Ouro
Clase: MINERAIS ELEMENTOS
Os «minerais elementos» son elementos químicos simples que se poden atopar directamente na natureza sen necesidade de ir asociados a outros elementos. Por exemplo, o ouro está presente en determinadas rochas que se denominan «minerais de ouro»; en ocasións, estas rochas erosiónanse e a auga transporta un pouco metal por regatos e ríos, onde se recolle cunha peneira en forma de po, grans, láminas ou mesmo pebidas. O ouro é o metal máis apreciado de toda a historia da humanidade, sobre todo porque as súas propiedades químicas non se alteran co paso dos séculos. Dise que é incorruptible e, por iso, se fan con el as alianzas de voda e outras xoias que simbolizan o eterno. Ademais, é bo condutor eléctrico, polo que tamén se usa para fabricar ordenadores e teléfonos móbiles, aínda que só se precisa unha pequena cantidade.
Prata
Cobre
Clase: MINERAIS ELEMENTOS
Este mineral metálico de cor vermella rosada foi un dos primeiros que empregaron os humanos para fabricar ferramentas. O bronce é a aliaxe de cobre e estaño.
Clase: MINERAIS ELEMENTOS
Polo xeral, a prata vai asociada á galena, un mineral de chumbo do cal pode separarse mediante diferentes procesos químicos, aínda que ás veces tamén se atopa formando fíos entrelazados. Ao contacto co aire ennegrece un pouco. Emprégase para facer xoias, moedas e cubertos, pero tamén produtos electrónicos, fotográficos e médicos.
Ferro
Clase: MINERAIS ELEMENTOS
O ferro constitúe arredor do 5 % da codia terrestre, pero tamén se atopa no núcleo da Terra e en astros como o Sol. O aceiro é a aliaxe de ferro e carbono.
Diamante
Clase: MINERAIS ELEMENTOS
O diamante está composto unicamente por carbono, un dos elementos químicos máis frecuentes. A distribución dos seus átomos dálle ao mineral unhas características extraordinarias, como ser o máis duro dos catro mil minerais que existen. Pode ser incoloro, pero tamén azul, amarelo, rosa ou mesmo negro.
Fórmase a decenas de quilómetros de profundidade, mais logo ascende á superficie por chemineas volcánicas, sobre todo aloxado nunha rocha escura chamada kimberlita.
Os xoieiros tállano para lle sacaren todo o fulgor que ten, mais tamén se lle dan usos industriais, como para a fabricación de ferramentas de corte, pola súa dureza.
Grafito
Clase: MINERAIS ELEMENTOS
Como o diamante, o grafito está composto de carbono, pero os seus átomos teñen unha distribución diferente e forman láminas diminutas, dunha cenmilésima do diámetro dun pelo, que esvaran unhas sobre outras. Este mineral de cor gris escura emprégase para facer as minas dos lapis.
Xofre
Clase: MINERAIS ELEMENTOS
O xofre é moi abundante na natureza. Xorde de gases volcánicos e dáse preto de caldas ou nas marxes dos cráteres dos volcáns, onde resulta moi rechamante pola súa fermosa cor amarela. Tamén aparece asociado a outros minerais como a galena (ver lámina 2), a pirita (ver a lámina a carón desta) ou o xeso (ver lámina 26).
Serve sobre todo para producir ácido sulfúrico, un dos máis empregados na industria, por exemplo para fabricar plásticos e traballar metais.
Pirita
Clase: MINERAIS SULFUROS E SULFOSALES
Os minerais son conxuntos de átomos que, cando se organizan dun xeito estruturado e repetitivo nas tres dimensións do espazo, reciben o nome de cristais. Estes adoptan diversas formas, e os da pirita, por exemplo, son cúbicos. A súa fermosa cor dourada creaba falsas esperanzas nos buscadores dos tempos da febre do ouro, pois ás veces dábanse por ricos ao atopala, polo que tamén se lle chama «ouro de tolo».
Clase: MINERAIS HALUROS
O sal cristalizado que se dá en xacementos terrestres chámase halita ou sal xema. Forma cristais cúbicos incoloros, brancos ou de certas cores. O sal mariño está disolto na auga e extráese en salinas por medio da evaporación da auga.
As salinas de Bonaire (Antillas Neerlandesas)