Escolma Novembro 2013

Page 1

novembro 201 3

Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol

"Non imos desistir do noso empeño de presentar propostas para a cidade e para as familias, nin caer na apatía da desesperanza política, nin permitirlle ao goberno popular a patrimonialización das institucións." Natividad González Laso, voceira do Grupo Municipal Socialista.

Orzamento municipal 2014


novembro 201 3

SEscolma U M Ado RGMSI O PÁXINA

EMENDAS ORZAMENTO 201 4 Emprego

Benestar social

1

Rural e accesibilidade Medio ambiente e servizos Outras propostas

PLENO EXTRAORDINARIO Defensa do naval Posicións socialistas

OPINIÓN Diferenzas de xestión

Ramón Veloso

GALERÍA DE IMAXES

5 6 8 9


Propostas

Orzamento 201 4

PRESENTAMOS EMENDAS POR UN IMPORTE TOTAL DE 3.760.000 EUROS, PARA DAR RESPOSTA ÁS DEMANDAS SOCIAIS E LABORAIS DAS PERSOAS E FAMILIAS Sabendo que, para o bo funcionamento democrático, é tan necesario o Goberno como a oposición. Por elo rexeitamos, que de xeito reiterado se pretenda reducir o noso papel institucional a unha mera función administrativa de control do Goberno local, desnaturalizando así o rol político e democrático da oposición, de presentación de alternativas á acción do Goberno, de alternativas á xestión dos problemas e necesidades da cidadanía e alternativas e propostas na planificación do desenvolvemento do noso Concello. Nos resistimos a que se reduza o espazo político non só aos grupos políticos da corporación municipal, se non tamén á participación dos veciños e veciñas na xestión do nosos concello, con escasas ou nulas posibilidades de intervención e comunicación sobre as decisións que afectan á súa vida cotiá. Mais se cabe nun orzamento como o do ano 201 4, no que por mor do calendario electoral, resulta un ano crucial do mandato, toda vez que o que non se teña abordado neste ano, xa non será posible abordalo ata o seguinte período 201 5-201 9. Tamén temos que recriminar que, a día de hoxe, un bo número de propostas socialistas, que o Goberno local incluíu nos orzamentos do ano 201 2 e 201 3, estean aínda sen executar, nun exercicio lamentable e reiterado de desprezo aos compromisos adquiridos, en sesión plenaria. Entre elas destacamos dotar a nosa cidade dun Parque específico que permita mellorar a calidade de vida das persoas afectadas pola doenza do Alzheimer, a mellora do acceso a internet na zona rural, a posta en marcha e apertura do Centro de Día de Telleiras, as actuacións para mellorar o funcionamento das acometida da auga e saneamento do local social de Valón, as medidas para acadar a eficiencia enerxética no alumeado público, etc.

Emprego

1 .- Políticas activas de emprego: 1 00.000 €. Sábese que o principal problema do país e de xeito moi especial da nosa cidade, é o desemprego. Fontes da Enquisa de Poboación Activa, advirten dunha taxa de paro do 33,3%, que xa supera á de ocupación ( 32,3%), que é a peor taxa de Galicia. 2.- Creación de postos de traballo: 50.000€. Propoñemos abrir unha liña de axudas municipais a iniciativas locais de emprego, para proxectos xeradores de emprego e actividade económica. Dirixidas a empresas de nova creación que contemplen a contratación de persoas desempregadas. 3.- Cooperativas: 30.000 €. Liña de apoio ás cooperativas radicadas en Ferrol para a promoción de produtos elaborados, comercializados e prestación de servizos,que afiance a súa actividade. 4.- Autoemprego: 50.000€ Posta en marcha dunha liña de axudas, dirixidas a menores de 35 años, que contemplen o pago da seguridade social durante un año, cando poñan en marcha iniciativas de autoemprego. 1


Benestar Social

Orzamento 201 4

1 .- Plan Comunitario, nos barrios de 5.- Centro de Día de Serantes. 25.000 Recimil e San Pablo: 1 00.000 € €. Entendemos prioritario en materia social, a posta en marcha dun Plan Comunitario, nos barrios de Recimil e San Pablo, co obxectivo de mellorar a convivencia, a seguridade, e a tolerancia nestas zonas da cidade.

