Código Cero 202

Page 30

TREBELLOS

Sony presenta unha cámara compacta orientada á gravación de vídeo Sony anunciou a agardada cámara ZV-1 para videoblogs, ou sexa, unha versión das célebres cámaras compactas de Sony optimizada especialmente para a gravación de vídeo. Esta cámara conta cun sensor de imaxe Exmor RS CMOS de 1 polgada e un obxectivo 27.70 mm f/1.8 ZEISS Vario-Sonnar T, que grazas á súa grande apertura consegue bos efectos de desenfoque de fondo. A cámara cun sensor de 20,1 Mpíxeles é capaz de bloquear o enfoque e seguir aos suxeitos con moita precisión e velocidade; inclúe un procesador de imaxe de última xeración BIONZ X con LSI frontal para ofrecer unha alta resolución e baixo ruído; a súa pantalla táctil LCD é de ángulo variable e apertura lateral, para facilitar o seu uso en modo selfie; e incluso pode gravar vídeo en 4K con estabilización de imaxe interna. A Sony ZV-1 inclúe moita tecnoloxía desenvolvida para as cámaras da serie α e RX, de xeito que conta cun sistema de enfoque automático avanzado, que permite seguir obxectos con precisión, para

30 |

o que pode aplicar tecnoloxías como Real-time Eye AF e Real-time Tracking. Tamén conta cun modo de exposición automático que prioriza a cara do suxeito e axusta a exposición para garantir que os cambios extremos na iluminación non estragen as gravación. Para unha maior flexibilidade, a Sony ZV-1 conta cunha entrada minijack de 35 milímetros e unha zapata MI (que facilita a conexión de micrófonos externos). Esta cámara compacta mide 105,5 x 60 x 43,5 milímetros, pesa 294 gramos e para facilitar o seu uso conta tamén cunha empuñadura. Na gravación de vídeo emprega estabilización óptica que en 4K melloraría a estabilización até 8 veces fronte a tecnoloxía SteadyShot estándar ou até 11 veces no caso da gravación de vídeo en HD (mesturando estabilización óptica e electrónica). Estamos ante unha cámara realmente completa e compacta, que resulta ideal para creadores de vídeo, e que teremos nas tendas europeas a partir de xullo a un prezo aproximado de 800 euros.

Número 202


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.