6 minute read
O último nas nosas tendas
from EROSKI_ENERO_2023_GALLEGO
by eroski
o ú l t i m o
Queremos que os nosos produtos faciliten o teu día a día e tamén que che axuden a aforrar. Presentámosche algunhas novidades das marcas EROSKI para as gozares en familia e para que lle dediques o teu tempo ao importante: a ti e mais a túa xente.
MEXILLÓNS EN SALSA DE TOMATE Das rías galegas á túa mesa
Para petiscar, acompañar algunha receita ou para lles dar un toque de peixe aos teus menús, os mexillóns en salsa de tomate EROSKI son un acerto seguro. Con denominación de orixe protexida (DOP) de Galicia, estes mexillóns teñen un Nutri-Score B e contan cun alto contido en proteínas e con baixas calorías, o que fai que sexan un alimento moi interesante para os adultos e mais para os nenos.
Esta novidade, que se suma a outras opcións de mexillóns en salsa que atoparás nas nosas tendas, é un prato listo para consumir e rápido de preparar, xa que o podes quentar no microondas na propia bandexa.
OLIVAS ECOLÓXICAS ELIXE A TÚA VARIEDADE PREFERIDA
Olivas, cogombros novos e banderillas son unha opción ideal para petiscar entre horas ou como acompañamento de ensaladas. Nas nosas tendas ofrecémosche unha ampla variedade de conservas en vinagre, olivas con e sen carabuña, con sabor a anchoa, etc. E agora lanzamos dúas novas variedades de olivas ecolóxicas negras e verdes con carabuña EROSKI BIO.
Están cultivadas nos campos do val do Jerte, de maneira respectuosa coa natureza e cumprindo os estándares da agricultura ecolóxica, como se certifi ca no seu envase.
NOVO ZUME DE FROITOS VERMELLOS
Unha combinación orixinal para gozar na casa do mellor zume. A nosa nova variedade de froitos vermellos está elaborada con uva, framboesas e cereixas. E ten un envase máis respectuoso co medio natural, xa que a botella está fabricada con plástico 100% reciclado plástico 100% reciclado e é 100% reciclable. e é 100% reciclable.
Un doce capricho
Chega ás nosas tendas o novo coulant de chocolate EROSKI. Ideal para todos aqueles que se queren dar un capricho de vez en cando.
Recollemos da tradición culinaria francesa esta receita de cou la nt, que tamén se coñece como ‘volcán de chocolate’. Trátase dun delicioso biscoito de chocolate por fóra, con cremoso chocolate de sabor intenso no seu interior, que se funde ao quecer.
Para comelo no seu punto, quéntao xusto no intre de ilo ser vir. Podes poñer o coulant nos pratos dos comensais a carón dunha bóla do teu xeado favorito e esparexerlle por riba canela ou cacao en po. Tamén podes engadir un pouco de iogur ou nata montada, esparexer coco relado, azucre glas ou ata froitos secos torrados e picados.
Nova masa de pizza sen glute
En EROSKI preocupámonos pola túa saúde e temos o compromiso de che ofrecermos variedade de opcións á hora de faceres a compra sexa cal sexa a túa necesidade. Por iso, para as persoas con celiaquía dispoñemos dos nosos produtos EROSKI garantidos sen glute, aos que sumamos unha nova masa de piz za tradicional elaborada con fariña de millo.
BANDEJA 100%78 % Para gozar a calquera hora
BIOPLÁSTICO RECICLADA
Oqueixo Gouda é un dos produtos máis coñecidos dos Países Baixos e agora chega ás nosas tendas xa en lascas, listo para incluír en todos os teus sándwichs, bocadillos, verduras gratinadas, etc. É reducido en graxa, pero mantén todo o seu sabor, aroma e cremosidade. Ademais, preséntase nun envase máis sostible, realizado cun 78% de material reciclado.
LÉVEDO DE PAN E AZUCRE AVAINILLADO Fácil e rápido
Se che gusta preparar receitas de repostería ou facer o pan na casa, os dous novos produtos que chegan ás nosas tendas vanse tornar grandes aliados teus. Deixa a túa familia abraiada engadindo azucre avainillado para lles dar un toque diferente aos teus biscoitos e sobremesas e utiliza o novo lévedo de panadería EROSKI para elaborares na casa deliciosos pans de xeito doado e rápido.
PEBIDAS XIGANTES GOZA DE PEQUENOS GRANDES MOMENTOS
Para petiscar a calquera hora do día, mentres ves a tele ou estás de parola cos teus amigos, escolle nas nosas tendas as novas pebidas xigantes EROSKI, que se renovaron por dentro e por fóra. Un snack ao que non te vas dar resistido.
NOVO PAPEL HIXIÉNICO E DE COCIÑA
Ampliamos a oferta de papel hixiénico e de cociña cunha gama de celulosa de tripla capa, que ofrece garantía de calidade e efi cacia. Estes novos produtos están fabricados con papel con certifi cado FSC, que procede ao 10 0% de bosques xestionados de xeito responsable e que utilizan a madeira de maneira controlada.
Ademais, contan coa etiqueta Ecolabel, que garante que na súa elaboración se limita o uso de substancias perigosas, o que implica un menor impacto na contaminación do aire e da auga.
fala Aneto para