A gran feira galega do emprego faise maior "Talentia Summit ‘20" será virtual e contará con máis de mil prazas de formación
A nova edición de Talentia Summit ten como finalidade propor “unha alternativa sólida para a reconstrución económica baseándose nos alicerces da innovación e o talento"
O
Concello de Santiago vai organizar en clave virtual a nova edición da feira de emprego Talentia Summit 2020, a finais de novembro (do 23 ao 27) e contando con máis de mil prazas de formación. Amais, o Goberno local fixo saber que participarán máis de 100 empresas. Alén das sesións online, que serán o groso do programa, convocaranse sesións híbridas emitidas por streaming para as poucas actividades que requiran asistencia en persoa. A nova edición de Talentia Summit ten como finalidade propor “unha alternativa sólida para a reconstrución económica baseándose nos alicerces da innovación e o talento e, á vez, xerar oportunidades que permitan conectar o talento humano coas organizacións e entidades que actúan como potenciais empregadoras”. Ofrecerá, ademais, formación continua de balde para a mellora da empregabilidade da cidadanía. O Concello lembra que esta edición conta cos mellores precedentes, entre eles o éxito de participación das edicións anteriores, nas que participaron arredor de 5.000 persoas. “Nesta edición”, engade a organización,
Número 206
Organización e precedentes “reunirase de novo a importantes autoridades institucionais, a destacadas empresas, a conferenciantes de renome, e a centos de persoas que pretenden impulsar o seu perfil profesional ou procuran novas oportunidades laborais”. As persoas que se inscriban e/ou participen en Talentia Summit ‘20 poderán presentarse ante os responsábeis de recrutamento de empresas; acreditarse mediante certificacións de competencias dixitais ou idiomas; asistir a conferencias, obradoiros ou webinars; e outras moitas actividades que as axudarán na mellora das súas competencias profesionais. Está previsto que a principios de novembro abra o prazo para reserva de prazas a través da web de Talentia Summit ‘20, www.talentiasummit.com/.
Datas e prazos A feira celebrarase entre o 23 e o 27 de novembro e, dada a situación sanitaria actual, presentará novidades acordes á pandemia mundial. Será como dixemos unha edición 100% virtual. Ao longo dos meses de outubro e novembro darase a coñecer a oferta de cursos e avanzarase máis información das empresas participantes, os relatores e todos os segredos que acubilla Talentia 2020.
Trátase dunha iniciativa do Concello de Santiago. Parte da Axencia Local de Colocación dentro da área de Emprego da Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. Estamos, en palabras do Goberno local, “da gran feira de emprego de Galicia”. Talentia Summit nace en 2018 cun obxectivo claro: inserir o talento e dinamizar o emprego desde Santiago de Compostela. A primeira edición foi quen de congregar a máis de 3.500 persoas. En 2019, superouse a barreira dos 5.000 asistentes, onde se trazou unha división en canto á oferta do evento que se manterá na presente edición, pero cun cambio radical, derivando nun evento 100% virtual. Talentia Summit trata de establecer un espazo tanto para desempregados, como para usuarios en procura activa de emprego. “Pero tamén”, explica o Concello, “quere incluír a profesionais que pretenden mellorar e impulsar o seu perfil profesional e académico”. Os asistentes poden optar a diferentes ofertas de emprego en Galicia, realizar cursos de formación para perfeccionar e mellorar o seu currículo, asistir a seminarios profesionais e contar co asesoramento de mentores contrastados. | 13