13 mulleres que escribiron a historia en feminino. 13 mulleres con coraxe
IES Ramón Mª Aller Ulloa
Caracterizacións de: Alba Payo, Mar Espinosa, Raquel Honrubia, Adriana Iglesias, Carmen Frade, Lara Rodríguez, Luísa Areán, Iris Diéguez, Uxía Nogueira, Eva Álvarez, Marta Otero, Marián Moar e María Armada
8M 8M
8 de marzo, Día Internacional da Muller
13 mulleres que escribiron a historia en feminino. 13 mulleres con coraxe.
8 de marzo, Día Internacional da Muller
Índice de mulleres e caracterización: 1. Rosie, a Remachadora: Alba Payo. 2. Elisa e Marcela: Carme Frade e Lara Rodríguez. 3. Simone de Beauvoir: Eva Álvarez. 4. Rosalind Franklin: Mar Espinosa. 5. María Blasco: Raquel Honrubia.
6. Chimamanda N. Adichie: Adriana Iglesias. 7. Cigarreira da Coruña: Luísa Areán. 8. Teodora I: Marta Otero. 9. As dúas Marías: Iris Diéguez e Uxía Nogueira.
10. Maruxa Mallo: Marián Moar. 11. Marjane Satrapi: María Armada.
13 mulleres que escribiron a historia en feminino. 13 mulleres con coraxe.
Ao fío da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, xurdiu por parte dun grupo de profesoras a idea de reivindicar o papel da muller na historia a fin de fomentar a educación en igualdade de cara á eliminación das diferenzas de xénero. A actividade, 13 mulleres que escribiron a historia en feminino, consistiu en ir as profesoras caracterizadas polas aulas explicando a figura feminina elixida: Rosie, a Remachadora, Elisa e Marcela, Simone de Beauvoir, Rosalind Franklin, María Blasco,
Chimamanda N. Adichie, Cigarreira da Coruña, Teodora I, As dúas Marías, Maruxa Mallo e Marjane Satrapi. Toda unha variedade de perfís cun punto en común, o feito de seren mulleres que se enfrontaron a un mundo radicalmente machista. E a iniciativa, 13 mulleres que escribiron a historia en feminino, resultou todo un éxito. Moita foi a expectación e moitas as ganas do alumnado por coñecer a historia destas trece mulleres. As profesoras caracterizadas foron de aula en aula transmitíndolle
ao alumnado que o feito de ser muller require de moita coraxe. Moitas grazas a todas e moitos parabéns, e que siga.
8M
IES “Ramón Mª Aller Ulloa” 13 mulleres que escribiron a historia en feminino. 13 mulleres con coraxe
8 de marzo. Día Internacional da Muller
8M
13 mulleres con coraxe navegando cara á igualdade
13 mulleres omnipresentes
8M
IES “Ramón Mª Aller Ulloa” 8 de marzo. Día Internacional da Muller
8M
Encontro con Rosie the Riveter (Rosie, a Remachadora) Caracterización de Alba Payo
Rosie the Riveter (Rosie, a Remachadora) é unha icona cultural que representa as mulleres que traballaban en fábricas durante a II Guerra Mundial, moitas delas producindo municións e subministracións bélicas. Non existiu unha Rosie única, existiron miles e, a veces, aceptaban empregos totalmente novos, substituíndo os homes que estaban combatendo na guerra. Dúas mulleres (e unha canción) son as precursoras deste legado iconográfico que en realidade foi orquestrado polo Goberno de Estados Unidos e axencias publicitarias. Primeiro chegou un himno claramente propagandístico: en 1943 a canción Rosie the Riveter, con letra de Redd Evans e John Jacob Loeb e interpretada por artistas como Kay Kyser (o tema incluía versos como Rosie está facendo historia, traballando pola vitoria, Rosie a Remachadora). Un dos rostros máis recoñecidos da propaganda de EE UU foi Rosie Will Monroe, unha moza de Kentucky que traballou nunha das fábricas de Michigan e que se encargou de pór o seu rostro aos vídeos de promoción interpretando a Rosie the Riveter e reclamando o esforzo laboral feminino para gañar a guerra. Logo chegarían as representacións gráficas, popularizándose un póster: a ilustración que The Westinghouse Power Company encargou a J. Howard Miller e que acabaría por ser unha das máis reproducidas do movemento feminista: a traballadora co pano na cabeza e o brazo flexionado co puño pechado coa frase “Podemos facelo!”. A imaxe estaba inspirada nunha fotografía de Geraldine Doyle, unha traballadora nunha fábrica de aceiro de Chicago, que daquela tiña 17 anos, e que descoñeceu totalmente a existencia do cartel deica 1982, cando o viu nunha revista e se recoñeceu. https://smoda.elpais.com/moda/rosie-la-remachadora-la-verdadera-historia-que-esconde-el-icono-del-feminismo/
Rosie, a Remachadora nas aulas Ola, son Rosie, a Remachadora. Eu en realidade non son ningunha muller en concreto senón unha icona que representa a múltiples Rosies. Son a icona do famoso cartel propagandístico norteamericano que rezaba You can do it. Este cartel da Segunda Guerra Mundial chamaba a traballar na industria a todas as mulleres que quedaron na retagarda mentres os homes foron á fronte de batalla. Nas guerras contemporáneas, que son
guerras totais, toda a poboación civil se ve implicada na mesma. Se vos fixades son representada nun cartel que apodera o sexo feminino, dando a entender que nós podemos facelo. A pesar diso vedes que o meu rostro se representa maquillado consonte á moda da época para darlle esa aparencia de “feminidade” xa que os postos de traballo aos que eramos chamadas eran duros e rudos. Era necesario que nos ocupásemos da industria pesada; fabricación de armamento, obuses, balas, blindaxe de tanques, vehículos, alimentación…; oficios realizados tradicionalmente polo sexo masculino. En realidade a idea do meu cartel foi extraída dunha fotografía tomada a unha destas traballadoras, Naomi Parker Fraley. No momento capturado na imaxe Naomi estaba operando un torno, reparando avións de combate
e vestía o seu mono de traballo cun pano vermello de lunares brancos á cabeza, tal e como se me representou. Naomi descoñecía esta fotografía e polo tanto non sabía que servira de inspiración para ese cartel. Que pasou ao rematar a IIGM? Que nós tivemos que devolver os postos de traballo que ocupamos aos varóns que retornaron da guerra. Mais o feito de demostraren que eramos igual de capaces que os homes de facer ese traballo fixo que se iniciase a segunda ondada feminista. Finalmente co paso do tempo o cartel no que estou representada converteuse nunha icona do feminismo que podemos ver na rúa cada 8 de marzo. Alba Payo / Rosie, a Remachadora
8M
8M
Encontro con Rosie the Riveter (Rosie, a Remachadora), Caracterización de Alba Payo
Á esquerda a Rosie icónica. Á dereita a Rosie de Alba
Transmitindo información na aula e ante os carteis
8M
IES “Ramón Mª Aller Ulloa” 8 de marzo. Día Internacional da Muller
8M
Encontro con Elisa e Marcela Caracterización de Carmen Frade e Lara Rodríguez
Elisa Sánchez Loriga e Marcela Gracia Ibeas foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina, transformándose en Mario: corta o pelo, viste roupas de home, fuma e cultiva un modesto bigote. Elisa e Marcela coñecéranse a mediados da década de 1880 na Escola Normal da Coruña. Entre elas foise establecendo unha íntima amizade, que axiña se converteu en amor. En 1888 inician a súa andaina como mestras en diversas escolas dos concellos de Coristanco, Vimianzo e Dumbría, procurando que os seus destinos estivesen o máis próximos posible. O matrimonio, acurralado polas autoridades, ten que abandonar Galicia e diríxese ao Porto, onde vive tranquilo durante algún tempo. Pero o 16 de agosto as dúas mulleres son detidas pola policía, a petición da xustiza coruñesa, que decretara orde de procura e captura por matrimonio ilegal. A prensa portuguesa, como antes a española, ocupouse delas polo miúdo, debido á enorme expectación que suscitaba o matrimonio sen home. Tiveron que fuxir de novo, esta vez con destino a Bos Aires. Marcela ía acompañada da súa filla, nacida no Porto o 6 de xaneiro de 1902. A nova da súa voda difundiuse axiña por toda España e por varios países europeos. Aínda non se sabe o que aconteceu con elas trala súa fuxida á Arxentina. A súa unión matrimonial realizouse máis de cen anos antes de que a lei permitise o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, co que este feito pode considerarse un precedente do matrimonio homosexual en España. Elisa e Marcela. Alén dos homes, Narciso de Gabriel. Nigratrea
A historia de Elisa e Marcela nas aulas Entramos na aula exhaustas, preocupadas, confusas. Entramos buscando acubillo, preguntando se estamos nun espazo seguro e se o territorio no que nos atopamos é aquel ao que nos diriximos: Porto. Si, non hai perigo pero, non, non estamos no Porto senón en Lalín. A boa acollida recibida por todas esas persoas que nos miran fai que nos aventuremos a contar a nosa historia. Somos Mario, recentemente chegado de Inglaterra, e Marcela; ambos somos primos, temos 39 e 34 anos respectivamente e acabamos de casar na Coruña, na parroquia de San Xurxo . Estamos no ano 1901. Pero todo isto non é verdade. Esta é a historia que nos inventamos para poder casar, para poder vivir unha vida digna, fóra de acosos, de insultos e de humillacións. Somos dúas mulleres: Elisa e Marcela. Agora mesmo estamos escapadas e, tras casar e ser fotografadas polo reputado José Sellier, regresamos a Dumbría, lugar no que viviamos pero... alí recibíronnos a pedradas. Saben que Mario é, en realidade, Elisa. Somos mestras e coñecémonos no 1885, cando estudabamos Maxisterio na Coruña. Gustámonos, namorámonos e comezamos unha relación. Tempo despois separámonos debido a que o pai de Marcela a quería lonxe, de aí que a obrigara a rematar os seus estudos en Madrid. Pero nós amabámonos e queriamos ter unha vida en común por iso, despois de que Marcela rematara os seus estudos, materializamos o noso desexo. Ambas traballamos como mestras; Elisa en Calo e Marcela en Dumbría, lugar no que viviamos. Pero agora todo rematou. Todo o mundo sabe que Mario é Elisa; quérennos no cárcere, o poder xudicial e o poder eclesiástico andan detrás de nós. Nin sequera imos poder volver exercer a nosa profesión. Marchamos do país, cara a Portugal. onde esperamos poder ser libres e levar a vida que queremos, xuntas. A historia de Elisa e Marcela transcendeu de tal maneira que apareceu en todos os xornais, non só galegos, senón tamén españois e incluso internacionais. “Un matrimonio sin hombre”, dicían os titulares... Porén, a importancia do seu casamento vai máis alá
dunha anécdota, non só por ser o segundo matrimonio entre persoas homosexuais rexistrado do Estado Español (o primeiro é da época medieval), senón porque son un exemplo de resistencia. Ambas tiveron que enfrontarse, por un lado, ao feito de sentírense atraídas por unha persoa do seu mesmo xénero, e de aceptar este feito e, por outro, a recibir por parte da sociedade que as rodeaba un absoluto rexeitamento por non cumprir cos estándares establecidos, é dicir, casar cun home e formar unha familia. Todo isto foi unha total revolución. Estamos falando do 1901... pensemos que ata o 2005 no Estado Español non se aprobou o matrimonio entre as persoas homosexuais... E que aínda a día de hoxe en 72 países a homosexualidade está penalizada; en 14 deles con 14 anos de cárcere ou incluso cadea perpetua. E en 13 deles, coa pena de morte. Elisa e Marcela foron arrestadas pouco despois de chegar a Porto e acusáronas de falsidade documental e travestismo, estiveron no cárcere e logo foron absoltas. Marcharon a Bos Aires en 1902. Pouco ou nada se soubo delas a partir dese momento. Marcela estaba embaraza cando casou (non se sabe quen era o pai pero o máis probable é que o embarazo fora unha estratexia para que ninguén sospeitara sobre o xénero de Elisa) e deu a luz en Bos Aires; de feito, hai uns anos sóubose da existencia da bisneta de Marcela, Norma. E para saber máis desta revolucionaria parella, na biblioteca temos a banda deseñada de Elisa e Marcela (xentileza do CCG) de Xulia Vicente, e tamén o libro Elisa e Marcela: amigas e amantes, de Narciso de Gabriel. Ademais, tamén contamos con material audiovisual: a película “Elisa e Marcela”, de Isabel Coixet, do ano 2019, que podemos ver na plataforma Netflix e cuxo guión se basea na novela xa mencionada. Carmen Frade / Elisa-Mario e Lara Rodríguez / Marcela
8M
8M
Encontro con Elisa e Marcela Caracterización de Carme Frade e Lara Rodríguez
Á esquerda icónica. Á dereitade a Rosie Albade Carme, á dereita Quen é quen? Marcela e Elisa,a áRosie esquerda; a Marcela Lara ede a Elisa
Á esquerda Marcela preocupada pola estética de Elisa. Resto, dando a coñecer a súa historia
8M
IES “Ramón Mª Aller Ulloa” 8 de marzo. Día Internacional da muller Encontro con Simone de Beauvoir
8M
Caracterización de Eva Álvarez Simone de Beauvoir (París, 1908-1986). Pensadora e novelista francesa, representante do movemento existencialista ateo e figura importante na reivindicación dos dereitos da muller. Orixinaria dunha familia burguesa, destacou desde temperá idade como unha alumna brillante. Estudou na Sorbona e en 1929 coñeceu a Jean-Paul Sartre, que se converteu no seu compañeiro durante o resto da súa vida. Graduouse en filosofía e deica 1943 dedicouse á docencia. A súa primeira obra foi a novela A invitada (1943), á que seguiu O sangue dos outros (1944) e o ensaio Pyrrhus e Cineas (1944). Participou intensamente nos debates ideolóxicos da época, atacou con dureza a dereita francesa e asumiu o papel de intelectual comprometida. Nos seus textos literarios revisou os conceptos de historia e personaxe e incorporou, desde a óptica existencialista, os temas de "liberdade", "situación" e "compromiso". Foi fundadora xunto a Sartre e Albert Camus, entre otros, da revista Tempos Modernos, que se transformou nun referente político e cultural do pensamento francés de metade do século XX. Posteriormente publicou a novela Todos oss homes son mortais (1946), e os ensaios Para unha moral da ambigüidade (1947) e América ao día (1948). O seu libro O segundo sexo (1949) significou un punto de partida teórico para distintos grupos feministas, e converteuse nunha obra clásica do pensamento contemporáneo. Nel elaborou unha historia sobre a condición social da muller e analizou as distintas características da opresión masculina. Afirmou que ao ser excluída dos procesos de produción e confinada ao fogar e ás funcións reprodutivas, a muller perdía todos os vínculos sociais e con eles a posibilidade de ser libre. Analizou a situación de xénero desde a visión da bioloxía, a psicanálise e o marxismo; destruíu os mitos femininos, e incitou a buscar unha auténtica liberación. Sostivo que a loita para a emancipación da muller era distinta e paralela á loita de clases, e que o principal problema que debía afrontar o "sexo débil" non era ideolóxico senón económico. Simone de Beauvoir fundou con algunhas feministas a Liga dos Dereitos da Muller, que se propuxo reaccionar con firmeza ante calquera discriminación sexista. Ata os seus últimos días foi unha incansábel loitadora polos dereitos humanos. https://www.biografiasyvidas.com/biografia/b/beauvoir.htm
Simone de Beauvoir nas aulas O meu nome é Simone de Beauvoir e recoñéceseme coma unha das nais da segunda onda do feminismo pola miña loita a prol dos dereitos e as liberdades do noso sexo. Nacín nunha familia católica de clase acomodada en 1908, pero a quebra dos negocios familiares e o desprestixio social, sumiu os meus pais na vergoña. Con todo, a pesar dos problemas económicos continuaron ofrecéndonos a miña irmá e a min unha educación de elite coa fin de “manter certa aparencia”. Esta experiencia, e o inicio
dun profundo ateísmo, marcarán a miña adolescencia. Con 21 anos acadei a miña licenciatura de filosofía e letras na Universidade da Sorbona, onde coñecín a Jean Paul Sartre, o meu compañeiro de vida, co que mantiven unha relación baseada no respecto e na liberdade que non foi comprendida por todos os nosos contemporáneos. Todas estas experiencias vitais leváronme á reflexión a cerca de se as mulleres, a mediados de século XX, eramos verdadeiramente libres.... A resposta foi que NON.... Así no meu libro “O segundo sexo”, publicado en 1949, e influenciada pola ideoloxía marxista, reflexionei acerca da liberación feminina, chegando á conclusión de que esta debía ser paralela á loita de clases. As mulleres debia-
mos tomar conciencia da nosa situación de opresión, preguntándonos “Que nos oprime?”. Non foi demasiado difícil atopar as causas: a sociedade, que relega a muller a un posto secundario ao home adxudicándonos uns valores distintos (a muller debe ser sentimental, agarimosa..., mentres que o home debe ser forte, un verdadeiro líder...), e a relixión, que nos limita no papel de esposas e nais. Fronte a isto, e tendo vontade de liberármonos, debiamos loitar pola igualdade a través da educación e da emancipación económica mediante o traballo como únicas vías para acadar a verdadeira igualdade. É certo que, quizais, a vosa xeración cre que hoxe está todo conseguido, que a sociedade na que vivimos nos permite a igualdade real.
Simplemente, para rematar, gustaríame formularvos dúas cuestións que vos farán reflexionar. A cantos de vós, rapaces, vos agasallaron con bonecas? A cantas de vós, rapazas, vos regalaron coches ou balóns? Porque asociamos o bebé neno á cor azul e empregamos o rosa para as nenas? Agora simplemente pensade, a partir da vosa experiencia, se realmente xa somos verdadeiramente iguais... Eva Álvarez / Simone de Beauvoir
8M
8M
Encontro con Simone de Beauvoir Caracterización de Eva Álvarez
Simone de Beauvoir e Eva-Simone de Beauvoir
Simone-Eva perante un alumnado expectante. Arriba á dereita diante dos carteis da actividade
8M
IES “Ramón Mª Aller Ulloa” 8 de marzo. Día Internacional da Muller
8M
Encontro con Rosalind Franklin
Caracterización de Mar Espinosa Rosalind Elsie Franklin naceu o 25 de xullo de 1920 en Londres. En 1941, gradúase en química e física e, de contado, consegue unha bolsa de estudos para iniciar a súa tese doutoral... Hai algo máis de 60 anos, Watson e Crick publicaron o artigo en Nature coa súa proposta de estrutura para o ADN. No último parágrafo e entre outros, citaban a Rosalind Franklin e agradecíanlle os seus resultados experimentais non publicados e ideas. Anos máis tarde, no libro A dobre hélice, crónica moi persoal do descubrimento da estrutura do ADN, James Watson escribiu sobre ela que o mellor lugar para unha feminista era o laboratorio doutra persoa. E aínda uns anos máis tarde, Francis Crick escribiu que, no King’s College de Londres, onde Rosalind Franklin traballaba, había restricións moi irritantes –non podían tomar café na sala de profesores da facultade porque estaba reservada para os homespero só eran trivialidades, ou cando menos así mo parecían daquela. Xa ven, Watson e Crick referíanse a Rosalind Franklin como unha “feminista que se queixaba de trivialidades”. E, no entanto, a súa proposta de estrutura do ADN baseábase en imaxes desta molécula tomadas coa técnica de difracción de Raios X e obtidas por Rosalind Franklin, quizais, naquela época, a única persoa do mundo capaz de conseguilas cunha calidade tan extraordinaria. E, de novo, anos máis tarde, tanto Watson, con reticencia e moitas dúbidas, como Crick, creo que máis sincero e elegante, recoñeceron a extraordinaria calidade como científica de Rosalind Franklin e a súa participación esencial e insubstituíbel no descubrimento da estrutura do ADN. https://mujeresconciencia.com/2014/05/09/el-caso-de-rosalindfranklin/
Rosalind Franklin nas aulas Boas, son Rosalind Franklin, nacín en 1920 nunha familia londiniense acomodada. Meu pai pagoume os estudos nos mellores colexios, onde me ensinaban a coser e pasar o ferro, mais por sorte tiven uns bos profesores de ciencias. Fixen a proba de aceso á Universidade, e por suposto aprobei, pero meu pai negouse a pagarme os estudos, no entanto unha tía miña ofreceuse a pagar os meus gastos e puiden ir. Despois da Guerra Mundial, na que colaborei como puiden, funme traballar a un laboratorio francés, un pouco farta do ambiente machista de Londres. Alí estudei a estrutura do ADN e aprendín a usar a máquina de raios X, chegando a ser unha das persoas que mellores fotos facía do ADN. Volvín a Londres e traballei no King’s College, mais o ambiente era moi machista, e os meus propios colaboradores facíanme iso que agora chamades “bullying”. Tanto que un colaborador próximo invitou a Watson e Crick, dous científicos que traballaban no mesmo campo ca min, a escoitar a miña conferencia e ademais proporcionoulles fotos e material da miña investigación. Enfadada cambiei de laboratorio. Morrín a causa do cancro, posiblemente porque nunca usei proteccións no uso da máquina de raios X. Anos despois Watson e Crick recibiron o Premio Nobel por ter descuberto a estrutura do ADN, e en ningún momento mencionaron que os seus datos eran en realidade meus. Mais o tempo pon as cousas no seu sitio e hoxe todo o mundo recoñece a importancia do meu estudo, considerando a miña contribución a ese descubrimento como fundamental. Mar Espinosa / Rosalind Franklin
8M
8M
Encontro con Rosalind Franklin
Caracterización de Mar Espinosa
Rosalind Franklin e Mar-Rosalind Franklin
Na aula en compaña de María Blasco e diante dos carteis das 13 mulleres, de novo coa colega e científica María Blasco
8M
IES “Ramón Mª Aller Ulloa” 8 de marzo. Día Internacional da Muller
8M
Encontro con María Blasco
Caracterización de Raquel Honrubia
María Antonia Blasco Marhuenda (Alacante, 1965), coñecida como María Blasco, é unha bióloga molecular e científica española. Fixo a súa tese doutoral no Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” (CSIC-UAM; Madrid) baixo a supervisión de Margarita Salas, doutorándose en Bioquímica e Bioloxía Molecular en 1993 pola Universidade Autónoma de Madrid. Ese mesmo ano, María A. Blasco trasladouse a Cold Spring Harbor Laboratory (Cold Spring Harbor, Nova York, EE.UU.) incorporándose ao laboratorio dirixido por Carol W. Greider en calidade de Bolseira Posdoutoral. Regresou a España en 1997 para establecerse como Xefa de Grupo no Centro Nacional de Biotecnoloxía (CSIC; Madrid). Logo pasou ao Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO, Madrid) en 2003 como Xefa do Grupo de Telómeros e Telomerasa e Directora do Programa de Oncoloxía Molecular. María A. Blasco exerceu a Vicedirección de Investigación Básica desde 2005 ata xuño de 2011, data na que foi nomeada Directora do Centro Nacional de Investigaciones Oncolóxicas (CNIO). Entre os diversos galardóns que recibiu encóntranse o Swiss Bridge Award for Research in Cancer, o Josef Steiner Cancer Research Award, a Medalla de Ouro de EMBO, o Premio “Carmen e Severo Ochoa” en Bioloxía Molecular, o Premio Rei Xaime I de Investigación Básica, o European Körber Science Award, o premio “Alberto Sols” ao mellor labor investigador nas Ciencias da Saúde, o Premio Fundación Lilly de Investigación Preclínica 2010 e o Premio Nacional Santiago Ramón y Cajal 2010 de Investigación en Bioloxía . María A. Blasco é integrante electa de EMBO (European Molecular Biology Organization) e da Academia Europea… Con máis de 245 publicacións científicas, as súas investigacións centráronse en demostrar a importancia dos telómeros e da telomerasa no cancro e en enfermidades relacionadas co envellecemento. https://gadeaciencia.org/teams/blasco-maria/
María Blasco nas aulas Veño buscar algunha promesa da bioloxía, alguén que me queira acompañar de volta a Madrid ata o Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas. Só se precisa paixón, e a emoción está asegurada… Voluntarias? Vaia, isto vai ser máis difícil do que parecía… Vouvos contar o que facemos por alí, a ver se así logro convencer a algunha destas cabeciñas. Antes de nada, preséntome: son María Blasco, doutora en bioloxía especializada no estudo dos telómeros e a telomerasa. Sabedes o que é iso? Non importa, xa volo conto eu. Ao longo da historia, moitas persoas cavilaron sobre o elixir da vida eterna…, exemplos diso atopámolos na literatura a centos: a pedra filosofal de Harry Potter, ou a propia telomerasa, partícipe de novelas coma “a saga dos lonxevos”. Hoxe, eu
vouvos contar o que son os telómeros e a telomerasa, aínda que lamentablemente teño que confesar que estamos algo lonxe de conseguir esa inmortalidade mais, quen sabe? Non sería a primeira vez que a ficción lle abre a porta á realidade. Comecemos polos cromosomas: nas células eucariotas, o material xenético atópase no núcleo organizado en cromosomas (23 pares nos humanos). Os telómeros dos cromosomas son os seus extremos. A función dos telómeros e protexer os cromosomas da degradación, e tamén da recombinación (para que non se mesturen cousas que non teñen que mesturarse). Nestes telómeros, temos unha secuencia que é sempre a mesma e que se atopa repetida: TAGGG. Cando nacemos temos moitas copias: unhas 11.000 bases, que co avellentamento se reducen a unhas 400 copias. o acurtamento prodúcese máis rapidamente en homes que mulleres, cadaquén que o tome como queira! Cando facemos copias do ADN non é posible chegar ao final de todo. Podemos chegar moi cerca do final, mais sempre se
perde un anaco. Por iso, con cada copia (que se fai cada vez que unha célula se divide), pérdense anacos dos telómeros; non pasa nada, porque non se perde información! (aínda que se acurten os telómeros non se perden xenes ata que os telómeros “se esgotan”). E que pasa cando se esgotan? Pois atopámonos ante o mellor exemplo de que aquilo que nos daba a vida, remata quitándonola: os cromosomas péganse uns a outros, a cousa non vai ben, e as células acaban morrendo. Elizabeth Blackburn e a miña querida Carol Greider, coa que tiven a oportunidade de traballar, descubriron que existía unha enzima, a telomerasa, que era capaz de alongar estes telómeros. Este descubrimento, ademais de valerlles a elas dúas o Premio Nobel no 2009, serviume a min como punto de partida: canto máis longos sexan os telómeros dunha persoa, maior lonxevidade lle espera; e o mantemento da lonxitude telomérica debémosllo á telomerasa…, o problema está en que canto máis activa se atope esta telomerasa, maior será a capacidade das nosas células para dividirse, elevándose tamén a probabilidade de desenvolver un cancro. Pois ben, a resolver os misterios desta intricada relación é ao que eu me dedico día a día. As mulleres non o temos doado na ciencia, un eido no que tradicionalmente se lles recoñeceron os nosos logros aos homes, no que se consentiron roubos e no que moitas mulleres se ven obrigadas a facer sacrificios a nivel persoal para non verse minguadas no profesional. É o noso deber reclamar o que nos pertence, e coller forza das nosas referentes para chegar a onde nos propoñamos. Raquel Honrubia / María Blasco
8M
8M
Encontro con María Blasco Caracterización de Raquel Honrubia
Raquel transfigurada en María Blasco
Defendendo con paixón a causa da Ciencia en feminino ante o alumnado
8M
IES “Ramón Mª Aller Ulloa” 8 de marzo. Día Internacional da Muller
8M
Encontro con Chimamanda N. Adichie
Caracterización de Adriana Iglesias
Chimamanda Ngozi Adichie (Abba, Enugu, 1977), é unha escritora, novelista e dramaturga feminista nixeriana. Quinta filla do matrimonio de etnia igbo formado por Grace Ifeoma e James Nwoye Adichie. Aos 19 anos trasladouse a Estados Unidos cunha bolsa de estudos de dous anos para estudar comunicación e ciencias políticas na Universidade Drexel, Filadelfia. Posteriormente continuou os seus estudos na Universidade Estatal do Leste de Connecticut, na que se graduou en 2001. As i mesmo realizou estudos de escritura creativa na Johns Hopkins, Baltimore, e un máster de estudos africanos en Yale. Os temas que trata Adichie na súa obra van desde o feminismo á inmigración e do sexismo á problemática racial. A súa obra Todos teriamos que ser feministas vendeu máis de medio millón de exemplares. En 2003, mentres se encontraba estudando en Connecticut, publicou a súa primeira novela, O hibisco púrpura, que foi moi ben recibida pola crítica e pola que recibiu o Commonwealth Writer's Prize for Best First Book en 2005. A acción da súa segunda novela, Medio sol amarelo (2006), así titulada en referencia ao deseño da bandeira da efémera nación de Biafra, desenvólvese durante a guerra civil nixeriana. A obra, loada, entre outros, por Achebe, obtivo o Orange Prize for Fiction en 2007. En 2009 publicou unha colección de relatos breves, titulada The Thing Around Your Neck. Catro anos máis tarde lanzaba Americanah, que mereceu o Premio do Círculo de Críticos Nacional do Libro. Actualmente vive en Nixeria, onde imparte talleres de escritura creativa, e nos Estados Unidos. https://gl.wikipedia.org/wiki/Chimamanda_Ngozi_Adichie
Chimamanda Gnozi Adichie nas aulas Chámome Chimamanda Gnozi Adichie e nacín fai 44 anos en Nixeria.Tiven a sorte de nacer nunha familia acomodada e de clase media, feito que me permitiu ir á escola dende pequena e, tempo despois, facer unha carreira universitaria. Sempre me gustou ler, dende que era unha cativa, aínda que máis me gustaba escribir. Eu desexaba crear as miñas propias historias, do mesmo xeito que facían aqueles escritores que tanto admiraba. No entanto, todas as historias que eu lía tiñan como protagonistas personaxes que pouco ou en nada se parecían a min e ambientadas en lugares moi diferentes aomeu fogar. Entón, considerei que as miñas raíces africanas non tiñan cabida na literatura. Marchei con 19 años a EEUU a estudar na universidade. Tiven que traballar e estudar moito. Pero tamén descubrín mundo grazas á convivencia con diversas nacionalidades. Sen dúbida, foi unha experiencia moi enriquecedora! Comecei a escribir e froito dese traballo xurdiron novelas como “Algo alrededor de tu cuello”, “Americanah” ou “La flor púrpura”. Conseguín chegar a milleiros de lectores, a diferentes países de Europa, polo que as miñas novelas foron traducidas a varias linguas. Puiden e podo vivir da miña paixón, daquel soño que tiven de cativa que se materializou na miña idade adulta. Por último, dicirvos que tamén estou polas redes. Teño perfil en plataformas como Instagram e Facebook. E en YouTube podedes ver dous interesantes relatorios: “El peligro de una historia única” e “Todos deberiamos ser feministas”. Ide velas e descubride por vós mesmos e mesmas por que chegaron a tantas persoas e se converteron en pequenos libros.
Adriana Iglesias / Chimamanda N. Adichie
8M
8M
Encontro con Chimamanda N. Adichie Caracterización de Adriana Iglesias
Chimamanda N. Adichie clonada en Adriana
Chimamanda-Adriana seguida con moito interese
8M
IES “Ramón Mª Aller Ulloa” 8 de marzo. Día Internacional da Muller
8M
Encontro cunha Cigarreira da Coruña
Dolores Cedo, Lola (cigarreira) wordpress
Fotos: acorunhadasmulleres. gal e praza.gal
Caracterización de Luísa Areán A folga das cigarreiras coruñesas de 1857 O 7 de decembro de 1857 as operarias da Fábrica de Tabacos da Coruña deron comezo a unhas protestas en defensa do emprego e dunha mellora nas condicións laborais que remataría coa destrución da nova maquinaria da empresa e dunha boa parte da súa produción. A este respecto, seguindo unha crónica de El País de Pontevedra, o xornal La Iberia, no seu número do 20 de decembro de 1857, sinalaba como causas do conflito “as novas operacións que se estaban ensaiando na fábrica non se prestaban ao costume das cigarreiras e estas sacaban menor xornal. Isto e o descontento co director da fábrica”. Na mesma liña, o diario El Mallorquín, na súa edición do 27 de decembro de 1857, concretaba con máis precisión os motivos da protesta, afirmando que “se tentaba estender a aqueles talleres a fabricación de cigarros de papel que comezaran a fabricarse en Alacante. Os operarios consideraban escaso o beneficio que lle sacaban a esta clase de fabricación”. Porén, a caída dos salarios xa tiña comezado á mediados da década dos corenta, a consecuencia do que seu deu en coñecer como a “revolución do picado”, manténdose esa tendencia até as décadas finais do século XIX. As protestas de decembro 1857 líganse á longa tradición de loita das cigarreiras da Coruña. As primeiras novas da súa combatividade remóntanse a marzo de 1831, cando as operarias da fábrica se mobilizaron contra os axustes na produción, que afectaba directamente o seu poder adquisitivo, mantendo unha folga durante varios días e sendo, só, derrotadas tras a intervención do exército. A memoria deste conflito estaba aínda moi presente en 1857 así como a lembranza das dirixentes obreiras duramente represaliadas en 1831, onde destacaron nomes como Antonia Araúxo, Xosefa González, María Cortés, María Cañas, Antonia Cervigón “A Terranova”, Clara Viñas, Xoana Bellón, Xosefa Vázquez, Ceferina Vázquez, Manuela de Parga e Xosefa González. O 7 de decembro de 1857 as tabaqueiras deciden paralizar o seu centro de traballo. Outra vez La Iberia, no seu número do 20 de decembro de 1857, recolle “que o día 7, arredor das once da maña, se alborotaron aquelas catro mil mulleres, acometeron contra os xefes e empregados, destruíron todo o tabaco picado, pitos e follas que tiveron a man, pisándoo e tirándoo ao mar”. A crónica continúa sinalando como “romperon e deixaron destruídas as máquinas novas para picar tabaco, e que se di custaron 40.000 pesos, tirándoas ao mar, o mesmo, papeis, libros de caixa, móbeis e obxectos que se atopaban na estancia do director”. A protesta das cigarreiras da Coruña é un exemplo paradigmático do ludismo. A revolta só puido ser controlada coa intervención do exército, que tomou militarmente a fábrica da Palloza... https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/folga-das-cigarreiras-corunesas1857/20191203153843087780.html
Cigarreira da Coruña nas aulas A REVOLTA DAS MULLERES DA FÁBRICA DE TABACOS.
