50 anos sen Picasso. Guernica (Visión fauvista e da pop-art e recreación literaria)

Page 1

50

(Visión

anos sen Picasso Guernica

fauvista e da pop-art e recreación literaria)

IES Ramón Mª Aller Ulloa

50 anos sen Picasso Guernica

(Visión fauvista e da pop-art e recreación literaria)

Índice de autoras e autores:

Guernica. Recreación literaria (1º Bacharelato C):

1. Noelia Bernárdez Diéguez

2. Martina Carral Ares

3. Jorge Conde Muiños

4. Carla Fernández Alvarellos

5. Alba Froiz Sampayo

6. Paula Gallego Rivas

7. María García Ramos

8. Belén García Rodríguez

9. Mauro González González

10. Lucía Gutiérrez Louzao

11. Antía Iglesias Trioteiro

12. Noelia Iglesias Vázquez

13. Noela Mato López

14. Sheila Nieto Cuñarro

15. Cora Pereira Seda

16. Zahra Rahhou

17. Antón Vilariño López

18. Juan Ramón Villar Fernández

Coordinación literaria:

Uxía Nogueira

Guernica: Visión fauvista e da pop-art (2º Bac. de Artes):

Sara Rodríguez López

Nuria Pérez Rodríguez

Paula Méndez Vila

Coordinación artística:

Mari Carmen Ruzo

50 anos sen Picasso

Autorretrato. Pablo Picasso. 1907. Óleo sobre lenzo. https://www.slobidka.com/pablo-picasso/110-picassoautorretrato.html

50 anos sen Picasso, actividade interdisciplinar desenvolvida polo alumnado de 2º do Bacharelato de Artes e de 1º do Bacharelato C, coordinado polas súas profesoras Mari Carmen Ruzo e Uxía Nogueira, respectivamente, tivo como obxectivo lembrar a figura de Pablo Picasso, ao conmemorarse o 50 cabodano do seu pasamento.

A actividade 50 anos sen Picasso desenvolveuse ao longo de tres fases:

Na primeira fase, as alumnas do 2º curso do Bacharelato de Artes, coordinadas pola súa profesora Mari Carmen Ruzo, déronlle cor ao Guernica, co obxectivo, en palabras da profesora de “facer unha interpretación a cor do cadro, tomando referencias do fauvismo e da pop-art, achegándonos á estética do cómic. Para iso, representamos en tons cálidos as figuras humanas e en tons fríos os animais. Todo isto coa intención de salientar todos e cada un dos elementos da obra orixinal, que, ao estar completamente en branco e negro, moitas veces pasan desapercibidos, como acontece por exemplo co paxaro, que na obra orixinal apenas chama a atención”.

Na segunda fase, o alumnado de 1º do Bacharelato C, coordinado pola súa profesora Uxía Nogueira, “inspirouse no cadro, a cor, para dar lugar á súa propia creación literaria (atendendo aos Criterios de Avaliación previstos no Currículo) e compartíndoa a posteriori co grupo-clase, unha vez revisada e corrixida pola docente, a través da Ferramenta Drive (CA 3.8 e 4.3); para deseguido, os relatos, poemas e textos teatrais creados polo alumnado seren colocados arredor da obra recreada polas alumnas de Artes, para que a comunidade educativa os puidese ler tendo ao seu carón o Guernica a cor como referente, exposto no vestíbulo do instituto.

Na terceira fase, púxoselle o ramo á actividade coa publicación do libro colectivo, que tes entre as mans, e que tamén se pode ver e ler no blog da Biblioteca, A Marela Tarabela..

Guernica

(Visión fauvista e da pop-art)

Imaxes do traballo de coloración do Guernica:

Guernica. Visión fauvista e da pop-art: Guernica (Pablo Picasso): https://www.museoreinasofia.es/coleccion/obra/guernica

Guernica (Recreación literaria)

O medo

O medo, un sentimento horrendo que só se observa sentíndoo. Iso me inspira este cadro, que semella unha guerra nun prado.

Os rostros da xente berrando, non os dou asimilado.

A guerra ten moitas consecuencias, e esta é unha delas.

