Memoria da Biblioteca escolar Mario Pereira (2020-2021)

Page 1

[Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de Galicia]

MEMORIA DA BIBLIOTECA ESCOLAR MARIO PEREIRA 2020/2021

IES “Ramón María Aller Ulloa” – Lalín



Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 3

Índice

Páx.

1.

Introdución. Necesidades.

4

2.

Catalogación, procesos técnicos...

5

3.

Organización e funcionamento.

5

4.

Orzamento.

6

5.

Préstamos externos.

6

6.

Actividades colaborativas e conmemorativas.

7

7.

Grao de cumprimento dos obxectivos propostos

27

8.

Breve descrición das actividades desenvolvidas.

28

9.

Avaliación das actividades e do funcionamento dos servizos da biblioteca e previsións de futuro.

29


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021 Páx. 4

1. Introdución. Necesidades CONSIDERACIÓNS PREVIAS. Algúns dos proxectos do PLAMBE non puideron ser executados debido ás restricións anti-COVID-19 para as exposicións, o que tamén alterou o funcionamento da Biblioteca. Falabamos os cursos anteriores do feito de aproveitar o material xa confeccionado e empregado. Pois ben, neste curso de novo recuperamos material para as exposicións (axustadas aos protocolos anti-COVID) do “Proxecto Física nuclear”, “8 de marzo: Día Internacional da Muller” ou do “Ano Internacional de π”. Estas experiencias e a acumulada no Toc-toc_A Ciencia serviunos de novo para proxectar e despregar unha amplo abano de actividades, pero tamén para facer un par de reflexións. Unha, que seguiremos a aproveitar cada vez máis o material confeccionado en anos anteriores, o que supón un incremento no aproveitamento de recursos no que teremos que seguir teimando. Outra, no entanto temos a sospeita que a vella tendencia bibliotequeiro da acumulación pode afectar a algunha actividade como estas; é polo que seguiremos a avaliar ese risco. The right way of resistance de Menekse Cam ATENCIÓN (SOCIAL). O alumnado do instituto con seguimento de Servizos Sociais situouse neste curso de novo nunha porcentaxe de arredor do 2%. Iso achéganos con bastante precisión ás dificultades socioeconómicas que atravesan algunhas familias na nosa contorna. A adquisición de libros de texto para prestarmos durante o curso ou o incremento progresivo da demanda dos libros de lectura obrigatoria ou recomendada afectan directamente á biblioteca. En contra de antigos criterios, agora non só dedicamos máis orzamento a estas lecturas, senón que, en canto faltan exemplares, adquirímolos e prestamos na mesma mañá. O recanto do lector este curso estivo pechado debido Neste sentido tamén proseguimos co iniciado xa hai uns cursos, unha ás medidas anti-COVID-19 pequena experiencia: Se o suxires, cómprao. Desenvolvémola cun grupo de alumnado que habitualmente nos facían suxestións e ao que, agora, lle encomendamos que vaia directamente ás librerías coas que traballamos para que collan os libros e os traian. Así non só proporcionamos as lecturas, senón que compartimos a administración de recursos económicos e facilitamos que se acheguen ás librerías e “poidan comprar”. DOTACIÓN. En cursos anteriores, fíxose un notable investimento en mobiliario para o recanto de lector e en dotación informática (compra de lectores electrónicos), material que se puxo a dispor do alumnado e que está a funcionar cada vez mellor. Ademais este curso debido ás medidas preventivas pola COVID-19, no se seguiu coa actualización e mantemento dos ordenadores da biblioteca Os equipos este curso foron trasladados á Aulaa disposición do alumnado. Iso si, a maioría dos obradoiro do Bacharelato de Artes, como prevención. ordenadores da biblioteca, ao no se poder usar, foron trasladados á aula-obradoiro de Artes para que o alumnado puidese empregalos de xeito individualizado nas súas actividades de deseño. A salientar, que aínda segue a haber unha sensible porcentaxe do alumnado que ten acceso á Internet grazas aos medios que lle proporcionamos aquí.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 5

