videoxogos Xbox One | Xbox Series X/S | PC
Estrea versión para consolas Xbox pasado mes de abril chegou a ordenadores persoais o xogo Gears Tactics, título de estratexia por quendas ambientado no universo da franquía Gears of War, aínda que nun tempo 12 anos anterior á primeira entrega da saga principal, de xeito que podemos ver como foron os momentos nos que as cidades do planeta Sera comezaron a sucumbir ante a ameaza da horda Locust. Gears Tactics permítenos controlar un escuadrón que deberemos mellorar e equipar ao longo de misións para poder superar as agresivas batallas rápidas contra inimigos case imparables e con xefes xigantescos que mudan por completo a escala da batalla.
O
Xbox One | Xbox Series X/S | PS4 | PS5 | PC
Cold War Sae á venda
s seareiros dos xogos de acción en primeira persoa por fin teñen aquí a súa ración anual do grande referente do xénero, Call of Duty: Black Ops Cold War, que sae á venda en versións para PS4, PS5, Xbox One, Xbox Series X/S e PC. Estamos ante un lanzamento interxeneracional bastante curioso, xa que estarán dispoñibles versións estándar do xogo para Xbox One e PlayStation 4 que serán compatibles coas novas consolas mediante retrocompatibilidade, aínda que tamén estará dispoñible unha versión por 5 euros adicionais que incluirá a versión do xogo para Xbox Series X/S e PlayStation 5, ou sexa, que Activision quere deixar claro
O
28 |
que os xogos da nova xeración serán máis caros. Neste novo Call of Duty, secuela directa de Black Ops, trasladarémonos a primeiros dos anos 80, en plena Guerra Fría, momento histórico que verase ben reflectido na campaña para un xogador, pola presenza de figuras históricas. A acción transcorrerá tamén en escenarios icónicos da época, como Berlín Este, Vietnam ou a sede do KGB, mentres se seguen os pasos de Perseus, figura que busca desestabilizar o equilibrio de poder mundial, conspiración que teremos que frustrar. Aparte da épica campaña para un xogador tampouco faltan modos multixogador e o xa habitual modo zombis.
Aínda que este tipo de xogos son máis propios de PC, dende Microsoft consideraron axeitado levalo a consolas, de xeito que agora podemos gozar de Gears Tactics en Xbox One e incluso está optimizado para Xbox Series X/S. O xogo inclúe Xbox Play Anywhere (ou sexa, que podemos xogalo indistintamente en PC ou consola se o adquirimos a través da tenda dixital de Microsoft) e os seus controis están adaptados tanto a mando como a consola e teclado, permitindo esta última opción de manexo tamén a consolas. Ao estarmos ante un xogo de Xbox Games Studios, aparte de adquirilo por 69,99 euros, está incluído dentro de Xbox Game Pass, claramente a opción máis atractiva.