Escolma maio xuño2013

Page 1

maio e xuño 201 3

Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol

“É o momento de amosar a capacidade de pensar no interese xeral, evitando caer no partidismo de regate curto, que nos levaría a un fracaso colectivo”.- Natividad González, voceira do Grupo Municipal Socialista.

Saneamento da zona rural

páx. 6


SEscolma U M Ado RGMSI O PÁXINA

PROPOSTAS

Plan de Xestión de Seguridade e Promoción das praias Emprego e medio ambiente Plan de conciliación e banco do tempo Impulso de novas rutas turísticas guiadas Rehabilitación edificio Cruz Vermella Acordo polo saneamento da zona rural

PLENOS

Confrontación no pleno de xuño Posicións socialistas

Escolma do GMS maio e xuño 201 3

1 3 5 7-8


SEscolma U M Ado RGMSI O MOCIÓNS Oficina de Dependencia Accesibilidade e CAMF

En defensa do dereito das mulleres a unha maternidade libremente decidida

PÁXINA

9 10

Sobre a modificación da Orde Ministerial IET/2804/201 2, para garantir a igualdade de trato entre as empresas siderúrxicas, e a supervivencia de Megasa

ÚLTIMAS NOVAS Melloras para a cidade e para as persoas Emendas á ordenanza do servizo de axuda no fogar

OPINIÓN

Participación cidadá Manuel Santiago

11 12

Escolma do GMS maio e xuño 201 3


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Propostas

PROPOÑEMOS UN PLAN PARA A XESTIÓN INTEGRAL DAS NOSAS PRAIAS, QUE CONXUGUE SEGURIDADE E PROMOCIÓN TURÍSTICA O termo municipal de Ferrol dispón duns 50km de liña de costa, contando con 21 praias de gran diversidade biolóxica, cun elevado potencial para o turismo deportivo e de natureza, con augas abrigadas e abertas, combinadas con agrestes acantilados e areais espectaculares. Neste senso, o Grupo Municipal Socialista quere colaborar na tarefa de oposición construtiva, cunha proposta que impulse a mellora da eficacia das equipas de vixilancia, rescate e auxilio, entendendo que o dito plan debería contar con: 3. PERSOAL PROFESIONAL Garantir unha selección obxectiva e profesional, 1 . UNHA AVALIACIÓN INICIAL DE RISCOS acreditando a formación e superando probas físicas - Avaliación cualitativa y cuantitativa dos riscos presentes, con acordes ( correr paralelo ao mar, nadar perpendicular á detalle das características dos perigos existentes: ondas, praia e regresar…, ou similar) correntes, rocas semi-sumerxidas, formación de chanzos na auga, estado da mar, ventos dominantes, etc. Fomentar unha formación homologada e coñecemento - Análise da información existente en campañas de procedementos e boas prácticas no uso do material. anteriores, con datos finais e específicos. Dispoñer de efectivos suficientes que incidan na proactividade e aplique a prevención por riba da - Valoración dos posibles riscos pouco usuais. actuación, que non se conformen con avisar, e mesmo fagan recomendacións e prohiban o baño, onde e - Obxectivos en prevención, por riba do mínimo. cando sexa perigoso. - Análise dos custes de prevención e dos beneficios Fomentar o recoñecemento da autoridade do/a derivados de la aplicación socorrista. 2. VALORACIÓN DAS INSTALACIÓNS E SERVIZOS NECESARIOS, ACCESIBILIDADE E MEDIO AMBIENTE 4. DESENVOLVEMENTO E SEGUIMENTO DO PLAN Análise das necesidades reais da praia referida aos Colaboración entre as concellerías implicadas: Policía, Seguridade, Servizos, Medio Ambiente e Turismo. seguintes aspectos: 1 . Seguridade: Postos de vixilancia, puntos móbiles, Posta en práctica dunha política de mellora continua, en primeiros auxilios, embarcación de salvamento, vixilancia base ao seguimento e avaliación. nocturna, etc. Transferir a información aos usuarios e usuarias, 2. Accesibilidade: aparcamentos, rampas, sillas e muletas difundindo as cualidades das nosas praias e advertindo dos seus riscos. anfibias, etc. 3. Servizos e instalacións: duchas, papeleiras, Poñer en valor as nosas praias coa súa promoción turística. contenedores de reciclaxe, etc. un orzamento concreto para a 4. Protección da natureza: información ambiental, Incorporar implementación do plan de seguridade de praias. pasarelas, acordonamento das dunas, existencia de especies exóticas invasoras, etc. Presentar os resultados anualmente, con propostas de mellora e novos obxectivos de seguridade, pois entendemos que a mellor imaxe das nosas praias e do 1 nosos municipio no verán é un balance de cero afogados .


