VIVEiro num 1

Page 1

VIVEIRO Revista de información municipal do Concello de Viveiro. num 1· maio 2010

4,1 millóns para infraestruturas no que vai de 2010 O Concello pecha acordos coas diferentes Administracións para que as inversións públicas cheguen á vila

8

Entrevista a Melchor Roel, Alcalde de Viveiro: “Voltamos a ser o centro da Mariña”


PUBLICIDADE DO CONCELLO


01

maio 2010 4

Preto de 10 millóns de euros en obras nos dous últimos anos

8

Entrevista a Melchor Roel, Alcalde de Viveiro

V

iveiro emerxe co esforzo de todos para converterse na localidade de referencia da Mariña. Eo en Semana Santa e quere selo o resto do ano grazas a un esforzo dinamizador que repasamos neste primeiro número da revista municipal Viveiro. Nel repasamos polo miúdo a achega do Fondo Estatal para ou Emprego e a Sustentabilidade Local para que Viveiro mellore os seus servizos básicos e infraestruturas. A idea, como detalla Melchor Roel nunha entrevista que completa a información, é destinar eses cartos en gran medida a obras de carácter estrutural, a melloras da rede de saneamento e abastecemento, pero tamén a manter unha vocación social da que se fai bandeira desde o Concello e na que iniciativas como Concello Saudable ou o Centro de Información a Mulleres xogan un papel sobranceiro. Viveiro vive tamén grazas a iniciativas privadas. O Seminario de Estudos Terra de Viveiro é unha delas, exemplo de entidade cívica de carácter multidicisplinar e cun pedigrí que lle dan casi dúas décadas de traballo. Repasamos a súa historia e as súas ilusións futuras nunhas datas especiais para a vila que vén de sacar a súa devoción á rúa nunha Semana Santa que quedará reflectida nun documental no que está a traballar a Fundación TIC, un centro formativo promovido pola Deputación Provincial de Lugo.

Semana Santa volveu 13 Aencher as rúas Terra de Viveiro, un 14 OxeitoSeminario de dinamizar a vila

16

A Fundación TIC achégase á vila para gravar un documental

de Información á 18 Centro algo máis cun negociado

Muller,

Saudable promove un 20 Concello estilo de vida sá en Viveiro que vivimos. 22 OAsViveiro pescantinas do “Lañado”

Teléfonos de interese Concello Rexistro e Xanela Única Arquivo Municipal Biblioteca Municipal Atención ao Consumidor Fundación para o Emprego Desenvolvemento Local Oficina de Turismo Hospital Comarcal Urxencias Centro de Saúde Cruz Vermella Ambulancia Emerxencias xerais Emerxencias médicas Bombeiros Incendios Forestais Policía Local

982 56 04 24 982 56 01 28 982 56 33 58 982 26 33 58 982 56 26 68 982 55 04 21 982 56 20 47 982 56 08 79 982 58 99 00 982 56 03 32 982 56 12 01 982 56 22 00 982 55 16 73 112 061 982 56 29 82 085 982 56 29 22

Policía Nacional Garda Civil Protección Civil Estación de Autobuses Feve Escola de Idiomas Conservatorio Fundación Comarcal Taxis Taxis Xulgados Farmacias de garda Praza Maior, 18 Praza de Lugo, 3 Pastor Díaz, 21 Pastor Díaz, 1 Ponte Landrove Covas (Granxa, 90)

982 56 17 11 982 56 10 39 982 57 09 09 982 56 01 03 982 55 07 22 982 55 17 45 982 56 04 86 982 56 36 01 982 56 00 26 982 56 18 50 982 56 04 69 - 982 55 12 11

revista de información municipal de viveiro Concello de Viveiro www.viveiro.es

Deseño, redacción e maquetación: Ipequeña Comunicación S. L. Impresión: Graficas Lugami S. L. Depósito Legal: viveiro@ipequena.com

982 56 01 38 982 56 10 21 982 56 01 11 982 56 10 28 982 59 84 96 982 56 22 53


conloctum hui pere, pracchuid condumunum

O Concello acadou nos dos últimos anos preto de 10 millóns de euros para Viveiro A prioridade é mellorar os servizos básicos cunha inversión que dará froitos antes do remate de 2010

Viveiro avanza e medra ao ritmo das obras nunha aposta por mellorar as infraestruturas en todo o Concello, un esforzo no que destaca o apoio tanto da Deputación de Lugo como da Administración Central a través do Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local, popularmente coñecido como Plan Zapatero. É algo máis que maquillaxe. Durante os últimos anos, desde o Concello incidiuse en dirixir boa parte do financiamento obtido para obras relacionadas cos servizos básicos, coa rede de saneamento e telecomunicacións, a viaria ou a consecución de novos puntos de luz nas zonas rurais. Neste ano 2010 o Concello xa ten atraído cara Viveiro un investimento de 4,1 millóns de euros a través de acordos coas diferentes administracións.

de céspede natural en Lavandeiras, unhas beirarrúas entre Xunqueira e Mazagos ou a mellora de sumidoiros en Galdo e Pallaregas e o proxecto de urbanización no Celeiriño. Deses cartos sairá tamén o acondicionamento da segunda planta do Conservatorio Municipal, 420 metros cadrados infrautilizados ata agora. O Executivo autonómico financiará as actuacións, mentres o organismo provincial se encarga da súa tramitación e execución, Deputación e Concello axilizan os trámites para que, coa máxima celeridade, comecen estas obras que se enmarcan dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública, unha iniciativa do organismo provincial, dotada de 60 millóns de euros, e que comeza a desenvolverse na Mariña co obxectivo de manter postos de traballo, e adiantar a saída á crise na provincia.

Así, vense de subscribir coa Deputación de Lugo e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas un convenio que suporá unha inversión de 1,2 millóns de euros en actuacións como o acondicionamento da antiga casa da familia Calvo Sotelo, ubicada na rúa Irmáns Vilar Ponte, que se destinará a centro sociocultural orientado aos mozos da vila, ou a adecuación dun campo de fútbol

Entre todas as administracións destinaranse durante 2009 preto de 10 millóns de euros de investimento en obras realizadas en Viveiro, unha dotación económica que se plasmou en infraestruturas que xa se poden gozar e ás que hai que sumar 2,3 millóns máis grazas ao Plan Especial do Estado. O incentivo do Estado resulta capital neste proceso de adecuación e mellora das infraestruturas. Entre

4

A Deputación comeza a desenvolver na Mariña o seu Plan Extraordinario da Obra Pública. Viveiro é un dos primeiros concellos onde se porá en marcha