Os personaxes berrando e moitos afogando. Animais feridos, asustados e fundidos.

A guerra é horrible

e apaga a vida coma se fose un fusible.

É o peor pesadelo do ser humano, que, por desgraza, segue pasando.

Sensacións

Outras sensacións son transmitidas ao ver o cadro en cor, xa non a angustia que pretendía o autor.

A dor producida pola guerra, destruíndo a querida terra, a nosa bonita cidade agora semella soidade.

As mulleres, os rapaces e os animais sofren os duros sinais desta guerra que non ten bonito final.

A nosa Gernika queda desolada, os nosos corazóns rotos, a vida queda parada, por culpa dos inimigos tolos.

Martina Carral Ares

Atrapado

Todo estaba en chamas, as cinzas cubrían as rúas e imposibilitaban calquera visión dos cidadáns. Iago quedara atrapado entre os entullos dun dos edificios demolidos polas bombas lanzadas antes deste caos.

O rapaz atopábase entristecido, mais tamén tiña unha sensación de dor e ira que percorría as súas entrañas.

Tras un tempo, as cinzas esparexéronse permitindo a Iago observar o caos da cidade; toda a poboación supervivente fuxía e gritaba espavorecida; os que aínda non estaban mortos, pronto falecerían, xa que as chamas estaban espallándose chegando a queimar a moitos cidadáns.

Á parte da poboación, os animais tamén se encontraron no tumulto, creando confusión e esmagando a xente que se atopaba nos arredores do escenario que Iago era capaz de presenciar dende abaixo dos restos da cidade.

Todo estaba acabado, eses eran os principais sentimentos captados no ambiente; non había nada que se puidese facer por salvar a cidade.

1º Premio
Jorge Conde Muiños

Tempos duros

Tempos duros cheos de dor que tristemente ocorren, aínda que agora collen algo de cor e no recordo non morren.

A cidade de Gernika destruída xa non volverá ser a mesma, a alegría queda prohibida e esta queda na fiestra.

Mulleres e nenos desolados, animais e luces deformadas que deixan os corazóns apagados e as esperanzas esgotadas.

1º Premio
Carla Fernández Alvarellos

Eran as catro da tarde

Eran as catro da tarde, os touros e cabalos fuxitivos das granxas destruídas por mor das bombas daban o sinal de que a guerra en Gernika aínda continuaba vixente. O sol raiaba e ía calor, semellaba unha tranquila tarde de primavera, mais non a era.

Pablo observaba a situación que o rodeaba, unha marea de xente asustada corría por salvar as súas vidas, outra, lamentaba a perda dalgún familiar.

Todos se preguntaban como puideron chegar ata aquel punto, e como nunha sociedade que buscaba a paz e a cordialidade, gobernaba a destrución e a maldade, tan só polas diferenzas políticas que tiñan lugar entre eles.

Tardecruel

Era unha fría e cruel tarde de inverno, a poboación estaba totalmente asustada, a cidade de Gernika ía ser destruída, a xente non se atrevía a saír á rúa polo gran medo que lle tiñan aos bombardeos e ao que lle puidese acontecer, a eles e aos seus seres queridos.

Ás nove da mañá do día seguinte a cidade espertaba entre gritos e choros. Todos estaban totalmente desolados, os mesmos culpables dos bombardeos foron os encargados de realizar unha revisión por todas as casas da cidade. A unhas persoas sen ningunha piedade, todo lles daba igual, ver xente deformada, bebés e animais mortos.

Sangue Cando todo o mundo pensa ter acadado esa paz tan desexada, un estoupido entra pola porta principal, decidido a cumprir a súa simple, pero tráxica misión. Non se trata da máis importante, pero quizais, só quizais, esta última non tivese existido sen a presenza da primeira.

O estoupido non chega de xeito vago, senón que trae no seu peto tanta enerxía que todo o que se lle achega queda derrubado.

Choros, berros, fume,... SANGUE.

E, nun intre, faise o silencio.

Xa non queda nada máis que ver aquí.

O estoupido

De súpeto, todo era caos. Berros agonizantes de dor e angustia que parecían deixar a un xordo. Quen o diría? Ata aquel preciso instante, naquel lugar sempre reinara a paz, a xente de sempre vivindo as súas vidas. Pero o estoupido das bombas deixara saír os animais que habitaban no interior de cada un.

Todos corrían cara aos refuxios debaixo das casas, algúns xa sen roupa, como auténticas bestas. O que chamaba a atención era ver a nais espidas cargando os seus fillos sen vida nos brazos, tratando de aleitalos para devolvérllela. Algúns homes soltaban todo tipo de palabras malsoantes, coma touros descontrolados, culpando a sabe Deus quen. Outros quitábanse a vida a eles mesmos ou aos demais, e do seu sangue medraban flores. Ninguén pode coñecer o tempo que levaban agardando para facer isto, pero unha guerra era a escusa perfecta. Había luz, pero ningún deles vía. Visións nubradas, que no seu momento recollían futuros cheos de esperanza.

Que sería do pobo? Que sería da xente que antes era xente e agora demos? A guerra só traía desgrazas pero, neste caso, servía para algo máis. Os monstros saíran á luz. A verdade de cada un, agora, era visible. Acababan de coñecerse os uns aos outros.

Belén García Rodríguez

Devastación

Unha devastadora guerra que fai que persoas que non se coñecen se maten friamente e esnaquicen fogares e familias.

Persoas gritando, agonizando, vendo xente ferida ou sen vida nas rúas polas que pasaban todos os días cos seus fillos, amigos ou pais. Un único obxectivo: salvarse e matar a todos os que non son do seu bando.

Todos os seres vivos saen prexudicados na guerra. A xente aférrase ferida aos cabalos para que os leven fóra da zona onde estoupan as bombas.

Mauro González González

Nada tiña sentido

Tan pronto como espertei dese soño que me deixou tan confusa, non me sentía eu, todo era moi estraño: nada tiña sentido, nada era igual, todo o que coñeciamos como sociedade non existía. Todos convertidos en animais salvaxes; berrando, pelexando e incluso chegando a comerse. As normas, leis e todo aquilo que mantiña en orde a comunidade social xa non exercían ningún labor.

Trato de buscarlle un sentido a tal soño, tan desconcertante: as caras desfeitas, coitelos cravados, brazos arrincados e desmembrados. Xa non había diálogo, nin razón, só sangue, gritos e morte.

Que razón tería a miña conciencia para crear esa escena durante o meu descanso?

De súpeto a bomba

Personaxes:

MAITE, señora. VICENCIO, señor.

AMELE e ARGI, asistentas.

ANDONI e ASIER, fillos.

Cidade de Gernika, 26 de abril de 1937. Os primeiros raios de sol asoman nas xanelas da casa dos Aguirre. AMELE chega do mercado, ARGI plana patacas.

AMELE: (Dirixíndose a ARGI) Hoxe de xantar toca bacallau, que o tiñan de oferta. (Mentres garda a compra) Ai, se soubeses como está a economía desta casa! Vou ter que empeñar o mandil para mercar un mísero pexego!

ARGI: A débeda é tan grande que aínda han ter que vender a casa. E que será de nós?

AMELE: Escoitei rumores de que os Sagasti están buscando persoal para o servizo, ao mellor aínda nos collen. Disto nin unha palabra!

Entra en escena VICENCIO.

Emocionado busca as serventes, que o reciben no salón.

VICENCIO: Amele, ergueuse xa a señora? Teño unha moi boa noticia que debe saber xa mesmo.

AMELE: Eu veño da praza. Sabía que está todo carísimo? A duras penas me chega o diñeiro para facer a compra .

ARGI: Non señor, a señora aínda dorme e os nenos tamén.

Preto do mediodía aparece MAITE, acompañada dos rapaces.

AMELE e ARGI: Bos días señora, desexa tomar algo?

MAITE: Preparádelle o xantar aos nenos e que o tomen no comedor, grazas.

AMELE e ARGI: (Dirixíndose á cociña) Agora mesmo.