Propostas

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

POLO DÍA MUNDIAL DE MEDIO AMBIENTE FIXEMOS UNHA PROPOSTA QUE UNE MEDIO AMBIENTE E EMPREGO

Instamos ao goberno local a recuperar o pulmón verde de O Monton , un espazo verde de 29.000 m 2 sen ter que saír da cidade, en pleno barrio de Caranza. O Grupo Municipal Socialista pediulle oa goberno local que poña en marcha o proxecto existente do anterior mandato para a recuperación da zona verde do Montón, para transformala nun arboretum ou xardín botánico adicado á flora local xa existente nese espazo, conectado co paseo marítimo de Caranza. O Grupo Municipal Socialista pediulle oa goberno local que poña en marcha o proxecto existente do anterior mandato para a recuperación da zona verde do Montón, convertindo este espazo nunha zona de esparcimento e interpretación ambiental, conectada co paseo marítimo de Caranza. Os socialistas consideran imprescindible a recuperación deste pulmón verde, caracterizado por unha riqueza botánica inigualable, xa catalogadas, contando cun total de 1 .207 exemplares, acondicionando o edificio existente e os alpendres anexos, que permitirían a reubicación da Aula Ecoloxía, dándolle o pulo necesario á educación ambiental na cidade , e nunhas instalacións máis apropiadas. Xacemento de emprego Considerando o xacemento de emprego que supón o coidado e a recuperación do medio ambiente, o Grupo Municipal Socialista propúxolle ao goberno local a solicitude á Xunta de Galicia dunha escola taller para acondicionar esta zona verde, recuperación de espazos naturais e acondicionamento de edificios.

Combinar educación e conservación O aproveitamento sería como zona verde, de esparcemento e de coñecemento do medio natural neste entorno. Para elo, a idea socialista é a de rehabiltar o edificio existente e os alpendres anexos, permitindo así albergar un centro de interpretación, dándolle o pulo necesario á educación ambiental na cidade, e nunhas instalacións axeitadas. Sendas interpretativas Así, o proxecto inclúe o acondionamento de sendeiros con información dos distintos itinerarios e ofrecendo explicacións sobre os valores naturais e patrimoniais da zona.

2


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Propostas

PEDÍMOSLLE AO GOBERNO LOCAL QUE ABORDE UN PLAN LOCAL DE CONCILIACIÓN FAMILIAR QUE CONTEMPLE UNHA PROGRAMACIÓN CONTINUADA E ESTABLE

Instamos ao goberno local a recuperar o banco de tempo que eliminaron. Banco de tempo O Grupo Socialista denuncia a desaparición doutro servizo posto en marcha no anterior mandato e que acadou unha importante participación e resposta cidadá. Trátase do Banco de Tempo, que situado na Casa Solidaria se creou co obxectivo de constituir unha rede de axuda mutua entre as persoas para facilitar o intercambio de habilidades, coñecementos e servizos, co tempo como única moeda de cambio.

Plan Local de Conciliación Así, o Grupo Socialista propón que se aborde un Plan Local de Conciliación que conte coa colaboración da Administración Autonómica recibindo o respaldo económico necesario mediante as subvenciones e transferencias para levalo a cabo. No devandito Plan deberán incluirse, a xuizo dos socialistas, o banco de tempo, os diferentes programas de conciliación e as redes comunitarias de apoio á conciliación que se activen na procura deste obxectivo. Neste senso destacaron a posta en marcha no anterior mandato dun programa novidoso de conciliación ao que é preciso darlles continuidade, como solicitamos nas comisións, para que sexa realmente efectivo, permitindo que as familias, en especial as monoparentais ás que está principalmente dirixido, conten coa existencia do servizo que atenda as súas necesidades, e non quede al albur da improvisación, como está a ocorrer na actualidade.

