, aínda que cómpre mencionar que no 2007 tivo lugar unha redución de 12.426 mulleres demandantes de emprego, a media anual de desempregadas sitúase en 95.880. Se temos en conta o período 1996-2004, o peso do paro das galegas

~ 39 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego na media estatal incrementábase de modo constante. A partir do 2005, as paradas descenderon nun 14,9% en Galicia, 11,4 puntos máis ca no Estado, onde as demandantes paradas descenderon un 3,5%.

Poboación galega parada por xéneros e grupos de idade 120 100 80 Total

60

Homes Mulleres

40 20 0

Total

de 16 a 24 anos

de 25 a 34 anos

de 35 a 49 anos

de 50 e mais anos

Fonte: INE e IGE Segundo as enquisas e datos estatísticos sobre poboación activa, en Galicia existen 271.175 mulleres cunha relación laboral estable, cifrándose nun 67,6% a taxa de estabilidade. Isto comporta un incremento de aproximadamente 35.100 traballadoras. Un elemento de desigualdade é a temporalidade na contratación de mulleres, o que supón un freo para a súa incorporación ao mundo laboral ao obstaculizar as posibilidades de planificación a longo prazo. Seguindo coas diverxencias en canto á igualdade laboral, catro de cada dez mulleres teñen unhas relacións laborais precarias, mentres que no caso dos homes son tres de cada dez o que suporía que a taxa de precariedade delas é 5,3 puntos superior á rexistrada neles. Por outra banda, o número de afiliadas á seguridade social en Galicia aumentou, nos dous últimos anos, en 42.832, acadando así a cifra de 463.832 afiliadas. As idades das galegas comprendidas neste total oscilan entre os 16 e os 64 anos. Estas cifras supoñían un 50,3 % de afiliadas fronte ao 66,3% de homes afiliados á seguridade social, o que comporta unha diferenza de 16 puntos.

~ 40 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego

Afiliación á seguridade Social en Galicia

50,3

66,3

0

10

20

30

40

Homes afiliados á seguridade social

50

60

70

Mulleres afiliadas á seguridade social

Para facérmonos unha idea do estado real de afiliacións á seguridade social na actualidade vexamos a seguinte táboa elaborada a partir dos datos extraídos do IGE e procedentes do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

Afiliados á S. Social

Galicia

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

1.080.569

448.843

133.725

111.972

386.029

R. xeral e minería do carbón

793.029

338.199

85.718

80.059

289.053

R. Minería do carbón

40

40

0

0

0

R. Xeral

792.989

338.159

85.718

80.059

289.053

~ 41 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego

R. especial agrario

4.427

1.361

1.452

377

1.237

R. Esp. Agrario Conta allea

4.427

1.361

1.452

377

1.237

R. Esp. Agrario Conta propia

0

0

0

0

0

R. especial empregado s fogar

20.502

8.451

2.860

2.915

6.276

R. especial empregados fogar

20.502

8.451

2.860

2.915

6.276

R. especial de autónomos

237.453

94.309

41.654

28.621

72.869

R. especial de autónomos

237.453

94.309

41.654

28.621

72.869

R. especial do mar

25.158

6.523

2.041

0

16.594

R. Esp. Mar Conta allea

14.146

3.438

1.767

0

8.941

R. Esp. Mar Conta propia

11.012

3.085

274

0

7.653

A partir de xaneiro de 2008 desaparece o Réxime Especial Agrario por conta propia, e os seus afiliados intégranse no Réxime Especial de Autónomos. Fonte: INE e IGE Por todo o exposto, e a xeito de resumo, podemos dicir que as galegas seguen unha situación de desvantaxe con respesto aos galegos en materia de: •

Estabilidade laboral: as mulleres coñecen en maior grao o que é a precariedade laboral, ao estaren suxeitas a condicións

~ 42 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego

de emprego temporal e a tempo parcial ou mesmo ó encadeamento de contratos e de prórrogas sucesivas Diferenza salarial: a discriminación salarial non só afecta ás mulleres con menor formación, senón que se trata dunha realidade xenérica, dado que as galegas en globalidade, cobran arredor dun 27 % menos cós galegos, aínda desempeñando o mesmo traballo. O feito de que as universidades galegas rexistren un maior número de alumnas que de alumnos non garante a inserción laboral das primeiras nin a equiparación salarial con respecto aos segundos. Incorporación ao mercado laboral: acceden en gran medida ás categorías profesionais máis baixas, do que deriva que en moitos casos as retribucións salariais sexan inferiores ás percibidas polos homes. Paro: Datos estatísticos de diferentes estudos establecen que por cada dez galegos no paro hai dezasete galegas. En canto ao tema do paro, arredor dunhas 52.565 mulleres levarían menos dun ano inscritas como demandantes de emprego. Entre elas, 6.844 non superan os 30 anos e carecen de experiencia laboral e de formación profesional. Formación: As estatísticas apuntan a que un 74 % das mulleres carecen de formación de tipo profesional o que supón unha cifra de 70.952 mulleres. Entre elas, arredor dunhas 13,426 nunca estiveron empregadas e o 49 % atópanse nunha franxa de idade situada a partir dos 45 ou máis.