VICENCIO: Miña Maite querida, non sabes o que me aconteceu … non, o que nos aconteceu!

MAITE: Por que tan sobresaltado? Non me deas desgustos, que xa bastante temos con esa débeda pendente. Non nos irán embargar a casa?!

VICENCIO: De onde sacas iso? Para nada, todo o contrario!

Lémbraste da miña tía de Valladolid, aquela que tiña unha casaza enorme? Resulta que faleceu haberá cousa dunhas semanas e deixounos en herdanza a suma correspondente á metade da vivenda, a outra quedoulle a un primo de Logroño e tal…, pero non importan os detalles!

MAITE: Queres dicir que xa non temos que ir pedirlle cartos a meus pais?

VICENCIO: Para nada, somos ricos! E celebrarémolo esta mesma tarde indo de vacacións. Andoni, Asier!

Os nenos veñen correndo, ambos con cadanseu xoguete. A nai abrázaos.

VICENCIO: (Falando nun ton alegre) Ide preparar as maletas, veña!

ASIER está arriba no seu dormitorio, ANDONI xoga na escaleira. Son case as tres da tarde. Escoita algo e asómase

á ventá .

ANDONI: Papá, que é ese ruído? (Alza a vista para contemplar o ceo). Mira, mira! Parece un avión!

MAITE: Vicencio? Acontece algo? Véxoche mala cara.

VICENCIO: (Nervioso e coas mans suorentas) Nada… non pasa nada. Todo está ben. Volvede arriba. E tráeme o meu cabalo, Argi.

A criada achégase á corte, o neno segue a xogar sentado nun chanzo e o matrimonio discute na sala. Os ruídos increméntanse e comezan a aparecer máis avións. De súpeto cae do ceo unha bomba, que destrúe e incendia a casa. Os animáis da corte invaden a sala. MAITE abraza con agarimo o corpo do seu fillo mentres ve o seu marido tendido no chan. As criadas intentan fuxir do lume. Logo dun intre a familia morre en terrible agonía. A cidade está sendo bombardeada.

Antía Iglesias Troiteiro

Un silencio corroe os corazóns de todos, pero por fóra o son mudo convértese en berros, mágoa, desesperación, incerteza... Hai caras de asombro, ninguén entende o que ocorre, ninguén consegue darlle un motivo ao sucedido; só saben que non o merecen. Unha nai non merece chorar co seu fillo morto en brazos; un bo home non merece ter que loitar pola súa vida, para rematar esnaquizado; un animal non merece ouvear sen ser consciente de que a morte agarda abrazalo e levalo con ela, coma unha amiga, por culpa doutra especie; e unha persoa non merece ver esta escena.

Tratan de axudarse entre si, porque o ser humano contradise ás veces. Ao igual que se tenden a man, tamén poden provocar a súa fin.

Os humanos temos ese poder de vivir ou morrer.

1º Premio
Noelia Iglesias Vázquez

Vidas truncadas

O caos invadiu a cidade aquel día de abril, no que o estoupido das bombas desatou o pánico en todos os que se atopaban en Gernika pola mañanciña cedo. As nais berraban os nomes dos fillos, que intres antes estaban xogando á petanca na rúa mentres elas facían un pouco de caldo para comer.

Ninguén sabía como actuar. Que era o correcto? Acaso había algo correcto, ninguén te prepara para saber como reaccionar ante o lanzamento dunhas bombas sobre a túa cidade. Vidas truncadas, por decisións políticas. É xusto?

Acaso a nosa vida se rexe pola xustiza?

Cando se decata, María leva tres horas mirando para o cadro, cre que xa é hora de abandonar a sala e despedirse dun pesadelo que foi realidade para moitos .

Noela Mato López

Caos e desesperación

Nos tempos da Guerra Civil sucedeu unha das moitas catástrofes que sufrimos. O 26 de abril de 1937 a cidade de Gernika foi fortemente bombardeada. Desatouse o caos e a desesperación. Só se escoitaban os berros e o pranto da xente resoar en todos os recunchos do territorio afectado.

Persoas e animais mortos, sentimentos de desolación e visión da fin do mundo moi cerca.