3

Tras varias comisións denunciando a paralización do servizo e mesmo da páxina web que facilitaba os intercambios, a Concellería de Benestar confirmou a eliminación do servizo esgrimindo falta de persoal para atendelo, supoñendo a eliminación dun instrumento útil para impulsar a vida comunitaria mediante o fomento de valores solidarios de igualdade e cooperación, e encamiñado a resolver necesidades da vida cotiá e mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Deste xeito, o Grupo Municipal Socialista destaca que os Bancos de Tempo están recollido na Lei de traballo en igualdade das mulleres en Galicia co obxectivo de facilitar ás persoas empadronadas no Concello a conciliación da vida persoal, familiar e laboral mediante a realización de labores domésticas concretas, en especial aquelas que esixan desprazamentos, como a realización da compra ou de xestións de índole administrativa, e de labores de compañía de menores de idade ou persoas dependentes. Neste senso, o Concello xestionarán unha base de datos de persoas demandantes das referidas labores e as necesidades de tempo.


Propostas

Grupo Municipal Socialista de Ferrol Grupo Municipal Socialista de Ferrol

ENTENDEMOS MOI NECESARIO O IMPULSO DE VARIAS RUTAS TURÍSTICAS NA CIDADE, COMO FERROL EN FEMININO, FERROL MODERNISTA, AS MENINAS DE CANIDO E AS RUTAS DA NATUREZA

Gracias a elo o concello volveu a ofertar a ruta modernista e as rutas naturais.

As Meninas de Canido O Grupo Municipal Socialista considera que a iniciativa cultural de As Meninas de Canido, promovida polo artista ferrolá Eduardo Hermida, debe ser considerada coma ruta cultural pictórica e turística para a nosa cidade, máis cando está recomendada pola Unesco. Para os socialistas non é razoable que un proxecto, que conta co recoñecemento das altas instancias europeas e desperta un grande interese internacional non se lle dea o impulso que merece por parte do goberno local. Neste senso, o Grupo Municipal Socialista insta á posta en marcha desta creativa ruta, sendo unha oferta turística moi innovadora. Rutas naturais Os socialistas tamén pídenlle ao goberno local que lle de o pulo ás rutas naturais existentes na nosa cidade. As, lembran no anterior mandato a aposta do goberno socialista polos espazos naturais da cidade, editando así mesmo 3.500 guías para divulgar entre a cidadanía a riqueza do medio natural de Ferrol, do que unha amplia parte se engloba na Rede europea Natura 2000.

Ferrol en Feminino Neste senso, lembran que existe un acordo plenario ao respecto dunha proposta socialista en forma de moción, levada ao pleno do 21 de maio deste ano. Na proposta socialista proponse que se recupere a ruta turística “Ferrol en Feminino” e se inclúa na programación turística, poñendo en valor o traballo desenvolvido polas mulleres na historia da cidade. O acordo plenario consiste tamén en acometer unha sinalización, alusiva ás pegadas que as mulleres deixaron na cidade de Ferrol, para completar esta ruta, e permitir a realización de visitas guiadas, poñendo á nosa cidade no punto de mira dun turismo feminino crecente. Modernismo Así mesmo, os socialistas lembran que fai un ano o Grupo Socialista fixo unha proposta para o aumento da oferta turística guiada na cidade, e, por ende, da contratación de persoal, na que ademais da ruta en feminino, pedíase o impulso da ruta do modernismo en Ferrol. Lembran que dende a Concellería de Urbanismo no mandato anterior púxose en marcha esta iniciativa, que consiste no paseo polos puntos emblemáticos da arquitectura modernista en Ferrol. Fíxose tamén unha audio-guía elaborada para tal fin. Polo que pídenlle ao goberno, agora que vai reconsiderar a súa decisión de peche da oficina de turismo pola necesidade que supón, que se recupere a ruta guiada do modernismo para os grupos de persoas interesados nela, poñendo a disposición dos visitantes audio-guías en diferentes idiomas para as visitas individuais.

