Guia mobilidade internacional

Page 1

GuĂ­a Mobilidade Internacional


Guía Mobilidade Internacional

Ola! Esta guía ten como obxetivo axudar ao estudante de mobilidade internacional a coñecer mellor a Uvigo e o Campus de Pontevedra e facilitar a súa intagración no ámbito académico e cultural. Aquí encontrará igualmente información sobre Galicia e a vila de Pontevedra, os seus costumes e o desenvolvemento da vida universitaria. Benvido a unha experiencia única!


Galicia

Comunidade Autónoma de Galicia Galicia está establecida xurídica e administrativamente como Comunidade Autónoma no Estado español, constituída con rango de Nacionalidade histórica no seu Estatuto de Autonomía. A pesar de ser unha rexión do Estado español, Galicia posúe unha historia propia moi rica e variada e unha cultura única e moi amplia, ademáis conta cunha língua propia, a língua galega.

Línguas A língua galega ten unha orixe común co portugués e comparte oficialidade co castelán que é oficial en todo o Estado español. Aproximadamente só o 44% da poboación fala a língua galega de forma habitual, sen embargo, o total da poboación sabe falar as dúas línguas. Existe unha situación de bilingüismo.

Bandeira de Galicia.

Poboación de Galicia: 2.748.695 habitantes.

Provincias Galicia está dividida en catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense ePontevedra. A súa capital é Santiago de Compostela.


Galicia

Relixión A relixión católica é a maioritaria. Está estreitamente ligada á historia de Galicia e ten un forte arraigo cultural social e tamén festivo. Sen embargo trátase dunha sociedade tolerante con outros cultos e relixións e ademáis a Constitución española garantiza a liberdade ideolóxica, de culto e de relixión. Clima En xeral, Galicia ten un clima suave de influencia oceánica, moi chuvioso. Aínda así, a irregular orografía ten como consecuencia a existencia de múltiples microclimas, con fortes variacións en áreas con pouco máis de 200 km².

Cabe destacar que durante un curso escolar o estudante poderá gozar dos deportes de inverno como o Esquí e o Snowboard na estación de esquí de Manzaneda. Así tamén no mesmo curso escolar poderá ir á praia nos máis de 300 km de areais de Galicia.


Galicia

Transporte En Galicia existe unha extensa rede de autoestradas e autovías que unen as principais cidades, e unha rede nacional e secundaria que chega ó resto de concellos. Ademáis existen conexións por carretera , tren e avión que unen a comunidade co resto de cidades de España. O transporte público, en autobús ou tren é unha das opcións máis recomendadas a hora de viaxar dentro do territorio galego e tamén fóra da comunidade. Entrar en Galicia O modo máis áxil para chegar a Galicia é por avión xa que conta con 3 aeroportos internacionais: o de Lavacolla en Santiago de Compostela, o de Alvedro na Coruña e o de Peinador en Vigo. Ademáis o aeroporto Francisco Sá Carneiro en Oporto , Portugal, é unha boa alternativa para chegar a Galicia xa que ten máis tráfico e um maior número de liñas internacionais. Así tamén existen dous aeroportos internacionais nas dúas grandes cidades do Estado español: Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas en Madrid e o aeroporto de Barcelona-El Prat en Barcelona.


Galicia


SUG - Sistema Universitario de Galicia SUG Foi creado en 1989, é o máximo organismo público encargado de desenvolver o ensino superior en Galicia, mediante o exercicio da docencia, o estudo, a investigación e a creación de coñecemento. Dito organismo engloba e coordina as universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña. Na actualidade existen tres tipos de titulacións, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior: ensinanzas de grao, máster (posgrao de segundo ciclo) e doutoramento (posgrao de terceiro ciclo).


Universidade de Vigo

Historia A Universidade de Vigo (Uvigo) é unha universidade pública creada no ano 1990, aínda que os seus antecedentes se remontan varias décadas atrás, tras segregarse da antiga Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Os principios de “Igualdade, Solidariedade, Democracia e Liberdade” son a base desta institución, que aposta pola innovación e a formación integral. Unha das máximas prioridades da Universidade de Vigo é a internacionalización e participación en iniciativas de fomento da cooperación e a mobilidade. Acolle a moitos estudantes do estranxeiro e envía os seus propios alumnos a estudar en institucións estranxeiras. Aínda que a língua oficial da universidade é o galego, tamén se utiliza o castelán, existe unha situación de bilingüismo. Na actualidade a Uvigo está recoñecida como unha das mellores universidades do mundo polo Ranking Shangái Jiao Tong Top 401-500 e pola revista Time.

http://tv.uvigo.es/es/video/mm/26124.html

A universidade conta con tres campus, localizados nas tres cidades do sur de Galicia: o Campus de Pontevedra, o Campus de Ourense e o Campus de Vigo, en parte situado en Lagoas-Marcosende e no centro urbano en Torrecedeira. Na actualidade impártense titulacións no ámbito científico, humanístico, tecnolóxico e xurídico-social, repartidas entre casi 30 centros, onde tamén desenvolven a súa actividade os grupos de investigación.