Onte, 7 de decembro de 1857, sobre ás 11 da mañá, produciuse una revolta das traballadoras da “Real Fábrica de Tabacos” da Coruña. Estas aguerridas mulleres, descontentas coas súas condicións laborais, enfróntanse ao director, inspectores de labores e outros operarios e comezan a destruír todo o que atopan ao seu paso: as novas máquinas de picado, follas sen lear, cigarros… Algunhas delas conseguen entrar na estancia do director e desfán mobles, rompen libros de caixa e todo tipo de documentos que alí se encontraban. Para reducilas, foi preciso a intervención do exército, que tomou militarmente a fábrica, non sen ter que esquivar as pedradas que lle guindaban as operarias dende o tellado. Unha vez que o exército entra, detén a unhas 20 mulleres que son conducidas pola garda civil ao cárcere do Parrote e, durante o traxecto, tamén eles son apedrados. Para saber un pouco máis do porqué do descontento destas traballadoras, recollemos nesta nova as declaracións dunha das protagonistas: “Na fábrica contratan man de obra feminina coa escusa de que é un traballo moi delicado, pero a realidade é que botan man de nós porque o noso traballo é máis barato que o dos homes.
Nós somos mulleres traballadoras, cumpridoras e moi sacrificadas, que vimos á fábrica, andando desde moi lonxe, cos nosos pequenos remangados, porque non podemos deixar de traballar, non podemos permitirnos perder o noso salario nin por un día. Xa sei que temos fama de privilexiadas porque non temos que cumprir un horario, que nos deixan entrar e saír á hora que nos vaia ben; pero xusto isto é unha trampa para nós e convértenos en mulleres explotadas: como estamos consideradas traballadoras a domicilio e non persoal fixo, apenas temos dereitos -por non ter, nin xubilación cobraremos… Por riba, o noso traballo págano por obra, unha mísera contía por cigarro feito, e vémonos na obriga de facer moitas horas para sacar un salario digno. Os nosos traballos e os nosos salarios vense ameazados polas novas máquinas de picado, con esas malditas picadoras, a empresa fará a mesma produción con moitas menos traballadora/hora: ou reducen as horas de cada unha de nós, ou despídennos á metade. A rabia e o esgotamento puidéronnos… e si, revelámonos. Non pensamos pedir desculpas pola revolta de onte: non temos que escusarnos por tomar conciencia da nosa realidade.” Luísa Areán / Cigarreira da Coruña
8M
8M
Encontro cunha Cigarreira da Coruña Caracterización de Luísa Areán
A Cigarreira Luísa semella saída de calquera das históricas fotos
A Cigarreira-Luísa ante o cartel e na aula informando da tráxica historia
8M
IES “Ramón Mª Aller Ulloa” 8 de marzo. Día Internacional da Muller
8M
A emperatriz Teodora nun mosaico de San Vital, en Rávena
Encontro con Teodora I Caracterización de Marta Otero
Mosaico da emperatriz Teodora con Antonina esposa do xeneral Belisario, a súa filla e outras damas da corte
Teodora (en grego: Θεοδώρα, c. 500-548) emperatriz bizantina e esposa de Xustiniano I. Gozou de gran popularidade e poder. Teodora foi a muller máis influínte e poderosa na historia do Imperio Bizantino. Algunhas fontes menciónana como emperatriz reinante xunto con Xustiniano I, sendo correxente. Teodora é considerada como unha gran figura feminina do Imperio Bizantino, e desde finais do século XX tamén unha pioneira do feminismo, xa que as leis que redactou foron destinadas principalmente a aumentar os dereitos das mulleres. Foi moi decidida á hora de procurar unha mellora da situación da muller na súa época. Isto se plásmase en todo un conxunto de medidas legais referentes tanto á familia como a cuestións civís. Derrogou a lei que prohibía a unión entre homes nobres e mulleres plebeas, o que impedía a moitas mulleres ascender e saír da pobreza. Tamén estableceu unha lei que permitía ás mulleres ser propietarias e herdeiras de pleno dereito. Mellorou o sistema de atención á saúde feminina. Impuxo a pena de morte aos violadores, algo moi revolucionario. Outra lei foi o recoñecemento dos fillos bastardos e o dereito destes a participar na herdanza. Tamén intentou erradicar a prostitución e rescatar as mozas que practicaban este oficio, ofrecéndolles unha dote para facilitar o seu casamento. E se aínda así preferían exercer a prostitución, buscábase que desenvolvesen o seu traballo en bordeis rexentados por elas mesmas. Estas leis quedan integradas no Corpus Iuris Civilis, aínda que o feito de que fosen respectadas na práctica era outro asunto. Como resultado dos esforzos de Teodora, o estado da muller no Imperio Bizantino foi máis elevado que o do resto das mulleres en Europa. https://es.wikipedia.org/wiki/Teodora
Teodora I nas aulas Para situar a Teodora na historia, debemos remontarnos varios séculos atrás, concretamente a comezos da Idade Media. No Imperio Bizantino, no antigo Imperio Romano de Oriente o período de maior esplendor económico, político e cultural coincidirá co do emperador Xustiniano I. Teodora, a súa muller, exerceu unha grande influencia no seu goberno e moitas fontes a consideran correxente. O certo é que ela, de orixe social humilde, vaise encargar de elaborar unha serie de leis que na actualidade, mil cincocentos anos despois se consideran pioneiras no feminismo. Por exemplo, derrogou a lei que prohibía a unión entre homes e mulleres plebeas e promulgou outra que lle permitía a estas ser propietarias e herdeiras de pleno dereito. Mellorou o sistema de atención sanitario feminino, regulou o recoñecemento dos fillos bastardos e intentou erradicar a prostitución. Grazas a Teodora, o estado da muller no Imperio Bizantino foi mellor que o do resto das mulleres europeas. Marta Otero / Teodora I
8M
8M
Encontro con Teodora I Caracterización de Marta Otero
A verdade é que non se sabe moi ben cal Teodora está no mosaico, será a nosa Marta?
Teodora informando o alumnado, na compaña de Rosie (o tempo é relativo) e posando omnipresente ante os carteis.
8M
IES “Ramón Mª Aller Ulloa” 8 de marzo. Día Internacional da Muller
8M
Encontro coas dúas Marías
Caracterización de Iris Diéguez e Uxía Nogueira
http://tm.santiagodecompostela.gal/gl/mapa/as-duas-marias / Á dereita, escultura das Marías de César Lombera As Marías, As dúas Marías ou, en menor medida, As dúas en punto, é o nome co que se coñece en Santiago de Compostela a parella formada polas irmás Maruxa (morta no 1983) e Coralia Fandiño Ricart (falecida no 1980), representadas dende 1994 nunha célebre escultura situada no parque da Alameda. Maruxa, Coralia, Sarita, Manuel, Alfonso, Antonio etc. Eran trece os fillos e fillas que tiveron en Compostela Arturo Fandiño e Consuelo Ricart, parella de artesáns, oficio tan frecuente naquel Santiago de principios do século XX. El, zapateiro, con obradoiro na Algalia de Arriba, n.º 32. Ela, costureira e bordadora, con obradoiro na súa propia casa, na rúa do Espírito Santo, profesión que van aprender e compartir, tamén, as súas fillas. Os seus irmáns Manuel, Antonio e Alfonso foron destacados dirixentes e líderes da CNT, organización que no ano 1925 trasladara a Santiago a súa sede rexional e da que Manuel Fandiño, de oficio pintor, era o secretario xeral. A súa mocidade alimentouse do clima de animación e esperanza que se vivía en Santiago: cando as irmás Fandiño saían á rúa a pasear vestidas coa roupa feita na casa, con teas de cores, alegres e vivas coma elas, os estudantes galeguistas e republicanos chamábanlles “liberdade, igualdade e fraternidade” e os estudantes de dereitas, da CEDA, “fe, esperanza e caridade”. No entanto, este soño revolucionario afogouse en sangue o 18 de xullo do ano 1936. A sublevación militar franquista e a represión feroz chegou á familia Fandiño Ricart. Chamáronlles “roxas”, tratáronas de “putas”. O traballo desapareceu como medio de sustento e de dignidade; a fame estivo presente diariamente nas súas vidas a partir de entón. Continuaron vivindo na rúa do Medio, naquela Compostela dos anos 40, 50, 60 e 70, onde só había escuridade, medo e silencio, moito silencio. O triángulo mortal e inquisidor que formaron Falanxe, Igrexa e Exército no franquismo triunfante tras a guerra esnaquizou a súa fraxilidade e a súa cabeza escachou coma o cristal. Encarna Otero. http://tm.santiagodecompostela.gal/gl/mapa/as-duas-marias
As dúas Marías nas aulas Maruxa Fandiño: Bos días Somos Coralia e Maruxa Fandiño, dúas irmás compostelás que queremos contarvos a nosa historia, pero hoxe estamos aquí en representación de todas as mulleres que foron represaliadas pola ideoloxía política dos homes da familia. Mulleres
torturadas, humilladas, vilipendiadas... co único obxectivo de que os homes aos que elas querían (pais, parellas, irmáns...) se entregasen, ou que elas mesmas descubrisen o lugar onde se agochaban dos que os buscaban para asasinalos. Con este fin, fomos paseadas, espidas polas rúas, cortáronnos o pelo, mallaron en nós, chamáronnos putas, roxas, violáronnos... E algunhas non puideron soportalo e suicidáronse. Outras sobrevivimos, mais as secuelas psíquicas acompañáronnos toda a vida. Coralia Fandiño: Maruxa e eu somos dúas dos 13 irmáns Fandiño Ricart. Fillos de zapateiro e costureira, algúns dos nosos irmáns varóns formaban parte da CNT (Confederación Nacional do Traballo) así que, cando o 18 de xullo do 36 estoura a Guerra Civil en España, os nosos irmáns teñen que fuxir, agocharse do bando franquista. Dous conseguiron escapar, outro agochouse no Monte Pedroso, pero foi atopado, torturado e encarcerado durante 20 anos. Mentres tanto, a Policía Social (brigada creada para reprimir os movementos antifranquistas) entraba na nosa casa, deixaba todo patas arriba e podía facer con nós o que quixese. A consecuencia de todo isto acabamos toleando e convertémonos en “As dúas Marías” ou “As dúas en punto”, dúas mulleres vestidas con cores rechamantes e maquilladas de maneira excesiva que, ás dúas da tarde, hora de máis afluencia estudantil nas rúas de Compostela, paseabamos pola cidade. Hoxe somos un símbolo de Compostela (ata temos unha estatua na Alameda) pero gustaríanos que ningunha muller máis sufrise pola ideoloxía, súa, ou dos seus. Uxía Nogueira / Maruxa e Iris Diéguez / Coralia
8M
8M
Encontro coas dúas Marías Caracterización de Iris Diéguez e Uxía Nogueira
As dúas Marías (Coralia e Maruxa). Á dereita, Iris e Uxía en perfecta sintonía
Maruxa e Coralia informando na aula da súa tráxica vida
8M
IES “Ramón Mª Aller Ulloa” 8 de marzo. Día Internacional da Muller
8M
Encontro con Maruxa Mallo Caracterización de Marián Moar
https://www.pinterest.es/pin/
Maruxa Mallo, ou Maruja Mallo, pseudónimo de Ana María Gómez González, nada en Viveiro o 5 de xaneiro de 1902 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1995, foi unha pintora surrealista galega. A vida de Maruxa Mallo foi, en si mesma, un anacronismo. A España que a viu nacer non estaba preparada para unha muller tan libre e independente coma ela. Transgresora no vivir, no falar e no pintar, a súa persoa era motivo de asombro, indignación e de persignarse por parte dunha sociedade mexeriqueira incapaz de non se escandalizar ante as súas provocacións. Aínda que a ela pouco lle importaba. O seu pecado orixinal era ser libre, e o seu gran talento, o de rachar con todos os esquemas e convencións. Emancipada voluntariamente dun mundo no que non encaixaba, coa súa estética transgresora e a súa irresistíbel personalidade foi quen de esfiañar as cordas da hexemonía que a ataban, como muller, á súa casa e aos seus labores, facéndose un merecido oco no seminal círculo da arte do século XX ata chegar a se converter nunha das máis representativas figuras da Generación del 27 e nunha das grandes expoñentes internacionais do surrealismo figurativo, cuxa obra nada ten que envexar á de Tanguy ou Magritte. No entanto, o seu nome aínda é o menos celebrado de todos eles: qui zais porque o mundo de hoxe en día aínda siga a ser demasiado primitivo para a libertaria e transgresora Maruxa Mallo, recordada como a dama impía do surrealismo... Vangardista precoz, comeza a ser coñecida a finais dos anos 20 en Madrid grazas á exposición que Ortega y Gasset lle organiza na sede da Revista de Occidente... Co estouro da Guerra Civil española chega o exilio e a súa etapa expresiva máis complexa e efectiva... Mantivo amizade con filósofos como o xa citado Ortega y Gasset e con outros artistas internacionais da talla de Andy Warhol... Cando volve a España, Madrid recíbea coa indiferenza do esquecemento. https://subastareal.es/blog/maruja-mallo-la-musa-rebelde-de-la-vanguardia-espanola