Estas diverxencias véñense constatando desde o último trimestre do 2007, cando os datos estatísticos apuntaban xa que as mulleres galegas experimentaban diferenzas respecto dos homes en canto ás funcións desempeñadas nos diversos sectores económicos ou mesmo no que atinxe aos altos cargos nos organigramas ocupacionais. Segundo os datos, as mulleres só representan un 5 % nas ocupacións que ocupan o 23 % dos traballadores galegos. A estrutura patriarcal e as diferenzas sexistas que aínda se perciben no mercado laboral supoñen que a representación feminina en actividades tradicionalmente masculinas sexa moi baixa, ao redor do 10 %. Estas profesións, ás que as mulleres teñen un difícil acceso, son aquelas propias da construción, fontanería, pesca, mecánica, ferreiría minería, seguridade, condución... As galegas teñen maior representatividade nas profesións relativas ao ensino, sanidade, ciencias sociais, servizos e niveis

~ 43 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego medios de administración. As porcentaxes marcan nestes casos entre un corenta e un sesenta por cento de presenza feminina. O sector téxtil e hostaleiro, as actividades relacionadas co ámbito da estética, as profesións do eido das humanidades ou mesmo os servizos de coidado de baixa cualificación engloban máis do 60 % das traballadoras galegas. Como vimos ao longo deste apartado, existen índices que marcan pequenos avances positivos no que á incorporación laboral da muller se refire. Proba disto., é o feito de que ascendese no 2007 o número de mulleres contratadas, que as mulleres gañen presenza en sectores masculinizados ou mesmo que aumentase a cifra de afiliadas á seguridade social. Aínda intentando atopar esta positividade, ben é certo que queda moito camiño por andar, dado que a pesar de se elevaren os índices e porcentaxes ao carón da muller, as galegas seguen a atoparse nunha situación de inferioridade con respecto aos homes. - Actividades con menor presenza de feminina As diferezas de corte sexista levan a establecer un baremo de actividades nas que as mulleres se atopan subrepresentadas. Actualmente, as ocupacións que contan con menor presenza feminina, con menos dun 40,1 % dos contratos son: Ocupacións

Nº total de contratos

% relativo á contratación de mulleres

Construcción

685.142

3%

Loxística

496.772

14,5%

Transporte

209.963

6,5%

Metal

204.798

2,6%

Seguridade

70.679

17,2%

Madeira

50.248

13,7%

Fonte: INE e IGE

~ 44 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego • Ocupacións da construción. Número total de contratos: 685.142 (o 11,2 % do total). Deles, só o 3 % (20.515) son de mulleres • Ocupacións de loxística. Número total de contratos: 496.772 (o 8,1% do total) Deles, só o 14,5 % (71.987) son de mulleres • Ocupacións do transporte. Número total de contratos: 209.963 (o 3,4 % do total) Deles, só o 6,5% (13.687) son de mulleres • Ocupacións do metal. Número total de contratos: 204.798 ( 3,3% do total). Deles, só o 2,6% (5.313) son de mulleres • Ocupacións de seguridade. Número total de contratos: 70.679 (o 1,23% do total). Deles, só o 17,2% (12.134) son de mulleres. • Ocupacións da madeira. Número total de contratos: 50.248 (o 0,82% do total). Deles, só o 13,7% (6.902) son de mulleres.

Facendo máis extensa esta lista de actividades económicas nas que a muller se atopa subrepresentada, na seguinte gráfica, e coa que se completa a información anterior, podemos observar aquelas ocupacións nas que a representación feminina non supera o 10 % entre o número total de traballadores.

~ 45 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego

2% 2% 2%

7%

2% 3%

6%

3% 3%

6%

3% 3%

6%

3% 3%

6%

3% 5%

4% 4%

5% 4%

5% 5%

5%

Xefes de obradoiro e encargados de moldeadores, soldadores, montadores de estruturas metálicas Ferreiros, elaboradores de ferramentas e asimilados Operadores doutras máquinas móbiles Encargados e xefes de equipo en obras estruturais da construción Albaneis e mamposteiros Mariñeiros de cuberta de barco e asimilados Xefes de obradoiro de vehículos de motor Pintores, vernizadores, empapeladores e asimilados Mecánicos e axustadores de maquinaria Fontaneiro e instaladores de tubaxes Moldeadores, soldadores, chapistas, montadores de estruturas metálicas e similares Peóns da construción Traballadores de formigón armado, enfoscadores, ferrallistas e asimilados Electricistas de construcion e asimilados Carpinteiros Outros traballadores de rematado de construción e asimilados Traballadores que tratan a madeira e asimilados Mineiros, canteiros, pegadores e librantes de pedras Condutores de camións Mecánicos e axustadores de equipos eléctricos e electrónicos Revocadores, escaiolistas e estucadores Gardas xurados e persoal de seguridade privada Técnicos especialistas das Forzas de Seguridade e detectives privados Condutores de autobuses Xefes de equipos de mecánicos e axustadores de equipos eléctricos

~ 46 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego - Incremento da presenza feminina en sectores masculinizados A pesar de constatarse esta existencia de actividades económicas de subrepresentación feminina, no período 2005-2007 produciuse un incremento de mulleres contratadas en 15 actividades masculinizadas. Aínda que entre estas quince actividades, nove corresponden a ocupacións por excelencia desempeñadas por homes, as mulleres acadaron un ascendo da media de incremento de contratación, situándose así no 38,6 %. Este incremento comporta a incorporación de 6.000 mulleres contratadas en diferentes subsectores de actividade.