2009 e 2010 o Plan Zapatero achegará a Viveiro máis de 4,5 millóns de euros, un diñeiro que serve ademais para xerar emprego en sectores especialmente afectados pola crise. Nesa liña, o delegado do Goberno, Antón Louro, incidiu durante a súa última visita a Viveiro en que o Plan fixo posible que puidesen ser contratadas máis de 200 persoas para executar obras, un 87% máis da cifra inicial estimada, xa que nun principio estaba previsto que se xerasen 107 postos de traballo.


unha en benefi cio de todos conloctum huiinversión pere, pracchuid condumunum

INICIATIVAS QUE ESTARÁN REMATADAS ANTES DE FINAIS DE 2010 BOIMENTE DProxecto para protexer e conservar o patrimonio artístico de San Andés de Boimente

GALDO

CELEIRO

MAGAZOS DAdecuación e mellora do centro cultural DPavimentación, servizos urbáns de Xunqueira a Mazagos

DAdecuación e mellora da rede de abastecemento de auga potable, saneamento e pluviais na rúa Atalaia DMellora da área deportiva e recreativa de Lavandeiras DRenovación do alumeado en Antonio Pedrosa Latas DRexeneración urbana no Celeiriño

DAdecuación do centro cultural da Trave DAmpliación e mellora da rede de sumidoiros

SAN PEDRO DAdecuación e mellora do centro sociocultural VIEIRO

COVAS DRecuperación de xardíns no parque Pernas Peón DAdecuación e mellora da rede de abastecemento de auga potable, saneamento e pluviais en Grallal DMellora da área deportiva e recreativa do Cembedo DRehabilitación do edificio para centro cultural DMellora da rede de sumidoiros en Pallaregas CHAVÍN DRenovación do alumeado público FARO DAmpliación e mellora da rede de saneamento

DAdecuación e mellora do centro deportivo VIVEIRO DAcceso a wi-fi en edificios e instalacións municipais DCreación do centro de interpretación do Viveiro Medieval DDotación de colectores soterrados no casco vello DSaneado interior e exterior do polideportivo municipal DCuberta da edificación municipal en Irmáns Vilar Ponte DAcondicionamento da 2ª planta do Conservatorio XUNQUEIRA DAdecuación e mellora da rede de abastecemento de auga potable, saneamento e pluviais en Xunqueira

5


conloctum hui pere, pracchuid condumunum

1. Que valoración fai das últimas obras acometidas en Viveiro? 2. Cales son as obras que cre máis urxentes no Concello? “Cando fomos plantear suxerencias recibíronnos ben” 1. En xeral están ben, pero nalgúns sitios cambiáronse beirarrúas que estaban en boas condicións. Por exemplo, en Cantarrana estaban case novas fronte a edificios modernos e cambiáronse igual. Supoño que sería así para igualar todo.

Lucía Vidal

2. Gustaríame que houbese máis zonas verdes e de recreo para os nenos. En calquera caso, teño que dicir que cando fomos ao Concello plantear suxerencias tanto o alcalde como a primeira tenente de alcalde recibíronnos moi ben e atendéronnos de maneira moi accesible.

“Necesitamos mellores zonas de recreo para os nenos” 1. Están ben, todo o que sexa acondicionar e mellorar é positivo. No casco vello e noutros lugares supoño que se aproveitaron axudas para mellorar o enlosado. En xeral, está ben que se invirta en mellorar as zonas de ocio.

Noelia Piñeiro

2. En Parquemar a penas hai dous columpios nun pequeno espazo ao que acoden moitos nenos xogar. Nesa zona faltan mellores zonas de recreo porque vai a maior parte da xente de Covas. De todos modos, no Concello dixeron que o van mellorar.

“Viveiro necesita unha boa sala de exposicións” 1. As obras son necesarias sempre que fagan falla. É importante administrar ben os recursos e máis nestes tempos de crise. Personalmente, agrádame a reforma que están facendo no Conservatorio.

Juan M. Paleo

2. Viveiro necesita unha boa sala de exposicións e máis agora que se achega o Bicentenario. Por outra parte, hai que seguir incidindo nos traballos en zonas rurais, asfaltar as pistas é importante para a xente que vive alí ou para os que nos achegamos a esas parroquias.

“É importante que haxa gasto social” 1. Todo o que sexa mellorar é positivo. As obras están ben, pero a moitos interésanos máis que a vivenda sexa máis accesible, que se constrúan máis casas de protección oficial. É importante que haxa gasto social e iso valóroo moito.

Dolores Real

2. Sería importante que os mozos dispuxesen de máis sitios de esparexemento. Para xogar só están as pistas do Casino. Polo demais, notouse que o municipio mellorou aínda que o nivel de vida é bastante alto para a xente con poucos recursos.

“Deberían habilitar un carril bici” 1. Investíronse ben os cartos. En Celeiro e Lavandeiras facía falla asfaltar bastantes pistas e fíxose. As obras no casco histórico foron molestas, pero o resultado é bo. En xeral, estou satisfeito.

Juan M. Pernas 6

2. Deberían habilitar un carril bici porque ademais non sería complicado facelo. Iso supón tamén un traballo de mentalización coa xente: ensinalos a non depender tanto do coche. Ademais, a área próxima á Comisaría está toda levantada, debería arranxarse.


unha inversión en beneficio de todos

As previsións para os próximos meses indican que se continuará por idéntico camiño ao do pasado exercicio con prioridade para os traballos de mellora de redes de abastecemento de auga potable a domicilio. Así, neste concepto destinaranse 540.000 euros para servir aos veciños de Celeiro, Grallal, Xunqueira e Faro. Pero tamén se destinará un importante orzamento á renovación do alumeado pública na barriada Antonio Pedrosa Latexes, en Celeiro, ou na parroquia de Chavín; ou á adecuación de áreas deportivas, recreativas ou socioculturais como as de Covas ou Vieiro. Estamos ante unha aposta polas infraestruturas, pero sobre todo polas persoas. Cada vez son máis os espazos comúns para veciños e visitantes. O centro histórico da vila recuperouse cunha transformación que vai

O novo Parque de Bombeiros xa ten a súa obra adxudicada e a maquinaria xa a mercou a Deputación. Falta a selección de persoal para abrir a prinicipios de 2011

máis aló do meramente estético e que continuará durante os próximos meses co soterramento de todos os seus colectores. Con todo, o maior investimento previsto destinarase ao novo parque de bombeiros comarcal que se situará en Celeiro. Trátase dunha obra para a que o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño deu o pasado 7 de agosto a autorización para ocupar os terreos e na cal a achega financeira da Deputación Provincial de Lugo resulta de especial impor-

tancia. Será un edificio disposto en dúas plantas, que terá unha superficie construída de 824 metros que incluirá unha zona de talleres, camións e almacén do material de extinción de incendios, e outro espazo na que se agruparán as oficinas, ximnasio e espazos de convivencia, como dormitorios e vestiarios. A obra vense de adxudicar en 754.000 euros a ORC Obras e Servicios S.L., que agora ten dez meses para entregala. A maquinaría xa está mercada por parte da Diputación e tan só falta comezar coa selección do persoal. Co parque en uso, Viveiro integrarase no Consorcio Provincial de Bombeiros, mediante o cal Xunta e Deputación Provincial de Lugo xestionarán cinco parques comarcais (Barreiros, Chantada, Sarria, Vilalba e Viveiro) no ano 2011. 7


