Escolma Abril 2013

Page 1

abril 201 3

Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol

"Que se remate de executar o Convenio con Defensa, xerando novos espazos verdes e dotacionais na cidade, para recuperar a centralidade do noso casco histórico, e continuar coa rexeneración urbana da cidade da ría".­ Natividad González, voceira do Grupo Municipal Socialista.

Sánchez Aguilera páx. 5


abril 201 3

SEscolma U M Ado RGMSI O PÁXINA

NOVAS

Vivendas do IGVS sen entregar FIMO: un exemplo máis da incapacidade local

do

goberno

Necesario impulso do Plan Ferrol Fraude masivo na política económica

PROPOSTAS

Un dos proxectos de cidade: Sánchez Aguilera Bonobús para persoas mozas, desempregadas e maiores.

1 2 5

Remodelación da Praza de Sartaña e desratización

MOCIÓNS

Contra a LOMCE

Oficina de Dependencia

PLENO

abril 201 3 OPINIÓN

Xustiza Fiscal Ramón Veloso

7 8 9


Novas

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

PEDIMOS QUE O IGVS ENTREGUE AS VIVENDAS BALEIRAS QUE TEN NO CONCELLO DE FERROL Instamos ao goberno local á rehabilitación de Recimil, e a cooperar dunha forma taxante coa Xunta de Galicia, para poñer a disposición das persoas que o necesiten as vivendas baleiras da cidade. A voceira socialista Natividad González incidiu na necesidade de que se executen canto antes os traballos pendentes nos pisos de Recimil, con cargo aos 300.000 euros, habilitados no orzamento 201 3 gracias a unha emenda socialista.

A concelleira María López, e a voceira Natividad González, en rolda de prensa.

A edil socialista María López solicitou colaboración entre a Xunta e o Concello de Ferrol en materia de vivenda, para que todas as vivendas baleiras se entreguen as familias que o precisan. O Grupo Municipal Socialista esixiu coñecer o número de vivendas que o IGVS ten na cidade de Ferrol, e cantas delas están baleiras na actualidade para destinarlas sen demora ás familias que o precisan. Lembrou ademais que a administración autonómica adecuou na cidade unha serie de pisos para persoas con mobilidade reducida, que tampouco foron entregados. Afirma que polo menos existen doce en Caranza e catro en Esteiro. María López denunciou a actual falta de colaboración entre o Concello e a Xunta e incidiu en que o alcalde e presidente da Fegamp, José Manuel Rei, non pode permanecer alleo a esta situación.

A voceira asegurou que, iniciado xa o segundo trimestre do ano, descoñécese a existencia de proxecto algún, para proceder a reparar esas vivendas ou de calquera información relativa á execución das obras pendentes nas mesmas. Por iso, alertou sobre a posibilidade de que se reproduza o fracaso de anos anteriores, e que finalmente esa partida orzamentaria non se gaste no fin para o que se habilitou. Sinalou que as vivendas deberían ser entregadas en xuño e, á vista da situación, urxiron a realización das actuacións canto antes, para que sexan entregadas as vivendas con tódalas garantías de habitabilidade. O conselleiro pide perdón

No mes de abril, Agustín Hernández entregou con máis de 4 anos de retraso na cidade algunhas vivendas de Telleiras, pedindo perdón aos adxudicatarios polo atraso acumulado na entrega. María López manifestou que "é moi educado pedir perdón pero non é suficiente, pois aínda quedan vivendas por entregar".

1


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Novas

INSTAMOS A QUE NON SE DEMORE NIN UNHA SEMANA MÁIS OS PAGOS ATRASADOS AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE FIMO

