IES “Ramón Mª Aller Ulloa” 4 de Outubro de 2017
DÍA DA CIENCIA EN GALICIA
Naceu en 1845 en Lerma ( Burgos). Aos 15 anos ingresou na Compañía de Xesús, onde se formou en Filosofía, Humanidades e Retórica e acabou por ordenarse como sacerdote. Foi profesor na Habana, Estados Unidos e Puerto Rico. De volta a España, exerce o seu labor docente no colexio de Camposancos en A Guarda e no Seminario, impartindo clase a Don Ramón Mª Aller. Foi director do observatorio meteorolóxico de Camposancos entre 1887 e 1905. Entre 1900 e 1910 foi deixando a actividade docente e dedicouse á preparación da que sería a obra culminante da súa vida, a Flora de Galicia, publicada entre 1905 e 1909. Viaxou por toda a xeografía galega e foron poucos os lugares que deixou sen visitar. Dende a serra do Caurel ao Ribeiro, das illas Cíes ao litoral de San Cibrao ou dende os picos dos Ancares ao val do Támega percorreu case toda Galicia coa intención de recompilar a maior cantidade posible de plantas. O resultado final é un herbario colosal: Herbario Merino, do que se conservan máis de 16.000 follas e que na actualidade está repartido en catro sedes diferentes. A súa biblioteca de Botánica e Ciencias Naturais achegábase ao milleiro de exemplares, escritos en diversos idiomas. Por desgraza, perdeuse. https://gl.wikipedia.org/wiki/Baltasar_Merino
Merino mantivo contacto con outros naturalistas españois e europeos e incorporouse a entidades importantes como a Real Sociedad Española de Historia Natural ( da que foi membro fundador da sección de Santiago en 1909) e a Academie Internationale de Geographie Botanique, da que foi presidente en 1915. Foi o primeiro español que presidiu esta prestixiosa institución. A súa figura é a dun galego ao revés: naceu en Castela e foi cativado pola natureza galega, á que acabaría dedicando a obra culminante da súa vida. Falece o 3 de xullo de 1917, aos 72 anos. Está enterrado no cemiterio de Pereiró ( Vigo )moi preto das das plantas e flores ás que dedicou boa parte da súa vida http://acienciaengalicia.gciencia.com/
BALTASAR MERINO, BOTÁNICO E METEORÓLOGO