Incremento da contratación de mulleres en actividades masculinizadas 2007

28,70%

70%

35,70% 18,50%

28,90% 38,60%

Industrias doutros produtos minerais non‐metálicos Industria de madeira e da cortiza Incremento total Fabricación de material de transporte Servizo de transporte, almacenamento e comunicacións

En canto ao ámbito da industria de transformación do caucho e materias plásticas rexistrouse un aumento do peso feminino na

~ 47 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego contratación de 4,9 puntos máis. Isto supón a incorporación de 366 mulleres, aumentando a súa representatividade até o 35,7 %, fronte ao 30,8 % do 2005. No servizo de transporte, almacenamento e comunicacións, a presenza feminina aumenta ata acadar as 2.544 mulleres contratadas máis. Este ascenso de 4,9 puntos supón o paso do 23,3 % no 2005 ao 28,7 % no 2007. No que atinxe á fabricación de material de transporte, o incremento de contratación feminina multiplicou por máis de dous o número de persoas contratadas existentes. Así, pasouse a contar con 1.296 mulleres contratadas máis. Este aumento significa un incremento do peso feminino de 5,3 puntos, acadando unha representación do 18,5 % en 2007, fronte ó 13,2 % do 2005. Outro dos sectores nos que se eleva o índice de contratación no período 2005-2007 e que non se contempla nesta gráfica, é o da construción. A pesar de tratarse dun claro exemplo de ámbito ocupacional masculinizado, no 2007 contemplouse un aumento de 828 mulleres contratadas máis que en 2005. Outro dos sectores con maior presenza masculina, o das industrias doutros produtos minerais non-metálicos, tamén sector masculinizado, rexistrouse no mesmo período a presenza dun 70 % máis de mulleres das existentes inicialmente. Cun aumento de cinco puntos, o sexo feminino aumenta a súa presenza coa incorporación de 358 mulleres. Xa por último, é na tamén masculinizada industria da madeira e da cortiza onde se constata igualmente o aumento do índice de mulleres contratadas. No 2007 constatouse o incremento de 268 mulleres contratadas máis (aumento do 22,2 % respecto do 2005). Aumenta así en 4,7 puntos a presenza feminina neste sector, acadando o 28,9 %. - Incremento da presenza feminina en sectores feminizados Ao mesmo tempo que as mulleres acadan un escano máis na súa loita pola igualdade ao incorporarse a sectores masculinizados, o aumento da súa presenza no eido laboral maniféstase tamén co incremento do número de contratadas en sectores feminizados. Exemplo disto é o incremento dun 30,4 % de mulleres contratadas no seo da administración pública, o 40 % na intermediación financeira, o 18,6 % nas actividades inmobiliarias e de alugueiro e servizos empresariais, o 24,4 % na sanidade, ou o 15,6 % no ensino.

~ 48 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego Pola contra, os sectores feminizados do comercio, hostalería e servizos persoais rexistran un menor crecemento. - Evolución da contratación de mulleres Entre o período 2005-2007, rexistráronse arredor dunhas 8.000 mulleres contratadas máis. Canto á contratación indefinida, os datos do 2007 reflicten que a cifra de contratadas acadadas foi de 42.008. Isto supón un incremento do 43,2% no 2007 respecto do 2005. Deste xeito, o ano pasado as mulleres viron incrementado o peso da contratación indefinida sobre o total dos contratados en 3,7 puntos máis que no 2005, situándose nunha porcentaxe do 14,8 %. -Situación laboral da muller rural As loitas de colectivos, asociacións, cooperativas, federacións e sindicatos de mulleres do rural, xa non só no eido galego, senón en todo o territorio español, están encamiñadas cara á consecución dun obxectivo imprescindible que non é outro que lograr que a muller sexa o eixe principal do desenvolvemento rural. Este impulso pasa polo recoñecemento da cotitularidade das mulleres nas explotacións agrarias, así como por un plan estratéxico dirixido expresamente á muller rural. En España, só un 30 %14 das mulleres rurais están á fronte das explotacións agrarias, cando son precisamente elas as que desenvolven arredor do 82 % do traballo realizado no agro e no seo familiar. Non existe un recoñecemento lexislativo desta situación, o que provoca que a maior parte das mulleres do rural non coticen á Seguridade Social debido á carencia dunha forma xurídica que lles permita desenvolver o seu labor neste contexto. Este aspecto provocou que, durante o pasado 2007, numerosos colectivos criticasen a Lei de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural, aprobada polo MAPA en decembro do 2007 Pero os diferentes sectores en defensa das condicións sociolaborais da muller rural, que protestan tamén polas dificultades para a conciliación da vida familiar e laboral, non soamente centran o seu descontento na devandita lei. Ao longo do 2007 tamén se produciron algunhas discrepancias en torno á Lei da Igualdade, ao considerar que ás expectativas para as mulleres do rural eran superiores ás recollidas no texto da norma. Neste mesmo sentido, tampouco se considera a axuda de 2.500 euros por cada fillo nacido en España como unha medida suficiente de cara a 14