Esiximos que o goberno local termine con esta política escurantista, e dea traslado á oposición e aos traballadores, de todas as xestións levadas a cabo para a viabilidade futura do recinto feiral. Os socialistas censuran que un ano despois de que o alcalde se compremetese na sesión plenaria de maio do 201 2 a resolver o problema de FIMO nun mes, lonxe de ter resolto o problema, a situación empeorou substancialmente. Denuncian que a feira carece de dirección profesional, despídese a 6 traballadores e traballadoras, sen ter previsto a dotación de fondos para as súas indemnizacións, o que provoca o embargo das contas da entidade. Os traballadores e traballadoras en activo teñen 9 nóminas pendentes de pago e a feira se está baleirando de contidos. Por se isto non fose suficiente, en declaracións públicas do goberno local a os medios de comunicación se informa que agora se considera que a formula xurídica ideal xa non é a da fundación, senón que sería válida a actual fórmula do consorcio, isto despois de case dous anos vencellando a solución do problema a conversión en fundación do recinto; todo un conxunto de despropósitos.- censuran os socialistas. O Grupo Municipal Socialista denuncia, a través do seu voceiro adxunto Jaime Pena, que “mentres todos estes problemas non so non se resolven, senón que non paran de empeorar, o concelleiro do ramo non convoca as preceptivas comisións semanais de Facenda por considerar que non hai asuntos de interese que tratar, o que nos parece un auténtico escándalo.”

2

Os concelleiros socialistas, Jaime Pena e Ramón Veloso, denunciaron a situación na que se atopa FIMO, e reiteraron as propostas socialistas para a viabilidade do ente feiral. Este grupo municipal xa ten feita pública a súa posición ao respecto deste asunto, reiterada dende fai meses: Primeiro.- Habilitación de fondos para satisfacer asobrigas pendentes coas persoas traballadoras de FIMO. Segundo.- Participación maioritaria no seu consello de administración das administracións públicas implicadas: Concello, Xunta e Deputacion. Terceiro.- Contratación dunha persoa profesional que se poña ao fronte da xestión do recinto. Cuarto.- Plan de pago aprazado a provedores. Quinto.- Deseño dun plan de actividade e contidos que fagan viable a continuidade no tempo do recinto feiral.


Novas

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

RECLAMAMOS QUE SE NOMEE DE XEITO URXENTE O DIRECTOR DO PLAN FERROL Denunciamos que as modificacións na concesión das devanditas axudas van dificultar sobremaneira as potenciais inversións na comarca, dado que as condicións actuais para a solicitude das mesmas son moito máis restritivas para as persoas emprendedoras e pymes. O Grupo Municipal Socialista quere trasladar a súa preocupación polo vacío de poder ao fronte do Plan Ferrol, que leva varios meses sen director-xerente, dende o nomeamento do anterior coma deputado do Partido Popular.

A voceira socialista, Natividad González, denunciou que "o Goberno vai a deixar morrer o Plan Ferrol". Jaime Pena destacou as cifras de desemprego, censurando que "o alcalde recorre os barrios, lavándolle a cara ao superficial para facerse unha foto". O concelleiro socialista manifestou que a diversificación económica da comarca ven da creación do solo industrial e de axudas que configuren un diferencial positivo para o asentamento de novas empresas, referíndose ao plan Ferrol. Así, o Grupo Socialista insta ao alcalde a que faga as xestións necesarias para o nombramento do novo director do Plan Ferrol, polo ben da cidade.

Á vista da inminente convocatoria das axudas do ministerio de Industria, recollida no Boletín Oficial do Estado, na súa publicación do xoves 11 de abril do 201 3, e as bases da mesma, recollidas no BOE do martes 1 6 de abril, o Grupo Municipal Socialista quere instar ao alcalde a facer as xestións necesarias para conquerir que se nomee de xeito urxente un profesional ao fronte do Plan Ferrol, que xestione con eficiencia as axudas concedidas. Así mesmo, o Grupo Municipal Socialista denuncia que as modificacións na concesión das devanditas axudas van dificultar sobre maneira as potenciais inversións na comarca, dado que as condicións actuais para a solicitude das mesmas son moito máis restritivas para os emprendedores e pymes.

Neste senso, os e as socialistas instan ao goberno local a que xestione ante as administracións correspondentes a flexibilización dos requisitos en materia de garantías e outros requisitos que establece a orde ministerial coma os avais, xa que o Grupo Municipal Socialista considera que son limitativas para o acceso das persoas emprendedoras ás axudas que se substancian en dita orde.

3


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Novas

DENUNCIAMOS QUE O EQUIPO DE GOBERNO COMETEU UN FRAUDE MASIVO COA CIDADE NA SÚA POLÍTICA ECONÓMICA

A edil María López, e o concelleiro Jaime Pena, denunciaron a mala xestión económica do goberno.

Inversións

Pola súa banda, a tamén concelleira socialista María López, subliñou a necesidade de que a partida dos mencionados remanentes destínese a cumprir cos incumprimentos do PP. A edila lembrou que algunhas emendas presentadas polo PSOE en 201 2 están sen executar, polo que solicitan que se materialicen con cargo a este diñeiro. Entre as obras pendentes, López lembrou a construción dun parque de Alzheimer, a ampliación da rede de parques infantís, a humanización de barrios, obras na zona rural e os traballos da praza de Sartaña. Isto como mínimo, aínda que falta a apertura do centro de día de Telleiras, asegurou a concelleira. Así mesmo, os socialistas piden o cumprimento doutros compromisos plenarios como a reparación de fochancas nas rúas Basanta e Espiño; eliminar o tapón de Río Xuvia con Manuel Belando, o traslado da subestación eléctrica de Santa Mariña e o soterramento de liñas. Gracias á presión do PSOE a nivel nacional, destinar a investimentos os 5,8 4 poderanse millóns de remanentes, e non a liquidar un crédito absolutamente innecesario.

O concelleiro socialista Jaime Pena denunciou a política económica do Concello dende a chegada á Alcaldía do equipo de Rei Varela. Denunciou unha fraude masiva cos ferroláns e ferrolás, só por beneficiar unha estratexia do PP. Pena incidiu en que os últimos datos económicos presentados polo goberno local, anunciando remanentes de tesouraría por importe de 5,8 millóns de euros, que "demostran o que nós defendemos sempre, que o Concello non tiña problemas económicos". O Grupo Municipal Socialista lembrou que os populares solicitaron a principios do pasado ano un crédito de 4,37 millóns de euros para abonar facturas pendentes, a pesar de que os socialistas aseguraban que había oito millóns de euros en diferentes bancos a prazo fixo procedentes de remanentes de tesouraría. Ao final de ano o goberno popular descobre que sobran 5,8 millóns de euros, o que supón 1 ,5 millóns máis do que pediron en calidade de crédito. Esta situación evidencia, que había diñeiro suficiente para pagar as facturas pendentes e ningunha necesidade de endebedar ao Concello. Os créditos solicitados polo goberno popular, pedidos so para desprestixiar ao goberno socialista anterior, levou ao Concello a un desequilibrio financeiro, recollido nun informe de intervención. O edil socialista incidiu en que se os que acordaron solicitalo fosen xestores dunha empres,a e non un alcalde e un concelleiro, serían despedidos inmediatamente. Denunciou que a concesión do crédito limitou as posibilidades de investimento e obriga ao Concello a pagar uns intereses considerables sen necesidade.


Propostas

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

DENUNCIAMOS A INCAPACIDADE DO GOBERNO ACTUAL PARA SACAR ADIANTE PROXECTOS DE CIDADE

O goberno local mantén bloqueado o proxecto de parcelación do Sánchez Aguilera, pendente dos trámites notariais e de rexistro da propiedade dende o traspaso de poderes. O Grupo Municipal Socialista denuncia que o goberno local mantén bloqueado o Sánchez Aguilera, unha vez o Ministerio de Fomento confirmou que o convenio de defensa está en vigor. Cuestión que o goberno

local e o alcalde da cidade puxo en dúbida varias veces, pero que agora o propio

ministerio pon no seu lugar ao goberno local, afirmando que o

convenio si está en vigor.- tal e como sostiñan os socialistas dende o inicio do mandato dos populares.

Neste senso, instan ao goberno Proxecto de reparcelación do goberno socialista.Pendente municipal a que se poña mans á dos trámites notarais e do rexistro da propiedade dende o obra para desbloquear a cambio de goberno (2 anos). parcelación do Sánchez Así, lembran que xa no 2011 o Grupo Municipal Socialista Aguilera, e acometan esa consideraba un paso atrás empezar de novo coas actuación urbanística que, por negociacións con Defensa, e máis cando o devandito un lado, dotará dunha nova convenio, asinado no mandato anterior, estaba plenamente fisionomía á cidade, e por outro en vigor. Así mesmo, o goberno anterior socialista aprobou lado, pode dinamizar o sector o PERI, así coma redactou o proxecto de reparcelación. da construción local a través da urbanización que se derive de Chegando ata os trámites finais para a aplicación deste dito convenio, nun momento convenio, que consistían en aprobar os planes urbanísticos o Sánchez Aguilera e o cuartel de Marinería, cuns índices históricos de paro para completándose o proceso de planeamento, cunha na cidade, polo que a ordenación a favor dos espazos públicos e dotacionais, necesidade é máxima.- destaca quedando so pendente os trámites notariais e do rexistro o concelleiro socialista Jaime da propiedade. Pena.

O Grupo Socialista sostén que esta información foi facilitada ao actual goberno local no traspaso de poderes, polo que para os socialistas isto ven a demostrar a incapacidade do goberno local para sacar adiante ningún proxecto importante da cidade, a pesares de haber quedado moitos deles moi avanzados no goberno anterior, tales coma o Urban, San Pedro de Leixa e os diferentes proxectos dehumanización de barrios. 5


Propostas

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Propostas

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

MELLORAR A MOBILIDADE DAS PERSOAS E FOMENTAR O USO DO TRANSPORTE PÚBLICO Propostas dos socialistas de bonificacións e gratuidade para persoas desempregadas, mozas, maiores, pensionistas e persoas con diversidade funcional. Propuximos establecer os seguintes tramos en función dos ingresos e da necesidade de incentivar o uso do transporte: A)Tarifa gratuíta.- As persoas desempregados, ademais das persoas maiores de máis de 65 anos ou perceptoras de pensións de invalidez permanente, xubilación ou viuvez, persoas con diversidade funcional, cuxos ingresos sexan iguais ou inferiores ao IPREM (532’62€) incrementado por cada membro da unidade familiar. B)Tarifa reducida.- Persoas con diversidade funcional, pensionistas e persoas desempregadas que teñan uns ingresos que non superen o salario mínimo interprofesional (645’30) máis o 25% por cada membro da unidade familiar. Sería razoable unha tarifa de aprox. 30 céntimos. C)Tarifa xove.- Dirixida a fomentar o transporte público sostible entre a xuventude (mozos e mozas entre 1 4 e 30 anos), e a mobilidade cara a facilitar o estudo, o emprego ou o ocio. Sería razoable unha tarifa de aprox. 40 céntimos. 4º.- Darlle á mesma a publicidade necesaria para xeneral coñecemento dos servizos á cidadanía a través dos medios e particularmente na páxina web do Concello. Neste senso, solicitar a corrección de datos na páxina web de Tranvías de Ferrol que sinala unha dirección errónea dos Servizos Sociais de Ferrol. En tódolos casos sinaladas se empregará unha tarxeta que permita a utilización habitual do transporte coa suficiente flexibilidade para os usos da vida cotiá, e que será persoal e intransferible.

6

Propuximos bonobús gratuítos e bonificados, segundo as necesidadedes das persoas. PEDÍMOSLLE AO ALCALDE UNHA SOLUCIÓN CONSENSUADA COS VECIÑOS PARA A REMODELACIÓN DA PRAZA DE SARTAÑA

O Grupo Municipal Socialista reclámalle ao goberno local que solucione os problemas de salubridade no barrio de Ultramar, debido á proliferación de ratas en varias zonas do barrio. No mandato anterior iniciáronse os trámites para recuperaer o uso público da praza, quedando resolto no expediente, polo que a praza volve a pasar a dominio público para o disfrute dos veciños e veciñas. Lembran que no orzamento do 201 3 propuxeron unha partida de 40.000 € para a elaboración do proxecto de recuperación.


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

As nosas mocións MOCIÓN DOS GRUPOS MUNICIPAIS SOCIALISTA, EU E BNG PARA O MANTEMENTO, EN FERROL, DA OFICINA DE DEPENDENCIA DE FERROL

MOCIÓN SOBRE A RETIRADA DO ANTEPROXECTO DE LEI ORGÁNICA DE MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA, E DO PROXECTO DE DECRETO DE COMEDORES

