40 minute read
Avaliación das actividades e do funcionamento dos ser vizos da
► Exposición Proxecto Física Nuclear. ExposiciónHomenaxe a Ana Reboiro
Desde o 27 de outubro ao 9 de novembro no vestíbulo do instituto puidemos desfrutar da exposición "Proxecto Física Nuclear, 75 aniversario de Hiroshima e Nagasaki. Historia, arte, ciencia e literatura". Exposiciónhomenaxe á coordinadora do proxecto, Ana Reboiro.
Advertisement
A exposición e actividades complementares deberían terse celebrado en abril, mais a suspensión da actividade lectiv a presencial debido á COVID-19 pospuxo a mesma. Fixémolo no primeiro trimestre, pero coas restricións derivadas do protocolo anti-covid-19 para o curso actual.
► Día de Xosé Neira Vilas
De novo o noso centro sumouse á iniciativa da Fundación Xosé Neira Vilas de celebrar o 3 de novembro o "Día de Neira Vilas", ao abeiro da conmemoración do seu nacemento; e non está de máis lembrar a Marela dedicada a “Memorias dun neno labrego”, así como o “Encontro con Neira Vilas”, de 23 de abril de 2012.
► Día da ciencia en galego.
Como todos os anos, celebramos o Día da Ciencia en Galego, e con el novembro pasou a ser o Mes da Ciencia en Galego dedicado neste caso a dous científicos, un estranxeiro, Robert Koch, e outro galego, Ernesto Viéitez Cortizo.
Ademais, e aproveitando tal evento lembramos que o 8 de outubro se celebrou o Día da Ciencia en Galic ia, dedicado á figura de Andrés Avelino Comerma y Batalla. A través da web da RAGC facilitamos máis información.
► Trama IRMAU: Clubs de Lectura
Puxemos a andar os Clubs de Lectura da Trama Irmau. A tropa máis nova formou dous grupos diferenciados: Rabo Rizado e ABCD. Os de 1º do Bacharelato formaron o Club de lectura Irmau, así mesmo tamén se formou o Club de lectura do profesorado, E ti que les? Ao mesmo tempo, puxemos a andar o blog Trama Irmau dos Clubs de Lectura.
Logo do aprazamento derivado da COVID-19, demos a coñecer as persoas gañadoras do VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada, que reca eron en Ana Novo Cuñarro en relato curto e Andrea Segade Rozas no apartado de poesía.
A entrega de premios tivo lugar na B ibliote ca, nun sinxelo acto condicionado polas medidas anti-COVID.
► Marelapara A ar te de trobar
Editamos unha nova Guía de lectura, a nº 17, que se corresponde con A Marela Tarabela nº 28, dedicada neste caso á novela de Santiago Lopo A arte de trobar, de lectura obrigatoria en 1º do Bacharelato.
► VIII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato cur to e sketch teatral
Convocamos o VIII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatra l, dirix ido ao alumnado de ensino secundario, ciclos formativos de grao medio e FPB matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
O cartel public itar io foi obra da alumna de 2º do Bacharelato de Artes Sara Capiscol Pérez, gañadora do Concurso de Carteis.
► Premio “Inspiraciencia”
Informamos da boa nova de que o alumno de 1º do Bacharelato Adrián Llinares Juiz foi o gañador do concurso de relatos "Inspiraciencia", organizado polo CSIC, na categoría de 12 a 17 anos co relato "El amor es pura química ... y la familia también".
Alumnado de 4º da ESO B, coordinado pola súa titora, Mª do Carme Frade, realizou un vídeo contra a violencia machista co gallo do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" so o título "A violencia é un virus, vacínate!", con montaxe do alumno Eduardo Roa Ezequiel.
Asemade, desenvolveuse unha actividade consistente en crear unha nube de post-it de cores denunciando a violencia verbal, coa finalidade de reafirmar o lema de Non á Violencia de Xénero.
► Día Mundial da Sida
Ao fío da conmemoración do Día Mundial da Sida, o 1 de decembro, os Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas achegáronnos nun dos paneis do recibidor do centro información sobre o virus da inmunodeficiencia humana, o VIH.
► 3-D. Día Inter nacional das Persoas con
Discapacidade
Ao fío da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o Departamento de Orientación propuxo, durante a hora de titorías, a proxección de curtametraxes sobre o tema a fin de concienciar o alumnado.
► Rexistro 25.500
Adoito celebramos cada 500 rexistros, tal feito que mostra o dinamismo da Bibliote ca por estar constantemente actualizándose e atendendo, sobre todo, as demandas do alumnado. Neste caso, quixemos facer cadrar o número de Rexistro 25.500 co nº 1 dos Cadernos FICBUEU de Severiano Casalderrey, profesor de Música no noso IES, que nos achega unha análise, polo miúdo, d' A
Nouvelle vague a través das súas curtametraxes (1956-65).
► Mención en Galiciencia
Dos proxectos presentados en Galiciencia, un deles foi merecedor dunha Mención. O proxecto "Teiki - Aplicación de pedidos para cafeterías escolares" acadou a "Mejor valoración popular", creación de Andrea Estefanía Solís e Laura Cancela Castro, coordinadas polo seu titor Antonio Javier Lozano Formoso.
► Postais de Nadal
O recibidor do instituto, tendo como fondo as postais participantes, serviu de marco para o acto de entrega de premios ao gañador, Samuel Portas Rocha, e ás tres finalistas do Concurso de Postais de Nadal 2020, Rebeca, Cora e Miriam.
► Cova prehistórica no Instituto
Coordinado pola profesora Alba Payo Froiz, o alumnado de 1º da ESO A, B e D levou a cabo una inmersión no mundo da prehistoria a través da actividade: Mans en positivo / Mans en negativo, impregnando as palmas das mans nas paredes dunha cova prehistórica virtua l.
► „Nós‟, palabra do 2020
Recollemos na Marela a nova de que o emblemático pronome persoal tónico NÓS foi escollido como palabra de noso do ano 2020, sen dúbida toda unha homenaxe á Xeración Nós que cumpre o seu centenario.
► Tex para a Marela BD
Na Marela damos conta na véspera de Reis, de que a Marela BD subiu o último dos sete Texoni que adquir imos para a biblioteca. Unha homenaxe aos fumetti de Bonelli, a gran fábrica de cómic popular da excelente e non moi coñecida produción italiana.
► MSC-2020
En novembro e decembro de 2020 requiríuselle ao alumnado dos diferentes cursos e grupos da ESO, do bacharelato e da FPB a súa opinión sobre a situación sociolingüístic a do centro canto a lingua inicial e habitua l e usos lingüísticos, a través de enquisas de método cuantitativo con preguntas pechadas ou estandarizas. O traballo de campo concretouse no Mapa Sociolingüístico do Centro (MSC-2020) , elaborado polo Equipo de Normalizac ión e Dinamización da Lingua Galega (ENDLG), o Departamento de Galego e a Bibliote ca, coa colaboración da Dirección e do profesorado titor.
► A revista GRIAL en aber to
Na Marela informamos de que coincidindo co 70 aniversario da fundación de Editorial Galaxia, a mesma pon a disposición de todos e de todas en formato PDF, na web da editorial, os 156 primeiros números da revista Grial, correspondendo os 100 primeiros á etapa dirixida por Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego (1963-1988), e os 56 restantes á etapa dirixida por Carlos Casares (1989-2002).
► XIII Olimpíada do Saber
Unha vez máis organizamos a Olimpíada do Saber, na súa decimo terce ira edición.
Participaron trece equipos, dos que catro abandonaron no decorrer da mesma, que se desenvolveu ao longo de catro semanas, resultando gañador o equipo Adiviñadores. O quipo gañador: Adiviñadores
O éxito de partic ipación, fainos concibir esperanzas para o futuro. Trataremos de recuperar o uso dos ordenadores para o concurso unha vez superada a pandemia.
► Día da Ilustración 2021. A emotividade visual das palabras
Para conmemorar o Día da ilustración (o 30 de xaneiro, data que coincide co nacemento de Castelao) o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Artes, baixo a coordinación da profesora María Armada Rodríguez, agasallounos cunha selección de palabras galegas ilustradas que forman unha perfecta simbiose entre significado e estética visual da palabra elix ida. Todo un canto a emotividade das palabras..
► Coa nosa xente
Sección que dedicamos ao que foi alumnado de noso. Neste curso ofrecémoslle ao alumnado a posibilidade de coñecer ao progreso profesional de Alba Rozas coa súa primeira novela, A caída de Guiomar ; de Verónica Ledo Lançao, Natalia González Coego e Rocío Fernández González, galardoadas as dúas primeiras como Empresarias Innovadoras e a terceira no apartado de Mulleres en Movemento, as tres co gallo do 8M; de Carlos García Meixide, quen vén de recibir unha bolsa da Fundación Barrié para estudos de posgrao no estranxeiro; de María Dolores Varela Costa, neurocirurxiá pioneira en España de operar a columna desde o abdome, de María José Rielo Blanco, unha das máis recoñecidas fagotistas de Europa.
► Entroido. Concu rso d e carautas
Malia ás restricións derivadas da COVID-19 celebramos o Concurso, o quinto, e exposición de Carautas de Entroido a cargo do Departamento de Artes Plásticas. As mesmas estiveron expostas nos paneis do vestíbulo do centro.
► Entroido : Habelas hainas!
Malia as restricións derivadas da pandemia, un pouco de Entroido non veu nada mal. Secasí que un grupo de bruxas-meigas se deu cita no instituto na compaña de algún que outro bruxo-meigo, preparadas para a celebración dun aquelarre anti-coronavirus.
► Día da lingua mater na
Suevia, Martín e María coas súas respectivas carautas premiadas
Celebramos o 21 de febreiro o Día da Lingua materna sen Tik-Tok pero coa lembranza de Valentín e Xela Arias, coa achega de Guadi Galego e recordando a quebra da transmisión da lingua galega, animando a superar os prexuízos.
► Día de Rosalía : Compar tindo poemas
Celebramos o Día de Rosalía coa actividade "Poemas para compartir". Que mellor agasallo que un poema de Rosalía!
► 8M. Día Inter nacional da Muller (I)
Conmemoramos o 8 de marzo coas seguintes actividades:
As carteiras e os carteiros antes do reparto
Marela para Senlleirase o 8M
Aproveitando a celebración do 8 de marzo (Día Internacional da Muller), editamos unha nova Guía de lectura, a nº 18, que se corresponde coa Marela nº 29, dedicada neste caso á novela de Antía Yáñez Senlleiras, que o Club de Lectura do Bacharelato leu. 8M : 13 mulleres que escribiron a historia en
feminino
A activ idade, 13 mulleres que escribiron a historia en feminino, consistiu en iren as profesoras caracterizadas polas aulas explicando a figura feminina elixida: Rosie, a Remachadora, Elisa e Marcela, S imone de Beauvoir, Rosalind Franklin, María Blasco, Chimamanda N. Adichie, Cigarreira da Coruña, Teodora I, As dúas Marías, Maruxa Mallo e Marjane Satrapi. Toda unha variedade de perfís cun punto en común, o feito de seren mulleres que se enfrontaron a un mundo radicalmente machista. 8M : Coa nosa xente
Achegamos o éxito persoal da xente de noso, como neste caso Verónica Ledo Lançao, Natalia González Coego e Rocío Fernández González que ao fío das actividades conmemorativas do 8 de marzo, foron galardoadas, Verónica e Natalia no apartado de Empresaria Innovadora e Rocío no de Mulleres en Movemento. Mulleres na historia e BD Elisa e Marcela
Recuperamos material que sobre "Mulleres na historia" elaborou no seu momento alumnado da ESO coordinados polo profesor Santiago Cerviño. Así mesmo, expuxemos as viñetas da novela gráfica “Elisa e Marcela” de Xulia Vicente que o Consello da Cultura Galega ofrece en aberto. Encontro con María Sánchez
Encontro en liña ao fío das actividades organizadas para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, con alumnado de 1º do Bacharelato e 4º da ESO integrante do Club de Lectura. 8M. A historia en feminino. 13 mulleres con
coraxe
Como xa anticipamos antes, o instituto recibiu virtua lmente co gallo do Día Internacional da Muller un grupo de 13 mulleres con coraxe coa idea de fomentar a educación en igualdade de cara á eliminación das diferenzas de xénero. 8M. 13 mulleres que escribiron a historia en feminino.
13 mulleres con coraxe : o libro
O libro "13 mulleres que escribiron a historia en feminino. 13 mulleres con coraxe", resultado da actividade conmemorativa do 8 de marzo supuxo toda unha reportaxe gráfica da actividade.
Bibliotec a Mario Perei ra. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 14
► 8M : Día inter nacional da muller (II)
8M. 13 mulleres con coraxe : o vídeo
Puxémoslle o ramo ao proxecto "13 mulleres que escribiron a historia. 13 mulleres con coraxe", conmemorativo do 8 de marzo, cun vídeo sobre a actividade nas aulas. 8M. Encontro con María González Flores
O ramo á celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, puxémolo cun Encontro coa socióloga e feminista María González Flores, que achegou a alumnado de 1º do Bacharelato o coñecemento dos feminismos dun xeito moi ameno.
► Día Mundial da Poesía
Celebrámolo o Día Mundial da Poesía, lembrando uns versos de Xela Arias do libro Intempériome. Recuperamos ademais a poesía visual Sermos poetas 4, do alumnado de 4º da ESO do curso 2018-19.
► Encontr o co xeógrafo Horacio García
O 23 de marzo tivo lugar un Encontro do alumnado de 1º do
Bacharelato de HMC co xeógrafo Horacio García, que versou sobre "Xeografía, máis que capitais?”
► Biblioteca inclusiva (I)
20.000 leguas de viaxe baixo dos mares foi un agasallo da Asociación Juan XXIII, que fixo doazón á nosa biblioteca de seis exemplares da novela, adaptada para a colección Lectura fácil, dentro do plan Biblioteca inclusiva e do proxecto de Plena inclusión Galicia. Contamos tamén coa colaboración de Misha Bies Golas.
► Día Mundial do Teatro
Conmemoramos o Día Mundial do Teatro, ao abeiro da publicación da banda deseñada “As pombas de Carboeiro” de Inacio e Iván Suárez, con BSO de Benxa Otero e interpretada pola Banda de Lalín, e que reproduce en viñetas a obra que no seu día Fantoches Baj puxo en escena, protagonizada por Inacio e Benxamín Otero. Xa na Marela demos conta da posta en escena da que gozou o noso alumnado.
► Graffiti romanos
Activ idade desenvolvida polo alumnado de 1º da ESO A, B e D; organizada e coordinada pola profesora Alba Payo, que nos achegou ao costume de escribir, raiar, pintar ou debuxar nas paredes dos edificios das rúas.
► Encontr o con Educalecrín
O alumnado da ESO tivo un Encontro con Verónica Ledo Lançao e Natalia González Coego de Educalecrín. As charlas e os obradoiros xiraron arredor do tema "Nova ética ecosocial: Unha educación diferente par a un mundo diferente".
► Día do Libro
A fin de conmemorar o 23A, Día do Libro, desenvolvemos a actividade "A portada son eu / somos nós", coordinada por Luísa Areán e Uxía Nogueira, que uniu lec tura e crea ción artística. A por tada son eu, somos n ós: os pr emios
O xurado do Concurso "A portada son eu, somos nós" acordou por unanimidade outorgar o premio á Portada mellor completada (Quero ser escritor) a Samuel Fernández Fernández (1º da ESO D) e a Portada máis orixinal (Lo que nos contaron) a Giovana de Lara (1º da ESO D). A por tada son eu, somos n ós: a exp osición
No acceso ao vestíbulo puidemos ver a Exposición "A portada son eu, somos nós". A por tada son eu, somos n ós: o libro
Editouse o libro "A portada son eu, somos nós", que recolle a activ idade conmemorativa do Día do Libro. Trama Ir mau e o Día do Libro
O Club de Lectura Trama Irmau, so a coordinación de Uxía Nogueira, conmemorou o Día do Libro coa realizac ión dun vídeo que nos amosa unha visión multic ultural do libro, con edición de Severiano Casalderrey.
► Día Mundial da Ar te
Celebramos, ao abeiro da coordinación da profesora María Armada, o Día Mundial da Arte coa proposta ao alumnado do Bacharelato de Artes, da representación dun lugar que para eles significase algo, positivo ou negativo; para posteriormente escanar dita representación e encapsulala nun cubo. Lugares cubofoi o resultado.
► Encontr o con Mario Pereira
Encontro con Mario Pereira dos Clubs de lectura de 1º da ESO ABCD e Rabo Rizado arredor de "Contos para Manuela", quen lles falou de como xurdiron os mesmos, da súa experiencia como docente e do seu facer literar io.
► Odisea 2021
O alumno de 2º do Bacharelato C, Melvin Ibarra Soto logrou o subcampionato no Concurso Odisea 2021.
► Encontr o con Alba Rozas
Encontro coa filóloga e escritora lalinense Alba Rozas ao fío da lectura da súa novela A caída de Guiomar por parte do Club de lectura que amosou moito interese e curiosidade, sobre o libro e sobre a propia autora
► Club de Ciencia
O Club de Ciencia, que botou a andar no 2º trimestre da man de Luís Guitián, Mar Espinosa e Raquel Honrubia, amosounos os obradoiros desenvolvidos: Obradoiro de xabón, Obradoiro de cociña molecular, Obradoiro de identificación de ósos e reconstrución dun esqueleto humano e Obradoiro de elaboración dun ronsel para traballar sobre a densidade.
Bibliotec a Mario Perei ra. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021 - Páx. 16
► Xadrez de alto nivel con David Lariño Nieto, campión de España
Visitou o noso instituto o Gran Mestre de Xadrez David Lariño Nieto, campión de España absoluto na modalidade de clásica e varias veces na modalidade de xadrez rápido. O propósito da visita foi o de compartir experiencia e o de xogar ao longo da mañá unhas partidas simultáneas co alumnado de 1º da ESO que ten como materia optativa Xadrez, ademais de botar unhas partidas de exhibición de xadrez relampo.
► Itinerario da Memoria histórica de Lalín
O alumnado de 4º da ESO B e C participou na actividade "Itinerar io da Memoria histórica de Lalín", percorrido memorialista organizado e coordinado pola profesora Alba
Payo, co obxectivo, sinala, de “espertar a memoria de Lalín a través do nomenclát or das rúas, a simboloxía fala nxista e os ca mbios funcionais de certos edificios con fortes connotac ións históricas ou o seu derrubamento espec ulativ o, coa pretensión de evitar a desmemoria do próximo e ser unha homenaxe ás vítimas da Guerra Civ il e da Ditadura” .
Foron dúas as saídas, das mesmas demos conta a través da correspondente reportaxe gráfica 1 e da reportaxe gráfica 2.
► Biblioteca inclusiva (II)
A profesora de PT, Eva Vázquez, co fin de fomentar a pedagoxía da inclusividade, achegounos unhas viñetas sobre un mozo con TDAH que reflexiona sobre si mesmo, concluíndo que é unha persoa como todas cos seus defectos e as súas virtudes.
► (re)Encon tro con Ad ela Otero
O luns 24 tivo lugar un Encontro con Adela Otero, máis ben
Reencontro, pois Adela é xente de noso do alumnado de 1º do
Bacharelato de Artes, sobre A viaxe do audiovisual.
► II Concurso Ilu stración Científica
Convocado polos departamentos de Bioloxía e Debuxo do IES Ramón Mª
Aller Ulloa celebrouse o II Concurso Ilustración Científica. O 1º premio do certame foi para Ana Victoria Pérez Vallejos e o 2º para Rebeca Ojea de Pinho, alumnas de 3º da ESO e de 1º do Bacharelato, respectivamente.
►"Iceberg" de Yara Juncal contra a desigualdade e a violencia de xén ero
Alumnado e profesorado de 3ºB, 4ºB e 4ºC asistiu ao espectáculo de danza
“Iceberg”, de Yara Juncal, activ idade promovida pola Deputación dentro do programa Mulleres en Acción: Violencia Zero 2020-2021.
► Pandemias
A Exposición Proxecto Pandemias, inicia tiva interdisciplinar, achegounos información de forma moi atraente sobre o mecanismo de infección do SARS COV2 e as medidas de prevención xerais, das trolas que hai arredor das vacinas, do que as redes socias como Instagram din a respecto das pandemias, das máis sobranceiras pandemias da historia, do reflexo na literatura e da relac ión entre pandemias e arte; co obxectivo de concienciar o alumnado do coñecemento da problemática e de que sexa activo partíc ipe da dinámica solidaria. E co libro Pandemias.
Bibliotec a Mario Perei ra. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021 - Páx. 17
► Día Mundial do Brincar
Conmemoramos o 28 de maio, Día Mundial do Brincar, un dereito establecido na Convención sobre os dereitos das nenas e os nenos, propoñendo media ducia de vellos compañeiros do noso catálogo sobre xogos tradicionais.
► Encontro con Antía Yáñez
Xogos de nenos (1560): Pieter Bruegel, o vello.
O venres, 28, tivo lugar o dobre encontro programado dos Clubs de lectura con Antía Yáñez, ao fío da lectura de Senlleiras por parte dos
Club de Bacharelato e do profesorado e d' O misterio de Portomarín polo Club de 1º e 2º da ESO. En ambos casos o encontro resultou ameno participando activamente os diferentes clubs, sobre todo os máis cativos que amosaron moita complicidade coa escritora.
► Encontro con José Palacios Aguilar
O venres, 28, tivo lugar o programado Encontro co doutor en Educación
Física José Palac ios Aguilar do alumnado de 4º da ESO de Bioloxía. O relatorio-obradoiro serviu para adestrar o alumnado en RCP e primeiros auxilios. Desenvolvéndose as dúas sesións dun xeito áxil e ameno e con total implic ación do alumnado. A organización e coordinación do
Encontro correo a cargo de Raquel Honrubia.
► Cantos do Entroido de Lalín e Romances de cego. Os car teis de cordel
Seguindo o fío da literatura de cordel, dixita lizamos os Carteis de cego que serviron de ilustración aos Cantos do Entroido de Lalín no período que vai de 1985 a 1991.
► Encontro con Marcos Calveiro
O luns, 31 de maio, tivo lugar un Encontro co escritor Marcos Calveiro do alumnado de 1º do Bacharelato A, arredor das novelas Fontán e O xardineiro dos ingle ses, que serviu de ramo ás actividades conmemorativas do 17M. Ao fío do encontro unhas reflexións do alumnado.