8


entrevista ao Alcalde de Viveiro

Melchor Roel “Estamos a lograr que Viveiro volte a ser o centro da Mariña” “Apostamos polo crecemento dun concello que vive cara o mar respetando o medio e os hábitats históricos”

Sete anos despois da súa chegada á alcaldía, Melchor Roel Rivas apunta que conseguiu imprimir un selo a un ciclo que aínda non sabe se terá continuidade. “Hoxe Viveiro é diferente e moito mellor do que era en 2003”, reflexiona. -Que mudou? -Sobre todo a maneira de facer as cousas. E a partir de aí centrámonos en aspectos como os servizos sociais e a atención ás persoas, a promoción de Viveiro como centro de servizos da Mariña e a posta en marcha de infraestruturas que nalgúns casos non se ven, pero percíbense. -Por exemplo? -Penso en todas as obras de saneamento. Non son as máis visibles, pero requiriron unha boa parte do financiamento adicado a infraestruturas nos últimos anos. Fixemos o que non se fixera en 25 anos. Como colaboraron as institucións no financiamento das infraestruturas? -Aí tivemos que realizar un traballo inxente. Fomos buscar financiamento alí onde pensamos que podían axudarnos. Co Partido Popular na Xunta, antes e despois do bipartito, algunhas cousas retardáronse e outras non. Pero sobre todo onde notamos

un gran cambio é na Deputación de Lugo desde que esta variou na súa cor política. Agora atopamos nela atención aos problemas de infraestruturas, pero sobre todo aos problemas das persoas. Vimos de solicitar e obter apoios de 400.000 euros para o novo campo de herba artificial, de 50.000 euros máis para arranxar unha zona abandonada en San Pedro de Valcarría, de 315.000 euros para unha pista de aglomerado entre Vieiro e Cabana. Son obras que se van a facer

“Na Deputación de Lugo atopamos agora solucións aos problemas de infraestruturas, pero sobre todo aos problemas das persoas”

de xeito inmediato. E fixéronse moitas máis. O que temos que ter claro todos é que por enriba das cores políticas están as relacións de carácter institucional. -Que incidencia tivo e está a ter o Plan Zapatero en Viveiro? -O ano pasado supuxo 2,7 millóns de euros e este 1,4 máis 300.000 euros a maiores que imos destinar a gastos correntes do Conservatorio, que é un dos mellores de Galicia, pero entre ingresos e gastos de persoal ten un

diferencial de máis de medio millón de euros. Baixou a dotación do Plan, pero neste exercicio incorpora a novidade de que un 20% da súa dotación pódese destinar a ese tipo de gastos e ofrécenos un importante colchón. O Plan Zapatero serviu para dar financiamento aos concellos sen distinguir cores políticas e iso non se estila. Ofreceu capacidade para afrontar obras que senón sería imposible facer, xerou emprego e consumo. Co Plan recoñeceuse que se se quere saír da crise hai que escoitar á administración local, que é a que ten máis capacidade de dinamización. Agora o que boto en falta é o Plan Feijóo, coas mesmas características, nas condicións que poidan, pero sen mirar quen goberna. -Que iniciativas destacaría en canto ao apoio do Concello aos servizos sociais? -Algunha delas nin sequera existían, como o bonobús para os estudantes universitarios ou de Formación Profesional que poden beneficiarse dun desconto do 50% nos seus desprazamentos, pero ademais habilitamos os locais de ensaio, promovimos as noites alternativas ou a dinamización cultural en todo o Concello, a iniciativa de axuda no fogar pola que atendemos a 162 unidades familiares, o servizo de fisioterapia e podoloxía 9


para persoas dependentes, a organización de talleres de apoio educativo para nenos con dificultades de aprendizaxe. Logo está o centro de atención ás persoas da terceira idade ou a colaboración coa Cruz Vermella e a asociación de familiares de enfermos de Alzheimer... Dentro da vocación por atender o social, temos dúas prioridades, que son os maiores e os mozos. E nesas andamos. -En que situación está o Centro de Atención a Maiores, xa remataron as obras? -No outono remataron. Agora é a Xunta a que ten a pelota no seu tellado. Decidiron buscar unha fórmula para darlle a xestión do Centro a un terceiro e nós somos respectuosos coas institucións e non nos opomos, pero exixímos dúas garantías que no seu día levamos a Pleno. Por unha banda, queremos que todas as prazas no Centro sexan concertadas para que se beneficien delas a xente de Viveiro e a súa bisbarra e, ademais, aceptamos a privatización, pero lembramos que se trata dunha dotación que se fixo con diñeiro público, que se cederon terreos e cambiouse de emprazamento o cámping para poder facela e que existe o compromiso de que os postos de traballo que se xeren serán prioritariamente para mulleres e persoas con discapacidade do noso ámbito municipal. -Non está en perigo a apertura, por tanto. -Se fixéramos política pura e dura e non política institucional diriamos que ou tiña que ser un centro público ou nada, pero queremos que se abra xa. Respectamos os criterios do novo Goberno da Xunta, pero creemos que eles tamén deben respectar os inves10

“O novo Centro de

“Co apoio da Deputación

Atención a Maiores debe

abiremos un novo parque

de ofrecer as súas prazas

industrial en Chavín ademáis

para que se benef icie a xen-

di que xa está a facerse en

te de Viveiro e bisbarra, á

Lestrove. Por f in haberá

marxe de súa privatización”

chan industrial en Viveiro”

timentos e os acordos que xa existían. En Santiago xa teñen a comunicación do acordado polo Pleno. O que non vai suceder é que se repartan as prazas no Centro como nunha empresa privada cando o investimento foi público e falamos dunha capacidade para 150 persoas a tempo completo e 50 como centro de día. Pero tamén atendemos aos máis cativos e fixemos un gran investimento na escola infntil. Alí atopámonos que se taponaron os wáteres e resulta que non estaban conectados á rede de sumidoiros... Arranxamos parques infantís como o

de Celeiro ou o da Misericordia. E xa en xeral procuramos que todas as nosas obras cumprisen coa normativa de accesibilidade. Fixemos quilómetros de beirarrúas e fixémolas en catro meses, pero non procupándonos só do que queda bonito senón de que puideran integrar un sistema de recollida de augas pluviais, de evitar os cheiros nos sumidoiros, que foran de utilidade, en definitiva. -Cando disporá Viveiro de solo industrial? -Pronto. Nunca o houbo. O parque


entrevista ao Alcalde de Viveiro

construír enriba dos farois e na que pedimos a suspensión das licenzas porque había unha normativa que se planeaba na indefinición e permitía calquera tipo de situacións.

UN PLAN DE URBANISMO PARA MEDRAR CON ORDE O alcalde de Viveiro mira ao fu-

-Foi unha decisión arriscada. -Sí, pero a longo prazo beneficiosa. Sabemos que todo o que ten que ver co desenvolvemento sostible demanda un sacrificio que non sempre é comprendido, pero non me arrepinto do camiño que tomamos. Houberamos ido polo outro se só pensasemos nos votos, pero decidimos pelexar noutras frontes para obter financiamento.

turo con esperanza e apunta a unha das súas maiores ambicións, que a vila conte cun Plan Xeral de Urbanismo. “O anterior alcalde aprobou un Plan en setembro de 2002 e iniciou un período de reclamacións. Chegaron as eleccións e deixou sen aprobar o plan sen contestar a ningunha das 374 reclamacións que se interpuxeron. O Plan é necesario porque máis aló da cultura do ladrillo é

industrial de Lestrove está consignado e xa se atopa en fase de elaboración, coa explanación e as conexións de rede de sumidoiros. En teoría debería entrar en funcionamento para o próximo ano. Pero ademais abriremos co apoio da Deputación un novo parque en Chavín. En cuestión de infraestruturas tivemos que xestionar o do pasado, o presente e o futuro. Antes cada anaco do paseo marítimo levaba unha pedra de inauguración, agora inauguran os veciños e o propio uso, que é como debe ser. -Que é o que máis lle ocupa agora no Concello? -A situación financeira, sen dúbida. Houbo un determinado momento, no ano 2005, no que nós apostamos por deixar de recadar para defender o patrimonio de Viveiro. Foi unha aposta ante unha situación que permitía

-Cal era a situación financeira do Concello cando chegou á alcaldía? -Había unha débeda bancaria de sete millóns de euros e en débeda de caixón chegábase aos 3,8 millóns. Agora están a caer as sentenzas daquela débeda. Arriscámonos e os veciños percibiron que era unha decisión correcta, por iso tivemos nas últimas eleccións 4.500 votos e por primeira vez en Viveiro un partido de esquerdas superou a un de dereitas, pero agora estamos a sufrir as consecuencias da decisión de suspender as licenzas, bendita decisión porque nos permitirá facer un Plan Xeral de Urbanismo. E serviu tamén para mostrar a nosa aposta por un desenvolvemento sustentable nun concello que vive cara ao mar e no que queremos respectar o medio e os hábitats históricos.

importante deseñar en qué tipo de cidade vas vivir, cal vai ser o seu crecemento e o seu goce, pensar onde se pode construír e qué seguridade xuridica se lle ofreces ao cidadán para que non dependa do técnico ou do político de turno. O novo Plan Xeral de Urbanismo integrará un sistema GIS, de información xeográfica, que dará garantías xurídicas, evitará a especulación e permitirá o libre mercado”. A asunción dun novo ordenamento urbanístico suporía un fito para Viveiro e é un dos principais atractivos que atopa Melchor Roel para opositar a un novo mandato. “Viveiro é o sitio no que elixín vivir e ser o seu alcalde é un orgullo e unha gran responsabilidade. A nosa chegada á alcaldía

-A débeda afecta ao día a día do concello? -Non. Tivemos que amortizar máis de dous millóns de euros de débeda bancaria, pero non podemos parar o concello. Ademais, preocúpanos

significou ademais unha ruptura traumática para aqueles que seguen obsesionados con volver ao poder e persisten en contínuas presións”, asegura o alcalde.

11


entrevista ao Alcalde de Viveiro

promocionar Viveiro cara ao exterior porque o 52% dos postos de traballo que temos na nosa contorna están vencellados ao sector servizos. A implicación aí é importante e estamos a lograr que Viveiro volva ser outra vez o centro da Mariña. En cualquera caso o feito de que esteamos a conseguir acordos coas diferentes Administracións para investir en obras e infraestruturas propicia que deamos servizo ao conxunto dos veciños sen que haxa achega da caixa municipal, o que nos permite afrontar mellor as dificultades financeiras propias dun Concello. -Veñen de asinar un convenio con Deputación e Xunta para facer obras que suporán un investimento de 1,25 millóns de euros. Estarán rematadas antes de fin de ano? -Si. É o que está previsto. Entre o que fixemos en 2009 e o que faremos este ano Viveiro terá unha rede de centros socioculturais como en poucos sitios en Galicia, pero tamén estamos a traballar en instalacións deportivas, en parques...partiamos da nada e a situación deu un xiro. Antes falabamos do Conservatorio e é importante destacar que con parte deste financiamento arranxaremos a segunda planta que estaba abandonada. Xa habilitaramos a planta baixa para concertos e puxeramos un ascensor para recuperar un edificio singular en Viveiro. -Vale tamén o prazo de finais de ano para ter o Plan Xeral de Urbanismo? -Podería ser que o tivesemos para entón, pero xa non depende de nós porque a Xunta ten tres meses para contestar despois de que o Concello o presente. E logo ábrese un prazo de 12

“Entre o que f ixemos en

“Co Plan Xeral de

2009 e o que faremos este

Urbanismo buscamos o

ano Viveiro terá unha rede

maior consenso social e

de centros socioculturais

participación posible porque

como en poucos sitios en

é un tema capital para o

Galicia”

futuro da nosa vila”

alegacións. O que quixemos é esperar á aprobación da Lei do Solo para que o Plan vaia adaptado a esa normativa e tamén á nova sobre hábitat e litoral. Agora está en fase de elaboración por parte dos técnicos municipais nun proceso en que queremos unha total participación dos grupos políticos.

tos e promotores. Buscamos o maior consenso e participación posible porque é un tema capital para o futuro da vila.

-Escoitarase á cidadanía? -Por suposto. Formaremos unha comisión cidadá con representantes de todas as parroquias do noso concello, diferentes asociacións, sindica-

-Cal será o legado do Plan Xeral? -Que faremos un traballo non só para construír ou urbanizar senón para acadar un desenvolvemento sostible. Non falamos só de cuestións económicas senón do lugar no que queremos vivir. Por iso hai que lanzar unha mensaxe de entendemento independentemente da cor política que teñamos.


conloctum hui pere, pracchuid condumunum

unha Semana Santa chea de eventos

Dez días de paixón A Semana Santa acolleu un intenso calendario de actos, nun dos tres eventos de interes turístico do Concello Viveiro volveu ser un ano máis un dos centros de referencia da Semana Santa en Galicia cun índice de ocupación hostaleira que nas datas de Xoves e Venres Santo acercáronse preto do 100%. Baixou o sábado coa choiva, pero a sensación final foi a de que a Semana Santa segue ser a unha das citas máis sobranceiras do ano xunto ás outras dúas festas de interese turísitico nacional: A Rapa das Bestas e a Romería do Naseiro. Na Oficina Municipal de Turismo rexistráronse 4.137 consultas de visitantes que requerían algún tipo de información. 108 delas plantexáronas cidadáns estranxeiros. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou nos

actos do Venres Santo xunto co alcalde Melchor Roel. Gómez Besteiro quixo acompañar ao rexedor municipal nun dos actos máis importantes da festividade relixiosa, a procesión do Santo Enterro. As inclemencias meteorolóxicas obrigaron a suspender os pasos dos Caladiños e O Encontro. Pola contra estreouse o Xoves Santo o novo paso da procesión do Prendemento, As negacións de San Pedro. O Venres Santo tamén saíu, tras dous anos aprazada pola choiva, a procesión da Paixón e ao día seguinte tamén se estreou a da Esperanza da Resurrección. A choiva impediu que a primeira das procesións previstas, a da Virxe das Dores, saíse ás rúas o venres ante-

rior ao Domingo de Ramos e tamén aprazou o pregón de Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro. Con 24 horas de demora o Teatro Pastor Díaz encheuse para escoitar a súa disertación. O Colexio Oficial de Fisoterapeutas de Galicia volveu por segundo ano consecutivo, a ofrecer un centro de atención aos carrexadores, que tamén participaron nunhas sesións informativas para previr lesións. O Centro Comercial Centro histórico de Viveiro aproveitou a Semana Santa para entregar 3.000 bolsas conmemorativas. A Xunta de Confrarías e o Concello colaboraron coa iniciativa. Igualmente, organizáronse visitas guiadas gratuítas para exhibir os escearios da Semana Santa e a riqueza cultural da vila. Como epílogo, a procesión infantil desfilou polas rúas de Viveiro o día 8 de abril. Nela participaron máis dun centenar de nenos entre carrexadores e tamborileiros. 13


Seminario de Estudos Terra de Viveiro

A cultura viva, de preto e proxectada no futuro

“Achegamos a cultura á xente”, din no Seminario sobre o seu traballo que é a vez divulgador, investigador e multidisciplinar sen caer no elitismo Terra de Viveiro ten a pretensión de conformar un museo de carácter comarcal xunto cun arquivo e queren ter un novo local para atraer máis participación Polo Seminario pasan ilustres f iguras que relatan as súas experiencias culturais e literarias aos viveirenses, organízanse exposiciónns, coloquios ou proxeccións

14

“O Seminario de Estudos Terra de Viveiro sempre tivo bos padriños”, admite o seu presidente e cronista oficial da vila, Carlos Nuevo. O principal, a primeira persoa que recreou a idea e lle deu alento, o intelectual viveirense Lois Tobío, un dos fundadores do prestixioso Seminario de Estudos Galegos, cuxa imaxe e semellanza quixo trasladar a esta entidade local, de carácter cívico democrático, que dende 1994 dinamiza a cultura de Viveiro. Del conserva o seu “sentido multidisciplinar, o seu afán investigador e divulgador, sen ser elitista, senón moi aberto a todos”, di Nuevo, quen destaca o papel “tradicionalmente activo” na cultura da vila, berce e casa de autores como os irmáns

Vilar Ponte, Noriega Varela, Luz Pozo, o poeta Carlos Orozco ou Ramón Pernas. Por Terra de Viveiro pasaron figuras como o ilustrador Isaac Díaz Pardo, os escritores Xosé Neira Vilas, Carlos Casares, Xavier Alcalá ou a poeta Yolanda Castaño, para relatar as súas experiencias culturais e literarias aos viveirenses. “Achegamos a cultura á xente”, apunta Vicente Míguez, escritor e actual coordenador do Departamento do Mar do seminario, do que dependen actividades como exposicións fotográficas, mostras de aparellos, maquetas de barcos e carpintería de ribeira. Tamén se fan saídas ao mar, como a que tivo lugar no


un xeito diferente de dinamizar Viveiro

mos, que se suman a “outros moitos traballos, aínda inéditos, de investigación sobre patrimonio da Terra de Viveiro, como muíños, fontes, castros e mámoas que quizais vexan a luz no futuro”, engade. Do labor de todos os departamentos do Seminario derívase un inxente traballo arquivístico destes elementos e outros moitos, en formato escrito, fotográfico ou audiovisual “que xa están todos catalogados”, puntaliza Nuevo.

pasado verán, nun barco de pesca de Celeiro, onde se largaron aparellos e artes e os participantes asistiron a un simulacro de abandono dun buque. “Agora sei o que vale o peixe”, foi a resposta de moitos participantes, o que demostra que “a pesar de ter o mar ao lado, para moitos é un grande descoñecido. Moitos fillos ignoran que seu pai anda ao palangre e por iso é necesario pór en valor o mar e o traballo dos nosos veciños e demostrar orgullo por eles”, aposta Vicente Míguez. Un dos legados máis importantes do Seminario é o bibliográfico. Carlos Nuevo contabiliza máis de quince publicacións editadas por eles mes-

Terra de Viveiro ten unha pretensión que non caduca, a de constituír un museo de carácter local e comarcal, xunto cun arquivo, dada a existencia dun abondoso fondo de pezas de valor cultural e etnográfico e pinturas moi importante acumulado ao longo dos anos de existencia da entidade, grazas á achega de personalidades e veciños. Nuevo considera que “este é o momento para a súa fundación”, porque senón, “poderían perderse pezas ou a oportunidade de recoller doazóns, por falta de espazo”. Esta é unha petición que se extende á dun novo local, que Nuevo califica como “unha necesidade imperativa para que o Seminario se perpetúe no tempo, chame a unha maior participación popular e atraia máis socios”, obxectivos da entidade, que perseguen a través de varias estratexias. Unha das postas xa en práctica son as actividades de sendeirismo e excursionismo, que obteñen “un grande éxito e resposta masiva dos veciños”, subliñan satisfeitos Nuevo e Míguez. O presidente do Seminario sinala que os turistas de Viveiro, “tan fieis, que xa son descendentes de avós e pais” son outra das bazas que se alían en favor da entidade. Son participativos e agradecidos. Neste sentido, Nue-