Datos de AMFAR, Asociación de Familias e Mulleres do Ámbito Rural

~ 49 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego solucionar os problemas de concilicación cos que se atopan as mulleres, dado que segundo as cifras, no 2005, case 400.000 españolas tiveron que deixar o seu traballo por problemas de conciliación, fronte aos 14.500 homes que abandonaron o seu emprego15. 5. ACTIVIDADES FORMATIVAS E INICIATIVAS A PROL DA INCORPORACIÓN DA MULLER AO MERCADO DE TRABALLO Dende a Administración autonómica galega xurdiron diferentes propostas coa finalidade de mellorar e incentivar as condicións da inserción laboral da muller e, en xeral, de mellorar a calidade formativa dos galegos. Con esta finalidade iníciase o Plan de Inserción e Formación Ocupacional, tamén coñecido como Plan FIP. A base deste plan atópase na análise exhaustiva das demandas ocupacionais das diferentes comarcas galegas. O obxectivo primordial, foi e é proporcionarlles oportunidades de emprego reais aos parados, evitando desperdiciar o tempo con actividades de formación que non se axusten correctamente ao tramado produtivo da comarca en que cada traballador desempeña a súa ocupación. As prioridades formativas impártense normalmente en centros homologados para tal efecto, aínda que en determinados casos e determinados pola urxencia de incorporar o antes posible cursos formativos correspondentes a ocupacións onde escasean profesionais, poderá darse a posibilidade da homologación provisional dos centros. Unha destas propostas, e das máis recentes, é o Plan Transversal Aurora a prol da igualdade laboral e que favorecerá, segundo as expectativas, a unhas 150.000 galegas; nel participarían unhas 300 empresas ademais de influír en 700 convenios colectivos. Este plan está integrado por sete programas específicos que teñen como finalidade: incentivar unha maior inserción laboral feminina, propulsar o emprendemento, mellorar a calidade do emprego feminino, aumentar a presenza do sexo feminimo en profesións no que está subrepresentado, velar pola igualdade na negociación colectiva, fortalecer os sectores maduros con índices elevados de presenza feminina e potenciar a conciliación. Programa Activa: O seu fin principal é aumentar a participación feminina no mercado laboral mediante a incorporación 15

Datos de AMFAR, Asociación de Familias e Mulleres do Ámbito Rural

~ 50 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego das inactivas e das paradas. As previsións de participación nas actividades que se porán en marcha con este plan apuntan a unhas 87.350 mulleres, promovéndose a contratación de 2000 mulleres de diversos colectivos. Programa Atalaia: Inclúe actividades encamiñadas á prevención de riscos no embarazo e na lactación ao mesmo tempo que contará cun módulo para a formación específica en materia de prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero. Trece mil mulleres serán as beneficiarias deste plan vinculado aos sectores da hostalería, agroforestal, comercio e construción. Programa Valora: Promoverá a existencia de cláusulas convencionais en contra da discriminación, e de cláusulas declarativas de non discriminación por razón de xénero. Igualmente, contempla actuacións da Inspección de Traballo e Seguridade Social en relación co traballo da muller galega. Promoverá accións de sensibilización, formación e intercambio de boas prácticas nas empresas, mediante unha liña de axudas para que as empresas galegas, fundamentalmente as pemes, incorporen os conceptos integradores da responsabilidade social empresarial (RSE) nas relacións laborais, sobre todo, o principio de igualdade efectiva. Traballarase sobre 700 convenios colectivos. A Inspección de Traballo realizará 600 ordes de servizo e beneficiaranse unhas 200 empresas da liña de axudas á implantación da RSE. Programa Muller porque si: A loita para lograr reducir as desigualdades sexistas na incorporación das mulleres a aqueles sectores nos que están subrepresentadas é a finalidade deste programa no que participarán no 2008 sobre 3.500 mulleres. Supón unha continuación dos traballos comezados no 2007 nesta mesma liña, contando agora coa incorporación das actividades de loxística, seguridade, metal, construción, madeira e transporte, ocupacións tradicionalmente masculinizadas e nas que se intenta incrementar a presenza masculina. Cómpre ter en conta que as 25 ocupacións con maior porcentaxe de discriminación das mulleres representan o 60 % da poboación galega ocupada. Tras a posta en marcha de Muller porque si, Carballo (56 mulleres), Xinzo de Limia (54 mulleres), Porriño (53 mulleres), e Burela (35 mulleres) son os concellos onde se conta con maior número de solicitudes até o de agora. A modo de resumo, e atendendo as diferentes provincias galegas, Pontevedra foi a que contou cun maior número de interesadas na participación do

~ 51 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego programa con 628 mulleres, seguida da Coruña con 346, Ourense con 280 e Lugo con 200. Dende o mes de setembro ata finais de novembro, as seleccionadas para a participación nos cursos formativos que se promoverán mediante este Plan recibirán coñecementos para desenvolver traballos de: pavimentadora, condutora, ferrallista, albanela, operadora de maquinaria de escavación, carpintería metálica e de pvc, instaladora de enerxía renovable en edificios, técnica de son, traballadora forestal, axustadora mecánica, soldadora de estruturas metálicas e lixeiras, azulexadora, electricistas de edificios e de mantemento e escaiolista. Muller porque si conta co apoio dos sindicatos CCOO e UGT e as expectativas apuntan a que contribuirá a situar a taxa de paro feminino nun 12 % ao tempo que incrementará a poboación feminina afiliada á Seguridade Social de Galicia en 79.800 mulleres en relación coa media do 2004. De se cumpriren estas previsións, a taxa de emprego feminino no 2009 sería do 57 % e a media de afiliación de mulleres sería de 482.400. Programa Agromar: Suporá a posta en marcha de medidas encamiñadas a facer efectiviza a conciliación da vida laboral e familiar, de tal xeito que os socios e socias de cooperativas poidan compatibilizar as súas responsabilidades en ambos os ámbitos. De igual xeito, incentivará o papel das mulleres no cooperativismo, especialmente, a prol do emprendemento cooperativo feminino e do acceso do sexo feminino aos órganos de goberno e xestión das cooperativas. Levaranse a cabo os seguintes plans: • Plan de formación sobre atención persoal: dirixido sobre todo ás 6.575 mulleres desempregadas de máis de 45 anos sen formación profesional nin experiencia. • Programa centrado en ocupacións do sector turístico: dirixido prioritariamente ás 3.380 mozas desempregadas que, non superando os 30 anos, carecen de formación e experiencia. • Programa dedicado ás ocupacións vinculadas coas enerxías alternativas: enfocado ás 3.864 mulleres desempregadas con formación profesional e sen experiencia laboral. Tendo en conta as mulleres beneficiarias no eido cooperativo (35.000), en actividades formativas (2.000) e dos incentivos (2.200), en total haberá unhas 40.200 favorecidas.

~ 52 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego Tecendo Futuro: Contando cunhas 2.200 beneficiarias Tecendo Futuro está deseñado para os sectores do téxtil e de industrias alimentarias. O seu fin primordial é a reconversión das demandantes a ocupacións de futuro nestes mesmos sectores ou noutros. De feito, de cara ás axudas, daráselles prioridade ás encamiñadas a programas de formación para traballadores ocupados nos sectores téxtil e confección e industrias alimentarias. Do mesmo xeito, recibirán especial atención dentro dos estudos sobre muller traballadora e enfermidades profesionais, os sectores laborais feminizados, inicialmente os da conserva e de redeiras. Programa Concerta: Co obxectivo primordial de fortalecer a conciliación da vida familiar e laboral, abordarase principalmente a través de dúas liñas das que se espera que participen en conxunto unhas 6.000 mulleres. Estas liñas son: • Plan para a organización do tempo nas cidades. • Programa de bancos no tempo. Outra iniciativa levada a cabo pola Administración galega é o programa Tempos de Mulleres 08. Trátase dun programa a prol da igualdade entre homes e mulleres con dous obxectivos principais: • Fomentar as asociacións e federacións de mulleres galegas, especialmente as do rural, para fortalecer organizativamente o seu funcionamento para potenciar así a participación e presenza de mulleres na vida política, cultural, económica e social galega. • Fortalecer o asociacionismo como unha ferramenta fundamental de cara á consecución de maior seguridade e aumento da autoestima no seo feminino. Este programa é unha canle mediante a cal se poñen novos recursos de formación ao dispor das aproximandamente 220 asociacións que integran as mulleres do rural galego. O programa presenta unha estrutura modular. Un módulo básico pretende dar a coñecer o modo en que aprendemos a ser mulleres e homes na sociedade en que vivimos. Igualmente, facilitarase información sobre a adquisición das aptitudes e destrezas necesarias para lograr un mellor desenvolvemento. Haberá tamén módulos optativos sobre saúde e muller, manexo do ordenador e internet, iniciación do corpo na práctica deportiva ou sobre a contribución das mulleres galegas á sociedade ao longo da historia.

~ 53 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego Os módulos informativos están encamiñados á realización de tres conferencias: • “Rehabilita-rehabilita”: para informar sobre existentes para a rehabilitación de vivendas. • “Actividades produtivas no Medio Rural”. • “Sistema Galego de Benestar”

os

recursos

Se nos remontamos ao mes de xuño do 2007 atopámonos con outro impulso da administración galega para a incorporación de mulleres en actividades económicas nas que apenas están representadas. Referímonos así ao proxecto piloto entre o Goberno galego e a Asociación Empresarial de Transporte de Mercancías por estrada da provicia de Ourense (APETAMCOR) coa intención de incorporar as mulleres ao sector do transporte de mercadorías en dita provincia. Este proxecto de integración da muller no sector do transporte de mercadorías por estrada, e que se espera que entre en funcionamento neste ano 2008, ten como obxectivo principal impulsar a integración efectiva feminina neste sector. De feito, suporá a incorporación de 20 mulleres desempregadas a esta profesión. Para o cumprimento destes fins, a iniciativa desenvolverase en tres fases: • Fase de información, orientación e asesoramento: selección de 20 mulleres demandantes de emprego inscritas no INEM. • Fase de cualificación e formación: estreitamente tutelada por APETAMCOR e cunha duración estimada de 7 meses • Fase de colocación das traballadoras: garantida por APETAMCOR nas empresas que forman parte da asociación, no eido da provincia de Ourense.

~ 54 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego -Leader e Proder, programas de desenvolvemento rural Baixo o nome de LEADER ou Liaisons entre activités de Developement de L'Economie Rural (Relacións entre Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural) recoñécense as diferentes iniciativas comunitarias de desenvolvemento rural xurdidas por parte da Unión Europea. As mulleres desempeñan unha función principal en LEADER: - Dende o punto de vista demográfico, son case sempre maioritarias nas zonas afetadas pola iniciativa. Isto acontece fundamentalmente no sur de Europa: Grecia, Portugal, España… onde o éxodo rural e a emigración masculina foron importantes. - Obrigadas e ansiosas pola creación da súa propia fonte de ingresos, as mulleres lánzanse a novas actividades a miúdo innovadoras. - Son axentes esenciais no sector do turismo rural, masivamente apoiado pola iniciativa LEADER. Así, o agroturismo, motivado polo desexo de apertura ao exterior e ingresos adicionais, está fundamentalmente sustentado nas mulleres. - As accións de LEADER de formación e inserción, unidas a outros programas como pode ser o NOW, afectan sobre todo as mulleres con máis ansia por lanzar unha empresa, de regresar ao mercado laboral. - As medidas LEADER de valorización dos produtos agroalimentarios locais e apoio ás pemes e á artesanía afectan a gran número de agricultoras, mulleres de agricultores, pluriactivas ou artesás. - A instalación de telecentros e doutros equipamentos vinculados ás novas tecnoloxías da información facilitan o teletraballo, o que pode ofertar novas perspectivas de emprego, sobre todo no caso das mulleres. A última das tres iniciativas comunitarias de desenvovemento rural recibe o nome de LEADER+, e presentóuselles ós Estados Membros o 14 de abril do 2000. Entre as súas finalidades encontramos: • Fomento das estratexias orixinais de desenvolvemento sostible e de calidade. • Experimentación de novas formas de valorizacion do patrimonio natural e cultural.

~ 55 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego • Mellora do emprego. • Mellora da calidade da organización das comunidades rurais. Tras o éxito de LEADER I (1991-94) e de LEADER II (1994-96) xorde o LEADER + (2000-2006). Este plan non quere ser unha simple continuación do LEADER II, senón que está destinado ao fomento e apoio de estratexias integradas e de gran calidade para o desenvolvemento rural a escala local, máis especificamente en materia de: • Emprego de novos coñecementos e tecnoloxías. • Valorización dos recursos naturais e culturais. • Mellora da calidade de vida e do contorno económico coa finalidade de contribuír á creación de emprego. • Enxalzamento dos produtos locais. Desta maneira, a iniciativa LEADER + está encamiñada a axudar e incentivar os axentes do mundo rural a reflexionar sobre o potencial do seu territorio nunha perspectiva a longo prazo. Exemplos de iniciativas levadas a cabo coa aplicación do LEADER Como exemplo dalgunhas das propostas ou iniciativas levadas a cabo pola aplicación das medidas do LEADER podemos citar o Proxecto “Sabor de Ballyhoura” posto en marcha en Irlanda. Consistía nunha operación de turismo rural concibida coa finalidade de mellorar a calidade e aumentar o público dos restaurantes locais. Así, creáronse postos de traballo a xornada completa, maioritariamente ocupados por mulleres. Centrarse nas iniciativas de emprego dirixidas ás mulleres pode acadar un importante impacto positivo para o mercado laboral feminino. Outro exemplo, esta vez relacionado co apoio ao emprego independente e á creación de empresas16, é o caso do Centro de Iniciativas de Mulleres (Women’s Enterprise Centre) de Launceston, suroeste de Inglaterra. Este centro ofrece asesoría, información, formación e locais para as mulleres que se lancen e desenvolvan 16 É necesario que os organismos tradicionais de apoio ás empresas actúen a modo de vixilantes para que a accesibiliade aos seus servizos se produza de manera igualitaria para homes e mulleres. Necesidade de sensibilización no ámbito empresarial sobre a importancia de respectar a igualdade de oportunidades para mulleres e homes e restar actitudes discriminatorias con igualdade nos contratos. Así garántese que a publicidade para as formacións e servizos de asesoría das empresas incite da mesma maneira o home que a muller.

~ 56 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego unha empresa. Tamén en Portugal, na Serra de Montemuro, unha iniciativa de mulleres, co apoio dunha cooperación (accións locais, agrupación de artesáns e organismos públicos) formaron e asesoraron a mulleres para realizaren os seguintes proxectos: creación dunha gardería, operación integrada de turismo rural, así como a instalación de puntos de venda de produtos artesanais). PRODER. Programa de Desenvolvemento e Diversificación Económica das Zonas Rurais, foi un conxunto de programas para o desenvolvemento rural que aplicaron medidas de desenvolvemento endóxeno e que se implementaron exclusivamente en España. Mediante este programa concedéronselles axudas a determinados investimentos durante os anos 2002 a 2006. Nestes programas vanse estendendo de forma específica a aplicación do método LEADER. A Orde 6419/2002, do 20 de agosto, da Consellería de Economía e Innovación Tecnolóxica da Comunidade de Madrid, encárgase da regulación deste programa PRODER tivo un período de vixencia entre os anos 1996 e 1999 mentres que o período 2000-2006 foi o correspondente a PRODER 2. Os obxectivos do PRODER son o desenvolvemento endóxeno e sostido do medio rural, o fortalecemento e diversificación da súa economía, o mantemento da súa poboación, a elevación das rendas e o benestar social dos seus habitantes e a conservación do espazo e dos recursos naturais. Existen dieferentes medidas nas que se encadran os diferentes investimentos procedentes do Proder: - Investimentos colectivos promovidos por Agrupacions de Agricultores. - Establecemento de servizos de substitución e asistencia á xestión de explotacións agrarias mediante Agrupacións de Agricultores. - Renovación e desenvolvemento dos pobos e conservación do patrimonio rural. - Diversificación de actividades económicas no ámbito agrario e en ámbitos afíns co obxectivo de aumentar as posibilidades de emprego e os ingresos alternativos. - Fomento do turismo e do artesanado. - Comercialización de produtos agrícolas de calidade. - Mellora e reparcelación de terras. - Servizos de abastecemento básicos para a economía e poboación rurais. - Desenvolvemento e mellora das infraestruturas relacionadas co desenvolvemento da produción agraria.

