Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021 - Páx. 9
► Exposición Proxecto Física Nuclear. ExposiciónHomenaxe a Ana Reboiro Desde o 27 de outubro ao 9 de novembro no vestíbulo do instituto puidemos desfrutar da exposición "Proxecto Física Nuclear, 75 aniversario de Hiroshima e Nagasaki. Historia, arte, ciencia e literatura". Exposiciónhomenaxe á coordinadora do proxecto, Ana Reboiro. A exposición e actividades complementares deberían terse celebrado en abril, mais a suspensión da actividade lectiva presencial debido á COVID-19 pospuxo a mesma. Fixémolo no primeiro trimestre, pero coas restricións derivadas do protocolo anti-covid-19 para o curso actual.
► Día de Xosé Neira Vilas De novo o noso centro sumouse á iniciativa da Fundación Xosé Neira Vilas de celebrar o 3 de novembro o "Día de Neira Vilas", ao abeiro da conmemoración do seu nacemento; e non está de máis lembrar a Marela dedicada a “Memorias dun neno labrego”, así como o “Encontro con Neira Vilas”, de 23 de abril de 2012.
► Día da ciencia en galego. Como todos os anos, celebramos o Día da Ciencia en Galego, e con el novembro pasou a ser o Mes da Ciencia en Galego dedicado neste caso a dous científicos, un estranxeiro, Robert Koch, e outro galego, Ernesto Viéitez Cortizo. Ademais, e aproveitando tal evento lembramos que o 8 de outubro se celebrou o Día da Ciencia en Galicia, dedicado á figura de Andrés Avelino Comerma y Batalla. A través da web da RAGC facilitamos máis información.
► Trama IRMAU: Clubs de Lectura Puxemos a andar os Clubs de Lectura da Trama Irmau. A tropa máis nova formou dous grupos diferenciados: Rabo Rizado e ABCD. Os de 1º do Bacharelato formaron o Club de lectura Irmau, así mesmo tamén se formou o Club de lectura do profesorado, E ti que les? Ao mesmo tempo, puxemos a andar o blog Trama Irmau dos Clubs de Lectura.
► VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada:
os premios Logo do aprazamento derivado da COVID-19, demos a coñecer as persoas gañadoras do VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada, que recaeron en Ana Novo Cuñarro en relato curto e Andrea Segade Rozas no apartado de poesía. A entrega de premios tivo lugar na Biblioteca, nun sinxelo acto condicionado polas medidas anti-COVID.
► Marela para A arte de trobar Editamos unha nova Guía de lectura, a nº 17, que se corresponde con A Marela Tarabela nº 28, dedicada neste caso á novela de Santiago Lopo A arte de trobar, de lectura obrigatoria en 1º do Bacharelato.