Propoñemos dar os pasos para dar resposta á esta demanda do rural, coa consignación de 25.000€ para a redacción do proxecto.

6.- Descentralización da Oficina de Atención Cidadá: 50.000 euros. que o enfoque comunitario das

Cremos intervencións nestes dous barrios, que contan con características similares e unha problemática semellante, non debe vir determinado só pola mera participación activa da comunidade no desenvolvemento dos programas, nin por variables como o número de sectores da comunidade implicados, senón polo protagonismo concedido á propia comunidade na análise da súa realidade e, sobre todo, na toma de decisións respecto ao seu futuro.

Propoñemos impulsar a descentración dos servizos coa habilitación dunha oficina en Caranza e outra na zona rural.

7.- Descentralización dos Servizos sociais: 50.000 €.

Propoñemos a creación da Unidade Básica de Traballo social en San Pablo, para o correcto desenvolvemento do plan proposto, e a recuperación da 2.- Rehabilitación de vivendas baleiras comunitario UBTS en Serantes, para dar servizo a toda de Recimil: 500.000€. a zona rural. A titularidade municipal destas vivendas, fai 8.- Banco de alimentos : 30.000€ imprescindible que , a vista da situación socioeconómica de moitas familias do concello Proponse a dotación dunha partida de de Ferrol, se poña canto antes a disposición das 30.000€ para a posta en funcionamento dun mesmas este instrumento de solidariedade e banco de alimentos municipal, que permita redistribución da riqueza, garantindo un dereito actuar decididamente contra un dos constitucional e a utilidade social deste impactos máis graves da pobreza, como son patrimonio municipal. a fame e a desnutrición.

3.- Comedores sociais: 40.000€

9.- Incremento das subvencións Co fin de completar a rede de comedores na nominativas de Benestar en 1 0.000€. cidade, propoñemos habilitar un comedor na zona Urban, co obxectivo de achegar un novo servizo social ás persoas residentes no centro da cidade, nomeadamente os barrios de Ferrol Vello, Canido e Madalena. Por outra parte , así , se dará cumprimento ao acordo plenario do ano 2011 .

4.- Centro de Día das Telleiras: 20.000€

2

Proponse que nas subvencións nominativas de Benestar, se incremente en 1 .500€ a contía destinada á Fundación ADRA, dedicada a atención de persoas en risco de exclusión social, co obxecto de que sexa tratada en igualdade de condicións que outras entidades co mesmo obxecto social.

Polas mesmas razóns, proponse que se unha subvención nominativa de O Pleno da Corporación aprobou un convenio habilite 2.500€ a entidade Dignidad. de colaboración coa Xunta para a súa posta en funcionamento. Á vista da insuficiencia da Proponse unha partida de 6. 000€, para as partida orzamentaria para poñelos en marcha Asociacións de Inmigrantes ubicadas na propoñemos o incremento da mesma en cidade de Ferrol. 20.000€, para dar cobertura ao numero de prazas que se ocuparán.


Zona rural

Orzamento 201 4

Accesibilidade

1 .- Accesibilidade universal: 1 50.000 € Co obxectivo de avanzar cara a unha accesibilidade universal, mediante un plan plurianual de inversións,deben eliminarse progresivamente as barreiras arquitectónicas, de comunicación auditiva ou visual, existentes na cidade, cunha partida específica para tal fin no anexo de inversións de cada orzamento municipal, dotada cun mínimo de 1 50.000 € anuais.

1 .- Plan usos rural instalacións Defensa: 50.000 €. 2.- Plan dinamización da costa e rural: 50.000 €. 3.- Construción de beirarrúas VilarPrior. 80.000 € 4.- Pasarela peonil en Esmelle: 200.000 €. 5.- Wifi no rural: 1 30.000€ Logo de solicitalo en numerosas ocasións, e nas emendas aos orzamentos municipais ano tras ano, finalmente o noso grupo conseguiu que esta demanda histórica fose acordada unanimamente polo conxunto da corporación, no pleno de marzo do 201 3.

Así, inicialmente consideramos prioritario rematar a intervención na estrada de Catabois, dende a rotonda do Arquitecto Marcide ata as inmediacións do Hospital Novoa Santos, unha actuación básica e imprescindible para as persoas do CAMF. Cabe lembrar que no anterior mandato desenvolvéronse máis de trescentas actuacións de accesibilidade, e si ben cremos que se debe continuar estendendo a accesibilidade no conxunto da cidade, esta actuación parécenos prioritaria.

2.- Ascensor na piscina de Caranza e Malata e vestiarios adaptados: 30.000€

É urxente para permitir a utilización das piscinas municipais un ascensor na piscina de Caranza e vestiarios adaptados, tanto en Caranza como na Malata.

Por elo, e dada a necesidade para dar servizo aos veciños e veciñas da zona rural propoñemos a dotación das dúas partidas por eles mesmos eliminadas no plan de inversións do 2011 e por importe de 30.000 euros destinada á acometida BT torreta de telecomunicacións de Brión e outra por importe de 1 00.000 euros destinada á mellora do acceso a internet na zona rural, dando así cumprimento ao acordo plenario.

3


Medio ambiente e Servizos

Orzamento 201 4

8.- Parque canino: 50.000 € 1 .- Premios Axenda 21 - FERROL: 5.000€ Grupo21Municipal deás Ferrol dar servizo persoas propietarias Propoñemos a creación dos Premios Axenda - ParaSocialista FERROL, para premiar dende o Concello as boas de cans, facilitando un lugar axeitado, prácticas ambientais das empresas e colexios da que permita o disfrute da compañía dos cidade, e retomar deste xeito o devandito plan de devanditos animais, e dar cumprimento a ordenanza de animais. acción local. 2.- Eficiencia enerxética: 50.000 € Cómpre loitar contra o cambio climático, cunha partida para eficiencia enerxética asumindo a corresponsabilidade que nos corresponde como administración local. 3.- Fomento do transporte público e da mobilidade sostible: 1 50.000 €. 4.- Extensión dos carrís bici: 1 50.000€. Continuando cos xa iniciados na zona urbana e a extendendo o carril a Esteiro-A Malata, e mesmo habilitando outro no rural na zona de Outeiro-San Xurxo. 5 .- Pasarela lagoa Doniños: 1 3.000 € Propoñemos a consignación de 1 3.000 € para iniciar o acondicionamento e a instalación dunha pasarela peonil na lagoa de Doniños, que xa no seu día foi aprobada polos veciños no proceso de orzamentos participativos. 6.- Plan de compostaxe no rural: 1 0.000 €. Propoñemos retomar o programa de compostaxe caseiro na zona rural e nos hortos urbanos, iniciado no mandato anterior, que consistía nunha serie de actividades formativas co fin de que os veciños e veciñas interesados coñeceran as principais características nas que se basa o compostaxe caseiro, as puxeran en práctica, e posteriormente se fixese a supervisión necesaria para garantir a calidade do compost final.

4

7.- Adaptación dunha praia de Ferrol para uso compartidocon animais domésticos: 40.000 €. Dando cumprimento á ordenanza de animais aprobada, e coa sinalización correspondente e os medios parra o cumprimento das obrigas das persoas usuarias.

9.- Aumento do número de nichos no cemiterio municipal: 1 50.000€ Sendo conscientes de que existe unha necesidade real e urxente, dada a escasa dotación de nichos existentes na actualidade no cemiterio municipal, e para evitar seguir intercalando filas, propoñemos unha partida específica, dedicada a aumentar o número de nichos, dun xeito racional e que permita conservar o valor estético e funcional do cemiterio municipal. 1 0.- Parque biosaudable no barrio de San Xoán: 1 2.000€ Proponse a construción dun parque biosaudable no barrio de San Xoán. Cabe lembrar que dito parque foi aprobado no proceso de orzamentos participativos do ano 201 0, co obxecto de levarse a cabo no ano 2011 , para o que xa fora previsto o seu orzamento no anexo de investimentos do 2011 .


Turismo e Cultura 1 .- Acondicionamento do Centro Cívico de Caranza: 5.000€

Proponse a reposición do tapizado das butacas no salón de actos.

