Contos con xeito

Page 1

Contos con xeito

1


IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 2º ESO C (Desdobre). Curso 2015-2016 Edita: Departamento de Lingua Galega 2


ÍNDICE: 1.

A nena desaparecida. Texto e ilustración, Miriam García García

2.

A vila encantada. Texto e ilustración, Lucía Gil Fernández

3.

O Nubeiro. Texto, Rodrigo Gómez González.

4.

O tardo de pedra. Texto e ilustracións, Noelia González Jacobo.

5.

O bosque e a rapaza de pedra. Texto e ilustracións, Laura López González.

6.

Papón e Pedro Chosco. Texto e ilustracións, Alba Mariño Baca.

7.

O leite matador. Texto, Antía Paz Iglesias.

8.

Alfredo e o vampiro. Texto e ilustración, Xabier Sanmartín González.

9.

Paco e a súa lavandeira. Texto, Alejandro Torreiro Iglesias.

10. Mala sorte! Texto e ilustracións, David Varela Alonso.

3


4


A nena desaparecida Esta historia ocorreu nun tempo de cando os nenos axudaban nos labores do campo. Unha nena chamada Inés, estaba traballando nunha pequena leira penetrada no monte lonxe da aldea, cando o tempo lle pasou tan rápido que nun chiscar de ollos xa se fixera de noite, entón decidiu emprender o camiño para a súa casa. Despois de andar un bo cacho sentiu que cada vez se lle ía producindo unha negrura e que case non vía o chan, pero decidiu seguir; mais oíu uns alaridos de dor, asustada, comezou a correr de tal maneira que non viu o solo!!! De súpeto, ante os seus ollos viu unha sombra que se lle achegaba, semellaba unha silueta de muller (era unha meiga!) que lle comezou a dicir: “vente comigo, que xa se fixo noite”.

Daquela

a

nena

marchou

enfeitizada por aquela muller máxica. Ao día seguinte, non había novas da nena e na leira só quedaba tirada a sacha e o fouciño. Pouco tempo despois foron desaparecendo outros nenos sen saber as causas nese mesmo monte ata que ao final ninguén quería internarse naquel lugar cheo de segredos, pesadelos e estrañas voces. Miriam García García

5


A vila encantada Foi unha noite de verán cando todo comezou. Debeu ser o 31 de xuño. Os veciños dfa pequena vila non durmían desde había xa varias noites, debido á calor e ao ruído dos lobishomes que cada noite ouveaban nos outeiros, no medio do monte. Os habitantes da vila non tiñan medo porque estaban protexidos grazas a unha forte muralla, pero ninguén podía saír a partir das once. O caso é que os veciños, cansos de non poder durmir, colleron uns monllos de toxos e estendéronos por

todo

o

monte.

Logo,

cando

comezou a anoitecer, prendéronlle lume e marcharon para as súas casas coa seguranza de que non os volverían molestar. No monte escotábanse uns berros estarrecedores, eran os lobishomes que sufrían unha lenta e dolorosa morte. Contra as doce da noite a xente marchou durmir despois de comer e beber na festa que se celebrara co gallo da morte dos lobishomes. De súpeto, arredor das casas, sentiron unhas pisadas. Todo o mundo se levantou e correu a mirar o que pasaba. A vila enteira estaba a arder ! Os lobishomes andaban polo medio incendiando as casas. Só se soubo que os nenos fuxiran, mentres os maiores morreron abrasados en parte por crer que poderían matar a tales seres mitolóxicos. Conta a lenda que cada 31 de xuño podes ver os habitantes da vila camiñando en fileira polo medio do monte seguidos polos grandes e fortes lobishomes. Lucía Gil Fernández

6


O Nubeiro Ía un elfo moi novo camiñando polos bosques de setas de Fisterra, tranquilo, agochándose en cadansúa cova que encontraba. -Vaia, este bosque é moi curioso. Gustaríame exploralo máis a fondo –dixo para si. Daquela cheo de curiosidade quixo ver todo o que había dentro da cada unhas das covas. De súpeto sentiu un fortísimo tirón na súa perna dereita que o fixo berrar con todas as súas forzas, -Aaaahhh!!! O feito provocoulle unha caída brutal ficando tendido no chan case sen abrir os ollos, mais o pouco que vía foille suficiente para observar un personaxe sinistro, que lle dixo: -Son o Nubeiro.´Devólvemo!!! Dixo. O que? - Preguntou o elfo. -O anel. -Que anel? -O que me roubaches. (Tempo atrás, o elfo encontrara un anel no bosque). -Fundino e destruíno –dixo o elfo. -Pois vas pagar por iso. Así unha maldición caeu sobre o elfo que acabou morrendo. Rodrigo Gómez González

7


O tardo de pedra Érase unha vez un pequeno Tardo que vivía debaixo dunha pedra, e debido á situación da súa casa, pasoulle por enriba un peculiar descoñecido. Tratábase dun enorme can negro, con cornos e orellas moi longas. O pequeno Tardo tratou de apartalo, pero polo seu diminuto tamaño, non tivo éxito. Cando o grande animal se deu conta dese pequeno, púxose moi ledo xa que ese pequeniño era moi bo alimento. Fixo o intento de collelo, pero non o conseguiu, debido a que o tardo ao ver aquelas enormes mans, volveuse mergullar na súa pedra con maior éxito que a vez anterior. Mais o feroz animal xa coñecía eses pequenos trucos dos seus alimentos, polo que se propuxo facer algo. Coas cadeas que levaba colgadas construíu unha chave axeitada para abrir a porta do seu inimigo e ,con moita máis sorte, conseguino. Polo tamaño que tiña non cabía pola porta, polo que meteu a man ata atopar o que buscaba e despois dun bo anaco conseguiu coller o pequeno tardo. Logo de telo xa amarrado, o grande Urco preparou un amplo pote para cociñar a súa presa, e despois poder comela. Cando pasaron uns quince minutos, quitouno do pote e para

a

súa

gran

sorpresa

o

tardo

estaba

perfectamente ben. Este dou un chimpo e regresou ao seu fogar. Noelia González Jacobo

8


O bosque e a rapaza de pedra Érase unha vez unha meniña orfa de pai e nai. Esta meniña vivía soa nunha cabana no frondoso bosque dunha pequena aldea. Aos seus veciños non lles gustaba que ela vivira soa e sempre se inventaban que por aquel bosque había algún ser estraño, máis a rapaza nunca lles facía caso. Un día cando Ledicia (que así se chamaba a rapaza) ía ao río lavar a roupa, viu algo que lle chamou a atención e decatouse de que era un basilisco, un ser moi horrendo e malo que tiña o poder da petrificación. Ledicia achegouse e, cando o ser a viu, botou a voar cara a ela e tocouna (este ser se toca algo convérteo en pedra), ficando esta petrificada. A seguir o basilisco marchou. Días despois do sucedido, apareceu polo río unha serea moi guapa, loura e cos ollos azuis coma a auga, que cos seus poderes liberou a Ledicia. Esta quedoulle moi agradecida e prometeulle que todos os días lle levaría algo para comer. Ledicia nunca lles contou nada disto aos seus veciños xa que os vía moi pouco. A partir daquel día Ledicia contou co apoio da serea, que sempre a defendeu do basilisco. Laura López González

9


Papón e Pedro Chosco Papón é un coco ao que lle gusta moito asustar a nenos e nenas. É xigante e de cor verde. Papón é o encargado de comer a aqueles nenos que non queren durmir. Un día, xa cerca da noitiña, achegouse a min e díxome: - Pedro Chosco! Aloumiñando a todos os rapaces, eu quedo sen comer! - Pois aliméntate de vexetais ou froitas – díxenlle eu. - Pero que dis! Estás tolo? – contestou Papón -. Como me vou alimentar desa porcallada podendo comer carne! - Non é necesario que comas rapaces, hai carne de porco, de vaca, de coello etc. - Ben sabes que eu teño prohibido comer desas carnes. - Ben, pois eu propóñoche un trato. Se me prometes que nunca máis volverás comer rapaces, eu proporciónoche alimentos e non llo digo a ninguén. Papón aceptou o trato. Cada mes Pedro Chosco leváballe carne á súa casa e Papón non volveu comer rapaces, pero si que os asustaba, era o seu traballo, e o de Pedro Chosco acalmar a aqueles nenos e nenas que non durmían. Alba Mariño Baca