4


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Propostas

PROPUXEMOS A REHABILITACIÓN DO EDIFICIO MODERNISTA DA CRUZ VERMELLA E XA É UNHA REALIDADE Instamos no mes de maio ao goberno local a articular a fórmula para o arranxo do edificio onde se ubica a Cruz Vermella. Actualmente estase a rehabilitar, a instancias do noso grupo, e gracias ás nosas propostas en positivo. Este edificio emblemático forma parte da ruta Grupo modernista Ferrol, de Ferrol MunicipaldeSocialista posta en marcha no anterior mandato. O Grupo Municipal Socialista insta ao goberno local a articular a fórmula para o arranxo do edificio onde se ubica a Cruz Vermella, manifestando que a administración local debe procurar o estado de decoro das vías e edificios públicos, acometendo as obras necesarias naquelas de titularidade municipal. Así mesmo, o Grupo Municipal Socialista lembra que os populares na oposición reclamaban a construción dunha zona de ocio para pequenos e maiores no barrio de Caranza, petición que rexeitaron levar a cabo nestes dous anos que levan de mandato con maioría absoluta, nin nese espazo nin en calquera outro da cidade ata o de agora. Outras propostas dos populares que quedaron nun caixón ao chegar ao goberno é a implementación do II Plan de Igualdade. Plan aprobado no anterior mandato e que o goberno popular ten totalmente paralizado, atopándose a piques de rematar a súa vixencia, denuncia o Grupo Municipal Socialista. Así mesmo, a ruta modernista volverá ser ofertada polo goberno local. Outra proposta socialista que se converte nunha realidade.

5

Neste senso, os socialistas destacan que o Concello de Ferrol dispón dun edificio senlleiro, dispensario antituberculoso do ano 1 908 na rúa do Sol 26, incluído nos itinerarios de visitas guiadas ofertadas polo Concello dende a Concellería de Turismo, e que forma parte da ruta modernista. Dende fai anos o Concello asinou un acordo de cesión en precario do devandito edificio, coa Cruz Vermella para a súa utilización como sede local das súas actividades. Así, o edificio se atopa nun estado de deterioro visible, e o Concello de Ferrol debe procurar que o estado de conservación do mesmo sexa o axeitado, e articular as fórmulas necesarias para elo.


Propostas

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

PEDIMOS UN ACORDO DE TODA A CORPORACIÓN A PROL DO SANEAMENTO DA ZONA RURAL Pediu unha comisión monográfica para estudar e avaliar os datos sobre as distintas propostas de saneamento.

Os socialistas manifestan que un tema deste calado debe contar coa decisión de toda a corporación municipal, e da cidadanía afectada. O Grupo Municipal Socialista considera que o saneamento da zona rural é un servizo básico, urxente e necesario, que debe ser levado a cabo canto antes e co máximo acordo de tódolos afectados. O Grupo Municipal Socialista considera que non é o momento de discutir que" si galgos ou podencos", pero que é imprescindible contar co acordo razoado e xustificado de tódolos membros da corporación e mesmo da cidadanía afectada. Para elo é preciso sentarse tódalas partes para estudar os informes de todas as posibles alternativas, con total transparencia e cooperación, aplicando a codecisión e a gobernanza nun tema deste calado, que vai a afectar ao presente e ao futuro do noso entorno natural, e mesmo ás condicións de vida das persoas. Colaboración e comisión monográfica Os socialistas ofertaron a súa colaboración para estudar as posibles alternativas e pediron que se convocara unha comisión monográfica sobre o asunto, no que partiparan tódolos grupos que conforman a corporación municipal.

Os socialistas, en comisión de medio ambiente, adiantaron que era necesario establecer un cronograma o máis curto posible, pero tamén realista, sobor de todo porque a opción que plantexa o goberno establece un horizonte temporal que non é efectivo ata dentro de tres mandatos. Natividad González lembrou que a primeira moción presentada polo GMS nesta mandato, se refería ao saneamento, e que cando o GMS respaldou ao goberno na decisión de continuar coas actuacións para conquerir o saneamento integral da ría a finais do 201 5, xa pediron que o saneamento da zona rural non quedara fora deste cronograma, por entender que corríamos o risco de non volver a abordalo en décadas. Acordo pola cidade Esta preocupación leva á voceira socialista a defender a necesidade dun acordo polo ben común da cidade no referente ao saneamento da zona rural, para que sexa cal sexa a cor do goberno dos vindeiros mandatos municipais, o proxecto que se acorde e planifique entre todos poda levarse a cabo sen atrancos, demoras ou novos debates que poidan xurdir, co obxectivo de garantir a súa execución. 6


Plenos

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

CONFRONTACIÓN NO PLENO DE XUÑO A nosa voceira, Natividad González, compareceu en rolda de prensa acompañada de tódolos membros do Grupo Municipal Socialista, despois da situación que se viviu no desaloxo de varias persoas que estaban manifestándose no pleno de xuño, razón pola que o Grupo Socialista ausentouse do mesmo. A voceira socialista instou ao alcalde a dialogar cos representantes da cidadania e dos diferentes colectivos afectados, polas duras problemáticas que están a padecer, co obxeto de ser quen de compatibilizar o normal funcionamento da POSICIÓNS SOCIALISTAS SOBRE administración local e o dereito de expresión dos OS ASUNTOS TRATADOS NO afectados. PLENO DE XUÑO

INSTAMOS AO GOBERNO LOCAL A URBANIZAR, DUNHA VEZ POR TODAS, O POLÍGONO DE O BERTÓN

Rexeitamos o intercambio de parcelas que levou a cabo o goberno local, que modifica o planeamento do Bertón, ao priorizar o uso deportivo fronte ao educativo, ao disminuir 3000 m 2 o espazo do uso educativo. O Grupo Socialista rexeita o intercambio de parcelas, que modifica o planeamento do Bertón, ao priorizar o uso deportivo fronte ao educativo, nun espazo de crecemento de cidade, e xerando un desequilibrio dotacional. Por elo os socialistas opóñense a esta decisión do goberno local, considerando que “non é un intercambio nin neutral nin equitativo, xa que crece en 3.000 m 2 o uso deportivo en detrimento do educativo. Máis cando os centros educativos de referencia da zona atópanse saturados”.

7

Ao respecto ao intercambio de usos en varias parcelas do polígono do Bertón, o Grupo Socialista manifesta que non tería ningún inconvinte en apoiar este aspecto, se as parcelas contasen coa mesma superficie e fose simplemente unha modificación espacial das mesmas. Sen embargo, o goberno local tomou a decisión de reducir a superficie para o seu docente, nun espacio na que os centros educativos están saturados, e non sobran as posibilidades de crecemento.

No referente á urbanización do polígono, os socialistas critican que esta é a cuarta vez que o goberno local leva ao pleno o Convenio coa Xunta de Galicia, facendo modificacións menores. Os socialistas lamentan que leven dando tumbos dende xuño do 201 2, sendo esta a cuarta vez que se leva a modificar o devandito convenio. Por elo, a voceira socialista insta ao goberno local a poñer en marcha a urbanización do mesmo e a facer as obras dunha vez por todas.


Grupo Municipal Socialista de Ferrol AMOSAMOS A NOSA PREOCUPACIÓN POLA XESTIÓN DO CICLO DA AUGA NA NOSA CIDADE

Reclamamos un consenso de toda a corporación nesta materia tan sensible, con repercusións para vindeiras xeracións. Advirtimos ao alcalde do perigo que supón tomar estas decisións en clave partidista e temen que se estea mal comprometendo a xestión do ciclo da auga de Ferrol e as decisións de futuro.

Pedímoslle unha vez máis ao alcalde a comparecencia do xerente de Emafesa e do Goberno local na Comisión Informativa Municipal correspondente para expoñer: 1 º. As causas e posibles solucións da redución do número de abonados. 2º. Os detalles do convenio de As Forcadas, referidos aos recursos económicos e humanos necesarios para coñecer o gasto e investimento actual da Xunta de Galicia no encoro, o Plan de Explotación, o Equipo Técnico e os seguros necesarios. 3º. As consecuencias legais do prazo de amortización de 30 a 50 anos das instalacións. 4º. O plan de investimentos no rural, a seu financiamento, as razóns do cambio de criterio de depuración e as súas posibles consecuencias medioambientais.

