2 minute read

Viaxes: Neve

GANAS DE NEVE

Aforra e goza dunha escapada de inverno inesquecible

As rexións que concentran os deportes e actividades de inverno en España reciben cos brazos abertos as primeiras nevadas despois dun outono historicamente cálido.

Atempada de neve xa está aquí e é o momento perfecto para planifi car unha escapada e gozar das principais pistas de esquí e dunha morea de experiencias de lecer invernal. Unha viaxe repleta de sorpresas, que ti e mais a túa xente querida lembraredes sempre. Goza dunha escapada de inverno inesquecible cos destinos que che propoñemos en Viaxes EROSKI e acumula euros na túa tarxeta EROSKI club!

OS MELLORES DESTINOS DE NEVE Descubre o atractivo catálogo de Viaxes EROSKI, cos mellores destinos e experiencias de inverno. A nosa oferta inclúe as principais estacións de esquí de España, nas que gozar non só da neve escorregando polas mellores pistas, senón tamén da posibilidade de realizar unha inmensa morea de actividades, que farán que te mergulles na natureza máis branca. Un paseo en zorra tirada por cans alaskanos.

Baqueira Beret, Vall de Núria ou Masella (Pirineo catalán), Javalambre -Valdelinares, ( Teruel), Cerler, Formigal - Panticosa ou Astún - Candanchú (Pirineo aragonés), Grandvalira (Andorra) e Serra Nevada son algunas das grandes estacións que xa están dispoñibles para todos os amantes dos depor tes de neve.

VIVE UNHA EXPERIENCIA DIFERENTE Se queres aparcar os esquís, podes gozar de sorprendentes experiencias e actividades para todos os gustos, como as que ofrecen Naturland e RocRoi, en Andorra. Inclúen paseos en zorras de neve tiradas por cans alaskanos e rutas con raquetas de neve, nas que te poderás recrear coa branca contorna e coa natureza. Ademais, para os amantes da adrenalina e para os aventureiros máis intrépidos, hai rutas en motos de neve ou a posibilidade de probar o Tobotronc (Andorra), o tobogán alpino máis longo do mundo. Pilotar unha moto de neve, unha experiencia única.

DESCANSO E LECER E, logo dun día de acción, podes elixir Caldea, en Andorra, para te relaxares. Este espazo combina o máximo relax cos momentos máis lúdicos, e permíteche mergullarte nas ricas augas termais mentres ves unha folerpada de neve ou darte un baño entre pomelos a media noite.

Esquí, snowboard, esquí de fondo e moitas máis experiencias de inverno que non podes perder, tanto se viaxas en familia, en parella, con amigos ou en grupo. En Viaxes EROSKI ofrecémosche multitude de atractivos paquetes para elixir, que inclúen unha espléndida oferta de aloxamentos e mais os forfaits de un ou de varios días, todo tipo de actividades de lecer, aluguer de materiais e moitos servizos máis.

Caldea, en Andorra, un lugar onde se relaxar.

Reembolso

4%

á túa tarxeta EROSKI club

En Viaxes EROSKI reserva de xeito seguro e fl exible

This article is from: