1 minute read
Breve descrición das actividades desenvolvidas. 28
► Nor mas de uso da Biblioteca
Informamos o alumnado sobre as “Normas de uso da Biblioteca” adaptadas ás restricións derivadas da COVID-19.
Advertisement
► Día Inter nacional da Linguaxe de Signos
Celebramos o Día Internacional da Linguaxe de Signos lembrando o vídeo de Adela Otero (xente de noso) a Cantiga da montaña en lingua de sig nos, nun momento no que o uso das máscaras é unha dificultade engadida para as persoas xordas que non poden ler os nosos labios cando falamos, o que dificulta moito a comunicación.
► Día Europeo das Linguas
As restricións derivadas da COVID-19 non foron un impedimento para conmemorar a efeméride desde as aulas, facendo un percorrido virtual pola paxina oficial do Día europeo das linguas a fin de comentar entre o alumnado os obxectivos de tal celebración, destacando o feito de promover, preservar e potenciar a riqueza da diversidade lingüística e c ultural de Europa.
► Quino : In memóriam
Desde a Biblioteca rendémoslle homenaxe a Quino (Joaquín Salvador Lavado Tejón), o pai dunha das personaxes máis icónicas do mundo do cómic, Mafalda.
► BD no IES Aller Ulloa
Unha vez máis alumnado do noso centro recibiu un recoñecemento pola creativ idade no eido da banda deseñada, neste caso foron Álex Souto Sánchez e Sofía Gil Madriñá n, premiados na 8ª edición do Certame de Banda Deseñada AX1 convocada polo IES Arcebispo Xelmírez de Santiago e a Secre taría Xeral de Política Lingüística, coordinados polo profesorado de Artes Plástic as.
► Día europeo contra a trata de ser es humanos
Conmemoramos o Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos con fins de explotación sexual, tratando de sensibilizar a comunidade escolar, e para iso achegamos datos estatísticos sobre esta terrible lacra socia l.
► Día Mundial da Animación
Arredor do 28 de outubro, Día Mundial da Animación, programamos doce curtas con obras libres de dereitos de exhibición pública ou das que temos dereitos (para ver no Espazo TIC da biblioteca ou nas aulas durante titorías).
► Centenario da revista Nós e da Xeración Nós
Debido ás restricións derivadas da COVID-19, non puidemos conmemorar o Centenario da revista Nós e da Xeración Nós coa exposición interdisciplinar prevista no PLAMBE, no entanto achegamos información sobre o evento a través das aulas e do blog da Biblioteca. Agardamos poder desenvolver plenamente esta actividade o próximo curso.