vo lembra a excelente acollida entre eles da actividade “Noites de luz”, que consistíu na proxección de instantáneas de prestixiosos fotorreporteiros a nivel europeo, coordinadas por Xulio Villarino, unha mostra que, logo percorreu cidades como Madrid ou Sevilla. Ou a exposición sobre o bicentenario do naufraxio da Fragata Magdalena. Vicente Míguez subliña a importancia que ten para a vila este acontecemento de hai 200 anos. “Foi a maior traxedia marítima de España, nin sequera superada por Trafalgar”. Os 550 cadáveres chegados á praia de Covas, na ría de Viveiro “convulsionaron España e conmocionaron Viveiro” Un dos moitos episodios vividos entón lembra a aparición na praia de Covas dos cadáveres abrazados do comandante da fragata e seu fillo. Dende entón a Mariña impide embarcar á vez a dous familiares directos. Os esforzos cara o futuro concéntranse en proxectos como a colaboración do Seminario na exposición do centenario do nacemento da pintora surrealista Maruja Mallo, nacida en Viveiro. O evento incluirá “relatorios, exposicións e audiovisuais”, detalla Nuevo, que “tratarán de ir máis alá do coñecemento superficial que se ten dela” e que rescatarán “os numerosos rexistros da artista, non só como pintora, senón como ceramista, escultora ou escenógrafa”. Tamén se está a preparar a conmemoración do centenario de “Viveiro e a súa comarca”, unha sociedade fundada en Cuba en 1910 “que inzou a Viveiro de escolas cando non había ningunha ou moi poucas en todo o Estado”, explica Carlos Nuevo Seminario de Estudos Terra de Viveiro Praza de Lannión 4-6 oficina c Tlf: 982 562 215 info@terradeviveiro.org

15


A Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC gravou un documental sobre a Semana Santa A Deputación promove un moderno centro de ensino que ofrece unha alternativa cara ao mercado laboral

A Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), promovida pola Deputación de Lugo, asumiu a tarefa de realizar un documental sobre a Semana Santa en Viveiro. Foi un grupo de alumnos da Escola de Imaxe e Son da Fundación o que se achegou á nosa vila para facer unha reportaxe que está previsto difundir en varias

canles. Trátase dunha nova iniciativa dun centro de ensino adicado á formación audiovisual que está a cubrir unha crecente demanda e que garante a posibilidade de dispor na nosa provincia dunha oferta formativa máis ampla. A Fundación TIC, consciente da necesidade de ofertar unha formación de

Unha das aulas da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC en Lugo

16

calidade, está a rematar unha profunda transformación das instalacións e do equipamento do seu Centro de Produción de Programas, co dobre obxectivo de apoiar ao sector na provincia a través dunha oferta de contidos de produción propia e de faciltar un espazo de formación acorde ás demandas formativas e a cualificación precisa para os técnicos que demandan as empresas. Mozos da bisbarra da Mariña xa comezan a estar interesados en buscar unha saída ao mercado laboral da man da Fundación TIC. “Nestes momentos de crise dispárase a demanda dos ciclos formativos. A Escola de Imaxe e Son é unha extraordinaria oportunidade para formar profesionais. Hai moita demanda de xente especializada. Fai vinte anos eramos autodidactas, pero a formación só


conloctum hui pere, pracchuid condumunum

a fundacion tic achégase a viveiro

pode obterse nas aulas”, reflexiona o lucense Pedro Revaldería, que foi director de programas de Antena 3 TV e na actualidade responsable de Plural Entertainment, compañía do Grupo Prisa. A Fundación TIC ten como obxectivo prioritario promover e levar a cabo actividades dirixidas ao fomento da educación, a investigación e o desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, así como o impulso e consolidación da denominada sociedade do coñecemento ou sociedade da información, de maneira que se contribúa a mellorar a formación relativa a estas tecnoloxías na provincia de Lugo. Este obxectivo fundacional motivou a promoción e creación dun centro privado autorizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de formación profesional de grao superior de Produción de Audiovisuais, radio e espectáculos e de realización de audiovisuais e espectáculos, que iniciou o seu funcionamento hai sete anos.

Un intre da rodaxe de “Hitler, Garbo... e Araceli”

Traballos de época Un dos últimos traballos desenvolvidos pola Fundación TIC foi a súa participación na realización do documental “Hitler, Garbo… e Araceli”. Trátase dun traballo de dúas horas de duración que forma parte da campaña emprendida para recuperar a figura histórica da lucense Araceli González, unha auténtica Axente 007 natural da parroquia de Coeses. “Era de xustiza poñer en valor a traxectoria desta muller fascinante, cosmopolita e adiantada ó seu tempo”, asegura José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Diputación e da Fundación TIC.

Para desenvolver as súas actividades a Fundación TIC ten subscritos convenios con medios de comunicación social, institucións, empresas e organismos do sector audiovisual dirixidos á promoción e consecución dos seus obxectivos. Asemade, a Fundación conta con recursos propios para desenvolver os obxectivos e estratexias deseñadas coa finalidade de aproveitar as sinerxías xeradas na formación, a produción e a promoción no sector audiovisual

Besteiro incidiu en que estamos ante “un apaixoante proxecto audiovisual sobre a vida da espía lucense Araceli González, co que colaboramos a través da Fundación TIC e os alumnos da Escola de Imaxe e Son. Recuperamos a memoria histórica de Araceli e o seu marido, o espía español máis famoso de todos os tempos, que foron vitais na derrota do nazismo no desembarco de Normandía, que supuxo o principio do fin da Segunda Guerra Mundial”. Á estrea da película, no Pazo de San Marcos, acudiron os actores lucenses protagonistas: Mara Miñano, que interpretou á espía e Ramón Saqués, no papel do seu marido, o dobre espía Juan Pujol, máis coñecido como “Garbo”. Entre os cincocentos figurantes que participaron no filme atópanse ademais do propio Presidente da Deputación, o Alcalde de Lugo, José López Orozco; o Vicepresidente primeiro da institución provincial; Antón Bao e o Comisario xefe provincial, Máximino Losada, entre outros representantes da vida política, cultural e social de Lugo.