Universidade de Vigo


Campus de Vigo - CITEXVI Campus de Vigo O Campus de Vigo encóntrase situado en Lagoas-Marcosende, a 15 km do centro da cidade de Vigo. Referente da arquitectura contemporánea, o campus vigués conta, entre o seu patrimonio, con obras de Enric Miralles, Alberto Noguerol e Pilar Díez, César Portela ou Gabriel Santos Zas. Deste xeito, xunto á decena de escolas e facultades en que se imparte a súa oferta académica, neste campus, arquitectonicamente moderno, pero totalmente integrado no medio natural, localízanse o edificio da Reitoría, o de Servizos Centrais, a biblioteca central, o centro comercial e as instalacións deportivas como a piscina, o ximnasio ou as pistas de atletismo. Ademais, no mesmo centro da cidade de Vigo, na rúa Torrecedeira a Universidade conta con instalacións docentes como as escolas de Estudos Empresariais e de Enxeñaría Técnica Industrial. CITEXVI é a denominación escollida para o Parque Científico e Tecnolóxico da Universidade de Vigo, e pretende reunir no seu núcleo dúas misións básicas: •

Dar soporte na prestación de servizos aos grupos de investigación da Universidade de Vigo

Prestar servizos tecnolóxicos avanzados ao

desenvolvementos de proxectos de I+D+i empresarial que cooperan e integran grupos de

investigación na súa execución.


Campus de Ourense – Campus da Auga Campus de Ourense – Campus da Auga O Campus da Augua é unha aposta pola especialización multidisciplinar en torno á cultura da agua e o termalismo como eixo vertebrador. O Campus de Ourense é un campus líder en temáticas da augua, aproveitando o potencial termal de Ourense, que a sitúa como a segunda cidade europea en potencial termal (despois de Bucarest). Trátase da primera iniciativa de especialización dun campus non central do Sistema Universitario de Galicia (SUG), o

que fai de Ourense un campus líder en temáticas da augua con capacidade para expandir a súa plataforma de investigación e innovación e para obter novas fontes de financiación que aseguren o seu papel na comunidade

internacional de educación superior e a súa sostibilidade a longo prazo.


Campus de Pontevedra – Campus Crea Campus de Pontevedra – Campus Crea O Campus de Pontevedra dispón dun campus central en A Xunqueira, na zona norte da cidade. Asimismo dispón de dúas facultades no centro da cidade, a Facultade de Belas Artes e un centro adscrito denominado Escola de Enfermería de Pontevedra. A sede da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra está na Casa das Campás, unha edificación gótico-renancentista situada no corazón do casco vello da cidade. Campus Crea O Campus Crea é um proxecto de especialización para o Campus de Pontevedra que nace coa intención de reivindicar o valor da creatividade na resolución de problemas e o que a innovación pode achegar á sociedade. O Campus de Pontevedra celebrou por primeira vez o 21 de abril do ano 2015 o Día Internacional da Creatividade e a Innovación. Unha mesa redonda que reúne a profesionais de diferentes eidos e a presentación de diferentes proxectos de investigación na Casa das Campás.


Campus de Pontevedra – Campus Crea

Mapa Campus de Pontevedra O Campus de Pontevedra ubícase na zona de A Xunqueira.

Este Campus está formado por un total de catro edificios ou Facultades:

 Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación  Facultade de Fisioterapia

 Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte  Escola Superior de Enxeñería Forestal. No centro da cidade encóntrase a:  Facultade de Belas Artes situada moi próxima á praza de España no edificio ecléctico do século XIX do Antigo Cuartel de San Fernando  Escola de Enfermería, ubicada nas instalacións do Hospital provincial de Pontevedra. Centro adscrito ao Campus de Pontevedra:  Escola Naval Militar de Marín.


Directorio de Campus de Pontevedra

Vicerreitoría do campus de pontevedra

Gabinete de prensa Actividades culturais Biblioteca central do campus de pontevedra Xestor de servizos á comunidade e oficina de voluntariado e integración Pavillón universitario (servizo de deportes) Servizo de atención ó usuario e microinformática Administrador de centros Área de servizos á comunidade/lerd Rexistro e información do campus de pontevedra Reprografía Gabinete técnico de audiovisuais

Cafetería e comedor


Pontevedra A cidade Pontevedra é unha cidade situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra. É a cidade máis poboada da provincia tras Vigo, conta cun total de 82.946 habitantes. Trátase dunha cidade administrativa, turística e de servizos. Enténdese como a gran cidade histórica e monumental da provincia de Pontevedra e das Rías Baixas da que é a capital; cidade de arte e historia, posee un centro histórico que tras o de Santiago de Compostela é o máis importante de Galicia.

É coñecida como a “boa vila”, no ano 2014 foille concedido o prestixioso galardón mundial ONU-Hábitat, entregado en Dubái (Emiratos Árabes Unidos) que a recoñece como unha das cidades europeas máis cómodas para vivir, especialmente en materia de calidade urbana, mobilidade e accesibilidade.

https://www.youtube.com/watch?v=I3xbUNXAJPo


Vida universitaria Vivir en Pontevedra Un xurado europeo especializado en temas de mobilidade elexiu Pontevedra para outorgarlle o premio Intermodes 2013, como recoñecemento a un modelo de cidade que prima os desprazamentos peonís na súa mobilidade intermodal. Situar á persoa no centro da xestión municipal foi un proceso iniciado pola cidadanía de Pontevedra hai 13 anos, ao comezar a mitigar a invasión de vehículos a motor que sufría o espazo público. Hoxe, mellorou o tráfico, o medio ambiente, as condicións acústicas, a vida pública, a seguridade viaria, a tranquilidade, a comodidade e a salubridade da capital. Así cabe destacar que a mobilidade urbana en Pontevedra se reliza a pé ou en bici, non é necesario tomar ningún trasnporte a motor para realizar o día a día dentro da cidade. Para o transporte en bici cabe destacar que existen numerosos aparacadoiros de bicicletas espallados por toda a cidade para fomentar o seu uso e casi toda a cidade é um espazo seguro para andar nela. Ademáis hai que ter en conta que os estudantes universitarios apenas temos que recorrer 1 kilómetro e 800 metros, uns 15 min. andando, para chegar dende o centro da cidade ao Campus da Xunqueira. Consulta o Metrominuto na web de Pontevedra Mobilidade


Vida universitaria Gastos A parte dos gastos de viaxe para chegar a Pontevedra existen uns gastos fixos relativos a vivenda e gastos diarios durante o curso académico. O gasto dun estudante que vive e estuda no Campus de Pontevedra son de aproximadamente 450 euros mensuais. Estes gastos inclúen a vivenda, ben sexa nunha residencia universitaria ou nun piso de aluguer ( Gastos de wi-fi, auga, electricidade e gas) e tamén os gastos relativos a material académico e de lecer. Aloxamentos A maior parte do estudantado do Campus de Pontevedra alóxase en pisos de aluguer compartidos no centro da cidade de Pontevedra aos que se accede a través dos servizos de aluguer que ofrecen as inmobiliarias da cidade.

Por outra parte existen dúas residencias universitarias na cidade:

• Residencia Universitaria Caixanova: Avda. de Vigo, 21 int.36003, Pontevedra. Teléfono: 986 85 69 08/ 986 84 31 81 • Residencia La Peregrina - Avda Eduardo Pondal, nº76 | C.P: 36003. Pontevedra

http://www.residencialaperegrina.com/contacto.html Unha vez que o estudante esté aloxado nalgunha das residencias de estudantes da Universidad de Vigo debe ir á ORI para rexistrar a súa chegada, efectuar o pago do aloxamento para obter un comprobante de domicilio. Requerirase esta proba para solicitar un permiso de residencia no Servizo Extranxeiros e Fronteiras Se está aloxado noutro lugar, tamén debe solicitar un comprobante de domicilio .


Experiencias persoais

Bruno Massayuki Nakano

Estudante da Universidade de São Paulo (Brasil)

“Caminando por primera vez en Europa, Galicia fue mi puerta de entrada, a esta increíble ciudad. Muy diferente de Brasil, Pontevedra me deleitó con su gastronomía y el encanto de una pequeña, pero gran ciudad.”

Catarina Alexandra Da Silva Garcia Estudante do Instituto Politécnico de Viseu (Portugal)

“ Lo que más me encanta en Galicia, es la gran igualdad gastronómica, con Portugal. Sus personas siempre disponibles para ayudarnos. Estar en Galicia, es como volver al pasado y recordar que fuimos uno sólo.”

Aleixo Fernández Sousa Estudante da Universidade de Vigo (Galicia)

“A Universidade de Vigo como recoñecemento do servicio público e a Pontevedra de moitos galegos”.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.