Baixa, gata! Texto de Sonya Hartnett Ilustracións de Lucia Masciullo formato 21x28
Lata de Sal é unha editorial de álbum ilustrado especializada en dúas coleccións únicas: Vintage e Gatos.
páxinas 36 isbn 978-84-941136-3-5 (galego) isbn 978-84-941136-2-8 (castelán) isbn 978-84-941136-4-2 (catalán) traductor Rafa Salgueiro pvp 16,00 € (IVE 4% incluído) interiores Papel FSC de 170 g encadernado Cartoné ao cromo plastificado mate en papel estucado de 135 g sobre cartón de 2,5 mm tipografía Eames Century Modern
ASÍ COMEZA
papel Procedente de fontes responsables
Sinopse
A autora
Achégase a hora de deitarse e a gata siamesa de Nicolao non baixa do tellado. Nicolao preocúpase, non quere que durma aló arriba, a mercé das criaturas nocturnas. A gata só miaña e non ten intención de baixar. Mais a noite agocha sorpresas, e na súa inmensa escuridade, Nicolao e a súa gata esquecerán os seus medos para ser máis valentes ca nunca.
Sonya Hartnett: «Non era deportista, nin alta, nin guapa nin graciosa, pero aos 9 anos escribía… e facíao ben». Cando tiña 15 anos publicaron o seu primeiro libro, escrito aos 13. Ten unha gata siamesa: «É a xefa. Encántame observala no xardín dende a fiestra. É tan fermosa… Adoro os animais».
A ilustradora
Lucia Masciullo: Naceu en Livorno (Italia), pero por amor chegou a Australia e alí triunfou como ilustradora.
Unha historia de Siameses e Valentes.
P o r q u e qu e d a s e n l a t a d o c o n e s t e l i b r o ? 01.
Porque nunca antes Sonya Hartnett fora publicada en España
02.
Porque S. Hartnett gañou o Premio Astrid Lindgren, o máis prestixioso xunto ao H. C. Andersen
03.
Porque é un libro sobre a verdadeira valentía e a amizade verdadeira
04.
Porque é a mestura perfecta entre unha autora consagrada e unha nova promesa da ilustración
05.
Porque é un libro nocturno, ideal para ler antes de durmir e soñar feliz.
A Colección Gatos reúne por primeira vez os mellores libros ilustrados de gatos, unha especialidade única no mercado que deixará pegada. Libros de calquera parte do mundo con protagonistas enigmáticos, curiosos, independentes, elegantes... Para miañar de emoción. www.latadesal.com info@latadesal.com
Libros para as túas 7 vidas