Escolma Maio 2014

Page 1

maio 201 4

Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol

“Tras conseguir, no 2011 , a declaración de BIC de Ferrol Vello, nunca deixamos, nestes tres anos, de reclamar a contratación do Plan Especial. Apoiamos a súa tramitación, convencidos da urxente necesidade de dispor deste instrumento urbanístico imprescindible, para protexer e rexenerar o valor patrimonial, cultural e histórico de Ferrol Vello, orixe da nosa cidade, que temos a obriga de preservar para as vindeiras xeracións.” Natividad González, a nosa voceira.

PLAN ESPECIAL DE FERROL VELLO

Páx. 5


maio 201 4

SEscolma U M Ado RGMSI O PÁXINA

NOVAS E PROPOSTAS

Demandas no Consello Escolar Municipal Apoio ás demandas das familias do CEIP Isaac Peral Traslado da Aula da Ecoloxía Urbana e eliminación da Ludoteca Condolencias polas vítimas de violencia de xénero Centralización semafórica Breves Ruptura do consenso do Urban

OPINIÓN

Plan Especial de Ferrol Vello Natividad González

PLENO ABRIL

Posicións socialistas - Saneamento da ría

Mocións

- Comedores escolares e campamentos nas vacacións de verán - Arranxo dos problemas urxentes do mercado municipal de Caranza

GALERÍA DE IMAXES

1 2 3 4 5 6 7 9


NOVAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

PEDIMOS QUE SE ATENDAN AS DEMANDAS DAS DIRECCIÓNS DOS CENTROS ESCOLARES DA CIDADE

Apoiamos as demandas das familias do CEIP Isaac Peral No Consello Escolar Municipal, celebrado o 22 de maio, pedimos que se atendan as demandas das direccións dos centros escolares, que se conceda a entrevista pedida ao alcalde, feita fai dous meses e a constitución dunha comisión interdisciplinar, entre as concellerías de educación e benestar, que conte coa representación das direccións dos centros e que coordine temas como o absentismo, a conciliación, os comedores escolares, ou as problemáticas sociais que afecten aos menores e a loita contra a exclusión social. Tamén demandamos a consellería de educación, a programación e planificación das obras de mantemento dos centros escolares coa participación das direccións de centros. Reiteramos a petición da posta en marcha dun dispositivo de seguridade na entrada e saída dos centros escolares, destacando os problemas de seguridade vial que teñen lugar, entre outros, no CEIP Cruceiro de Canido e no CEIP Juan de Lángara. Congratulámosnos do inicio, no verán, das obras para a posta en marcha do comedor de Ponzos, que os socialistas impulsamos coas nosas reivindicacións constantes, e as emendas ao respecto nos orzamentos municipais e da Xunta de Galicia. Finalmente reclamamos, de novo, a firma do convenio coa Fundación secretariado xitano, especialmente necesario en determinados centros onde existe un alto porcentaxe de alumnado de etnia xitana.

Outras propostas socialistas PRANTEXAMOS A APERTURA DE POLO MENOS DOUS COMEDORES ESCOLARES NO VERÁN. VER PÁXINA 7.

Pedimos solucións inmediatas no caso puntual do CEIP Isaac Peral, pero tamén que se vaia traballando na busca dunha solución definitiva para as familias usuarias.

Manifestamos o noso apoio ás xustas demandas dos pais e nais do CEIP Isaac Peral, que quedaron sen praza para os seus fillos e fillas, máis cando os seus irmáns estudan no devandito, centro nalgúns casos. Así, en diferentes Comisións de cultura e educación, pedimos que se busquen solucións inmediatas e urxentes, para resolver este problema. Instamos ás administracións a facilitar á conciliación, entendendo que non é de recibo a situación que están a vivir estas familias, que se contradí coa normativa en vigor en materia de conciliación, puntualizando que un aumento da ratio no número de alumnado por aula vai a menoscabar a calidade do ensino nas aulas. “Por tanto, reclamamos, que de forma inmediata se busquen solucións, e se priorice ás familias que xa teñen menores matriculados no centro.” Así mesmo, solicitamos que se revise a aplicación do convenio existente entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Defensa, buscando unha solución ecuánime e definitiva para as familias usuarias, instando ao goberno local a facer as xestións oportunas para que nun futuro non se volvan a repetir este tipo de situacións nun colexio da cidade. Pé de foto: A nosa edil María López, e a nosa voceira Natividad González.

1


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

NOVAS

DENUNCIAMOS QUE O GOBERNO LOCAL ELIMINOU A ÚNICA LUDOTECA DO CONCELLO É un goberno que non resolve os problemas senón que é especialista en crealos onde non os hai. Recriminamos as medidas improvisadas e provisionais do goberno que non satisfacen a ninguén. Aludimos así as recentes medidas adoptadas polo goberno local, e coñecidas pola prensa, de eliminar a ludoteca do Cantón e trasladar alí a Aula de Ecoloxía Urbana, que estaba ubicado anteriormente no parque Raíña Sofía. Os socialistas manifestámonos en contra de que dous servizos públicos fundamentais en materia de educación se vexan afectados por decisións unilaterais do goberno do Partido Popular, afectando á calidade de ámbolos dous servizos, entendendo que “ningún deles debe desprazar ao outro.” Lamentamos a falta de planificación do goberno local, e máis cando xa o GMS puxera encima da mesa as diferentes alternativas a estes cambios que existen, para a mellora e crecemento destes dous servizos. Lonxe diso o goberno local os reducen e eliminan, din os socialistas.

Nosa congratulamos de que o goberno local atendese a nosa petición para volver a incorporar as condolencias polas vítimas de violencia de xénero no pleno de maio, pois levábamos dous meses en que non se lembraba ás vítimas de violencia machista.

A nosa idea era ampliar o servizo de ludoteca, adicando tamén o espazo inferior, que na actualidade ocupa a Asociación de Xadrez, tralo seu traslado a un espazo máis amplio para o mellor desenvolvemento da actividade no CEIP Juan de Lángara.

O goberno local, en base a interpretación dunha orde da delegación do Goberno, suprimiu de xeito unilateral este punto de condolencias, cando no Concello ferrolán foi acordado no seu día, por unanimidade, incluír un apartado que reprobaba os actos de violencia de xénero, que se producen cada mes, no conxunto do estado.

Así mesmo, a proposta socialista respecto á aula de ecoloxía urbana, trasladada ao goberno fai meses, consiste na reubicación do servizo no parque municipal de O Montón, o que posibilitaría o desenvolvemento de novas actividades co obxectivo de darlle un pulo á educación ambiental na cidade.

2

CONSEGUIMOS QUE AS CONDOLENCIAS POR VIOLENCIA DE XÉNERO VOLVAN A FIGURAR NA ODD DOS PLENOS

Os socialistas denunciamos tamén que estas decisións veñen a afectar tamén á realización de programas dirixidos aos menores como son os campamentos urbanos de verán, ou o programa de conciliación “Tempo para Avanzar”. Este último foi provisionalmente desprazado á Casa da Muller, cando as devanditas instalacións no son axeitadas para elo, interrompendo o servizo durante varios días, motivado pola falta de planificación e a mudanza do mobiliario.

Pé de foto: O noso voceiro adxunto, Jaime Pena, e a concelleira María López.

Os socialistas criticamos esta decisión unilateral, que impide visibilizar, dende a administración local, un problema tan grave como é ou dá violencia de xénero, relegando o esta lacra ao ámbito privado ou doméstico. Por elo, pedimos que se fixeran as adaptacións necesarias que posibilitasen cumprir a orde da delegación de goberno e, ao mesmo tempo, manter nos plenos da nosa corporación o punto que de conta das mortes por violencia de xénero.


NOVAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

URXIMOS AO GOBERNO LOCAL A RECTIFICAR E RETOMAR O PROXECTO DE CENTRALIZACIÓN SEMAFÓRICA

Denunciamos que a paralización da centralización semafórica supón a dilapidación dos recursos públicos xa investidos no proxecto e a perda de fondos do estado, ademais de relegar a seguridade vial a un segundo plano, impedindo que Ferrol se poña ao mesmo nivel que as demais cidades da nosa comunidade autónoma. Lembramos, que o abandono deste proxecto, vai supoñer a dilapidación dos recursos públicos que o goberno anterior investiu no eido da centralización semafórica, nada menos que 1 ,5 millóns de euros do Fondo Estatal de Emprego e Sostenibilidade Local, que se sustentaba nun Convenio asinado co Ministerio de Fomento que xa tiña comprometidos os fondos necesarios a este respecto, o que por outra parte provoca unha perda de investimentos de outras administracións no noso concello. Levamos reclamando a continuidade da centralización semafórica dende o inicio do actual mandato, xa que consiste en sistema de control centralizado do tráfico, que inclúe a instalación de cámaras mediante circuíto cerrado para a vídeovixianza do tráfico, destacando que “este foi un proxecto iniciado no goberno socialista que agora queda truncado pola mala xestión do goberno popular.” Manifestamos que “desgraciadamente, en materia de tráfico, o goberno do Partido Popular está máis centrado na vía recaudatoria e punitiva, que na seguridade vial da cidadanía. Denunciamos que “si lle parece prioritario a compra dun vehículo para poñer multas, non así a regulación semafórica na nosa cidade, que permita non so unha maior fluidez do tráfico, senón tamén unha maior seguridade vial para os peóns.” “Non parece razoable que, o goberno alegue falta de recursos para impulsar este proxecto de seguridade vial, cando acaban de dar a coñecer que lles sobraron 1 0 miloons de euros do ano pasado, que non foron quen de investir. E censuramos a decisión do goberno local e declaramos que “non cremos que a seguridade sexa un ámbito que se poida xestionar dende un punto de vista economicista. Senón que dende o noso punto de vista hai cousas que teñen valor pero non teñen prezo, e a seguridade é unha delas”.

Pé de foto: O noso concelleiro Gerardo L. Castrillón, e a nosa voceira Natividad

BREVES Tamén...

­ Participamos na recollida de sinaturas para que o 1 de febreiro sexa declarado Día Europeo dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos das mulleres. ­ Denunciamos novamente o recoñecemento extraxudicial de facturas. ­ Criticamos a demora no pago de subvencións a entidades de benestar social. ­ Instamos ao goberno a cumprir acordos en materia de accesibilidade. ­ Pedimos que se poña en marcha un dispositivo de seguridade á entrada e saída aos colexios. ­ Denunciamos o abandono patacal do mantemento da praza de España, onde que xa semella un patacal. ­ Pedimos a liberación das nenas de Nigeria, participando nas accións en rede de Amnistía Internacional.

3


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

NOVAS

DENUNCIAMOS QUE O GOBERNO ROMPEU O CONSENSO EN TORNO AO URBAN

As presas levan ao goberno a pagar a rúa do Sol con cargo ao Urban. Fixemos balance do Plan Urban, que o goberno local so concluiu as actuacións iniciadas no anterior mandato, e agora, como consecuencia do retraso na xestión dos proxectos e ante o temor de non consumir os fondos, están buscando actuacións debaixo das pedras Así o goberno, de xeito unilateral, fixo cambios de partidas do Urban para proxectos que non estaban dentro do Plan URBAN , o que supón unha ruptura do consenso político e social co que se fraguou.

Pé de foto: o edil socialista Ramón Veloso e o voceiro adxunto Jaime Pena.

Rúa do Sol Así acontece na reparación da rúa do Sol, que vaia a ser financiada con fondos Urban, cando xa tiña consignación nos orzamentos para este ano. O mesmo ocorre con parte da obra da rúa Alegre, concretamente a relacionada co saneamento, que tamén figuraba nas contas municipais. Achacamos esta situación ao medo escénico que sofre o goberno de José Manuel Rey Varela a perder fondos porque “non son capaces de investir en ningún sentido”. Actuacións pendentes Botamos en falta as actuacións do Cantón, que tiña un proxecto finalizado, pagado e autorizado por Patrimonio, o Baluarte ou a casa de Carvalho Calero, na que agora o goberno renuncia a investir. Respecto á Costa de Mella, o prazo de execución de 1 4 meses non permitirá finalizar as obras antes de 201 6, en contra do manifestado polo alcalde, que indicou que estarían concluídas o próximo ano. O mesmo ocorrerá con outras intervencións, como o centro cívico de Canido. Lamentamos ademais que a participación cidadá desaparecera, que é unha parte destacada do plan Urban, e que esta prevista no Consello Asesor Cidadán. Finalmente fixemos un chamamento ao goberno, para que inicien xa, os traballos para concorrer e conseguir un novo Plan URBAN para Ferrol ante a inminencia dun novo período de financiación europea. E mesmo consideramos que o propio Plan Especial de Ferrol Vello podería ser un dos elementos do novo URBAN.

4


OPINIÓN

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

“O NECESARIO ACORDO EN MATERIA URBANÍSTICA”

No mes de maio, o pleno de Ferrol, aprobaba a tramitación inicial do Plan Especial de Protección e Rehabilitación de Ferrol Vello, un asunto relevante en materia urbanística.

Porque ten actuacións para mellorar a calidade de vida das persoas, con vivendas acordes as necesidades actuais, máis de 3.500m2 de espazos públicos e dotacionais, e propicia a reactivación Lembro, que no mandato anterior, houbo acordo económica con negocios e servizos de unánime para redactar o PE de Ferrol Vello, trala proximidade, afastando a pantasma do aprobación do BIC, e así se reflectiu no traspaso de barrio dormitorio. poderes, que deixou redactado o prego de condicións técnicas, e xa pasaron 3 anos. E favorece a recuperación da centralidade e funcionalidade do casco histórico de Certamente, a declaración de Ferrol Vello como Ben Ferrol, como cidade prestadora de de Interese Cultural, consumiu moitas horas de servizos administrativos, culturais, traballo ao goberno socialista, que incluso tivo que universitarios, sanitarios e de transporte. alegar contra a decisión da Xunta de non apoialo. Abrindo o abano das actividades Pero, finalmente, en febreiro de 2011 , se produtivas, con oportunidades para xerar conseguiu. emprego e riqueza no noso contorno e na propia Comunidade autónoma. Así, hoxe dispomos de dúas figuras xurídicas de protección, catalogadas BIC, para que a Pero estamos no inicio dun Plan que se planificación urbanística posterior de Ferrol, desenvolve en 1 2 anos, é dicir 4 novos protexa, rehabilite e rexenere os nosos cascos mandatos, e quedan moitos pasos que históricos. dar, entre eles acadar financiamento. Para que preserve e fortaleza as sinais de identidade que nos diferencian doutras urbes, e teñamos un coñecemento informado do noso concello, que é o mais descoñecido de Galicia, eu diría, incluso, que dos propios ferroláns e ferrolás. Os socialistas apoiamos co noso voto, a tramitación deste Plan Especial e tiñamos razóns sobradas para elo. Porque o que acontece en Ferrol Vello, a súa agonía física, social, funcional e económica, non se circunscribe a el. Trátase de “enfermidades” que afectan a todo o concello dende fai tempo, e temos a obriga de parar esta pandemia. Para elo, fan falla tódalas mans, tódalas mentes e tódolos corazóns, pois só así poderemos vencer á pandemia e ser a referencia da nosa área metropolitana, a cidade da Ría, o lugar onde vivir e desenvolverse, a cidade acolledora e emprendedora, que desexamos ser. Porque concordamos co Plan, nos criterios de sostibilidade urbanística e cohesión social. Conflúe co PXOUM e aplica o Plan de Mobilidade, facendo posible achegarse a fachada marítima, confluír entre barrios e un dispor dun transporte axeitado que evite o illamento. A nosa voceira Natividad González.

Por iso, é preciso concertar tódolos apoios ante a tarefa inxente que se aveciña, para acadar a lexitimidade social, a seguridade normativa e política que sustente o inxente esforzo que vai ser necesario realizar nos vindeiros anos. O novo PXOUM nos vai colocar ante o reto dos acordos en materia urbanística, imprescindibles para avanzar no deseño do noso concello. Os socialistas imos traballar por elo, nos obriga o rigor e o compromiso de cidade. Non é posible mirar cara outro lado, precísanse esforzos de unidade.Ferrol non pode perder, si o fai xa non será Ferrol, e será inxustificable ante das vindeiras xeracións.

5


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

POSICIÓNS SOCIALISTAS Saneamiento de la ría

A voceira Natividad González interviuu, no Pleno da corporación, lembrando que o saneamento da Ría, é, a actuación máis demandada pola cidadanía de Ferrol, dende hai mais de dúas décadas. “Todos concordamos na urxente necesidade de dispor desta infraestrutura crucial, para a defensa do noso contorno medioambiental e paisaxístico, con repercusións na saúde pública da colectividade, e na explotación racional dos recursos naturais da nosa Ría”, dixo. “Por elo, vaia por diante, o noso respaldo ao saneamento, e o noso interese en que entre en servizo, para dar cumprimento á Directiva 91 /271 /CEE sobre saneamento e calidade no tratamento das augas residuais, evitando os graves problemas medio ambientais, sanitarios e económicos que se están a producir”, engadiu. Explicou que os socialistas apostamos por unha xestión municipal do ciclo da auga, queremos que sexa a administración local a que manteña o control e a capacidade de decisión sobre o custe do ciclo da auga. Porque debemos ser nós, e non outra administración a que determine o prezo deste servizo universal imprescindible, para que sexa un prezo xusto e equitativo. Por iso, nos parece ben que o concello de Ferrol acorde coa Xunta de Galicia asumir a xestión do saneamento e a depuración das augas. Incluso non temos ningún prexuízo en asinar un protocolo coa empresa mixta de augas, toda vez que o propio concello conta co 51 % da empresa e por tanto o socio público ten maioría na toma de decisións.

6

E tampouco cuestionamos a taxa en si mesma, pois sabemos que os custes dos servizos se financian con impostos e taxas, polo seu uso e mantemento, que os recursos non caen do ceo, dixo a concelleira.

Entón, porque non votamos a favor da proposta do goberno local? Porque se nos privou do tempo necesario para tomar posición con coñecemento de causa. Apenas 24 horas, nos pareceu unha falta de consideración e unha irresponsabilidade inaceptable. Aínda así fomos quen de trasladar a nosas dubidas e propostas, conseguindo que non pagasen o servizo as familias que non dispoñían del, caso das vivendas da zona rural e das que verten na cunca do río da Sardiña.

Pero, discrepamos profundamente do pago e prorrateo ás familias dos custes de arranque e posta en marcha do servizo, que debería pagar a Xunta e que aproximan aos 2 millóns de euros. Tampouco nos parece de recibo, que asumamos o pago anticipado do 28,58% dos custes fixos que lle corresponden ao Concello de Narón. Creemos que este pago e froito do fracaso de entendemento entre concellos. Criticamos o feito de que no protocolo con EMAFESA, se incorpora un plan director de saneamento do litoral, que e decide o modelo de depuración, outra vez, de xeito unilateral, que resulta moi cuestionable, dende o noso punto de vista. Estes custos engadidos, nos fan pensar que a taxa establecida podería ter sido menor si se tiveran en conta as nosas reflexións. Pero aínda quedan cuestións por resolver, e os socialistas seguimos dispostos a traballar a prol dunha xestión sostible e racional do ciclo da auga, que modere e minimicen a carga da prestación dos servizos. Pedimos reflexión, diálogo e cordura, en cuestións que van repercutir nas xeracións futuras, e que aínda estamos a tempo de acertar.


MOCIÓNS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

PRANTEXAMOS A APERTURA DE COMEDORES ESCOLARES NO VERÁN

POLO

MENOS

DOUS

Hai máis dun mes, instamos ao goberno ferrolán a desenvolver un plan de detección de posibles carencias alimentarias dos menores nos centros escolares da cidade.

Fixemos unha proposta para a implantación dun proxecto piloto de comedores escolares no verán, que foran acompañados de prazas de campamentos, que se sumaran ás xa existentes, co fin de evitar a estigmatización dos nenos e nenas. Para elo, plantexamos ao goberno local que fixera, en colaboración coa comunidade educativa, unha diagnose sobre a existencia ou, non de necesidades alimenticias. Mesmo propuxemos que fixera unha sinxela consulta, ás familias de nenos A nosa voceira Natividad González, e a edil socialista e nenas que actualmente dispoñen de becas de comedor –un total de 374– para saber María López. cales estarían interesadas no servizo. Os socialistas cremos que a administración ten a responsabilidade de procurar a igualdade de A voceira Natividad González e a concelleira oportunidades e colocar a todas as persoas na María López aludiron á complicada situación se está a vivir na cidade naval, cunha mesma liña de saída para chegar a meta que de desemprego do 31 ,9%, con preto de corrixindo as desigualdades. Polo elo unha taxa 3.000 persoas que esgotaron todas as súas alimentación e educación axeitadas dos prestacións e outras 327 percibindo menores son a mellor inversión de futuro que unicamente a axuda da renda de inserción podemos facer como sociedade. “É vergoñento de 400 euros, ás que hai que sumar a que o goberno local non atenda as necesidades porcentaxe crecente de traballadores básicas dos menores na cidade e que teñan pobres, cuxos ingresos non son suficientes que ser moitas entidades e parroquias as que polo escaso salario e o emprego precario. se ocupen da alimentación de moitas familias ENCONTROS COAS DIRECCIÓNS sen recursos”. DOS CENTROS ESCOLARES

O GMS, fixo o traballo que non quixo facer o goberno local. Ante a falta de resposta do goberno fixemos un calendario de encontros coas direccións dos centros educativos, que concluíron coa valoración da proposta pola súa parte, calificandoa de “necesaria, oportuna e óptima”. Tamén nos confirmaron que, hai familias en situación límite que se traduce, en que algúns teñen dificultades para mandar aos seus fillos ás excursións ou para levar unha merenda suficiente, e mesmo detectaban certa ansiedade nas comidas servidas e como os nenos repetían varias veces decidimos presentar esta proposta no Pleno, mediante unha moción, que lamentablemente foi rexeitada.. Consideramos que a negativa do goberno a atender esta situación de emerxencia non ten xustificación e reflexa a insensibilidade do mesmo cos problemas da xente, poñendo unha venda nos ollos ante unha realidade que mesmo a Defensora do Pobo manifesta. O Grupo Socialista avanzou así mesmo unha cuantificación dos custos que ascendería a vinteún mil euros para cen menores durante os meses de verán, cantidade mínima si atendemos ao beneficio que reportará e nunha concellería que deixou sen invertir uns remanentes de máis de millón e medio de euros que non chegaron a xente. A voceira apuntou “se pode facer. Nos, se gobernáramos, o faríamos”, concluíu.

7


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

MOCIÓNS

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PARA O ARRANXO DOS PROBLEMAS URXENTES DO MERCADO MUNICIPAL DE CARANZA No barrio de Caranza atópase situado un dos tres mercados municipais da cidade. Unha instalación que co paso dos anos ten ido deteriorándose fisicamente, até o punto de que, recentemente, tivo que chamarnos a atención sobre o particular a inspección da Consellería de Sanidade mediante acta de data 1 4 de febreiro do ano en curso. O goberno local non so non atende estes requerimentos senon que mostran unha inxustificable falla de responsabilidade e respecto, comezando polo Sr. Alcalde quen nin sequera se digna a recibir aos praceros do devandito mercado. Así, no pleno o noso concelleiro Jaime Pena manifestaba que "mentres urbanismo está en plena campaña de concienciación e información para que as persoas propietarias de edificios procedan a su preceptiva Inspección Técnica e reparación, o departamento de patrimonio incumpre todas as normativas urbanísticas e actas de inspección autonómicas, respecto aos edificios e instalacións municipais." Pero non só incumprimos neste aspecto como propietarios do inmoble, senón que tampouco exercemos nosa preceptivo labor de promotor e impulsor da actividade comercial en coordinación cos placeiros alí ubicados.Esta ausencia de compromiso tivo como consecuencia a paulatina caída da oferta comercial do recinto que na actualidade atópase baixo mínimos. Para non quedar desautorizados moralmente como administración e para facer xusticia con estos veciños e veciñas, presentamos a devandita moción. 1 .- O arranxo inmediato dos dous problemas que ameazan a seguridade do edificio do mercado: 1 a.- Substitución da cuberta actual por outra que permita a entrada de luz natural e solucione as pingueiras. 1 b.- Solucionar os problemas nunha trabe da fachada norte.

No debate, o noso voceiro adxunto Jaime Pena, lembrou que o anterior goberno socialista deixou elaborado un proxecto consensuado cos operadores do devandito mercado, que ofrecía unha solución integral ao problema, ao tempo que potenciaba a oferta comercial do barrio. "Tiñan que habelo sacado a concurso e a estas alturas e xa tendríamos un mercado novo. So a súa prepotencia e a súa indolencia xustifican a parálise do proxecto", manifestou Jaime Pena.

2.- Concentración de todos os postos interiores no primeiro andar do mercado, e apertura de oferta a novos postos. 3.- Dar cumprida solución as deficiencias postas de manifesto pola inspección da Consellería de Sanidade mediante acta de control oficial de data 1 4 de febreiro deste ano. 4.- Consensuar con grupos políticos e praceiros unha solución de futuro para el mercado

8


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Eleccións europeas: Intervención do número 2, Ramón Jáuregui, no mitin Central de Ferrol.

Homenaxe a Díaz Castro nas Letras Galegas. Organizada polo Clube de Prensa de Ferrol.

Minuto de silencio en sinal de duelo polo asesinato da Presidenta da Diputación de León, dona Isabel Carrasco, diante do Concello.

GALERÍA DE IMAXES

No mitin Central da Provincial da Coruña, en Palexco, na que interviño Rubalcaba.

Na clausura do curso que se fixo a proposta do Grupo Municipal Socialista, para a recuperación do pulmón verde de O Montón.

O Grupo Socialista de Ferrol se suma a la campaña #BringBackOurGirls, esixendo a liberación das nenas nixerianas. Na foto a nosa voceira, Natividad González.

"Ferrol visto por sus alcaldes". Foro Voz Ferrol. No que interviño o noso concelleiro e ex-alcalde 9 Vicente Irisarri.


Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol Selección mensual das novas do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol.

De esquerda a dereita: María López, Ramón Veloso, Natividad González, Manuel Santiago, Jaime Pena, Gerardo L. Castrillón e Vicente Irisarri.

CONTACTA CON NÓS! Casa do Concello Praza de Armas s/n Primeiro Andar 1 5402 Ferrol

Teléfono: 981 944034 Fax: 981 9451 98 psoe@ferrol.es

Estamos en facebook! Grupo Municipal Socialista de Ferrol e tamén en twitter! @GrupoPsoeFerrol


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.