► IV Olimpíada Galega de Historia
O equipo A cuádrupla alianz a dos guerreiros de Cristo, coordinado polo profesor
Jorge Cepeda e integrado por Alba Fernández Blanco, Rodrigo
Fernánde z Fernández, Xulia Fer radá s Rodríguez, e Antía Framiñán
López de 4º da ESO chegou a semifinais, acadando un dos diplomas na IV
Olimpíada Galega de Historia. ► Cando nada é o que parece
Cando nada é o que par ece resultou ser unha enxeñosa activ idade organizada e coordinada pola profesora María
Armada e desenvolvida polo alumnado de 2º do Bacharelato de
Artes a partir de intervir nunha zona común do centro creando unha realidade fictic ia que invite a imaxinar unha nova concepción do espazo onde se visualice. O obxectivo de todas estas actividades é integrar artes e letras nas propostas científ icas, como veremos logo no apartado Toc-Toc_A-Ciencia
► Webcómics.
Xa comentamos en memorias anteriores que, na procura de proporcionar materias complementarios e alternativos á nosa comunidade, temos unha activ idade de selección e promoción de webcómics co título xenérico de LiterIatura. Con ela difundimos un tipo de documento atractivo, gratuíto e de gran potencial.
LiterIatura, publicada n’A Marela Tarabela sérvenos para: Presentarmos diversos sitios de cadriños moi interesantes para múltiples activ idades. Mostrármolas a través do tema do libro e a lectura. un tema dos moitos que tratan, pero que é especial para nós.
Ampliando o tema, pero sen variar o propósito iniciamos hai dous cursos a sección CienciAtiras no noso blogue Toc-toc_A Ciencia. Trátanse de tiras ou cadriños no que o tema xira arredor da ciencia e a tecnoloxía.
► VIII Concurso Literario “Mª Vitoria Taboada”
Como xa indicamos con anterioridade, organizamos, xunto ao Departamento de galego e o ENDL, a oitava edición do concurso de poesía, relato e sketch teatra l, de novo ampliándoo ao ámbito autonómico, como homenaxe á nosa compañeira. O cartel public itario foi obra da alumna Sara Capiscol Pérez, gañadora, como xa comentamos, do concurso de carteis.
Os premios do VIII Concurso Mª Vitoria Taboada foron, na categoría de poesía, para Andrea Segade Rozas; na categoría de relato curto, para Ana Novo Cuñarro; cun Accésit para Vicente José Mosquera Valero; ficando deserto o premio de sketch teatral. Os traballos premiados pódense ler, como sempre, n’A Marela Tarabela e serán impresos con ilustracións do alumnado do Bac. de Artes.
A entrega de premios realizouse o 28 de maio nun sinxelo acto (polo protocolo da COVID-19) celebrado na Bibliote ca. Iso si, contamos coa impagable presenza de Antía Yáñez, que fixo entrega dos premios.
► Día das letras galegas.
17M
Conmemoramos o Día das letras galegas lembrando a figura de Xela Arias a través da reprodución dos carteis da exposición “Xela Arias. Asinamos ser libres” no espazo Recanto das Letras Galegas, co Club de Lectura sumándose ao evento e outras recomendacións. Recitando a Xela
Recitando a Xelaé o recoñecemento e a homenaxe que o noso instituto rende a Xela Arias co gallo do Día das Letras Galegas. O vídeo achéganos á dimensión humana e literaria da homenaxeada. A realizac ión contou coa impagable coordinación e asistencia técnica de Carmen, Lara e Uxía. O obxectivo é que Recitando a Xela, edic ión de Severiano Casalderrey, sirva para incrementar a presenza acotío da lingua galega na mocidade.
► Encontros con...
Xa mencionamos, noutros apartados, os encontros con diversos científicos e autores literarios. Nun e noutro caso, resulta unha actividade rendíbel cando se celebra despois dun traballo preparatorio previo. Ese é criterio principal á hora de organizármolos. A seguir uns exemplos:
Yolanda Pazos no Encontro sobre O fitoplancto na nosa vida
Encontro con Juan Casto Rivadulla sobre O mundo na túa cabeza
Álvaro López Valiñas nun momento do relatorio “Microbioloxía e patóxenos”
Encontro co Mario Pereira arredor de Contos para Manuela María González Flores no encontro sobre Feminismos Un momento do Encontro con Horacio García sobre Xeografía, máis que capitais?
Imaxe do Encontro con Educalecrín
Encontro con Adela Otero sobre A viaxe do audiovisual
Imaxe do Encontro con José Palacios Aguilar
Encontro co campión de xadrez de España David Lariño Nieto Encontro co escritor Marcos Calveiro
Encontro coa filóloga e escritora Alba Rozas
Un momento do Encontro con Antía Yáñez
Publicacións, blog s, wiki...
Mantemos a chama da nosa primeira publicación A marela tarabela, como boletín impreso. Este ano, recolleu, como xa vimos, dúas guías de suxestión, A arte de trobar de Santiago Lopo (Guía de lectura nº 17, A Marela Tarabela nº 28); e Senlleiras de Antía Yáñez (Guía de lectur a nº 18, A Marela Tarabela nº 29); ademais a raíz do Encontro con Marcos Calveiro, reimprimimos a guía de lectura O xardineiro dos ingleses.
Así mesmo, como xa demos conta, editamos e presentamos o libro do VII Concurso literario “Mª Vitoria Taboada”. Premios 2020, con ilustrac ións de alumnado de 2º de Bacharelato de Artes.
Exemplos de libros editados:
Proxecto Física Nuclear, 75 aniversario de Hiroshima e Nagasaki. Historia, arte, ciencia e literatura... Mapa Sociolingüístico do Centro (MSC-2020) Día da Ilustración. A emotividade visual das palabras 8M. 13 mulleres que escribiron a historia en feminino... 23-A : Día do Libro. A portada son eu, somos nós Graffiti romanos Día Mundial da Arte. 13-A. Lugares cubo II Concurso Ilustración Científica IES R. Mª Aller Ulloa Pandemias Cantos de Entroido de Lalín e Romances de cego. Os carteis de cordel Cando nada é o que par ece
Exemplos de vídeos editados:
A violencia é un virus, vacínate! 8M. 13 mulleres con coraxe... Día do Libro 2021 Recitando a Xela Lavado de mans axeitado
Seguimos mantendo (e colaborando) con:
A marela tarabela (edición dixital). O noso veterano blog vai collendo novo perfil e adquirindo novas funcións: ora o usamos como lanzadeira de contidos audiovisuais libres de dereitos de exhibición pública, ora ofrecemos repertorios temáticos ou seleccións de materiais.
Ao fío de... , serie compartida co Toc-toc que está dando bos resultados. Solicitámoslle a un alumno ou grupo unha crónica dos Encontros con..., que debe servir de modelo para este tipo de documentos.
A Marela BD. A Marela BD é o catálogo en liña da nosa colección de BD, con máis de mil publicac ións, referidos a máis de mil catrocentos volumes e con arredor de catro mil cen referencias. Comezámolo en abril de 2012 e, este ano, seguimos coa publicación dos fondos de BD.
Toc-toc-A Ciencia. Céntrase fundamentalmente na actividade xerada pola accións acollidas baixo o mesmo nome e procura dar ligazóns aos materiais que imos xerando. Tamén inclúe suxestións de lectura ou recomenda sitios web.
A Gaiola de Faraday. Blog que pretendemos retomar o próximo curso.
Wikirmau. É o wiki de lecturas do centro, deseñado desde o Proxecto Lector.
Youtube do IES Aller Ulloa. O noso espazo para subir vídeos das actividades escolares e extraescolares.
Facebook do IES Aller Ulloa. Rede social coa que compartimos a información recollida nos blogs.
Trama Irmau, blog dos Clubs de lectura.
► Na procura de infor mación
Baixo este apartado incluímos dous clásicos e retomamos outro:
1. Unidade didáctica O libro que buscas.
Renovamos a unidade didáctica. O material empregado pode verse e consultar na nosa Web en Biblioteca/Formación Documental.
Tamén O título que buscas: guía de uso da biblioteca.
2. XIII Olimpíada do saber.
Nun principio estaba previsto
desenvolver integramente en
Moodle a mesma, pero unha serie de atrancos motivou que o evento se realizase de xeito tradic ional, malia a adquisic ión hai xa uns cursos de novos equipos e a mellora no funcionamento da rede.
No entanto, como xa indicamos con anterioridade desenvolveuse con bastante éxito.
3. Concurso de cultura clásica Odisea 2021.
Este curso, como xa comentamos, participou un alumno de 2º de Bacharelato que, coordinado polo profesor Servando Lois, logrou o subcampionato. Agardamos participar de novo o próximo curso.
► Hora de ler.
Desenvolveuse en toda a ESO e FPB, con sesións diarias de 20 minutos.
Mantivemos o modelo de lectura do curso anterior: cada día/semana a sesión de ler vai escalando unha hora no horario. Iso significa que a cada materia lle toca organizar a sesión cada dous meses aproximadamente.
► Clubs de lectura: A Trama IRMAU
A Trama IRMAU (rede de clubs de lectura do noso IES) funcionou nos marcos consolidados en cursos anteriores.
Dado que é obxecto da súa programación e memoria específicas, remitímonos a estas para máis detalles.
► Proxecto lector (PL) e Plan Anual de Lectura (PAL)
Tanto o PL como o PAL poden ser consultados na nosa web.
Toc-toc_ A-Ciencia
Esta nosa actividade chegou ao seu oitavo ano e o resultado segue sendo moi satisfactorio. Neste curso seguimos a propoñer acompañala de máis actividade humanística e artístico literaria . Nese sentido avanzamos correctamente. Proxecto Física Nuc lear, 75 aniversario de Hiroshima e Nagasaki. Historia, arte, ciencia e literatur a, XI Día da Ciencia en Galego, Encontro con Roc Olivé: Ilustrac iencia , Día Mundial da Sida, Galiciencia en liña, 11 F (Encontro con Yolanda Pazos...), 8M (Día Internacional da Muller), Día Internacional de π, Prácticas con bacteriófagos na USC, Encontro con Horacio García, Nova ética ecosocial con Educalecrín, Encontro con Juan Casto Rivadulla e “O mundo na túa cabeza”, Club de Ciencia, Encontro con Álvaro López Valiñas sobre “Microbioloxía e patóxenos”, II Concurso Ilustración Científica , Pandemias... favoreceron esa relación, baixo o lema de: Mundo con-ciencia.
1º trimestre Schrödinger: non era o gato, era a caixa
Unha lúdica reflexión sobre que o animal máis famoso da física sexa o gato de Schrödinger.
Proxecto Física Nuclear. Exposición-homenaxe a Ana Reboiro.
Desde o 27 de outubro ao 9 de novembro no vestíbulo do instituto puidemos gozar da exposición "Proxecto Física
Nuclear, 75 aniversario de Hiroshima e Nagasaki. Historia, arte, ciencia e litera tura" . Exposición-homenaxe á coordinadora do proxecto, Ana Reboiro. Actividade desenvolvida co gallo do 75 aniversario do lanzamento das bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki.Mención á parte merecen os carteis: Bombas sobre Lalín (o que faltaba!).
Con B de Ciencia (9) : Un planeta, un desafío.
A COVID-19 desde o reto sanitario en BD, obra en aberto do Gen Z Group.
XI Día da Ciencia en Galego
Conmemoramos o Día da Ciencia en Galego, e con el o
Mes da Ciencia en Galego. Ao fío de tal conmemoración, o
Instituc ión Galega de Ciencia (Igaciencia ) propuxo dedicarlle dito Mes da Ciencia a dous científicos, un estranxeiro, Robert Koch, e outro galego, Ernesto Viéitez
Cortizo. Ademais, lembramos o Día da Ciencia en Galicia, dedicado á figura de Andrés Avelino Comerma y Batalla.
Encontro con Roc Olivé: Ilustraciencia
O encontro co ilustrador científico Roc Oliv é Pous xirou arredor da importancia da ilustración como medio de divulgación e comunicación das investigacións científicas.
Mágoa que se perderan as fotos.
Premio "Inspiraciencia" do CESIC para Adrián Llinares Juíz
Moito gustamos do éxito do alumno de 1º do Bac. Adrián Llinares Juiz gañador do concurso de relatos "Inspiraciencia", organizado polo CSIC, co relato "El amor es pura química.. . y la familia también".
Toc-toc_ A-Ciencia
1º trimestre (cont.) Día Mundial da sida: o VIH
Ao fío da conmemoración do Día Mundial da Sida, os
Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas achegáronnos información sobre o virus da inmunodeficiencia humana, o VIH. A maiores, a profesora Raquel Honrubia e laborou un mural informativo sobre as fases da enfermidade do VIH e o seu tratamento.
Galiciencia 2020
A edición deste ano de Galiciencia foi en liña. Dentro dos proxectos de Secundaria, o noso centro participou con tres: "Viaxe ao centro dunha folla", "COV-Virtual: la aplicac ión de gestión del COVID-19 en centros educativos" e "Aplica ción para el Control de Casos Covid -19 en los centros escolares (3Covid+)", recibindo este último proxecto de Andrea Estefanía Solís e Laura Cancela Castro unha mención.
2º trimestre 11F: Día Inter nacional da Muller e da Nena na Ciencia
Celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, con diversas actividades coordinadas polo Departamento de Bioloxía: Encontro con Yolanda Pazos. Ao fío da conmemoración do 11F, contamos coa oceanógrafa da USC Yolanda Pazos, que disertou sobre O fitoplancto nosa vida co alumnado de 1º do Bacharelato de Ciencias Mesa redonda organizada polos centros singulares da USC: CiQUS, CIMUS, CiTIUS e IGFAE, coa participac ión de científ icas de distintos ámbitos, que lles falaron ao alumnado do 1º do Bac. de Ciencias das súas experiencias e dos seus traballos de investigación, así como das oportunidades de futuro. A coordinación foi de Natalia Fernández.
“As ciencias esc ríbense en feminino”, xornada divulgativa en liña para conmemorar o
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, organizada polo Concello de Santiago, a través do CEXTEC e Talentia Summit, destinada ao alumnado do STEMBach (1º e 2º). A coordinación foi de
Raque l Honrubia.
Toc-toc_ A-Ciencia
2º trimestre (cont.) Ter mos esenciais de vacinas e termos relacionados coa pandemia da COVID-19.
O Servizo de Normalizac ión Lingüística da USC presentou un vocabulario en liña de rexistros do ámbito dos antíxenos e da inmunización, que complementa o relacionado coa pandemia da COVID-19. información esta moi necesaria para o alumnado e a comunidade educativa , en xeral.
8 de marzo : Día Internacional da Muller
Ao fío da celebración do Día Internacional da Muller, xurdiu por parte dun grupo de profesoras a idea de reivindicar o papel da muller na historia a fin de fomentar a educación en igualdade de cara á eliminación das diferenzas de xénero. O resultado foi 13 mulleres que escribiron a historia en feminino, consistente en iren as profesoras caracterizadas polas aulas explicando a figura feminina elixida. E no ámbito científico foron caracter izadas María Blasco e Rosalind Franklin. 8M. A historia e a ciencia en feminino : Reportaxe gráfica da caracterización de María Blasco e Rosalind
Franklin.
Día Inter nacional de π
Conmemoramos o Día Internacional de π lembrando seis dos grandes matemáticos da historia. Así mesmo recordamos o "Arco da vella de π" e recuperamos os carteis alusivos á Historia do número π.
Prácticas con bacteriófagos na USC
O alumnado do STEMBAC de 2º do Bacharelato realizou na Facultade de Bioloxía da USC unha práctica de laboratorio con bacteriófagos, os virus que infectan bacterias, dirixida polo profesor López Romalde, catedrático de Microbioloxía desta facultade.
Completaron a visita cunha visita ao Museo de Historia
Natural da USC.
Encontro co xeógrafo Horacio García
O xeógrafo Horacio García achegou ao alumnado unha atractiva visión da Xeografía, a partir da pregunta, que é a Xeografía? Durante a exposición, o alumnado puido ver en directo un velocímetro, un higrómetro, un anemómetro e un medidor láser de distancias.
Toc-toc_ A-Ciencia
3º trimestre O Aller revolucionará a electroforese ao optimizar e dixitalizar o proceso.
Recibimos a nova do premio a este proxecto innovador dirixido pola profesora Raquel Honrubia e o profesor Javier Lozano, que incluirá a creac ión dun adaptador e unha aplicación informática.
Encontr o con Educalecrín.
O alumnado da ESO tivo un Encontro con Verónica
Ledo Lançao e Natalia González Coego de
Educalecrín. As charlas e os obradoiros xiraron arredor do tema "Nova ética ecosocial: Unha educación diferente para un mundo diferente" .
Encontr o co neur ocientífico Juan Casto Rivadulla : O mundo na túa cabeza.
Encontro do alumnado de 4º da ESO de Cultura Científica co neurocientífico Juan Casto Rivadulla Férnandez so o lema "O mundo na túa cabeza”.
Club de Ciencia
O Club de Ciencia, que botou a andar no 2º trimestre da man de Luís Guitián, Mar Espinosa e Raquel Honrubia , amosounos os obradoiros desenvolvidos: Obradoiro de xabón, Obradoiro de cociña molecular, Obradoiro de identifica ción de ósos e reconstrución dun esqueleto humano e Obradoiro de elaboración dun ronsel para traballar sobre a densidade.
Encontr o con Ál varo López Valiñas
O alumnado de 1º do Bacharelato tivo un Encontro co biotecnólogo molecular Álvaro López Valiñas. O relatorio levou por título "Microbioloxía e patóxenos", centrándose nas nas grandes pandemias da historia (varíola, peste negra, gripe española), na pandemia actua l SARS-Coronavirus2 e en como evitar as futuras pandemias.
II Concurso Ilu stración Científica
Convocado polos departamentos de Bioloxía e
Debuxo celebrouse o II C oncurso Ilustración
Científica, 2021. O 1º premio do certame foi para
Ana Victoria Pérez Vallejos e o 2º premio para
Rebeca Ojea de Pinho. O xurado destacou a calidade das ilustracións.
Toc-toc_ A-Ciencia
3º trimestre (cont.) Presen tación dos traballos de investigación do STEMBACH
O alumnado de 2º do STEMBACH pú xolle o ramo aos cursos coa presentación dos seus traballos de investigación: Análise bioinformática e secuenciación dun xenoma bacteriano, Determinación concentración mínima inhibitoria de colutorios en cultivos bacterianos e Viaxe ao centro dunha folla.
Galiciencia 2021
Unha vez máis o noso centro presentou proxectos ao certame científico Galicienc ia que se desenvolveu en liña.
Tres foron os proxectos presentados na categoría de
Secundaria: Os riles , máqui nas perfectas, de Aroa
Fernández Fernández e Noa Fernández Iglesias;
Teiki. 2.0. Sistema automatizado de pedidos, de
Laura Cancela Castro e Andrea Estefanía Solís
Iglesias; e Sillu. Sistema de vixilancia para o gando, de Ann Jolie Lourido Pose e Adrian Hermida Rozas.
Encontr o con José Palacios Aguilar.
O alumnado de 4º da ESO de Bioloxía asistiu ao programado Encontro co doutor en Educación Física
José Palacios Aguilar. O relatorio-obradoiro versou sobre RCP e primeiros auxilios. A actividade foi organizada e coordinada pola profesora Raquel
Honrubia.
Pandemias
A Exposición Proxecto Pandemias, achegounos información de forma moi atraente sobre o mecanismo de infección do SARS COV2 e as medidas de prevención xerais, das trolas que hai arredor das vacinas, do que as redes socias din a respecto das pandemias, das máis sobranceiras pandemias da historia, do reflexo na literatur a e da relación entre pandemias e arte; co obxectivo de concienciar o alumnado do coñecemento da problemática e de que sexa activo partícipe da dinámica solidaria. E co libro.
7. Grao de cumprimento d os obxectivos prop ostos
1. Valoración
A biblioteca, coordinada polo profesor José Payo Cangado, desenvolveu con normalidade a súa propia programación e coordinou e colaborou nas diferentes actividades realizadas no centro. De todo isto dáse conta na presente Memoria.
Canto ao horario de apertura, a Bibliote ca estivo aberta durante o horario lectivo da mañá de 8.50 a 14.30, todos os días. No entanto, debido o protocolo anti-COVID-19, no se abriu polas tardes como outros cursos que era atendida por persoal da EOI e do equipo de biblioteca. Isto motivou que os préstamos á EOI se fixesen na propia aula, previa demanda do alumnado. Con todo, memoria tras memoria gústanos subliñar que, malia ir cambiando, o profesorado da EOI sempre presentou unha total integración e implicación no funcionamento da biblioteca, que agardamos se faga de novo efectiva o vindeiro curso. Para isto e toda a xestión de dinamización, este curso o Equipo de Apoio contou con vinte e catro sesións semanais (dezaseis menos que o curso pasado), das que quince corresponden ao responsable, malia que na práctica son moitas máis. Salientar que a maior afluencia á B ibliote ca se produciu nos recreos dos tres primeiros cursos da ESO.
Neste curso o Espazo Multimedia da Biblioteca , de sempre moi empregado polo profesorado e o alumnado, estivo restrinxido debido ás medidas contra a COVID-19.
Por último sinalar que a cantidade de documentos cos que conta a Biblioteca a cada a cifra de 25.987. Este curso, a 3 de xuño, catalogáronse 654 documentos (libros, películas.. .), unha cifre algo inferior á do curso anterior, que no entanto cos fondos aínda sen fichar podemos superar.
Canto aos obxectivos previstos no PLAMBE, os mesmos cumpríronse case na súa totalidade, f ica a lgún proxecto adiado para o próximo curso, caso do Proxecto conmemorativo do Centenario da Xeración Nós, que por falta de espazo e seguindo os protocolos antipandemia acordamos pospoñer, tal e como xa comentamos nesta Memoria No entanto, si se realizaron outros moitos que foron xurdindo ao longo do curso como detallamos nesta Memoria.
2. Táboa de 0 a 5 sobre a valoración da implicación e participación da comunidade educativa (profesorado, alumnado, equipo directivo, familias) nas propostas da biblioteca escolar:
Sector Valoración de menor a maior implicación Alumnado 5
Profesorado 5
Equipo directivo 5
Familias 1
Fica c laro que hai que potenciar unha maior implicación das familias, que este curso deixamos de lado por mor das medidas de prevención da COVID-19.
8. Breve descrición das actividades desenvolvidas
1. Descrición das mesmas
Ao longo desta memoria xa demos conta das actividades desenvolvidas ao abeiro da organización, coordinación e colaboración da Biblioteca. A seguir uns exemplos: