6 minute read

Beleza: 8 imprescindibles por menos de 6 euros.

8

IMPRESCINDIBLES de beleza

por menos de 6 EUROS

Esquece a costa de xaneiro e comeza o ano aforrando coa nosa selección de produtos para te coidares ao mellor prezo.

Xaneiro é o mes dos novos comezos e propósitos. Tamén unha época na que toca recuperar os bos hábitos tras os excesos habituais do Nadal: obxectivos de aforro tras a compra de agasallos e caprichos para acompañar os reencontros familiares e os menús festivos, volta á dieta saudable e equilibrada, recuperar a práctica de deporte, etc... Sen esquecermos coidar e protexer a nosa pel e cabelo ante o frío e a humidade que adoita acompañar o inverno.

En EROSKI, queremos achegar o noso gran de area para que isto último non sexa unha preocupación e encaixe sen problemas no teu orzamento. Velaquí unha selección de oito produtos de coidado e beleza esenciais, que serán os teus mellores aliados para te coidares e para che subir o ánimo sen descoidar os teus aforros.

1

Coida o teu cabelo

O cabelo precisa un coidado extra e adaptado a esta época do ano. Aplica -polo menos dous días á semana- unha máscara de acción nutritiva e reparadora para manteres a túa melena suave, brillante e forte.

MÁSCARA CAPILAR REPARACIÓN INTENSIVA belle Fórmula con ceramidas Symrepair® e aceite de argán. En só 60 segundos proporciona un intenso efecto reparador, que axuda a que o cabelo recupere o seu nivel de hidratación, brillo e sedosidade e a combater as puntas abertas. Pódese usar con e sen aclarado en función do estado do cabelo.

2

Limpeza facial

Os expertos insisten en que a limpeza facial é o primeiro paso para manter unha pel sa e bonita. En inverno é recomendable utilizar produtos suaves que non resequen a pel e con fórmulas especialmente deseñadas para respectar o manto hidrolipídico e equilibrar o pH. Un limpador sen xabón e un tónico con activos hidratantes serán os teus aliados.

MOUSSE LIMPADORA FACIAL belle Limpa suavemente o teu rostro, eliminando de xeito delicado a maquillaxe e todo tipo de impurezas. A súa textura en escuma e a súa fórmula sen xabón proporcionan unha agradable sensación de benestar na túa pel sen a resecar. Formulada con betaína e extractos de xasmín, rosa e ginkgo biloba, que axudan a hidratar, calmar e suavizar a pel deixándoa limpa, fresca e sen sensación graxa. Pódese aplicar coa axuda dun algodón, sen que cumpra aclarala, ou directamente cos dedos masaxeando e aclarando a continuación.

3

TÓNICO FACIAL belle A súa fórmula, libre de alcohol e cun 95% de ingredientes de orixe natural, contén ácido hialurónico, extractos de rosa, xasmín, ginkgo biloba e niacinamida, que contribúen a hidratar, iluminar, tonifi car, calmar e suavizar a pel nun só xesto.

Sabías que os tónicos faciais actúan como un regulador natural do sebo, refrescan a pel e achegan nutrientes e vitaminas esenciais para restablecer o seu equilibrio tras o uso do teu limpador facial favorito? Por iso, son imprescindibles na rutina de limpeza facial.

Mima a túa pel

Unha das funcións máis importantes da pel é facer de barreira protectora, pero o frío pode causar nela unha profunda deshidratación e os cambios continuos de temperatura e humidade rompen o seu equilibrio. Por iso, durante o inverno cómpre coidármola con mimo, para que estea protexida, forte e bonita. Velaquí tres imprescindibles belle para conseguilo.

4

CREMA FACIAL PROFIRM belle Formulada para reducir a aparición de engurras, potenciar a fi rmeza da pel e mellorar a hidratación, ao combinar a acción de aminoácidos esenciais como a arxinina, a serina e a prolina, con principios activos como o ácido hialurónico, o extracto de acmella ou o extracto de alga fucus.

O ácido hialurónico de alto peso molecular potencia a hidratación, a elasticidade e a fi rmeza. O extracto de acmella achega unha acción reafi rmante e tensora, mentres que o extracto de alga fucus combina unha acción protectora contra o avellentamento e propiedades hidratantes. REPARADOR UNIVERSAL belle Bálsamo reparador formulado para nutrir e rexenerar zonas extrasecas e agretadas da pel e para suavizar zonas rugosas. Combina a acción emoliente e protectora da manteiga de karité e o aceite de améndoas doces coas propiedades calmantes, antiinfl amatorias e suavizantes da alantoína, o extracto de macela e o bisabolol. Pódese aplicar sobre corpo, rostro e mans. Un remedio universal, apto para peles sensibles.

5

6

Cor para os beizos7

Os labiais de cor están a vivir un renacemento tras anos relegados polo uso de máscaras. Esta tempada reinarán os tons rosas e as texturas semimates, que non resecan e que axudan a disimular as posibles engurras.

CREMA DE MANS CONCENTRADA belle Crema de acción intensiva, que achega unha protección extra para as peles moi secas. Con glicerina vexetal ao 30% e manteiga de karité, para unha acción reparadora en profundidade que reduce e prevén o agretamento. Contén tamén extracto de aloe vera e alantoína, para aliviar a sequidade e tensión das mans agretadas. A súa fórmula proporciona 48 horas de hidratación e asemade repara, nutre, alivia e protexe. O seu envase é perfecto para o levar no bolso ou no neceser.

Os produtos cosméticos belle están clinicamente testados e os máis deles son aptos para persoas veganas, ao non conteren ingredientes de orixe animal

LABIAIS COR EXTREME belle belle&MAKE-UP lanzou a gama Color Extreme en oito tons imprescindibles de longa duración (na imaxe, os tons 01 Ballerina e 02 Wild rose). A gama está composta por cores intensas de acabado semimate e luminoso. A súa fórmula non contén glute. Para utilizalos, abonda con aplicalos, agardar dous minutos e listo!

8

Un per fume especial

Os produtos multifunción optimizan o orzamento beauty. Coñeces xa a gama de perfumes Aromacare de belle? Tres fragrancias que converten o xesto de se perfumar en coidado por mor dos seus ingredientes cosméticos e naturais. Ademais, a esencia incorpora a tecnoloxía patentada Neutrascent®, que axuda a neutralizar o mal cheiro, incluído o do tabaco.

EAU DE PARFUM Nº1 BOUQUET FLORAL belle Este perfume combina delicadas notas fl orais, como xasmín, rosa e azar, cun fondo ambarado. Descubre un novo xesto de beleza aplicándoo tamén no teu cabelo. Contén aceites esenciais, como bergamota, pementa e nerolí, e mais proteínas de seda e pantenol, que nutren e suavizan o cabelo, e glicerina vexetal, que axuda a coidar a pel. O seu formato de 50 ml faino perfecto para o levar no neceser de viaxe.

This article is from: