A Casa do João n.º 11 - Revista de Literatura Infantil e Juvenil

Page 40

OPINIÃO

O R I E J I E T A Í C R A G O I ANTON

Dende o meu punto de vista, a Literatura infantoxuvenil ten que posuír certas características indispensables para penetrar no lectorado e xogar o papel que debe na formación integral dos cativos/as, Dúas desas características (que engloban boa parte deste obxectivo) son a ética e a estética. Ética e estética son dúas caras da mesma moeda. Se os escritores imos na procura dos valores intrínsecos da estética, xa comezamos a ser éticos, pois facer arte da palabra debe ser un compromiso ineludible. A arte humaniza. Se un escritor ou escritora non contempla algunha destas características está a adulterar o discurso literario honesto que debe conter toda obra literaria. E se falamos de ética na escrita, estamos a falar de autenticidade literaria, de ser fiel ao compromiso do autor/a coa literatura, de non ser infiel sobre o concepto que o impulsou a escribir, para facer que a literatura sexa unha arte disposta a acadar lectores competentes, 38

abertos, tolerantes, emocionados, reflexivos perante textos que abren camiños na vida. O escritor ético debe crear un discurso coherente coa súa forma de pensar a literatura, pero nunca escribir ao servizo dunha teoría e reducir a súa obra a unha arma para manter teorías particulares que o afasten da literatura libre de superficialidade. É importante que, exista un compromiso íntimo de atracción lectora sen traizoar a nosa voz literaria para seducir o lectorado, porque, se así non for, menospreza tanto ese lectorado coma a si mesmo. Hai que manter a honestidade da escrita á marxe de modas. Só un discurso ético dá valor ao que se escribe.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.