Escolma Xaneiro 2014

Page 1

xaneiro 201 4

Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol

LANZADEIRA DE EMPREGO Recursos para a busca e creación de emprego Metodoloxía coaching

Páx. 5


xaneiro 201 4

SEscolma U M Ado RGMSI O PÁXINA

NOVAS E PROPOSTAS Cafetería multiservizos Parque Raíña Sofía

no

Plan plurianual de mantemento de viais na cidade e na zona rural Plan viario do barrio de A Madalena Reparación dos desperfectos no rural e rexeneración dos ecosistemas dunares Lanzadeira de emprego no Hospicio 1 millón de euros ás eléctricas Abandono de Recimil

1 3 5 7

PLENO XANEIRO Posicións Socialistas

GALERÍA DE IMAXES

9


PROPOSTAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

APOSTAMOS POR UNHA CAFETERÍA MULTISERVIZOS CUN CENTRO DE OCIO INFANTIL NO PARQUE RAÍÑA SOFÍA A presente proposta require do paso previo da reubicación da Aula de Ecoloxía Urbana no parque urbano de O Montón, no barrio de Caranza, e pretende dotar ao Parque Raíña Sofía dun servizo de hostalería, xa anunciado no anterior mandato, con características especiais dado o singular espazo no que se ubicará e a necesidade de contar coa devandita infraestrutura nese entorno. Estará dirixido aos nenos e nenas a as súas familias, debendo contar cun valor engadido e incorporar unha función social, ademais de dinamizar este espazo tan característico da cidade.

María López e Natividad González facendo pública a proposta do Grupo Municipal Socialista. Así este servizo de hostalería complementaríase co servizo de centro de ocio infantil, bebeteca e ludoteca no que se potencie o xogo a través do aprendizaxe, co obxectivo de favorecer o desenvolvemento mental, psicomotor, afectivo e sensorial das nenas e nenos a través do mesmo, e no que se leven a cabo diferentes actividades programadas. A devandita infraestrutura debe contar ademais co equipamento axeitado ao efecto e dispoñer, por exemplo, de cambiadores de bebés nos aseos tanto masculinos como femininos. As especiais características da cafetaría e do Parque Municipal Raíña Sofía que os alberga explican a necesidade de fixar unha serie de premisas ou condicións que haberán de cumprirse: - Coidado esmerado da imaxe. A cafetaría e o restaurante emprázanse nun espazo en un edificio singulares e a súa creación estriba en ofrecer un servizo e unha imaxe especial, o que conleva crear unha imaxe e identidade propia. - Calidade no servizo e menús saudables. Consideramos importante que neste espazo os menús sexan saudables, se exalte a gastronomía local e a sensibilidade co comercio xusto.. - Servizos obrigatorios, nos que quede patente a devandita utilidade social, coa programación de actividades dirixidas á infancia e á familia, tales como talleres de sensibilización, actividades de ocio infantil, biblioteca e animación á lectura, etc. - Creación de emprego, fomento do autoemprego e do cooperativismo. Unha das prioridades do proxecto é a creación de emprego. Para cada un dos servizos esixirase profesionalidade e a titulación necesaria para o seu desenvolvemento.

PROPOSTA PARA O MANTEMENTO E MELLORA DO SERVIZO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL DO CONCELLO DE FERROL

1 º Co mantemento da Aula de Ecoloxía Urbana na ubicación actual entanto non se dispoña dos espazos adaptados no Parque do Montón que procurarán ao servizo unha mellora substancial. 2º A apertura inmediata do Aula Reciclaterra, por levar pechada moito máis do tempo razoable para subsanar os problemas que presentaba a infraestrutura. 3º A mellora das instalacións do parque temático Aquaciencia que permita ofrecer un mellor servizo.

1


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

PROPOSTAS

PEDÍMOSLLE AO GOBERNO LOCAL O DESEÑO DUN PLAN PLURIANUAL DE RENOVACIÓN DAS RÚAS DA CIDADE E DA ZONA RURAL Venimos de instar ao goberno local á realización dunha planificación plurianual, dotada con partidas específicas nos orzamentos municipais, para parar o deterioro galopante das vías públicas da cidade. Entendemos que o contrato de mantemento de viais e plans express por si sos non garantizarán o correcto estado das rúas e beirarrúas da cidade, dado que “se require algo máis Jaime Pena e María López nunha foto de arquivo. que actuacións puntuais de rebacheo”. A este respecto, entendemos que é evidente o estado lamentable da cidade e o deterioro dos viarios e beirarrúas, que a estas alturas de mandato só pode ser achacable á neglixencia e inoperancia do goberno do Partido Popular. Neste senso, lembramos que tardaron un ano e medio en contratar á empresa de mantemento de viais, e un ano despois da súa contratación aínda estamos pendentes de que habiliten o teléfono de atención ao cidadán para deixar os pertinentes avisos. Desde o Grupo Municipal Socialista creemos que a cidade e os ferroláns e ferrolás necesitan que se abandone esta política cortoplacista, e se deseñe un plan plurianual de renovación de viais que nos permita acometer unha profunda renovación das rúas do núcleo urbano e da nosa zona rural. Para o GMS a empresa de mantemento debe cumprir unha función reparadora do inmediato, pero o departamento de urbanismo ten que ser quen deseñe e programe a auténtica renovación dos viais, que tanto necesita esta cidade. Debemos terminar con esa dinámica de tapar un bache e que este volva a xurdir nunha semana, porque ademais dun malgasto constitúe un auténtico fracaso de xestión. Como lle reiteramos en diversas ocasións ao alcalde “los baches que vos matasteis, gozan de muy buena salud”, conclúe Jaime Pena. Finalmente, entendemos que todas as actuacións nas calzadas deben estar programadas, evitando que as rúas sexan abertas continuamente para a necesaria actualización de servizos básicos da cidade, instando ao goberno local a unha coordinación entre estas actuacións e as renovación das rúas.

2


NOVAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

URXIMOS A RETOMAR A FOLLA DE RUTA MARCADA NO PLAN ESPECIAL DO BARRIO DE A MADALENA

Plano viario do Plan Especial do Barrio de A A nosa voceira, Natividade González Laso, e o Madalena. edil socialista Gerardo López Castrillón compareceron para censurar as «continuas improvisacións» urbanísticas que leva a cabo o Plan de Tráfico Lembramos que o Plan de Tráfico xa goberno municipal no barrio da Magdalena.

está deseñado e que só habería que Esiximos ao executivo de Rei Varela que polo en marcha, tendo en conta que a acabe coas «propostas de improvisación e cidade é para as persoas, polo que sería confusión» e que retome «a folla de ruta» fundamental reducir o tráfico rodado. marcada no Plan Especial de Protección e Rehabilitación do barrio, aprobado por Para iso, propuximos tres retos unanimidade no ano 2007: «Non podemos fundamentais: a mellora e fomento do estar a volver a empezar en cada mandato». servizo de transporte público e os servizos de carga e descarga na Pedimos ao alcalde que actuase como o Magdalena. «capitán do barco» e que conseguise que os seus «oficiais» en materia de Urbanismo, Por iso, aconsellámoslle ao goberno a Tráfico, Seguridade e Facenda remasen cara seguir o Plan de Mobilidade da Xunta, no á mesma dirección, axuntando esforzos «para que se marcaba unha ruta de transporte avanzar na súa execución e ser capaces de público circular -como o antigo autobús número 5-, que se adecúe ás recuperar o barrio». necesidades dos cidadáns e libere de Grupo Municipal Socialista de Ferrol «O espazo público é un ben común que hai coches o casco histórico. que preservar para a cidadanía, non é exclusivo do tráfico rodado», lembrou a nosa En canto o servizo de carga e descarga, voceira, que animou a Rei Varela a «seguir falamos de dúas frontes. Por unha coa peonalización» e a facer pedagoxía coa banda, dialogar cos sectores implicados: xente do barrio, coa xente que traballa alí, cos «É mellor meter un camión ás oito da emprendedores», buscando o consenso de mañá e non dez furgonetas ás once». O todos os axentes sociais implicados, xa que segundo factor a ter en conta é a até agora, segundo a socialista, «non fixo hostalaría e as reparticións, cos que nada para que avance o Plan», senón que se habería que establecer uns horarios pechados. dedicou a «confundir». 3


NOVAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

INSTAMOS AO GOBERNO LOCAL A ESTABLECER UN PLAN DE TRABALLO PARA A REXENERACIÓN DAS DUNAS NOS NOSOS AREAIS Pedimos unha reunión coas demais administracións e Demarcación de Costas para a coordinación dos traballos necesarios e restablecer o equilibrio nos ecosistemas dunares da costa ferrolá.

Os concelleiros socialistas Manuel Santiago e Gerardo López Castrillón pediron ao goberno que leve a cabo unha planificación da tempada de praias antes da Semana Santa. Accesos como a pasarela central da praia de Doniños desapareceron e outros necesitarán reparacións, pero ademais será necesario coordinar actuacións con Demarcación de Costas para liquidar os problemas en Ponzos e A Fragata, onde se produciron importantes derrubamentos, no último caso interrompendo incluso o acceso ao areal. Pedimos que se acometan os necesarios labores de mantemento tanto na senda litoral como nas áreas recreativas de Covas e Doniños, neste último caso con especial atención tamén á zona do aparcadoiro, que se atopa totalmente abandonado.

4

Fixemos tamén un chamamento ao goberno para que plasme na práctica o proxecto que xa deixou iniciado o PSOE para crear un gran cámping no campamento de Covas, unha propiedade cuxa cesión se inclúe no convenio con Defensa, pendente de firma. Demandamos así mesmo un plan de traballo para ampliar o número de bandeiras azuis nas praias da zona.

Preocupados polo estado do patrimonio natural da cidade, alertamos da necesidade de tomar medidas co obxectivo de evitar o deterioro irreversible dos ecosistemas dunares. A este respecto, manifestamos que “aínda que normalmente a natureza recupera o perfil habitual das dunas, este é un ano diferente dado que o dano foi excesivo, atopándose os taludes totalmente verticais, polo que existe unha alta probabilidade de que poidan seguir deteriorándose, retrocedendo así a liña de dunas.” Por tanto, pedímoslle ao goberno local a posta en marcha das necesarias medidas correctivas e de prevención para evitar o deterioro definitivo dos ecosistemas dunares, incluso regulando en determinadas zonas o paso polos sistemas dunares con estas características e das que se derivan tamén risco de derrumbe. Así, entendemos que estes traballos teñen que ser coordinados coas demais administracións competentes, para tratar de restablecer o equilibrio entre os ecosistemas da costa ferrolá. Manifestamos que é necesario e urxente a realización dun estudo a fondo acerca de como abordar a súa rexeneración, evitando toda a nova ocupación do terreo do mar e de destrución de dunas litorais.

Estado das dunas en na praia de Doniños. Á dereita, Vicente Irisarri, o noso concelleiro e ex-alcalde.


PROPOSTAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

PEDIMOS A POSTA EN MARCHA DUNHA LANZADEIRA DE EMPREGO E EMPRENDEMENTO SOLIDARIO NO ANTIGO HOSPICIO Dende o Grupo Municipal Socialista, amosando a nosa preocupación ante a grave situación de desemprego que están a atravesar moitas persoas do Concello de Ferrol, situación que se alonga no tempo, entendemos que é necesario atopar solucións definitivas. Por todo elo, consideramos que a administración local debe levar a cabo todas as accións que estean na súa man e reclamar das demais administracións tanto axudas necesarias O noso concelleiro Ramón Veloso e a edil para levar a cabo as de interese municipal como socialista María López en rolda de prensa. as que correspondan competencialmente a estas. 1 .- O Grupo Municipal Socialista propón ao goberno local a posta en marcha do proxecto LEES “Lanzadeira polo Emprego e o Emprendemento Solidario”. Trátase dun proxecto baseado na colaboración e a solidariedade, dirixido a e por persoas en situación de desemprego. O principal obxectivo é crear grupo coordinados, colaborativos, de persoas que traballen na procura de emprego ou na creación de autoempregos (lanzadeiras), dirixidos e xestionados polos propios desempregados. 2.- Creación do Centro do Emprendemento, ubicado no antigo Hospicio, que contará con todas as instalacións necesarias para que as persoas emprendedoras poidan desenvolver o seu proxecto (zonas de traballo, sala de reunións...). As lanzadeiras poñen o foco nas persoas desempregadas, sendo elas mesmas os protagonistas nos procesos de empregabilidade. É un programa de activación e motivación para “persoas desempregadas por persoas desempregadas”. Permite incrementar as posibilidades das persoas participantes para atopar traballo, mellorando as estratexias de auto-postulación individual ou colectiva, para a súa contratación por terceiros ou creando pequenas empresas ou o seu propio emprego. Pretende combater o illamento e o desánimo que provoca a situación de desemprego, sobre todo cando se alonga no tempo, e proporcionar ferramentas que permitan reaccionar ante a sensación de bloqueo que experimentan as persoas desempregadas. Como método de traballo se empregará a metodoloxía de Coaching, dirixida por persoas técnicas especialistas, profesionais tamén en desemprego que serán coordinadores do programa. Diferénciase de experiencias previas (programas de orientación profesional) en que non se centra unicamente na formación en técnicas de busca de emprego. Ademais, trátase dun sistema onde os logros, coñecementos e desenvolvementos afectan ao conxunto e deben servir para melloralo. Proxecto que está ofrecendo moi bos resultados naqueles lugares onde están en5 marcha.


NOVAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

DENUNCIAMOS QUE O GOBERNO LOCAL REGALA MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS ÁS ELÉCTRICAS

A intervención municipal leva meses advertindo das irregularidades nos pagos da factura eléctrica do Concello. Dende principio de mandato o noso grupo ven denunciando e reclamando do goberno do PP a convocatoria do concurso público para a contratación do subministro eléctrico e o mantemento da rede de alumeado do Concello, co obxecto de regularizar o pago deste servizo, actualmente sen contrato, e de aforrar una cantidade que rondaría os 600.000 euros anuais. “Xa no anterior mandato iniciouse o concurso público para a contratación do servizo, o que supoñía un importante aforro anual. O procedemento foi paralizado polo PP ao chegar o goberno, nese afán de revisionismo que os levou a parar tódalas actuacións en marcha en perxuízo da cidade, que cada catro anos ten que volver a empezar.” A este respecto, lamentamos que a estas alturas de mandato a situación siga igual, lembrando que xa a propia intervención municipal leva meses requerindo ao goberno local a convocatoria do concurso público e a formalización do correspondente contrato, para deixar de incurrir en irregularidades, pagando un servizo que carece do preceptivo contrato de subministro. “Pero si o procedemento administrativo de pago se recoñece viciado, non parece menor o perxuízo económico que esta deixadez do goberno popular lle está causando a cidade.” “Xa no ano 201 2 a auditoría enerxética encargada polo concello revelaba que se podía aforrar ata 600.000 €/ano, cantidade que, polo visto, ao goberno local non lle 6 parece relevante”.- manifestamos.

Jaime Pena respecto.

facendo

declaracións

ao

Por conseguinte, esiximos ao goberno do PP a inmediata convocatoria do concurso público para a contratación do subministro eléctrico e o mantemento da rede de alumeado do concello, non é aceptable que a falla de compromiso e a ausencia de xestión do goberno estanlle a custar 50.000€ ao mes a tódolos ferroláns e ferrolás. Así, “cada día que pasa sen contrato, o alcalde tira da cadea e vanse polo sumidoiro 1 .500 € dos impostos de todos nós para financiar as eléctricas”, alertamos. “Co importe perdido cada día, poderíase financiar un mes de formación a dous persoas desempregadas da cidade coa súa correspondente prestación por importe dun salario mínimo interprofesional; o sexa, co importe perdido cada mes poderíamos dar formación e prestación económica a 60 desempregados da cidade ou subvencionar a seguridade social de ata 1 90 mozos e mozas que inicien a súa andaina profesional como autónomos.” “Non e admisible que a neglixencia e a falla de compromiso do goberno local nos leven a regalar as eléctricas uns recursos escasos, absolutamente necesarios para adicar as persoas que nestes momentos pasan graves dificultades.”


PROPOSTAS

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

ALERTAMOS DE QUE O GOBERNO LOCAL NEGA A VIVENDA A 82 FAMILIAS ADXUDICATARIAS DE RECIMIL

O goberno local condena ao abandono a Recimil coa redución dun 50% da partida para o barrio. Dende o Grupo Municipal Socialista venimos a denunciar a falla de vontade do goberno local respecto do Barrio de Recimil.

Así alertamos de que o goberno local recoñeceu na comisión de benestar correspondente que as oitenta e dúas familias adxudicatarias de vivendas de Recimil non acadarán neste mandato municipal ás vivendas das que son lexítimas adxudicatarias. Lembramos que “o arranxo das vivendas nunca foi unha prioridade para o goberno popular, ao contrario, e si fixeron algo foi tarde, mal e arrastras, só obrigados polas demandas dos socialistas e da cidadanía que esixiu e fixo valer os seus dereitos.” Tamén que o goberno local, despois de non executar o orzamento do ano 2011 respecto a Recimil, facendo caso omiso das propostas e peticións socialistas no ano 201 2, finalmente incluíu, aínda que non o contemplaba inicialmente, o orzamento necesario para arranxar 30 vivendas froito das emendas socialistas ao orzamento do ano 201 3. Non así coas reclamacións presentadas polo Grupo Municipal Socialista á aprobación inicial do orzamento actual, no que reclamábamos 500.000€ para a rehabilitación de vivendas baleiras. Xa que o Concello aprobou en sesión plenaria de data de 28 de outubro do 201 0 o regulamento sobre o procedemento de adxudicación das vivendas de propiedade municipal do barrio de Recimil. De acordo co cal iniciouse un procedemento de baremación de solicitudes, do que resultou o listaxe de persoas adxudicatarias dunha vivenda en Recimil en réxime de aluguer, polo que o Concello ten a obriga de atender estas necesidades básicas de vivenda coa rehabilitación daquelas que se atopen baleiras. Así mesmo unha partida de 600.000 €, xa que é de necesidade atender ao mantemento das vivendas do barrio por tratarse dunha obriga do Concello pola titularidade municipal do barrio. “Lamentablemente para a cidade non atenderon ningunha das emendas presentadas o que denota a falla de vontade política neste tema”, afirmaron os socialistas. No orzamento actual o goberno do Partido Popular non só non contempla o orzamento necesario para acondicionar novas vivendas para as persoas e familias que as necesitan e son adxudicatarias as que a administración local ten que dar resposta, senón que reduce a metade o orzamento do ano anterior, que non executaron, para reparacións e mantemento Finalmente, lembramos tamén o deficiente mantemento do barrio durante o ano pasado que mesmo motivou a denuncia da asociación de veciños do mesmo diante do Valedor do Pobo. Situación que de seguro agravaráse este ano debido á redución do 50% da partida destinada a mantemento no orzamento actual, cuestión que nas enmendas aos orzamentos xa pedimos o incremento da devandita partida, urxindo tamén a por en marcha unha planificación e programacións das obras a acometer.

7


Posicións socialistas

Grupo Municipal Socialista de Ferrol

LEVAMOS AO PLENO DE XANEIRO A RETIRADA DA TARXETA SANITARIA ÁS PERSOAS QUE VENSE OBRIGADOS A IRSE FORA DE ESPAÑA Presentamos públicamente, acompañados pola Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Ferrol, Ana Lamas, unha moción en contra da retirada da tarxeta sanitaria a aquelas persoas que permanezan no estranxeiro durante máis de 90 días e estean en situación de desemprego. Na devandita moción, instamos a Goberno central e Xunta a derrogar as disposicións polas que se pode levar a cabo a retirada. Pedimos tamén, que en canto no sexan derrogadas polo Goberno de España as disposicións referidas, el Goberno da Xunta de Galicia non proceda a retirar dita tarxeta sanitaria. Denunciamos que con esta nova medida, os mozos e mozas emigrantes que regresen a España atoparanse cunha situación de profundo desamparo, véndose privados dun dereito fundamental como é o da sanidade. Destacamos que a mocidade non está a emigrar por ese impulso aventureiro ao que facía referencia a Secretaria Xeral de Inmigración, senón porque o goberno non lles ofrece alternativas para desenvolver unha vida digna aquí. Agora, o seu futuro complicarase aínda máis despois da súa exclusión do sistema sanitario se non conseguen un contrato vixente.Por tanto, estase a condenar aos nosos mozos e mozas ao exilio, desprezando á xeración mellor preparada da historia do noso país. Para concluír, dende as Xuventudes Socialistas lembraron que en Ferrol máis de 2.000 mozos e en Narón máis de 500 fóronse no último ano da cidade en busca dalgunha oportunidade, e agora poderían perder tamén os seus dereitos sanitarios.

PRESENTAMOS UNHA MOCIÓN EN CONTRA DA REFORMA DA LEI DO ABORTO

8

Presentando a nosa moción en defensa do dereito a decidir das mulleres sobre a súa maternidade mostrando, por tanto, o noso rexeitamento á contrarreforma do Partido Popular da lei de interrupción voluntaria do embarazo.

Manifestamos que esta norma non só suporá un grave retroceso de máis de trinta anos para a lexislación española neste ámbito, e o incumprimento de compromisos internacionais en materia de dereitos sexuais e reprodutivos e de liberdade das mulleres a decidir sobre a súa maternidade, senón que situaría a España como unha excepción en toda Europa, onde nos últimos anos ningún país lexislara cara atrás nesta materia, mentres que as mulleres españolas sufrirán ese retroceso despois de contar cunha das lexislacións máis avanzadas, máis seguras, con maiores efectos na prevención de embarazos non desexados e que conseguira reducir o número de abortos no último ano.


Grupo Municipal Socialista de Ferrol

Galería de imaxes

Nos actos institucionais do patrón da cidade, San Xiao 201 4.

A nosa voceira, Natividad González, coa Secretaria Xeral das XSG Ferrol, Ana Lamas, presentando a moción en contra da retirada da tarxeta sanitaria ás persoas emigrantes, moitos deles mozos e mozas.

A nosa concelleira María López na lectura do manifesto do Foro Galego de Inmigración. A nosa voceira Natividad González na concentración en repulsa do maltrato machista e dos asasinatos de María José e Adela, veciñas de O Cervo..

Rexeitando a reforma da lei de interrupción voluntaria do embarazo. As nosas concelleiras Natividad González e Máría López, e os nosos concelleiros Jaime Pena e Ramón respaldando a rolda de prensa da Plataforma comarcal a favor do aborto.

A nosa voceira Natividad González, e o noso concelleiro Manuel Santiago Perez acudiron onte a unha reunión de traballo cos voceiros e voceiras da provincia, coordinada pola Provincial da Coruña en Betanzos.

Asistimos á inauguración da Exposición Fotográfica "Natureza" da Sociedade Galega de Historia Natural.

9


Escolma do GMS Grupo Municipal Socialista de Ferrol Selección mensual das novas do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol.

De esquerda a dereita: María López, Ramón Veloso, Natividad González, Manuel Santiago, Jaime Pena, Gerardo L. Castrillón e Vicente Irisarri.

CONTACTA CON NÓS! Casa do Concello Praza de Armas s/n Primeiro Andar 1 5402 Ferrol

Teléfono: 981 944034 Fax: 981 9451 98 psoe@ferrol.es

Estamos en facebook! Grupo Municipal Socialista de Ferrol e tamén en twitter! @GrupoPsoeFerrol


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.