NOVAS TIC
Telefónica achega aos concellos un sistema de cámaras IP para controlaren as súas praias
Nun contexto como o actual, no que se xuntan a volta á normalidade co inicio da tempada estival, a tecnoloxía tenta dar respostas de seguridade para tal relevante confluen-
cia de factores. Neste ámbito sitúase tamén a operadora Telefónica, que presentou o que sería, nas súas palabras, “o sistema máis avanzado do mercado para controlar o aforamento nas praias”. O
obxectivo é poñer ao alcance dos concellos costeiros a tecnoloxía e a conectividade precisas para realizar o control dos areais e evitar aglomeracións. A través dun sistema de vídeo-vixilancia mediante cámaras IP con conectividade 4G e dotadas dun “potente software”, estas cámaras son quen detectar as zonas ocupadas e as que fican libres, e calcular a porcentaxe de ocupación en tempo real. O sistema basea boa parte da súa fiabilidade no cómputo avanzado que realiza ao combinar os datos da porcentaxe de ocupación do espazo controlado con datos de aforamento de persoas no devandito espazo.
Chega Localsafe, unha app galega para axudarnos a coñecer os negocios máis seguros
Prosegue, incansábel, a actividade innovadora galega para plantar cara á COVID e ás súas consecuencias. Entre as máis importantes contribucións á esta fronte tecnolóxica antivirus atópase a da empresa galega Amodo Soluciones, firma galega de software radicada no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Amodo desenvolveu unha
aplicación móbil que permite aos usuarios coñecer os establecementos máis seguros en relación á pandemia. Segundo lembra a Tecnópole, trátase da primeira app destas características en España. Chámase Localsafe e unha das súas máis relevantes contribucións é que axuda á cidadanía a localizar de maneira áxil e cómoda os
Humor tecnolóxico de Henrique Neira
24 |
negocios adheridos na súa contorna, amais de coñecer as medidas habilitadas polos negocios en materia de medidas sanitarias e de control. A aplicación xa está dispoñíbel en App Store e en Play Store de Android.
R pon a disposición das empresas unha plataforma dixital de formación
A operadora galega R presentou unha plataforma dixital de formación onde as empresas da nosa terra poderán compartir cos seus empregados recursos de capacitación e adestramento tanto de tipo motivacional como tecnolóxico. Segundo explica a compañía de cable, trátase dun xeito de impulsar os plans de formación do tecido produtivo e de achegar unha ferramenta de utilidade na situación actual, “na que a maior parte das compañías galegas adoptaron o teletraballo como forma de manter os seus servizos durante a crise”. A plataforma é unha realidade grazas ao acordo de R coa firma Fit Learning. Grazas a esta alianza, construíron unha solución “moi práctica” na que, mediante vídeos breves, impártense contidos de utilidade, “non soamente para esta época de crise, senón para calquera momento do ano”, explican, engadindo que con esta plataforma “as empresas e os seus equipos poden elixir os contidos que mellor se adapten ás súas necesidades, acordes ás das compañías nestes momentos e que abranguen temáticas moi variadas”.
Número 202