1º Premio

Sentimentos en cachiños

Foi o 26 de abril miña neniña, o 26 de 1937. Nesa data ocorreron cousas que xamais se deben volver repetir.

Ese día comezara como calquera outro, acórdome de que eu fora comprar froita ás aforas. Como me gustaba pasear polas fermosas rúas e delicados sendeiros que facían da xa inexistente nosa cidade un lugar perfecto para crear futuros e soños!.

Naquel entón, aínda tiña alegría e esperanza no meu corazón. Sentimentos que momentos máis tarde se desfixeron en cachiños, no instante no que aquelas esferas de destrución caían do ceo.

Corpos, berros e desesperación asolagaban as rúas de Gernika. Rúas que xamais volveron ser as mesmas que tanta fermosura desprendían e tantas familias esperaban acoller.

Asífilliña miña, así se acabou todo o futuro que lle agardaba

á nosa cidade.

Cora Pereira Seda

Non hai escapatoria

Nunha aula desordenada e destruída, chea de cores e substancias. Todas as caras horrorizadas e desfeitas.

Os lamentos da nai pola perda do seu ser querido. O cabalo que non decide por onde ir e está feito unha ruína. No chan as mans soltas e arrancadas cunha espada rota. Non hai escapatoria. Os animais atrapados tamén, co medo e a curiosidade do que está sucedendo no exterior. A puñada cravada no aterrorizado cabalo. Tanta cor nun momento tan espontáneo que ninguén sabe o que pode suceder despois.

Unha flor de esperanza espera na espada no chan, que non ve nada máis que a morte dunha gran esperanza e un raio de sol nun momento escuro e á vez iluminado.

Zahra Rahhou

Desesperación

A situación que estamos a vivir na miña cidade, Gernika, tras o terrible bombardeo que sufrimos fai 5 días por parte dos nazis, é moi complicada.

O 26 de abril de 1937, o meu fillo e eu estabamos realizando as diferentes tarefas do fogar. Ocupabámonos dos animais e da colleita, mentres que a miña muller e a miña filla estaban a limpar, cando, de súpeto, todo o mundo empezou a gritar e correr aterrado ao ver acercarse eses avións nazis; nese momento empezaron a caer, as bombas, levando a toda a miña familia.

Agora mesmo xa van 5 días nos que só atopei a meu fillo, pero co seu corpo sen vida e desmembrado pola bomba. Isto está a acabar comigo, creo que a mellor situación vai ser rematar con esta desgraciada situación; collendo esa pedra será suficiente se a ato a unha corda. Cando me empecei a atar a corda, acordeime deles e vino claro, e aí foi cando me tirei ao río da cidade para acabar con esta dor. Antón Vilariño

López

Só dor e medo

Aquela habitación sempre fora considerada como algo inhumano, estaba sempre completamente deformada e só podían vela de cerca os científicos que experimentaban con aquelas bestas.

Meu pai foi un dos investigadores xefes naquela operación. Tiña, se non me lembro mal, dous compañeiros e un equipo de case vinte persoas, dos que xa non queda ningún vivo.

Todo aconteceu fai seis anos, meu pai chegara á casa ás tres da mañá, levantoume da cama e levoume case a rastro ao laboratorio. Aínda a día de hoxe non entendo cal foi o motivo polo que o fixo e moito menos polo que me utilizou a min para acabar con estes seres encerrados.

Serían as cinco da mañá do 26 de abril cando me meteu dentro da habitación, todo estaba escuro e frío, isto non era o máis preocupante xa que o peor era que naquel lugar non estaba só, estiven rodeado de seres que semellaban animais ou seres humanos, non falaban, só gritaban de dor e de medo. Ao pasar dez minutos soou unha voz, a do meu pai, este só

Dende que obedecín aquela orde, estou só na habitación, xa non hai gritos, pero tampouco hai vida, non sei onde está meu pai, nin tampouco aqueles seres, só queda un brazo cunha espada partida á metade.

Maquetaxe: Biblioteca Mario Pereira

IES Ramón Mª Aller Ulloa

Lalín, marzo 2023

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.