2.- Oficina municipal de turismo: 60.000€

Proponse acondicionar o local da Praza de España como Oficina Municipal de Turismo, co obxecto de facer visible e operativo este servizo.

Xuventude

Orzamento 201 4

Seguridade e mercados

1 .- Plan local de seguridade viaria 25.000 € 2.- Plan de xestión e seguridade das praias 1 00.000 € 3.- Mantemento do parque de bombeiros : 200.000€ Propónse a creación dunha partida plurianual para o mantemento do parque de bombeiros de A Gándara ata a construción e posta en marcha do novo parque de bombeiros.

Axudas ó aluguer para a mocidade ferrolá: 1 00.000€.

4.- Proxecto nova construción do Parque de bombeiros comarcal en Leixa 50.000 €

Na liña de tentar fixar poboación moza no municipio e facilitar a emancipación dos mesmos, propoñemos habilitar axudas o aluguer para este sector de poboación agora que o goberno central as suprimiu. Polo que propoñemos unha liña de axudas ó aluguer para a mocidade ferrolá. Neste senso pódese xestionar a colaboración da administración autonómica como responsable en materia de vivenda. Propoñemos unha aportación inicial no orzamento de 201 4 de 1 00.000€.

5.- Arranxo das deficiencias no Mercado Recimil: 250.000 €

Educación

Plan de mantemento e reparación das instalacións deportivas: 200.000€

1 .- Mantemento de centros escolares públicos: 75.000 €

Propoñemos un Plan de mantemento e reparación das instalacións deportivas, para a posta a punto das distintas instalacións existentes na cidade.

2.- Estudo para a construción dun comedor escolar no CEIP de Ponzos: 1 0.000 €

6.- Arranxo das deficiencias Mercado Caranza 250.000 € 7.- Plan dinamización dos mercados municipais: 60.000 €

Deportes

5


Pleno extraordinario

Orzamento 201 4

INTERVENCIÓN DA NOSA VOCEIRA NO PLENO, EN DEFENSA DO NAVAL Antes de iniciar o Pleno de hoxe, permítame Sr. Alcalde, uns minutos para manifestar a nosa solidariedade e apoio ao calendario de mobilizacións dos traballadores e traballadoras de Navantia e Auxiliares. Un calendario de accións para reclamar as xustas reivindicacións de carga de traballo e de defensa do sector económico da construción naval, que é estratéxico para Ferrol e para Galicia. Especialmente hoxe, que se trasladan a Santiago para lembrarlle ao Presidente Feijoo os seus compromisos, de que habería dique, ou carga de traballo. Para pedir explicacións ao goberno de España de porque “se están perdendo contratos con empresas que teñen unha forte implantación en España que optan por outro tipo de estaleiros”. Como o caso das armadoras Knutsen e Elcano, adxudicatarias de catro gaseiros para Gas Natural, que optaron por construír estes buques en estaleiros de Corea e Xapón. Explicacións sobre o atraso das decisión dos floteis por parte da petroleira PEMEX. E respostas ao silencio da Xunta, 1 8 meses despois, de que o Sr. Feijóo calificase, en campaña electoral, “oportunidade histórica para o sector naval galego” os contratos destes flotéis, pero que, logo cando foi Presidente se negou a ensinar. Ou cando dixo ”o acordo estratéxico con Pemex vai por bo camiño coa posibilidade de duplicar o investimento previsto”.

Ou aquelo de “os dous buques que Pemex contratará en Galicia garanten un emprego de máis de dous anos, a un total de 3.000 persoas” Desgraciadamente, hoxe “todo os galegos sabemos que os contratos non existían, que foron unha mentira, e que temos que participar nun concurso ao que aspiran 1 4 empresas”.

Todo elo é moi lamentable, e podolle dicir que ningún presidente dun país democrático do noso entorno, soportaría ter mentido dese xeito sen asumir a responsabilidade política de dimitir. Por iso hoxe unha delegación do GMS acompaña aos traballadores do naval a Santiago, nun xesto de apoio e solidariedade, ante a rabia e desesperación polos enganos e incumprimentos que non deixan de repetirse. Nun momento crucial, dado que estase a piques de tomar decisións fundamentais, como o chamado plan de empresa , ou as que teñen que ver coa adxudicación ou non, de carga de traballo, que desexamos se resolva favorablemente. Sr. Alcalde, remato dicíndolle, que “non vale con responsabilizar e culpabilizar unicamente á dirección da empresa, que como todo o mundo sabe está posta polo seu propio partido, e seguindo as súas directrices”. Compre pedirlle o Goberno de Madrid que asuma a súa responsabilidade e actúe con claridade e sen insultar a nosa intelixencia. Por outra parte direille que ao GMS nos sorprendeu a pancarta do concello de apoio ao naval.

6

Cremos que colocar esa pancarta sen facer partícipe a toda a corporación, supón unha patrimonialización da institución municipal absolutamente inaceptable, que lle pedimos que corrixa en futuras ocasións.


Orzamento e RPT 201 4

Posicións Socialistas

Aprobación inicial do orzamento 201 4, cos votos exclusivos do PP e IF Votamos en contra da proposta do goberno local, por considerar que é un orzamento inflado, que ten poucos visos de realidade, á vista da execución orzamentaria que levan feito durante estes anos, e para mostra dicir que no ano 201 3 so foron capaces de executar o 1 5% do investimento previsto. Ademais é un orzamento que relega os temas importantes de cidade, volvendo a incluír obras que xa non executaron no ano pasado. Manteñen en estado de deterioro os barrios da cidade, seguen abandoando á zona rural, esquécense de San Felipe, do parque lineal de A Malata, do mantemento das instalacións deportivas, o servizo de axuda a domicilio perde usuarios porque non poden pagalo, o mantemento de Xardíns non leva previsto os 1 00.000 m3 de espazos verdes de O Boial. O goberno local esqueceu o plan de mobilidade do Concello de Ferrol, e a mellora dotransporte urbano. A normativa de terrazas segue agochada, a política de turismo segue desaparecida, o proxecto de Abrir Ferrol al Mar consiste en acondicionar un mirador, e a única actuación que avanza é a da Plaza de España, que é a obra mais rexeitada pola cidadanía.

Tamén votamos en contra polas formas do actual goberno, nun exercizo de obstrucionismo político, totalmente inaceptable, dado que so dispuxemos de 24 horas lectivas para estudar o documento e presentar propostas. Criticámoslle ao alcalde que incumpra o que prometeu na súa investidura, “diálogo constante coa oposición”. A pesar diso, ahí estamos os socialistas, coas nosas esixencias e o noso traballo, porque cremos nas institucións como base da sociedade democrática, e sabemos que a solución dos problemas pasa pola reivindicación, pero tamén pola política. Por iso presentamos 44emendas por un importe de 3.985.000 €, para dar resposta as propostas da cidadanía nos orzamentos participativos, ás demandas sociais e laborais das persoas e familias do noso concello, as necesidades medioambientais do noso contorno, e mesmo ás demandas de sectores produtivos, que non aparecen reflectidos na proposta do goberno.

Proposta de aprobación da modificación da RPT

Votamos en contra da modificación da Relación de Postos do Traballo do Concello de Ferrol, non para boicotear os acordos parciais aos que chegaron con algúns representantes sindicais, senón porque rexeitamos a política errática de persoal do goberno local. Cada ano cambian de criterio, así agora incorporan o xefe de negociado e Medio Ambiente que suprimirán o ano pasado. Cremos que hay que abordar dunha vez por todas, un verdadeiro catalogo de persoal, adaptando e modernizando os efectivos do concello ás técnicas e necesidades de hoxe en día. Había compromiso do goberno, neste senso, de poñer en marcha un Plan Global de Ordenación de RRHH do noso concello. Pero o goberno gastou 21 .000€ para facer un novo estudo do persoal do concello, cando xa existía outro que costou 38.920€. Dese novo estudio non se sabe nada, non sabemos como foron os resultados nin se nos da conta deles. Agora prométenlle á representación sindical pospoñer a elaboración da nova RPT para o ano 201 5, un ano ben difícil para esta tarefa complexa. Non é crible!!! Seguen na política do engano.

7


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Opinión

Diferenzas de xestión

Artigo do noso concelleiro Ramón Veloso O Sr. Rey de cando en vez tenta reescribir o pasado para agachar a inactividade política e de xestión municipal do seu goberno. Deste xeito, estes días volveu falar da xestión económica socialista. Pero pincha en oso. Hai unhas datas quixo falar de préstamos do concello. E por iso nós lle lembramos que no ano 2003, no que gaña as eleccións o PP e cogoberna con IF, lles deixaran créditos por 1 5.31 5.783,68€. Eles, no seu mandato asinaron créditos ata 40.453.1 58€, é dicir 30M€ máis, dos que 20.643.1 58€ eran a un plazo de catorce anos con dous de carencia e a tipos de xuros variables. Casualmente a carencia remataba cando gañou as eleccións o Psoe e cogobernou inicialmente con EU. Así encontrámonos que había que dedicar sumas importantes a amortización e intereses que iban impedir acometer investimentos e gastos imprescindibles. Concretamente 1 0,9M€ no mandato dende 2008 a 2011 en gastos financieiros e amortización. Por iso cancelamos dous créditos de Tesourería por 9M€ e refinanciamos 21 M€ que nos permitiu baixar aquela cantidade de 1 0,9M€ en gastos financieiros e de amortización a 5,6M€. Case nada. -5,3M€. En todo o mandato socialista baixouse o endebedamento dos 40M€ aos 27,6M€, -1 2,4M€, cun alto volumen inversor, 50M€. A historia do goberno popular son +30M€ en créditos no periodo 2003-2007. E agora neste mandato, en 2 anos, +9M€ volvemos ás mesmas andadas. O goberno popular leva asinados créditos por 9M€, dos que 7M€ foron innecesarios por haber liquidez e remante de tesourería pero que sangran as arcas municipais. E todo sin necesidade e para non investir nada. Iso si, coa incertidume de volver a perder fondos alleos para investimentos. Xa o Goberno Popular anterior a este no que participou o Sr. Rey perdeu 6M€ do Plan Cuíña. E agora xa quitan a reforma do Cantón do Urban porque xa ven peligrar de novo fondos europeos, neste caso URBAN. De verdade que queremos que isto non suceda pero a historia recente dos gobernos populares de endebedar e perder fondos anda a rondar pola cidade. Levamos en dous anos un incremento de endebedamento en 9M€ para nada, só para distraer presuposto en gastos financieiros e amortización que impiden outras actuacións e non vemos materializar nada nin na rúa nin na mellora da calidade de vida das persoas.

8

A historia recente é tozuda. Os gobernos socialistas conseguen fondos e invisten; os gobernos populares perden eses fondos por non investir. Está claro quen se preocupa polos cidadáns.


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

26N: Unha delegación do noso grupo acompañou aos traballadores na manifestación de Santiago na defensa do Naval.

Manifestación "Nunca máis", despois da sentenza do Prestige.

Galería de imaxes

29N.- Na noite de #FerrolterraEsixeSolucións

Asistimos á mesa redonda "LOMCE: Unha lei neoliberal, clasista e privatizadora". NoInstituto Concepción Arenal.

vixilia

polo

naval.

Con socialistas de Narón, Culleredo e Cambados, en boa sintonía, nun descanso da Conferencia.

Acto polo Día Mundial das Persoas sen Teito. “Nadie Sin Salud. Nadie Sin Hogar”.

Asistimos tamén ao acto organizado polas Na manifestación en defensa dunha Xuventudes Socialistas de Ferrol e Fene, polo Día educación pública e de calidade, e do contra a violencia de xénero. Conferencia de Laura Seara e presentación dun vídeo da campaña do 25N. Naval.

O Día Internacional contra a violencia machista.No acto da Marcha Mundial das Mulleres.

9


Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol Selección mensual das novas do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol.

De esquerda a dereita: María López, Ramón Veloso, Natividad González, Manuel Santiago, Jaime Pena, Gerardo L. Castrillón e Vicente Irisarri.

CONTACTA CON NÓS! Casa do Concello Praza de Armas s/n Primeiro Andar 1 5402 Ferrol

Teléfono: 981 944034 Fax: 981 9451 98 psoe@ferrol.es

Estamos en facebook! Grupo Municipal Socialista de Ferrol e tamén en twitter! @GrupoPsoeFerrol


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.