DENUNCIAMOS QUE O CONCELLO DE FERROL ESTÁ ESPIDO EN MATERIA TURÍSTICA

Criticamos as cortas miras do goberno local na oferta turística da cidade, e pedimos que se publicite todo o que Ferrol pode ofrecer. Os socialistas denuncian unha vez máis que non hai Oficina de Turismo na Cidade por decisión do goberno popular, lembrando que no último Consello de Administración o Alcalde xa recoñeceu que é unha infraestrutura necesaria.

Pé de foto: Jaime Pena e Ramón Veloso.

Ademais os socialistas non entende que todo o turismo da cidade se resuma nunha ruta da construción naval, e non se avance na colaboración pública co sector no desenvolvemento de turismo de congresos, no turismo gastronómico ou no turismo de natureza, na promoción da cidade fora dela, entre outras. Lembran que non hai técnicos de turismo pola decisión dos populares de anular o proceso selectivo en marcha, da convocatoria de dúas plazas. Unha decisión que o concelleiro socialista, Ramón Veloso, considera mala para o Concello e unha falta de respecto ás persoas opositoras.

8


Mocións

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

MOCIÓN SOBRE A ACCESIBILIDADE NO CONCELLO DE FERROL E SOLUCIÓN AOS PROBLEMAS NO CENTRO DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

1 .-Que o Goberno Local convoque o Consello das Persoas con Diversidade Funcional co obxectivo de establecer as prioridades en materia de supresión de barreiras e promoción da accesibilidade, e que fixe como obxectivos os contemplados nos seguintes apartados: a.- A elaboración dun Plan de Accesibilidade do Concello de Ferrol, coa incorporación dun cronograma e orzamento específico, que propicie a eliminación de barreiras arquitectónicas e que contemple a colocación de beirarrúas modulares a nivel para facilitar a accesibilidade no transporte público nos lugares que se estime necesario, como son, entre outros, as paradas de urxencias do Hospital Xeral. b.- A redacción e aprobación dunha ordenanza de accesibilidade do Concello de Ferrol, adaptada á normativa actual. 2.- Que á máxima urxencia, se acometa o proxecto de dotar de accesibilidade a estrada de Catabois ata o hospital Novoa Santos. 3.-Que se incremente a partida destinada a bonotaxis para facilitar a mobilidade das persoas con diversidade funcional. 4.-Que o Pleno de Ferrol inste ao Goberno do Estado a resolver os problemas laborais que se están padecendo no CAMF de Ferrol, evitando un retroceso nas condicións do servizo de atención 9 aos usuarios e usuarias do mesmo.

Pé de foto: Jaime Pena e María López.

MOCIÓN CONXUNTA PARA MANTEMENTO DA OFICINA DEPENDENCIA DE FERROL

O DE

Propuximos as seguintes propostas resolución, demandadas ao goberno local:

de

1 º.-Instar á Xunta de Galicia a repor en Ferrol a Oficina de Valoración da Dependencia e Discapacidades con tódolos seus servizos. 2º.-Instar á Xunta de Galicia a que proceda á unificación real da Oficina de Valoración da Dependencia e Discapacidades có mantemento de todos os postos de traballo para seguir a realizar as labores de avaliación, valoración e asignación dos recursos sociais que establece a Lei da Dependencia, e así mesmo reforzar o maior volume de traballo alí onde sexa máis necesario.


Grupo Municipal Socialista de Ferrol MOCIÓN EN DEFENSA DO DEREITO DAS MULLERES A UNHA MATERNIDADE LIBREMENTE DECIDIDA MOCIÓN SOBRE A MODIFICACIÓN DA ORDE MINISTERIAL IET/2804/2012 DO 27 DE DECEMBRO, PARA GARANTIR A IGUALDADE DE TRATO ENTRE AS EMPRESAS SIDERÚRXICAS

Acordos de resolución: 1 .- Esixir ao Goberno da Xunta de Galicia unha atención da saúde sexual e reprodutiva de calidade, pública e gratuíta, que inclúa os seguintes aspectos: - A recuperación e posta en marcha do Plan de Atención Integral á Saúde da muller, suprimido polo Presidente Feijoo. - O financiamento público de todos os métodos anticonceptivos. - A permanencia dos Centros de Orientación Familiar de carácter público dotados dos recursos humanos e materiais necesarios. - A integración da educación afectiva e sexual en todos os niveis dende infantil ata bacharelato. 2.- Esixir ao Goberno de España a respectar a aconfesionalidade proclamada na Constitución, rexeitando calquera inxerencia de ningunha moral relixiosa, no dereito a unha maternidade libremente decidida polas mulleres. 3.- Rexeitar a reforma anunciada da Lei Orgánica 2/201 0, de 3 de marzo, de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo, anunciada polo Goberno, así como a regresión que iso suporía. 4.- Recoñecer o dereito a unha maternidade responsable, o que implica, entre outras cousas, que as mulleres decidan sobre o seu embarazo e que esa decisión consciente e responsable sexa respectada.

O Grupo Municipal Socialista coñece a fonda preocupación dos traballadores e traballadoras da empresa Megasa, debido aos cambios producidos pola orde ministerial IET/2804/201 2, que modifica a Orde ITC/2370/2007, pola que se regula o servizo de xestión da demanda de interrumpibilidade para os consumidores que adquiren a súa enerxía no mercado de produción. Certamente, o novo sistema de bonificación da tarifa eléctrica que se está a aplicar en base á citada orde ministerial, incentiva a unha empresa siderúrxica en detrimento das demais deste subsector industrial, concedéndolle unha importante ventaxa competitiva respecto doutros produtos no mercado do aceiro común corrugado. Acordos de resolución

1 .- Instar ao Sr. Ministro de Industria, a revisión da orde IET/2804/201 2 de 27 de decembro, para eliminar a desigualdade creada coa mesma dentro das empresas do subsector do aceiro común. 2.- Instar ao Sr. Presidente da Xunta de Galicia que encabece ante o Ministerio de Industria a solución do conflito, e que reciba tamén aos representantes dos traballadores para informalos das xestións e estado das mesmas. 3.- Dar traslado da presente moción tanto ao Sr. Presidente da Comunidade Autónoma de Galicia, D. Alberto Núñez Feijóo e ao propio Sr. Ministro de Industria, Enerxía e Turismo, Sr. D. José Manuel Soria.

10


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Últimas Novas CONGRATULÁMOSNOS DE QUE CO NOSO TRABALLO E COAS NOSAS PROPOSTAS CONSIGAMOS MELLORAS PARA A CIDADE E A VIDA COTIÁ DOS FERROLÁNS E FERROLÁS

Pé de foto: Natividad González e Gerardo L. Castrillón.

O Grupo Municipal Socialista, a través da súa voceira Natividad González, e da súa concelleira María López, consideran unha moi boa nova o anuncio do goberno local de levar a cabo o proxecto socialista de recuperación do pulmón verde de O Montón. Así, na súa comparecencia pública as socialistas destacan a importancia desta proposta para a recuperación deste espazo público, conxugando medio ambiente e emprego, coa posta en marcha dun taller de emprego para elo, e permitindo que esta zona abandoada se convirta nun espazo de esparcimento e de disfrute dos veciños e veciñas de Ferrol. Ademais da proposta educativa e de sensibilización ambiental que supón. Neste senso, o Grupo Municipal Socialista manifestan a súa alegría ao conseguir dende a oposición traballo para 30 persoas, e que seguirán a traballar coma o de agora, facendo propostas en clave de cidade e en clave de persoas, conseguindo deste xeito ser de utilidade para os ferroláns e ferrolás dende a oposición responsable e construtiva. “Somos pertinaces nas nosas propostas, en clave de cidade e das persoas”.

