2 minute read
Neste número
from EROSKI_ENERO_2023_GALLEGO
by eroski
Coidarte ao mellor prezo
Itxaso Cuesta
Responsable de EROSKI club
Novo ano e novos obxectivos. O 2023 pode ser un ano cheo de posibilidades no que imos ter unha grande oportunidade para aprendermos a comer ben e a facelo, ademais, aforrando e sen renunciar á calidade. Por iso, dende EROSKI seguiremos a traballar, mes a mes, para che ofrecermos o mellor ao mellor prezo.
Como ata agora, con esta revista queremos que coidarte e coidar da túa xente che resulte ben doado. Por iso, cada mes achegámosche todas as novidades, ofertas, promocións e ideas para levares unha vida sa e contribuíres con pequenos xestos a coidar do medio natural e do noso contorno máis próximo.
Este xaneiro, por exemplo, presentámosche o noso polo certifi cado en benestar animal e os novos produtos EROSKI veggies, unha opción de calidade ao mellor prezo para os que apostades por unha alimentación vegana ou vexetariana.
Ademais, neste número da revista atoparás receitas para que compoñas o mellor menú para ti e para os teus, mirando tamén para o peto, e algúns consellos nutricionais e recomendacións saudables que te animamos a seguir para botar a andar este 2023 coidando de ti, dos teus e, por suposto, da economía familiar.
EDITOR EROSKI S. COOP. Barrio San Agustín s/n. 48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211
REALIZACIÓN EDICIÓN Valentín Beato, 44. 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104
Difusión: Controlada por OJD
Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com Imprenta: Altavia Ibérica. Orense, 16 - 1ª planta. 28020 Madrid. Tel. 911 21 38 38
Depósito Legal: BI-222-2015
Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou de fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.
CUN PEQUENO CAMBIO QUE O MUDA TODO
Alpro teno claro: é posible gozar dunha alimentación vexetal, coidando da túa saúde e do planeta sen ter que renunciar ao sabor. 100% Vexetal e boísimo. Así, con todas as letras. Para os amantes do café, Alpro Barista, feito por e para baristas, combina perfectamente co café ao non enmascarar o seu sabor e acadar unha escuma suave, brillante e unha cremosidade perfecta.
Sabías que só cambiando acotío un café con leite por café con Alpro se dan aforrado 250 litros de auga anuais? E isto equivale, aproximadamente, ás duchas dunha persoa en dous anos
NESTA ÉPOCA O CORPO PÍDECHE UN CAMBIO. O PL ANETA
X A NIN CHE CONTO.
É bo para ti porque os seus produtos sobre todo conteñen NUTRIENTES ESENCIAIS. CALCIO, para o mantemento dos ósos, e VITAMINAS, para o sistema inmune. Ademais, ten unha ampla gama de alternativas sen azucre. Porque un sabor así non precisa azucre!
TAMÉN SON BOS PARA
O PLANETA!
porque ao seren 10 0% vexetais, reducen as emisións de CO2 e o consumo de auga.