Propostas de resolución, defendidas polo concelleiro Manuel Santiago, e rexeitadas polo goberno local: 1 .- Solicitar ao Goberno de España a retirada do Anteproxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). Os Grupos Municipais asinantes desta moción concordamos co Comité de Empresa e os traballadores e traballadoras, que para dar un maior e mellor servizo aos beneficiarios e á cidadanía non se poden destruír postos de traballo en base a criterios exclusivamente económicos, nin facer centralizacións administrativas que afasten o servizo de Ferrol e a súa comarca. Propostas de resolución, demandadas ao goberno local: 1 º.-Instar á Xunta de Galicia a manter en Ferrol a Oficina de Valoración da Dependencia e Discapacidades con tódolos seus servizos. 2º.-Instar á Xunta de Galicia a que proceda á unificación real da Oficina de Valoración da Dependencia e Discapacidades có mantemento de todos os postos de traballo para seguir a realizar as labores de avaliación, valoración e asignación dos recursos sociais que establece a Lei da Dependencia, e así mesmo reforzar o maior volume de traballo alí onde sexa máis necesario.

Debatirase no pleno de maio

2.- Instar ao Ministerio de Educación á apertura dun proceso de diálogo cos tódolos axentes implicados (Comunidade Educativa, Consello Escolar do Estado, os Consellos Escolares Autonómicos, expertos educativos, as Comisións de Educación no Congreso e no Senado, os Parlamentos Autonómicos, a FEMP e a Conferencia Sectorial de Educación) para a análise das necesidades e os obxectivos en materia educativa, de hoxe en día. 3.- Instar á Xunta de Galicia á retirada do proxecto de Decreto de comedores escolares, polo repagamento do servizo, que pretende establecer a Xunta para o vindeiro curso. 4.- Instar á Xunta de Galicia a dotar de comedor escolar ao colexio de Ponzos, único na cidade que non dispón deste servizo.

Rexeitada polo goberno local

7


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Pleno de abril A crítica e alarmante situación social que estamos a vivir propicia situacións coma as acontecidas no pleno de abril. Neste senso, o Grupo Municipal Socialista quere manifestar o seguinte:

1 .- Que as situacións vividas no Concello de Ferrol nestes días, non son alleas ao contexto xeralizado de desesperación da poboación, e a escasa confianza en que sexan os gobernos actuais aos que dean resposta aos seus problemas. Por elo acuden ás institucións a mostrar a súa desesperación. 2.- O GMS no día de hoxe propuxo aos voceiros dos demáis grupos municipais e ao propio alcalde, que se suspendese temporalmente o pleno, e se reiniciase tódalas veces que fora necesario, para cumprir coa obriga legal de desenvolver un pleno ordinario ao mes, no caso da cidade de Ferrol. 3.- O GMS esixiu que o pleno non se realizase a porta pechada, xa que entende que non se daban as circunstancias para que se tomase esta medida excepcional. 4.- O Grupo Municipal Socialista tamén defendeu que non era necesario no día de hoxe realizar o control de entrada do pleno. Pola contra, considera que os momentos de tensión requiren a máxima reflexión e serenidade, coas decisións que se tomen, e nunca se deben tomar en quente. 5.- Por iso, e a pesar de discrepar e dar argumentos, o goberno a instancias do grupo socialista finalmente modificou as instrucións dadas de control de asistencia ao pleno, así coma a súa postura inicial de realización do mesmo a porta pechada, polo que o GMS tomou a decisión de ocupar os seus escanos, para dende eles, recriminar ao goberno as súas actuacións, así como explicar e debater co goberno os asuntos que ían ao pleno. Tal foi o caso da incorporación de 850.000 euros para a remodelación da praza de España, nun exercicio de trilerismo político colándoo no medio de medidas que contaban co respaldo do Grupo Socialista, como a aportación de fondos para o abono das nóminas pendentes do persoal de FIMO, e pagos para o Padroado de Concepción Arenal, ou a denuncia da supresión de tódalas inversións aprobadas polos veciños e veciñas mediante os orzamentos participativos. 6.- De non haber permanecido o Grupo Municipal Socialista no pleno, debatendo co goberno, ninguén houbese recriminado os anteriores asuntos, e non houbéramos coñecido a opinión do concelleiro de facenda, que calificou a participación cidadá coma conto chino. 7.- Por outra parte, neste pleno esiximos ao goberno local que deixe de incumprir o artigo 79 do Regulamento Orgánico do Concello de Ferrol, impedindo así que os grupos da oposición teñan a información en tempo e forma dos asuntos a tratar no pleno de Ferrol. En definitiva, o Grupo Municipal Socialista vai a traballar e poñer o máximo empeño para que 8 funcionen as institucións, porque entendemos que estas son as responsables de resolver os problemas que provocan a desesperación das persoas.


