PODERÍA FACERLLE PIS ENRIBA
Podería facerlle pis enriba E OUTROS POEMAS ESCRITOS POR GATOS
francesco marciuliano
France Marciuliasco n PoderĂa fac o erlle pis enriba
Podería facerlle pis enriba E OUTROS POEMAS ESCRITOS POR GATOS
PoderĂa facerlle pis enriba E OUTROS POEMAS ESCRITOS POR GATOS francesco marciuliano
Título orixinal: I CO ULD PEE O N TH I S AND O TH ER PO EM S BY CATS Publicado por acordo con Mendel Media Group LLC, New York © do texto: FRAN C E SCO MAR CI ULIANO , 2012 © do deseño orixinal: EM I LY D UBI N Copyright das seguintes fotografías: © iStockphoto.com/photographer: Joseph Luoman, 2 (máquina de escribir); David Meharey, 2, 42 (rato); sansara, 6; Oleg Prikhodko, 10–11; Anita Bonita, 13, 91; 1001slide, 14; Ary6, 19; Peterfactors, 20; Dave Long, 22 (pasaporte); dyachenko, 22 (gatiño); Maria Pavlova, 26; Loran Nicolas, 27; S. W. Krull Imaging, 28; Eric’s Photo Lab, 33; fotojagodka, 34; Nailia Schwarz, 38; Viktor Kitaykin, 41; bibikoff, 45; Chris Leachman, 47; knape, 48; Spurious2, 50; ktaylorg, 55; Mehmet Torlak, 57; kimeveruss, 58; spooh, 60; DOConnell, 62–63; prill, 64; deemac, 67; Ben Heys, 68; PK-Photos, 70; Aptyp_kok, 73; Cheramie Photo, 77; Dixi_,78; TheFingerS, 80; Chic Type, 82; Watcha, 84; ATesevich, 86–87; herreid14, 93; Peeter Viisimaa, 94; skynesher, 102; kevinjeon00, 94; Serg Petrov, 109 (gatiño); fcdb, 109 (selo); spxChrome, 110. Copyright das seguintes fotografías: © Shutterstock.com/ photographer: foaloce, 101. 4–5 copyright © Francesco Marciuliano, 17 © George Shuklin via Wikimedia Commons, 36–37 copyright © 2007–2009 texturez.com–Todos os dereitos reservados. Copyright dos marcos das fotografías © 2010 www.free-photo-frames.com–Todos os dereitos reservados, excepto os marcos das fotografías das páxinas 19, 33, 55, 77, 105 e 109
© desta edición: Lata de Sal Editorial, 2015
www.latadesal.com info@latadesal.com © da tradución: Rafa Salgueiro e Susana Collazo Rodríguez © do deseño da colección e da maquetación: Aresográfico Impreso na China ISBN: 978-84-942867-7-3 Depósito legal: M-26425-2014 Nas páxinas interiores usouse papel FSC de 140 g e encadernouse en cartoné plastificado mate, en papel FSC de 128 g sobre cartón de 2,5 mm. O texto escribiuse en Type Writer Roman Conde. As súas dimensións son 11,4 × 15,2 cm. E Logan e Chasis pregúntannos: «Que é poesía?». Poesía son eles. Este libro está feito en papel procedente de fontes responsables.
En memoria de Boris e Natasha, dous gatos inesquecibles aos que tiven a inmensa fortuna de chamar FA MILIA.
ÍNDICE Introdución.............................. 8 POEMARIO
1:
Familia .............. 11
POEMARIO
2:
Traballo........... 37
POEMARIO
3:
Xogo .................. 63
POEMARIO
4:
Existencia ......... 87
Agradecementos..................... 112
INTRODUCIÓN Os gatos levan centos de anos esforzándose en expresarlles aos humanos o que significa ser felino. Probaron coa linguaxe corporal, cun miañar magoante, ata cun estilo cinematográfico cuxa mellor descrición sería «cámara caída arrastrada polo chan ata que se esqueza ou se enzoufe en saliva». E durante centos de anos, nós, os humanos, fomos testemuñas desta loita interminable na procura dunha verdadeira conexión emocional e espiritual, e dixemos: «Meu parruliño! Ven aquí, meu amorciño peludiño! Meu cariñiño pequerrechiño!». Mais agora, a través do poder da poesía e dun contrato editorial, en calquera lugar os gatos poden aceptar plenamente a xente nos seus corazóns, mentes e almas. No interior destas páxinas atoparás poemas asinados por uns gatos que revelan cada un dos seus desexos, cada conflito, cada epifanía. Tamén descubrirás por que os gatos fan cousas tales como meter toda a pata na túa
8
copa para logo mirarte coma se nunca brindases con viño nunha cita. En serio, a pata enteiriña. Coma se pensasen que é doado sacar cabernet dun gato atigrado laranxa. De feito, cando remates de ler esta escolma poética, non só entenderás por completo todo o que pensa e fai o teu gato, senón que o aplaudirás xusto por iso. Se cadra ata lle concedes unha medalla. Ou lle montas un desfile polo corredor, asegurándote de evitar as escaleiras para que non caian as minúsculas carrozas. Ou podes sentar o teu gato, miralo aos ollos e dicirlle: «Xa entendín. En serio, xa entendín... meu cariñiño pequerrechiño».
9
PO
EMARIO
k
FAMILIA Ás veces, cando estou deitado no teu morno peito e oio cada un dos teus suspiros gozosos, miro en fite os teus ollos amables e pregúntome: «Quen será este?». e p i g r a m a
f e l i n o
PO D ER ÍA F AC ER LLE PI S E NR I BA O seu novo xersei non cheira a min. Podería facerlle pis enriba. Saíu todo o día e deixou o portátil no mesado. Podería facerlle pis enriba. O seu novo mozo acaba de apartarme a cabeza. Podería facerlle pis enriba. Ela ignora que a ignoro. Podería facer pis en todo. Ela intenta compensarmo poñéndome no seu colo. Podería facerlle pis enriba. Podería facerlle pis enriba.
1 12 6
LAM B O O TE U NAR I Z Lambo o teu nariz. Lambo o teu nariz de novo. Arrastro as uñas polas túas pálpebras. Ah, estás esperto? Dáme de comer.
15 19
PODERÍA FACERLLE PIS ENRIBA
Traducido a nove idiomas. Éxito de vendas en todo o mundo.
www.latadesal.com 9 788494 286773
ISBN 978-84-942867-7-3
Que é o que queren dicirnos os gatos cando esnaquizan o papel hixiénico? Que opinan do veterinario realmente? Gústalles o Nadal? Estas e outras moitas cuestións por fin teñen resposta. Pero non unha resposta calquera. Porque cando os gatos contestan o fan con estilo, en verso e con humor. Como só eles poderían.