11

DEBERES Así, os socialistas esperan que o goberno local siga neste camiño, tomando nota das propostas e dos proxectos de cidade socialistas. Polo que animan ao goberno local a mellorar, e o instamos a levar a cabo outras das propostas socialistas, tales coma o plan de xestión integral dos areais, un plan que conxuga seguridade e promoción turística, e que os socialistas consideran moi positivo para a cidade. Así, o Grupo Municipal Socialista considera fundamental que o goberno local lle de un pulo aos grandes proxectos de cidade, que paralizou a súa chegada ao goberno, tales como o Sánchez Aguilera e a urbanización de o polígono de O Bertón. FIXEMOS EMENDAS Á ORDENANZA DE SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR, E PEDIMOS A DERROGACIÓN DO DECRETO DA XUNTA QUE RECORTA PRESTACIÓNS

Propoñemos unha participación distinta no custo do servizo por parte das persoas usuarias na modalidade de prestación básica do servizo de axuda no fogar, co gallo de que non resulte tan gravosa para elas como a establecida na ordenanza aprobada inicialmente. Tamén pedimos que se incremente a duración do servizo, para as persoas que o necesiten, cun mínimo de 20 horas e un máximo de 70 horas. Pé de foto: María López e Natividad González.


Opinión PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Manuel Santiago Ferrol sempre estivo na vangarda da participación cidadá. Foi aló polo ano 1 986 cando se redactaba o primeiro Regulamento, que posteriormente foi modificado no ano 1 998. Con estes vimbios chegamos no pasado mandato ao goberno municipal. De coalición inicialmente PSOE e EU e, posteriormente, quedamos nós en solitario e minoría.

No ano 201 2 gaña o PP ás eleccións e automaticamente esta Concellería perde o seu papel destacado, dilúese o proceso, cancélase todo o investimento aprobado nos Orzamentos Participativos e renúnciase a continuar co proceso. Inténtase por parte do PP trasladar unha imaxe de pulo a participación, pero a realidade é de desmantelamento, de esmorecemento e desidia do proceso. Utilizan o nome de cara á galería, pero creron nin cren nos diálogos Comezamos unha labor minuciosa de nunca cidadáns nin na democracia participativa. xuntanzas para confluír nun “Foro de Cidade”. Aquí aprobouse o novo No futuro, con todo o que acontece na Regulamento que foi referendado sociedade, coa crise que estamos a posteriormente por unanimidade no sufrir, coa desconfianza da cidadanía Pleno do Concello o 9 de xullo de ante a corrupción, coa desafección da cidadanía cara á política... a 2009. Participación directa e con toma de Este novo Regulamento pon a Ferrol decisións das persoas será fundamental novamente na vangarda de Galicia e para recuperar a credibilidade, a España no que a participación cidadá confianza nas institucións e sobre todo se refire. Contempla un novo xeito de para facer que a Política ocupe de novo relación entre veciños e Concello e o papel que lle corresponde: recolle as recomendacións do administrando, dando conta e escoitando Parlamento Europeo. En definitiva: á sociedade, para xestionar cada día abre o camiño á DEMOCRACIA moito mellor os recursos públicos. PARTICIPATIVA. Paralelamente a este traballo do Regulamento, detectamos a necesidade dos veciños de iniciar un proceso de Orzamentos Participativos. No ano 201 0 comezamos a experiencia piloto en cinco barrios da cidade e no 2011 ampliouse ata chegar a nove. Este é o breve resumo do que significou a Participación Cidadá e a importancia e realce que tivo no noso mandato.

Manuel Santiago é concelleiro do Grupo Municipal Socialista de Ferrol.

12


Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol Selección mensual das novas do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol.

De esquerda a dereita: María López, Ramón Veloso, Natividad González, Manuel Santiago, Jaime Pena, Gerardo L. Castrillón e Vicente Irisarri.

CONTACTA CON NÓS! Casa do Concello Praza de Armas s/n Primeiro Andar 1 5402 Ferrol

Teléfono: 981 944034 Fax: 981 9451 98 psoe@ferrol.es

Estamos en facebook! Grupo Municipal Socialista de Ferrol e tamén en twitter! @GrupoPsoeFerrol


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.