Edición bilingüe Galego Inglés
Son un Coello I am a Bunny
Ilustracións de Richard Scarry Texto de Ole Risom formato 204 × 282 mm
Lata de Sal é unha editorial de álbum ilustrado especializada en dúas coleccións únicas: Vintage e Gatos. Para lectores de cero a cento e pico anos.
páxinas 28 isbn 978-84-943696-6-7 (galego) isbn 978-84-943696-5-0 (castelán) isbn 978-84-943696-7-4 (catalán) pvp 13,75 € (IVE 4% incluído) interiores Papel FSC de 170 g encadernado Cartoné plastificado mate en papel FSC de 135 g sobre cartón de 2,5 mm papel Procedente de fontes responsables impreso en España
1ª Publicación
1963
9 788494 369667
9 788494 369650
9 788494 369674
Sinopse
«Son un coello. Chámome Nicolao. Vivo nunha árbore oca». A primavera, o verán, o outono e o inverno. En cada unha das estacións, o coello Nicolao observa con ollos inquedos os detalles das estacións do ano. Unha colección de libros ilustrados non estará completa ata que Son un Coello estea na libraría.
01.
Porque Richard Scarry vendeu máis de cen millóns dos seus libros
tradución Susana Collazo e Rafa Salgueiro
O ilustrador:
Richard Scarry
Boston, 1919. É un dos autores e ilustradores máis importantes e recoñecidos de todos os tempos. Creou 300 álbums, publicados en máis de 20 linguas diferentes.
O texto: Ole Risom
Copenhague, 1919. Foi un dos editores de libros para nenos máis influente do mundo. Formou tándem irrepetible con Richard Scarry, co que colaborou en ducias de libros. O seu fillo Nicolao deu nome ao protagonista de Son un Coello.
Por que quedas enlatado con este libro? 02.
Porque é unha edición bilingüe coa que aprenderás moito inglés
03.
Porque Scarry é o precursor dos fondos de pantalla. Cada páxina é unha obra para enmarcar
04.
Porque este libro acaba de celebrar recentemente o seu cincuenta aniversario
05.
Porque descubrirás os animais e os detalles que marcan as catro estacións do ano
A Colección Vintage inclúe exclusivamente libros inesquecibles, escritos e ilustrados en calquera lugar do mundo hai máis de 30 anos. Premiados e de referencia nos seus países, nunca chegaron a España... ata agora. Foron seleccionados entre miles. www.latadesal.com info@latadesal.com
Libros para sempre