10


O leite matador Érase una vez unha meiga de Brántega que, grazas aos seus poderes, guindou a uns rapaces por un barranco. Deseguido, había unha cobra do Picadeiro de Morás que matou o seu dono. Un día atopáronse a meiga de Brántega e a cobra do Picadeiro de Morás e comezou entre eles unha conversa! Ola, famosa cobra, acompañaríasme a comprar un pouco de leite para levarlles aos meus fillos? Ti estás tola, eu non sei nada do tema de leites! Daquela, a cabra botóuselle ao pescozo á meiga e afogouna. A cobra arrepentiuse. Deuse de conta de que non fixera o correcto e entón foise vivir cos fillos da meiga e coidounos coma se foran seus. Antía Paz Iglesias

11


Alfredo e o vampiro Había unha vez un rapaz chamado Roberto, que tiña 14 anos. Un día marchando para a casa co seu mellor amigo, Alfredo, seguiu o camiño de sempre, pero Alfredo non, meténdose por un atallo, mais na boqueira do atallo estaba agradando un vampiro, que o matou e lle chuchou o sangue, collendo o cadáver o non sabéndose o que fixo co mesmo. Como Alfredo non chegaba á casa, a nai deste avisou á garda civil, que se

puxo

na

súa

busca.

Na

tarefa

participaron os mellores gardas civís do corpo e así tras días e días de busca, un deles entrou nunha casa abandonada, na cal debaixo dunha cama atopou catro cadáveres, e un deles era o de Alfredo. Os catro presentaban algo moi peculiar que era o feito de os cadáveres ter unhas pequenas marcas no pescozo de vampiro! Desde aquel día comezou a busca do vampiro, que logo atoparon, e seguindo a lenda craváronlle unha estaca no corazón, para matalo. Xabier Sanmartín González

12


Paco e a súa lavandeira Era unha vez un neno chamado Paco, ao que lle morrera a nai cando este nacera. E cando tiña 10 anos, preguntoulle a seu pai: - Papá, todos os meus amigos teñen nai, porque eu non? - A túa nai …- dixo pensando en que resposta lle daría, entón recordou que dicían que as nais que morren no parto venas nos ríos lavando as sabas de sangue - é lavandeira, e traballa moito, así que está fóra do país. - E por que non vén nunca? - Volve preguntar. - Porque senón despediríana. E vaite xa á cama! Para que veña Papá Noel. Entón foise á cama, pero pola ventá viu unha luz e entón saíu sen que o pai o vira. Correu todo o que puido ata chegar a un río no que viu unha muller lavando unha saba do que cría que era salsa de tomate. Entón a muller, que levaba só unha bata branca, xirouse e viuno. - Filliño, canto creciches! - Exclamou a muller. - Eu non son seu fillo, miña nai está traballando de lavandeira. –Dixo rapidamente -. - Es, es; non ves as sabas?- Dixo– . Anda ven a darme unha aperta filliño. Entón Paco tentou irse, pero a muller colleuno decontado e tirouno ao río. Paco puido abrir os ollos e viu un grupo de xancios, que nadaron rapidamente cara a el, cando chegaron furáronlle a barriga e comezaron a comerlle as tripas e todo o que encontraron ata que morreu. Alejandro Torreiro Iglesias

13


Mala sorte! Érase unha vez un trasno e o home do saco. Atopáranse de noite, o trasno era pequeno e agudo, mentres que o home do saco era grande, forte e torpe. Ocorréuselles ir roubar ás casas xuntos, o trasno roubaría comida e o home do saco nenos. Pois así foi. Atoparon unha casa de cores e randeeiras e diversas cousas de entretemento para nenos, o que supoñía que alí os habería. Entraron pola ventá do piso de abaixo e cada un foi polo seu lado. O trasno foi á cociña e veu unha cunca con arroz e comezou a contar grans, pero só sabía contar ata dez. O home do saco foi arriba e dispúxose a buscar nenos, pero non había. Ninguén atopara o que buscaran, parecía unha trampa, e así era, o demo sacounos da casa a patadas e díxolles: -Non vos fiedes polas aparencias. Esa era a casa do demo! David Varela Alonso

14


Xaneiro-2016 IES Ramón María Aller Ulloa 2º ESO C (desdobre 2) Coordinador: Xosé Payo

15


16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.