~ 57 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego - Protección do medio natural: conservación da paisaxe e da economía agraria forestal, mellora do benestar dos animais - Enxeñería financeira. Andalucía, Asturias, Canarias, Castela A Mancha, Castela e León, Estremadura, Galicia, Comunidade Valenciana, Cantabria, Aragón, Cataluña e Madrid foron as comunidades de implantación de 162 plans comarcais do PRODER 2. 6. CONCLUSIÓNS As mulleres rurais víronse historicamente vinculadas ás tarefas do ámbito doméstico e a todas aquelas ligadas aos roles femininos. Así, o traballo extradoméstico por parte do sexo feminino só se explicaba como unha actividade complementaria á realizada polos homes, e como situación excepcional nos casos de viuvez ou cando estivese en perigo a economía da unidade familiar. As transformacións de carácter económico e sociocultural que atravesa a Galicia rural do século XIX producen cambios simbólicos no sector feminino e unha nova visión sobre o rol da muller nas comunidades que a rodean. Así, o incremento e mellora de oportunidades formativas, económicas e académicas, o proceso industrializador, o acceso a novos servizos e o paulatino acceso da muller a novos mercados comportan novas expectativas para os que habitan o medio rural, sobre todo, no caso das mulleres. O papel da muller comeza a ser valorizado. Así, os esforzos de colectivos, asociacións ou federacións de mulleres rurais oriéntanse á consecución do derrubamento dos obstáculos que dificultan o acceso feminino ao mercado laboral e a igualdade de oportunidades respecto dos homes. A mellora da formación continua, as actividades de reciclaxe ou a incentivación de plans formativos e de iniciativas adecuadas ás caracteristicas específicas das comunidades rurais, son decisivas para lograr mellorar a situación laboral da muller do rural galego, ao proporcionarlle unha maior capacidade competitiva no que a formación cultural e académica se refire. Igualmente, o apoio a políticas de desenvolvemento rural e a políticas educativas e sociais orientadas á consecución de igualdade de oportunidades para mulleres e homes, son fundamentais para acadar maiores oportunidades de inserción laboral e social. Os espazos rurais galegos deixan de ser espazos social e territorialmente illados. A suma dos cambios mencionados até este momento engadida á aparición dos espazos rururbanos propician

~ 58 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego que a agricultura e gandería deixen de ser os principais sectores económicos aos que se adican as familias do rural. Pouco a pouco van gañando protagonismo as actividades económicas vinculadas ao sector terciario e comezan a enxergarse novas pautas, comportamentos e formas de pensar propios dunha mentalidade urbana. Conclusións dos datos extraídos das enquisas O obxectivo primodial deste estudo é realizar unha análise da situación laboral da muller do rural galego para descubrir cales son as ocupacións en recesión, así como estudar as alternativas e oportunidades de recliclaxe das mulleres neste ámbito. A poboación enquisada mediante as 141 entrevistas elaboradas para a realización desta iniciativa, inclúe un abano de mulleres das catro provincias galegas comprendidas entre os 20 e os 68 anos. A modo de resumo, dos datos extraídos de forma cualitativa e cuantitativa tras analizar as enquisas realizadas a traballadoras, técnicos de emprego locais e empresarias, pódense salientar as seguintes ideas: • Entre a poboación activa feminina destaca a escasa existencia de traballadoras menores de 24 anos. O 60 % da poboación activa está comprendida entre os 25 e os 39 mentres que as maiores de 40 anos representan un 36 %. • O despoboamento, o exódo ás cidades e a presenza cada vez menor de xente nova no rural, dificultan a creación de empresas nel e supoñen un obstáculo de cara á mellora laboral nos espazos rurais. • Os sectores da industria, a hostalería e o sector servizos son os máis comúns entre a poboación feminina do rural. • En canto á formación académica das enquisadas, o 52 % son traballadoras non cualificadas, das cales un 17 % non ten estudos e o 35 % restante só os estudos básicos. • A pesar de que se van dando pequenos pasos na consecución de melloras trátase dun mercado laboral non especializado e con escasa formación. • A remuneración económica, a posibilidade de ascenso e mellora laboral dentro da empresa así como o horario son os aspectos máis valorados polas traballadoras en canto á ocupación que desempeñan.

~ 59 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego • A oferta de cursos formativos por parte das empresas é unha das cuestións menos valoradas por parte das traballadoras, de aí que o 65 % das enquisadas non acuda a cursos de reciclaxe laboral. A falla de medios económicos e de tempo, así como a escaseza de cursos desta índole ou a mínima información sobre os existentes son os motivos principais da non asistencia aos mesmos. A asistencia a cursos non supera o 30 % en ningunha provincia e no 80 % dos concellos enquisados non se levan a cabo iniciativas de reciclaxe profesional. É na provincia da Coruña onde se rexistra maior porcentaxe (28%) de asistencia de traballadoras a ditos cursiños. • Nos concellos existen poucos cursos e plans destinados exclusivamente a mulleres. Os proxectos adoitan estar dedicados a ambos os sexos e, sobre todo, a ámbitos urbanos e non ós rurais. • Os aspectos máis valorados polas empresarias ao contrataren as súas traballadoras son en orde de prioridade: a iniciativa para traballar, a experiencia laboral previa e a formación académica. • Uns dos problemas que as empresarias resaltan é a dificultade de atopar traballadoras coa cualificación e formación requirida para o desempeño de determinados postos. • Na pequena empresa rural, as traballadoras acostuman ter un contrato fixo por considerar que incentiva as propostas de mellora e a iniciativa. Ademais, nestas pequenas empresas tende a haber un número elevado de mulleres, dado que as empresarias do eido rural adoitan ser autónomas con poucas traballadoras ao seu cargo (sobre todo son explotacións agrícolas). Tamén se dá o caso das empresas unipersoais, como exemplifica o caso das autónomas gandeiras e agrícolas. • O traballo da muller do rural é difícil de cuantificar dado que en moitas ocasións se atopa somerxido.

~ 60 ~


A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego Por último, cómpre resaltar a modo de conclusión cales son as oportunidades e ameazas coas que se atopan as mulleres galegas no mercado laboral, especialmente as mulleres do rural. Igualmente, engádense aqueles puntos estratéxicos na consecución de melloras e que é preciso fortalecer: -

Aspectos que ofrecen novas oportunidades para o sexo feminino: Potenciación dunha cultura de muller emprendedora galega. Maior apoio público a emprendementos liderados por mulleres. Incremento do nivel de estudos nas novas xeracións de mulleres.

-

Debilidades e problemas: Escasa utilización dos recursos e das axudas Públicas. Realización de dobres e triplas xornadas. Falta da formación requirida para o desempeño dos respectivos postos de traballo. Falta de programas, servizos e recursos para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal. Falta de corresponsabilidade doméstica e familiar. Falta de formación específica nas distintas actividades. Ademais das iniciativas para o emprego e a creación de empresas, outra causa pendente é a consecución da mellora do estatuto profesional feminino. Son moitas as mulleres que desempeñan o seu traballo en explotacións agrícolas ou en empresas familiares de diversa índole sen que se lles recoñeza o seu estatuto de traballadoras independentres. Ao mesmo tempo, o desenvolvemento deste tipo de actividades provoca que as mulleres non teñan tempo libre para seguiren a formación necesaria de cara a conseguir o acceso a unha profesión de maneira oficial.

~ 61 ~



A reciclaxe das mulleresno ámbito rural galego 7. BIBLIOGRAFÍA • Datos estatísticos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, da Consellería e Medio Rural, do Instituto Nacional de Estatística (INE), do Instituto Galego de Estatística (IGE) e da Seguridade Social. • Consellería de Igualdade. • Castro, Xavier: Historia da vida cotiá en Galiza: S. XIX e XX. Vigo: Nigratrea, 2007 • III Congreso Mundial de Mujeres Rurales 2002. Madrid. Instituto de la Mujer. 2003 • Rodríguez Giadás, María Isabel: Mujeres rurales: mano de obra cautiva: el trabajo de las mujeres rurales en la industria de la confección en el sur de la comarca de Santiago. Santiago de Compostela: Fundación Luis Tilve, D.L. 2002 • Gradaílle Pernas, Rita (2004): Educación e socialización da muller na Galiza Rural. A Coruña, Edicións O Castro. • Rial García, Serrana (2003): Mujer y actividad económica en la Galicia Moderna: La insercción de las mujeres en la producción

económica

rural

y

urbana.

Universidade

de

Santiago de Compostela. • Mujeres, igualdad de oportunidades y desarrollo rural: la experiencia del Leader (Comisión Europea). • Unions Agrarias • ADEGA • Seminario de Mulleres e universidade • Hemeroteca de La Voz de Galicia e de El Correo Gallego e arquivos da TVG • Xornadas de difusión sobre o tema da formación continua na reciclaxe profesional no medio rural • http://www.mapa.es

~ 63 ~


Das profesións en recesión ás oportunidades de emprego • Observatorio Europeo Leader+ • Cook, T. e Ch. Reichard (1988): Métodos cualitativos y cuantitativos de investigación. Madrid: Morata • LeCompte,M. (1995): “Un matrimonio conveniente: diseño de investigación cualitativa y estándares para la evaluación de programas”. Revista Electrónica de investigación y evaluación Educativa // 1995 // Volumen I // Número 1 • Taylor, S. e R Bodgan (1990): Introducción a los Métodos Cualitativos de investigación. Buenos Aires: Paidós • Glasser, B. e A. Strauss (1967): The discovery of Grounded Theory: Strategies for Qualitative Research. Nueva York: Aldine • Rusque, A.M. (1999): De la Diversidad a la Unidad en la Investigación

Cualitativa.

Caracas:

Ediciones

Faces.

Universidad Central de Venezuela. • Strauss, A. e J. Corbin (1998): Basics of qualitative research. Techniques and procedures for developing Grounded Theory. London: SAGE publications. • Strauss,

A.

e

J.

Corbin

(1994):

Grounded

Theory

Methodology, An overview. •

In

Denzil,

N.K.

e

Lincoln,

Y.S.

(1994):

Handbook

Qualitative Research. New York: Sage Publications.

~ 64 ~

of


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.