3 minute read

Solidariedade

Enfermidades neurodexenerativas TODA A XUDA É POUCA

En España, arredor dun millón de persoas padecen enfermidades neurodexenerativas. Precisan atención e tratamentos axeitados e este mes podes contribuír cun pequeno xesto, doando uns céntimos ao pasares por caixa.

Agradecémoslles aos clientes de EROSKI que contribúan coas súas doazóns a mellorar o día a día das persoas con párkinson en poboacións rurais illadas, cunha poboación avellentada e cun acceso máis complicado aos recursos sociosanitarios, a través do proxecto Párkinson Rural. Este programa conecta as persoas, permitíndolles que, ao tempo que realizan unha actividade cotiá como faceren a compra, axuden as persoas con párkinson a realizaren tamén as súas actividades do día a día. Alicia Campos, directora da Federación Española de Párkinson P ara os afectados por enfermidades neurodexenerativas, como o párkinson, a esclerose múltiple, a esclerose lateral amniotrófi ca (ELA) ou o alzhéimer, é imprescindible dispor de tratamentos e dunha atención idónea coa que garantir o correcto manexo da súa enfermidade. É fundamental para a súa calidade de vida recibir apoio de fi sioterapia, psicoloxía, terapia ocupacional, rehabilitación, orientación nutricional, logopedia, etc. Está demostrado que estes tratamentos atrasan a evolución da enfermidade e a aparición de complicacións.

As prestacións de servizos de terapia sufráganas fundamentalmente os propios afectados e as súas familias ou as asociacións de pacientes. Coa túa axuda, a través do noso programa solidario, Fagal (Federación Alzheimer Galicia), Fegadem (Federación Galega de Esclerose Múltiple), FEP (Federación Española de Párkinson), a Fundación Luzón e EM Euskadi (Esclerose Múltiple Euskadi) poderán ampliar e reforzar a axuda aos enfermos e ás súas familias.

Grazas á solidariedade dos clientes de EROSKI, a nosa Fundación fi nanciará o proxecto EscuELA de formación para os coidados da ELA, un programa gratuíto destinado a coidadores e profesionais relacionados coa ELA. María José Arregui, presidenta da Fundación Luzón

Os benefi cios da campaña solidaria de EROSKI axúdannos a seguir ofrecendo os servizos de rehabilitación integral necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas con esclerose múltiple e as súas familias. Axúdanos a conseguilo! Karmele Garro, directora da Fundación Esclerose Múltiple Euskadi

Coa túa doazón levamos a cabo un programa nutricional e de vida saudable para asesorar, fomentar e facilitar unha mellora na calidade de vida das persoas afectadas por esclerose múltiple no tocante á alimentación e ao exercicio físico. Mª Teresa González Salvadores, presidenta de FEGADEM, Federación Galega de Esclerose Múltiple Grazas ás vosas doazóns contribuiredes a levar a cabo talleres de estimulación cognitiva e de mantemento da autonomía en persoas con demencia e mais talleres de apoio psicolóxico, formación e orientación a familiares de persoas con demencia, cos que se diminúe a súa sobrecarga física e emocional. Isabel Gey, presidenta da Federación Alzhéimer Galicia

RETO: RETO:

3.000.000 de comida de comidas para para 1.100

familias familias

Dálle SÍ a caixa Dale en caja SÍ

A favor de: A favor de:

DESDE 1918 FESBAL

EN DECEMBRO

Querémosche dar as grazas pola túa colaboración o pasado mes co noso programa de solidariedade a prol dos Bancos de Alimentos asociados a Fesbal e de entidades como Cáritas, Cruz Vermella, Cociña Económica da Coruña ou o Instituto Benéfi co Social Padre Rubinos.

This article is from: