Moción Conxunta relativa á gratuidade de libros de textos.

Page 1

MOCIÓN DOS GRUPOS MUNICIPAIS DO PSdG-PSOE, DE ESQUERDA UNIDA, E BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, RELATIVA Á GRATUIDADE DE LIBROS DE TEXTOS Seguindo o convite da Confederación ANPAS GALEGAS e, concretamente, a Federación Comarcal de Anpas de Centros Públicos de Ferrolterra, os Grupos Municipais de Partido Socialista de Galicia-PSOE, Esquerda Unida, e do Bloque Nacionalista Galego presentan, a través da súa voceira e dos seus voceiros, e ao abeiro do disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, e co artigo 97.2 do vixente Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno Ordinario e debatida no mesmo coa seguinte EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A Constitución Española de 1978 recoñece no seu artigo 27 que a educación é un dereito fundamental e, mais concretamente no seu punto 4, o artigo 27 establece que “O ensino básico é obrigatorio e gratuíto”. Pola súa banda, a vixente Lei Orgánica de Educación dispón no seu artigo 3.3 que “A educación primaria e a educación secundaria obrigatoria constitúen o ensino básico”. Entre os anos 2005 e 2009, o alumnado galego gozou dun sistema de gratuidade universal en todos os Centros Escolares de titularidade Pública mediante o “Préstamo dos Libros de Texto”, un sistema que garantiu que o alumnado dispuxera deste material escolar sen custo algún para as familias. No curso escolar 2009-2010 o Goberno da Xunta de Galiza elimina o sistema de gratuidade e implanta un novo sistema coñecido como “cheque solidario” no que, mediante a articulación dun sistema de axudas, todas e todos, en función da capacidade económica individual das familias, pagamos distintas cantidades de euros para a obtención deses libros de texto. Este novo sistema, ao que paulatinamente se lle foi recortando o financiamento, xunto coa crítica situación económica que están a padecer moitas familias galegas, está a provocar que unha parte do alumnado non poda acceder ao material escolar necesario para asistir ás aulas con normalidade. Hoxe en día xa ninguén discute que o dereito á educación implica que o alumnado poda manexar todo o material docente necesario para a súa formación, non só os libros de texto. As familias consideramos que, para que todas e todos podan manexar ese material imprescindible e que o dereito á educación quede garantido, os poderes públicos deben traballar para eliminar as diferencias existentes na sociedade e facilitar o acceso ao material escolar de xeito universal e gratuíto, independentemente da capacidade económica de cada familia, xa que é precisamente esa capacidade económica a que determina a participación das familias nun sistema fiscal progresivo encargado de aportar os recursos económicos ao Estado. Neste senso queremos destacar a opinión expresada pola “Defensora del Pueblo”, Dna. Soledad Becerril, no seu informe de outubro de 2013 que, entre outras cousas di:

1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.