Escola de Imaxe e Són. Fundación TIC R/ Frei Plácido Rei Lemos s/n -Lugo Tlf: 982 284 667

17


Centro de Información á Muller

Algo máis cunha fiestra de información O servizo ubicado no claustro de San Francisco atendeu máis de 1.400 consultas o pasado ano

Ana María Abad López, psicóloga do Centro de Información á Muller

A estatística dá conta do éxito do traballo do Centro de Información á Muller de Viveiro (CIM), onde mes a 18

mes e ano a ano medran as consultas realizadas dende que se constituíu no ano 2001. Durante o 2009 ata

o momento foron máis de 1.400 as suxestións atendidas, procedentes de máis de 900 persoas. “Unha cifra que supera todas as anteriores”, informa a avogada Marga Fernández Franco, unha das responsables deste servizo, xunto coa psicóloga Ana Abad López. As dúas axudan, resolven dúbidas e dan solucións a cuestións de tipo xurídico, económico e psicolóxico en casos de separación, divorcio, ou violencia de xénero. Marga Fernández, avogada do Centro, comenta que “se hai nenos de por medio interésalles saber como vai ser o réxime de visita e custodia, o reparto dos bens e das débedas ou o tipo de recursos que a Administración e outras entidades poñen a disposición das mulleres, por exemplo”. As responsables do Centro tamén son quen de resolver peticións de información sobre as axudas existentes para que as mulleres poidan constituír unha empresa, “situación común cando hai paro ou a ocupación actual non satisface as súas expectativas”, indica Fernández, quen informa da existencia de negocios de comercio e hostalaría nados dende o Centro. Ademais resolven outras dúbidas sobre o mercado laboral, a formación ou a educación dos fillos. A letrada recoñece que os casos de alto risco de violencia de xénero no Concello non son os máis comúns, mentres que sí advirte do perigo dun tipo de violencia de xénero de carácter psicolóxico, que “está moi extendida, pero que aínda resulta invisible”. Tan invisible que ata a propia muller e a súa contorna a perciben como normal. Condutas correntes como a infraestimación do traballo doméstico ou o abandono laboral das mulleres para coidar os fillos, sen escasa ou nula


un apoio para as mulleres

O Centro resolve dúbidas de tipo xurídico, económico ou psicolóxico, dende as axudas para constituír unha empresa a consultas sobre separacións ou violencia de xénero

corresponsabilidade de parella, son algúns exemplos que pón a avogada. “Por iso traballamos dende a educación e sensibilización nos centros de ensinanza”, relata Marga Fernández. Neste aspecto resultou moi satisfactoria a experiencia realizada con alumnos de secundaria do IES Vilar Ponte, a quen se lles propuxo a celebración dun simulacro de xuízo por violencia psicolóxica e non física contra unha muller, dentro da parella. “A existencia de maltrato neste caso era máis sutil”, explica a avogada, pois tratábase dun caso onde a muller abandona o traballo para atender os fillos e pouco a pouco se ven reducidas as relacións coa contorna social. “As aspiracións femininas por recuperar esas relacións, por dispoñer de tempo propio e de que se valore

Margarita Fernández Franco, directora do Centro e asesora xurídica

o traballo na casa chocan coa incomprensión da parella, dos fillos, dos familiares e da sociedade”, expón. Todos estes roles foron representados no xuízo simulado polos mozos. “Metéronse no papel”, recoñece Fernández, asombrada porque, malia a xuventude de todos eles, algúns observaban natural a situación. Finalmente, o xurado emitiu unha sabia sentenza e decretou o intercambio de papeis dentro da parella durante unha tempada para poñerse na pel

do outro. A educación é un dos alicerces nos que se apoian as actuacións do Centro de Información á Muller, tamén a sensibilización mediante a conmemoración de datas como o Día Internacional da Muller Traballadora ou o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. “Facemos exposicións, conferencias ou videoforums e tamén colaboramos con centros educativos ou fometamos o asociacionismo feminino”, explican. Centro de Información á Muller Av. Cervantes s/n - Viveiro Tlf: 982 550 421

“Non xulgamos e tampouco rifamos” “Non xulgamos e tampouco rifamos. Esa é a marca do noso

e Sensibilización contra a Violencia de Xénero. Foron semanas

traballo”, insiste a avogada do CIM, Marga Fernández, para

de moito traballo para Marga Fernández e Ana Abad. As dúas

quen é moi importante transmitir a idea de que “o Centro ase-

mantiveron reunións con todos os axentes que interveñen nun

sora, orienta, apoia, pero a decisión última está nas mans das

caso de violencia de xénero. O xulgado, o centro médico, a po-

mulleres, sen ningún tipo de presión”, especialmente no caso

licía, o colexio dos fillos e o persoal de servizos sociais do Con-

de situacións delicadas como as de violencia de xénero. “E po-

cello son algúns dos puntos neurálxicos polos que transita un

den volver a nós cantas veces queiran, sen temor a escoitar

caso de violencia de xénero. Entre todos procederán de xeito

ningún reproche pola nosa parte” reitera a avogada.

coordinado para “dar unha resposta inmediata ás mulleres e unha atención integral”, explica a responsable do Centro, quen

No último trimestre do ano pasado prsentaron o proxecto de

ademais ofrece o acompañamento persoal á muller, moi nece-

Protocolo Municipal de Coordinación, Cooperación, Prevención

sario en tales circunstancias.

19


conloctum hui pere, pracchuid condumunum

Un estilo de vida saudable en Viveiro A iniciativa Concello Saudable promove a boa alimentación, a actividade física e a loita contra o tabaco

20

Eloy Núñez e Davinia Candia integran a unidade Concello Saudable que traballa en Viveiro dende hai dous anos. Un licenciado en Educación Física e unha dietista nutricionista forman equipo para ocuparse dunha gran misión: promover un estilo de vida saudable entre os habitantes de Viveiro. A alimentación, a actividade física e a loita contra o tabaco ou o consumo doutras drogas e substancias tóxicas son os piares nos que se apoian as actividades que programan. Un bo almorzo para comezar o día O primeiro paso é o do primeiro xantar do día. Xa insistían as avoas na súa importancia e a dietista Davinia Candia non lles quita a razón. “É a comida máis importante do día e sempre ten que conter lácteos, cereais e froita”. As cifras indican que un oito por cento dos nenos españois

non almorzan ou no caso de facelo recurren á bolería industrial. A dietista advirte dos riscos: “Prescindir do almorzo merma o rendemento e a capacidade de concentración, necesaria na etapa escolar, e un almorzo inaxeitado e supracalórico conduce á obesidade”. Por eso argallaron os almorzos saudables, iniciativas onde os nenos aprenderon dun xeito lúdico a ter boas costumes. “Polas tardes xuntabámonos e eles mesmos preparaban o seu almorzo con alimentos de xoguete”, sinala Davinia Candia. Cociña divertida Os proxenitores xogan un papel vital. “Deben deixar participar os nenos na cociña, levalos á praza, á tenda ou ao supermercado, planificar con eles os menús e esmerarse na presentación dos pratos”, aconsella a dietista. Ademais insiste en descartar o “premio


unha aposta polo benestar

A pescada de pincho de Celeiro Unha das misións de Concello Saudable é a promoción da dieta atlántica, “unha gran descoñecida, a pesar de tela aquí mesmo”, sinala a nutricionista. A Festa da Pescada de Pincho de Celeiro era o marco axeitado para a súa difusión. Alí instalouse un stand informativo no que ofreceron dípticos informativos sobre o valor nutricional ou a forma de preparala. Non se cansaron de aconsellar o consumo de verduras e legumes, “as grandes esquecidas”, aseguran, da dieta atlántica.

ou a chantaxe” para que coman. Pero a Eloy e Davinia tamén lles botaron un cabo aos pais con obradoiros de cociña divertida. “Celebramos o día da comida rápida saudable, a base de pratos fríos. Os nenos elaboraron unha hamburguesa en pan. Substituímos a de carne pola de atún, o pan de molde polo artesán e os refrescos con azucre por refrescos con froita fresca e mesmo elaboramos granizados de sandía”, lembránse.

Restaurantes saudables A unidade tamén realiza un labor dirixido a promover entre a hostalaría de Viveiro a alimentación saudable. Neste sentido, é posible acreditar os establecementos da vila como restaurantes saudables se cumpren as normas que apunta Davinia Candia: “Incluír sempre verdura nos primeiros pratos, que o segundo proporcione unha opción de peixe, que os saleiros estean fóra das mesas, que engadan pan integral entre as súas opcións”. Tamén se demanda que presenten unha oferta de medios menús (con primeiro e segundo prato), servir as bebidas alcólicas en copa e non en botella e que a auga e o pan sexan unha obriga na mesa.

Os rapaces completaron a súa aprendizaxe cunha excursión á granxa escola Río do Eo, onde acudiron cincuenta de entre sete e catorce anos. Coñeceron o funcionamento dunha horta ecolóxica, elaboraron queixos eles mesmos, asistiron a un obradoiro de reciclaxe para facer velas e paquetes, montaron a cabalo e practicaron o tiro con arco.

Movendo o esquelete O predominio de actividades sedentarias non comulga cun estilo de vida saudable. O baile, ademais de divertido resulta moi san e por iso Concello Saudable puxo en marcha esta actividade para adultos, nenos e persoas con discapacidade, en colaboración coa asociación Aspanaes. “Tivo unha grande aceptación. A cada cada clase

As actividades diríxense tanto a nenos como a maiores e fomentan a participació e a aprendizaxe para mellorar hábitos e comer mellor ou facer exercicio

viñan entre 50 e 60 persoas”, lémbra Eloy Núñez. Pasea sen fumes Todas as mañás dos domingos, dende mediados de setembro ata mediados de outubro, a Unidade convidou a todo tipo de público a camiñar facendo sendeirismo por espazos atractivos do concello de Viveiro. “As rutas foron de tres horas de duración, aproximadamente, pero a un ritmo que se adaptou a todas as persoas, que estiveron acompañadas sempre por un monitor”, explica Eloy Núñez. Os muíños da Xunqueira, San Roque ou o Penedo foron algúns dos destinos das saídas matutinas dominicais que chamaron a atención nun primeiro intre a unhas vinte persoas. Núñez está seguro de que “o boca a boca funcionou moi ben neste caso e por iso cada semana aumentaba o número de andaregos”. Lactancia materna O último proxecto de divulgación, no pasado mes de novembro, foi a promoción da lactancia materna, en colaboración coa asociación mariñana “Bico de leite”. Isabel Rodríguez, concelleira de Benestar Social, amósase satisfeita pola aceptación do programa entre a poboación. “Trátase de pór a semente para que agrome nos viveirenses un estilo de vida saudable no futuro”. Unidade Concello Saudable Casa Consistorial. Praza Maior, 1 Tlf: 982 56 01 28 Ext. 155

21


un paseo pola historia

O Viveiro que vivimos

Aquelas pescantinas do “Lañado” e do Salgado Unha lembranza de Carlos Nuevo Cal sobre unhas mulleres que xogaron un importante rol na vila

A fotografía superior, datada no verán de 1962, amósanos un grupo formado polas populares peixeiras Carmen da Guisa, Lolita da Pantina, Consueliño da Madona e Carmen da Taragaia, diante do posto de venda de peixe das dúas primeiras, situado nun baixo da rúa de Espartero, actual Margarida Pardo de Cela. Rúa que, xunto coas de Luis Trelles, Díaz Freixo e San Francisco, conformaba o tradicional barrio mariñeiro. Aínda que a imaxe gráfica representa unha actividade hoxe desaparecida, cómpre clarexar que ata finais da década dos anos setenta, era usual atopármonos con diversos postos de peixe “lañado” e salgado ao longo da 22

rúa que vai dende a Praza Maior ata a Ribeira. A actividade que tiña o sal como elemento conservador lograría manterse no tempo, pese á paulatina aparición dos escabeches e das conservas, máis non conseguiu, en cambio, superar a popularización dos frigoríficos e das novas técnicas de conservación. As “pescantinas” viveiresas sempre xogaron un destacado rol na transformación e elaboración do peixe para a súa mellor conservación. Así, sabemos da importancia económica que tiveron ao longo da historia as exportacións da nosa localidade, tanto da pescada cicial, como do congro, do polbo ou da sardiña e dos chicharros

salgados, segundo o método tradicional galego. Estes productos constituían a base do comercio marítimo, ou ben, eran revendidos polos maragatos, arrieiros, regatóns e traxineiros nas terras de Castela. Co paso dos anos o peixe “lañado” ficou reducido aos chicharros, apostados (limpos e lavados), metidos logo en salmoira e curados ao sol. Mentres, a sardiña continuou elaborándose, principalmente de dous xeitos diferentes: polo método do “escochado”, é dicir, eviscerándoa e salgándoa, ou ben, “arencada”, seguindo o método catalán do prensado. En canto ás vendas, tamén remataron por reducirse ao mercado local e do hínterland máis próximo, realizándose sempre que houbese peixe suficiente para elaborar, pero tendo máis venda no inverno, cando a pesca diaria escaseaba, ou na Coresma, pola cuestión do precepto de non comer carne. No verán tamén tiña moita aceptación entre os labregos, sobre todo nas merendas da recollida dos productos agrícolas ou mesmo nas festas e romarías populares. Aínda que hoxe a maioría das mulleres viveiresas continúan sendo unhas verdadeiras expertas nos labores de preparación, elaboración e lañado do peixe, e mesmo algúns restauradores ofrecen estes productos como unha “delicatessen” especial nas súas cartas gastronómicas, as pequenas e entrañábeis industrias familiares, plenas de tipismo e sapiencia mariñeira acumulada ao longo de xeracións, desapareceron, quizais, para sempre... Déixannos, iso si, un variado ronsel de olores, sabores e retrogusto de fondas esencias mariñas.



VIVEIRO num 1路 maio 2010

14

Seminario de Estudos Terra de Viveiro, a cultura de preto

18

O labor do Centro de Informaci贸n 谩 Muller

20

Concello Saudable, unha alternativa s谩

www.viveiro.es


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.