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Opinión XUSTIZA FISCAL

Ramón Veloso Nos últimos meses estamos a ver noticias relacionadas

con Entidades que deben ingresar cantidades importantes derivadas de sentenzas xurídicas sobre tributos municipais en Ferrol. Estamos a recoller os frutos da política tributaria socialista que ampliou a base fiscal do Concello de Ferrol e garantizou máis de 1 0M€ de ingresos en catro anos. As liquidacións definitivas do Imposto de Construcción as fixemos os socialistas ferroláns por primeira vez en Galicia e persiguen que os suxetos pasivos tributen polo realmente edificado, de máis valor económico que o declarado inicialmente na liquidación provisional. Podemos citar a Isolux ou Entabán que destacan polo importe económico de ambalas dúas, superior a 1 ,5M€. Estas actuacións non teñen continuidade co PP. Por outra banda, os acordos con Defensa permitiron liquidar IBI polas instalación de Navantia cuns ingresos duns 5M€. Os acordos de auga cos Concellos vecinos, o seu cobro a Navantia e á Autoridade Portuaria garantizan unha ampliación real de ingresos a Emafesa para acadar un suministro de auga e saneamento de calidade. Por certo, Navantia recurriu xudicialmente o pago da auga consumida e a Xustiza da a razón ao goberno socialista de Ferrol para que paguen como calqueira veciño. Todo isto fai que o Concello de Ferrol teña unha boa base fiancieira non afectada de xeito importante pola caída de ingresos do fin do boom inmobiliario. Pero a ampliación da base fiscal feita polos socialistas non esqueciu a xustiza tributaria. Os tributos dos servizos básicos que utilizan os cidadáns ampliaron as bonificacións daqueles que teñen baixo ingresos, as familias con todos os seus membros no paro ou as monoparentais. Sen esquecer a redistribución que supón a utilización adecuada do gasto público, ou a loita contra a especulación urbanística. Agora traballamos para dar pasos adiante. Anque os socialistas non estamos a gobernar a cidade, temos que explicar que queremos no ámbito fiscal. Os principios de beneficio e capacidade de pago oriéntanos a fiscalidade municipal. A tributación ligada ao urbanismo sostible que incorpore variables ambientais e apoio á rehabilitación, a ligada ao ciclo da auga, a da xestión adecuada dos residuos urbanos tendentes á consecución das tres RRR (reducir, reutilizar e reciclar) ou a da mobilidade para potenciar que as persoas usen máis a cidade que o automóbil son eixos de futuro.

Últimas novas APOIO Á FOLGA COMARCAL DO 12 DE XUÑO O Grupo Municipal Socialista súmase á folga comarcal, polo que as dependencias do Grupo Municipal Socialista estarán pechadas e non asistirán ás comisións, en caso de que sexan convocadas.

Deportes RECLAMAMOS

A

REALIZACIÓN

DO

MEMORIAL ANUAL “JOAQUÍN ROMERO”, MÁIS CANDO ESTE ANO SE CONMEMORA O SEU PASAMENTO

O noso concelleiro Manuel Santiago esixiu reiteradamente a celebración do trofeo adicado ao atleta ferrolá Joaquín Romero, conseguindo que finalmente se realizase neste mes de xuño. Sen embargo, os socialistas critican a perda da filosofía deste trofeo, coma cita ineludible para o campo a través na cidade. En lugares diso, a proba realizarase en pista.- censura o concelleiro socialista.

9


Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol Selección mensual das novas do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol.

De esquerda a dereita: María López, Manuel Santiago, Ramón Veloso, Jaime Pena, Natividad González, Gerardo L. Castrillón e Vicente Irisarri.

CONTACTA CON NÓS! Casa do Concello Praza de Armas s/n Primeiro Andar 1 5402 Ferrol

Teléfono: 981 944034 Fax: 981 9451 98 psoe@ferrol.es

Estamos en facebook! Grupo Municipal Socialista de Ferrol e tamén en twitter! @GrupoPsoeFerrol


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.