Maruxa Mallo nas aulas Maruxa Mallo foi, sen dúbida, unha das máis destacadas creadoras do século XX. Nada en Viveiro (Lugo) no ano 1902, pode definirse como unha muller libre, decidida e inqueda, un perfil que batía de fronte coa sociedade restritiva da época. Pola contra, dito contexto social non foi impedimento ningún para que Maruxa perseguise os seus soños e fose leal aos seus ideais de liberdade. Así, contra toda expectativa social, comezou por mudarse a Madrid para estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, mais o estrito sistema da institución acabou por levala a abandonar a súa formación. Atreveuse a saír á rúa sen sombreiro, un xesto de rebeldía que secundaron as chamadas "sen sombreiro", grupo do que ela mesma formaría parte. Finalmente, a Guerra Civil obrigouna a exiliarse, un revés que logrou encaixar e aproveitou para viaxar
e coñecer mundo. Desafortunadamente, os anos de non presenza no panorama cultural nacional levaríana a ter que loitar contra o mal da indiferenza e o esquecemento ao seu retorno á península. Marián Moar / Maruxa Mallo
8M
8M
Encontro con Maruxa Mallo Caracterización de Marián Moar
Maruxa Mallo personificada en Marián
Nunha aula dando a coñecer a súa vida e obra, e posando diante dos carteis publicitarios
8M
IES “Ramón Mª Aller Ulloa” 8 de marzo. Día Internacional da Muller
8M
http://www.eslocotidiano.com/articulo/tachas-351/marjanesatrapi-comic-autobiografico/
Encontro con Marjane Satrapi Caracterización de María Armada
Marjane Satrapi (en persa, ) نپسرماس ناجرم, nada en Rasht (Irán) o 22 de novembro de 1969, é unha escritora e debuxante iraniana en lingua francesa. Filla única dunha familia de Teherán, a súa familia, de talante progresista, mandouna estudar ao Liceo Francés até que foron suprimidos os colexios bilingües polas autoridades islámicas xurdidas a partir da revolución iraniana de 1979. Ela e a súa familia, que simpatizaban coa revolución antes de que adquirise carácter islamista, viviron con dor as restricións das liberdades individuais, a represión, a imposición do veo feminino e o estoupido da guerra Irán-Iraq, que o novo réxime utilizou para se consolidar. En 1984, con 14 anos, os seus pais decidiron enviala a estudar a Viena (Austria), para que puidese completar a súa educación laica e permitir que se desenvolvese nun ambiente menos opresivo ca o do seu país natal. Tras completar os estudos secundarios regresou a Irán para estudar Belas Artes, e ao rematar decidiu marchar a Francia para seguir estudando Artes Decorativas en Estrasburgo. Comezou a traballar en París como ilustradora de literatura infantil. Da man de Christophe Blain e o colectivo L'Association coñeceu o debuxante e guionista David B., que a animou a introducirse no mundo da banda deseñada para narrar os seus recordos da infancia en Irán. A novela gráfica Persépole é unha peza autobiográfica que arranca nos momentos finais do réxime do Xa e que dá conta das dificultades de vivir baixo un estado teocrático, así como das distintas formas de seguir vivindo unha vida laica malia a vixilancia dos gardas da revolución e da veciñanza, oportunamente convertidos a un islamismo máis militante ca o do propio goberno. En 2003 publicou Broderies, unha banda deseñada sobre as mulleres iranianas. Resultou nomeada ao premio ao mellor álbum no Festival de Banda Deseñada de Angoulême de 2004. En 2005 publicou Poulet aux prunes, co que acadaría dito premio na edición de 2006 do festival. https://gl.wikipedia.org/wiki/Marjane_Satrapi
Marjane Satrapi nas aulas Na charla co alumnado, na aula, pretendeuse explicar a vida da autora iraniana, Marjane Satrapi. Para iso, usouse como fío condutor unha selección de 11 viñetas do seu primeiro libro, Persépole. Ditas viñetas foron distribuídas entre o alumnado. Establecendo, grazas ás mesmas, un diálogo entre a profesora
(actuando como Marjane) e o alumnado. A través das viñetas reflexionamos sobre: A imposición do pano como elemento obrigatorio na vida pública, a partir de 1979 en Irán. As diferenzas entre a monarquía e posterior República Islámica. As protestas públicas a ambas institución e as represalias políticas das mesmas. A guerra Irán - Iraq e o terrible xeito de recrutar soldados. A importancia que os pais de Marjane deron á súa educación e á súa época como estudante de secundaria en Viena.
A volta da protagonista a Teherán para estudar Belas Artes. O fracaso do seu primeiro matrimonio. Tamén se reflexionou co alumnado sobre a idade legal para casar en Irán. Concluíse a charla citando o seu labor como directora e os premios outorgados á mesma polo filme de animación baseado en Persépole. María Armada / Marjane Satrapi
8M
8M
Encontro con Marjane Satrapi Caracterización de María Armada
Realmente María é Marjane Satrapi
Na aula falando da súa vida reflectida en "Persépole"
13 mulleres que escribiron a historia en feminino. 13 mulleres con coraxe
13 mulleres que escribiron a historia en feminino. 13 mulleres con coraxe
Maquetación: Xosé Payo Biblioteca Mario Pereira IES Ramón Mª Aller Ulloa Lalín, marzo de 2021
IES Ramón Mª Aller Ulloa