2. Catalogación, procesos técnicos...

654

Hai tempo que o proceso solicitude-adquisición-catologación-préstamo é un documentos dos aspectos de xestión que mellor levamos. O noso punto franco segue a ser a recuperación. Os atrasos de devolución son catalogados no curso 20/21 frecuentes, non conseguimos melloralo e decidimos entendelo como un mal (ata o 3/06) asumíbel. A porcentaxe de documentos sen devolver ata o 3 de xuño sitúase no 13,65%. Sen contarmos os números das revistas, catalogamos no que vai de curso 654 documentos (o ano pasado, a 3 de xuño, foron 791). A diferenza de -137 practicamente vai ser neutralizada no que resta de curso, ao quedar aínda por catalogar bastantes libros que foron doados. Nestas adquisicións, ademais da mencionada atención ás lecturas obrigatorias ou recomendadas, primamos a novela histórica, a divulgación científica (en varios niveis), a narrativa e ensaio feminista (para a nova sección, Feminismo e situación da muller) e o teatro. Lamentablemente non realizamos unha campaña forte de visualización e promoción arredor de todas elas (quédanos pendente), aínda que si na divulgación científica e na narrativa e ensaio feminista, que rexistraron un lixeiro incremento nas propostas e demandas lectoras. Polo demais, como sucedeu nos último curso, procuramos que o numero de volumes retirados da sala fose similar ao de adquisicións.

Impresora.

Hai catro cursos que se levou a cabo a reposición da impresora a color, pois a anterior xa non daba máis de si. Iso supuxo ter que exercer un maior control sobre o uso da mesma, polo alto custe da impresión a color.

Ordenador central e secundario. Hai dous cursos que dotamos a Biblioteca dun ordenador, teclado e pantalla novos que procuramos manter en bo estado, grazas ao apio do profesorado de Informática. No entanto, precisamos cambiar o ordenador secundario que conecta coa pantalla do vestíbulo por antigo.

Novo mobiliario para o espazo da BD. Incorporamos un novo moble ao espazo da banda deseñada para dar cabida ao manga, dada a alta demanda que este tipo de cómic ten entre o alumnado.

3. Organización e funcionamento Equipo de apoio á Biblioteca Mantemos a estabilidade e o funcionamento do Equipo de Apoio dos últimos cursos.

Horario A Biblioteca estivo aberta durante o horario lectivo da mañá de 8.50 a 14.30, todos os días. No entanto, debido á COVID-19, no se abriu polas tardes como outros cursos que era atendida por persoal da EOI e do equipo de biblioteca. Isto motivou que os préstamos á EOI se fixeran na propia aula, previa demanda do alumnado. Con todo, memoria tras memoria gústanos subliñar que, malia ir cambiando, o profesorado da EOI sempre presentou unha total integración e implicación no funcionamento da biblioteca, que agardamos se faga de novo efectiva o vindeiro curso. Para isto e toda a xestión de dinamización, este curso o Equipo de Apoio contou con vinte e catro sesións semanais (dezaseis menos que o curso pasado), das que quince corresponden ao responsable, malia que na práctica son moitas máis.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 6

4. Orzamento A biblioteca dispuxo para o curso (no caso da partida ordinaria do centro, para o ano) do seguinte orzamento:  1.250 € (PLAMBE 2020-2021) Asignación do centro:  4.500 € (Asignación ordinaria do centro)

5. Préstamos externos. 11/12 12/13 13/14 14/15 15/16 16/17 17/18 18/19 19/20 20/21 *

Préstamos Préstamos recuperados

3877

4392

3675

3460

3671

2982

2001

1596

982

1163

Préstamos por recuperar (A) ou para o verán (B)

325

376

363

543

367

202

254

290

398

184

TOTAL

4202

4768

4042

4003

4038

3184

2255

1886

1380

1347

* A 3 de xuño

Como vemos o número de préstamos externos, malia a actividade académica presencial, non se recuperou de todo, quizais debido ás medidas protocolarias de uso da biblioteca pola COVID-19. Por outro lado, o alumnado que máis acode á biblioteca segue a ser o da ESO, mais os últimos cursos, sen ter en conta a COVID-19, está a haber un descenso considerable no número de préstamos. Haberá que analizar os motivos e proceder á súa corrección. Xa o ano pasado, sinalabamos a sensible perda de matricula na ESO, desde que temos estatísticas na Biblioteca; non obstantes estes dous últimos cursos parece que se freou a caída e mesmo se recuperou (2004/05: 414 matriculas; 2009/10: 327 m.; 2015/16: 276 m.; 2016/2017: 280 m.; 2017/2018: 281 m.; 2018/2019: 298 m.; 2019/2020 299 m.; 2020-2021 315 m). Mantense lixeiramente a caída de préstamos entre o profesorado (cremos que polo uso de lectores electrónicos ou outros soportes informáticos ou adquisición). Canto aos préstamos dos DVD, a porcentaxe segue devecendo, tanto nos de ficción como documental: que desde case un 15% (na media da década) descendeu ata un 6,04%, no curso pasado, pasando a case un 1% neste curso, un descenso brusco que amosa a falta de demanda, debido ao uso doutros medios dixitais. . Ano

10/11 11/12* 12/13 13/14 14/15

Número

526

% sobre total

17%

399

404

479

11,7% 9,5%

10%

421

15/16 16/17

236

228

17/18 18/19 19/20 20/21 111

65

73

11,8% 6,8% 7,11% 4,83% 3,41% 6,04%

13 1%

Con altos e baixos a evolución non deixa lugar a dúbida: tal como sucedeu cos CD de música (que case non teñen demanda), o uso do DVD irase extinguindo conforme se vaian implantando outros mecanismos de reprodución audiovisual. Quen leva DVD? Que porcentaxe do grupo anterior non dispón da Internet na casa? Son preguntas nas que, á vista do que sucedeu neste últimos cursos, nos teremos que parar a analizar. Sinalar que hai tres cursos que puxemos en marcha o préstamo do libro dixital que pouco a pouco vai incrementando a súa demanda, mais polo de agora só chega ao 3,57%. Haberá que seguir dándolle máis visibilidade. Por último, sinalar que o total acumulado de documentos sen recuperar, ao longo dos últimos anos, acada a cifra de 294. Haberá que seguir concienciado o alumnado do servizo público que presta a Biblioteca.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021 - Páx. 7

6. Actividades colaborativas e conmemorativas. ►

“Inéditos e outros manuscritos” de D. Ramón Mª Aller.

Logo das actividades conmemorativas do quincuaxésimo cabodano de D. Ramón Mª Aller, e da montaxe hai dous cursos da exposición Inéditos e outros manuscritos de Ramón Mª Aller Ulloa, co gallo da celebración no noso centro do XXXI Congreso ENCIGA, xurdiu a idea de dotar a Biblioteca dunha moblaxe fixa para a exposición permanente dos Manuscritos, e nesas estamos, pois as propostas de deseño víronse interrompidas pola COVID-19. Agardamos dispor da moblaxe á fin deste curso ou a comezos do próximo.

► Mundo con-ciencia.

Con este lema do contedor temático interdisciplinar, mantemos a conmemoración do Día da ciencia en galego, con catro accións:  Día internacional da muller e a nena na ciencia (11F):  Encontro coa oceanógrafa Yolanda Pazos.  Mesa redonda organizada polos centros singulares da USC: CiQUS, CIMUS, CiTIUS e IGFAE.  “As ciencias escríbense en feminino”, xornada divulgativa en liña, a través do CEXTEC e Talentia Summit.  Proxecto Física Nuclear. Exposición-homenaxe a Ana Reboiro Co gallo do 75 aniversario do lanzamento das bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki, a Biblioteca e o Departamento de Física e Química en colaboración interdisciplinar con outros departamentos puxo en marcha o Proxecto Física Nuclear. 75 aniversario de Hiroshima e Nagasaki. Historia, arte, ciencia e literatura.

Un momento do relatorio de Yolanda Pazos

 Día Internacional de Π. Celebramos tal efeméride lembrando seis dos grandes matemáticos da historia. Así mesmo recordamos o "Arco da vella de π", acompañado da exposición conmemorativa do Día de π con carteis alusivos á Historia do número π.  Encontro con Roc Olivé: Ilustraciencia.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021 - Páx. 8

► Normas de uso da Biblioteca Informamos o alumnado sobre as “Normas de uso da Biblioteca” adaptadas ás restricións derivadas da COVID-19.

► Día Internacional da Linguaxe de Signos Celebramos o Día Internacional da Linguaxe de Signos lembrando o vídeo de Adela Otero (xente de noso) a Cantiga da montaña en lingua de signos, nun momento no que o uso das máscaras é unha dificultade engadida para as persoas xordas que non poden ler os nosos labios cando falamos, o que dificulta moito a comunicación.

► Día Europeo das Linguas As restricións derivadas da COVID-19 non foron un impedimento para conmemorar a efeméride desde as aulas, facendo un percorrido virtual pola paxina oficial do Día europeo das linguas a fin de comentar entre o alumnado os obxectivos de tal celebración, destacando o feito de promover, preservar e potenciar a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa.

► Quino : In memóriam Desde a Biblioteca rendémoslle homenaxe a Quino (Joaquín Salvador Lavado Tejón), o pai dunha das personaxes máis icónicas do mundo do cómic, Mafalda.

► BD no IES Aller Ulloa Unha vez máis alumnado do noso centro recibiu un recoñecemento pola creatividade no eido da banda deseñada, neste caso foron Álex Souto Sánchez e Sofía Gil Madriñán, premiados na 8ª edición do Certame de Banda Deseñada AX1 convocada polo IES Arcebispo Xelmírez de Santiago e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, coordinados polo profesorado de Artes Plásticas.

► Día europeo contra a trata de seres humanos Conmemoramos o Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos con fins de explotación sexual, tratando de sensibilizar a comunidade escolar, e para iso achegamos datos estatísticos sobre esta terrible lacra social.

► Día Mundial da Animación Arredor do 28 de outubro, Día Mundial da Animación, programamos doce curtas con obras libres de dereitos de exhibición pública ou das que temos dereitos (para ver no Espazo TIC da biblioteca ou nas aulas durante titorías).

► Centenario da revista Nós e da Xeración Nós

Debido ás restricións derivadas da COVID-19, non puidemos conmemorar o Centenario da revista Nós e da Xeración Nós coa exposición interdisciplinar prevista no PLAMBE, no entanto achegamos información sobre o evento a través das aulas e do blog da Biblioteca. Agardamos poder desenvolver plenamente esta actividade o próximo curso.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021 - Páx. 9

► Exposición Proxecto Física Nuclear. ExposiciónHomenaxe a Ana Reboiro Desde o 27 de outubro ao 9 de novembro no vestíbulo do instituto puidemos desfrutar da exposición "Proxecto Física Nuclear, 75 aniversario de Hiroshima e Nagasaki. Historia, arte, ciencia e literatura". Exposiciónhomenaxe á coordinadora do proxecto, Ana Reboiro. A exposición e actividades complementares deberían terse celebrado en abril, mais a suspensión da actividade lectiva presencial debido á COVID-19 pospuxo a mesma. Fixémolo no primeiro trimestre, pero coas restricións derivadas do protocolo anti-covid-19 para o curso actual.

► Día de Xosé Neira Vilas De novo o noso centro sumouse á iniciativa da Fundación Xosé Neira Vilas de celebrar o 3 de novembro o "Día de Neira Vilas", ao abeiro da conmemoración do seu nacemento; e non está de máis lembrar a Marela dedicada a “Memorias dun neno labrego”, así como o “Encontro con Neira Vilas”, de 23 de abril de 2012.

► Día da ciencia en galego. Como todos os anos, celebramos o Día da Ciencia en Galego, e con el novembro pasou a ser o Mes da Ciencia en Galego dedicado neste caso a dous científicos, un estranxeiro, Robert Koch, e outro galego, Ernesto Viéitez Cortizo. Ademais, e aproveitando tal evento lembramos que o 8 de outubro se celebrou o Día da Ciencia en Galicia, dedicado á figura de Andrés Avelino Comerma y Batalla. A través da web da RAGC facilitamos máis información.

► Trama IRMAU: Clubs de Lectura Puxemos a andar os Clubs de Lectura da Trama Irmau. A tropa máis nova formou dous grupos diferenciados: Rabo Rizado e ABCD. Os de 1º do Bacharelato formaron o Club de lectura Irmau, así mesmo tamén se formou o Club de lectura do profesorado, E ti que les? Ao mesmo tempo, puxemos a andar o blog Trama Irmau dos Clubs de Lectura.

► VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada:

os premios Logo do aprazamento derivado da COVID-19, demos a coñecer as persoas gañadoras do VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada, que recaeron en Ana Novo Cuñarro en relato curto e Andrea Segade Rozas no apartado de poesía. A entrega de premios tivo lugar na Biblioteca, nun sinxelo acto condicionado polas medidas anti-COVID.

► Marela para A arte de trobar Editamos unha nova Guía de lectura, a nº 17, que se corresponde con A Marela Tarabela nº 28, dedicada neste caso á novela de Santiago Lopo A arte de trobar, de lectura obrigatoria en 1º do Bacharelato.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021 - Páx. 10

► VIII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral Convocamos o VIII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral, dirixido ao alumnado de ensino secundario, ciclos formativos de grao medio e FPB matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia. O cartel publicitario foi obra da alumna de 2º do Bacharelato de Artes Sara Capiscol Pérez, gañadora do Concurso de Carteis.

► Premio “Inspiraciencia” Informamos da boa nova de que o alumno de 1º do Bacharelato Adrián Llinares Juiz foi o gañador do concurso de relatos "Inspiraciencia", organizado polo CSIC, na categoría de 12 a 17 anos co relato "El amor es pura química... y la familia también".

► Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller Alumnado de 4º da ESO B, coordinado pola súa titora, Mª do Carme Frade, realizou un vídeo contra a violencia machista co gallo do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" so o título "A violencia é un virus, vacínate!", con montaxe do alumno Eduardo Roa Ezequiel. Asemade, desenvolveuse unha actividade consistente en crear unha nube de post-it de cores denunciando a violencia verbal, coa finalidade de reafirmar o lema de Non á Violencia de Xénero.

► Día Mundial da Sida Ao fío da conmemoración do Día Mundial da Sida, o 1 de decembro, os Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas achegáronnos nun dos paneis do recibidor do centro información sobre o virus da inmunodeficiencia humana, o VIH.

► 3-D. Día Internacional das Persoas con Discapacidade Ao fío da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o Departamento de Orientación propuxo, durante a hora de titorías, a proxección de curtametraxes sobre o tema a fin de concienciar o alumnado.

► Rexistro 25.500 Adoito celebramos cada 500 rexistros, tal feito que mostra o dinamismo da Biblioteca por estar constantemente actualizándose e atendendo, sobre todo, as demandas do alumnado. Neste caso, quixemos facer cadrar o número de Rexistro 25.500 co nº 1 dos Cadernos FICBUEU de Severiano Casalderrey, profesor de Música no noso IES, que nos achega unha análise, polo miúdo, d' A

Nouvelle vague a través das súas curtametraxes (1956-65). (1) É

a pantalla de TV que hai no vestíbulo e á que enviamos a información desde a biblioteca


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021 - Páx. 11

► Mención en Galiciencia Dos proxectos presentados en Galiciencia, un deles foi merecedor dunha Mención. O proxecto "Teiki - Aplicación de pedidos para cafeterías escolares" acadou a "Mejor valoración popular", creación de Andrea Estefanía Solís e Laura Cancela Castro, coordinadas polo seu titor Antonio Javier Lozano Formoso.

► Postais de Nadal O recibidor do instituto, tendo como fondo as postais participantes, serviu de marco para o acto de entrega de premios ao gañador, Samuel Portas Rocha, e ás tres finalistas do Concurso de Postais de Nadal 2020, Rebeca, Cora e Miriam.

► Cova prehistórica no Instituto Coordinado pola profesora Alba Payo Froiz, o alumnado de 1º da ESO A, B e D levou a cabo una inmersión no mundo da prehistoria a través da actividade: Mans en positivo / Mans en negativo, impregnando as palmas das mans nas paredes dunha cova prehistórica virtual.

► „Nós‟, palabra do 2020 Recollemos na Marela a nova de que o emblemático pronome persoal tónico NÓS foi escollido como palabra de noso do ano 2020, sen dúbida toda unha homenaxe á Xeración Nós que cumpre o seu centenario.

► Tex para a Marela BD Na Marela damos conta na véspera de Reis, de que a Marela BD subiu o último dos sete Texoni que adquirimos para a biblioteca. Unha homenaxe aos fumetti de Bonelli, a gran fábrica de cómic popular da excelente e non moi coñecida produción italiana.

► MSC-2020 En novembro e decembro de 2020 requiríuselle ao alumnado dos diferentes cursos e grupos da ESO, do bacharelato e da FPB a súa opinión sobre a situación sociolingüística do centro canto a lingua inicial e habitual e usos lingüísticos, a través de enquisas de método cuantitativo con preguntas pechadas ou estandarizas. O traballo de campo concretouse no Mapa Sociolingüístico do Centro (MSC-2020) , elaborado polo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega (ENDLG), o Departamento de Galego e a Biblioteca, coa colaboración da Dirección e do profesorado titor.

► A revista GRIAL en aberto Na Marela informamos de que coincidindo co 70 aniversario da fundación de Editorial Galaxia, a mesma pon a disposición de todos e de todas en formato PDF, na web da editorial, os 156 primeiros números da revista Grial, correspondendo os 100 primeiros á etapa dirixida por Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego (1963-1988), e os 56 restantes á etapa dirixida por Carlos Casares (1989-2002).


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021 - Páx. 12

► XIII Olimpíada do Saber Unha vez máis organizamos a Olimpíada do Saber, na súa decimo terceira edición. Participaron trece equipos, dos que catro abandonaron no decorrer da mesma, que se desenvolveu ao longo de catro semanas, resultando O quipo gañador: Adiviñadores gañador o equipo Adiviñadores. O éxito de participación, fainos concibir esperanzas para o futuro. Trataremos de recuperar o uso dos ordenadores para o concurso unha vez superada a pandemia.

► Día da Ilustración 2021. A emotividade visual das palabras Para conmemorar o Día da ilustración (o 30 de xaneiro, data que coincide co nacemento de Castelao) o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Artes, baixo a coordinación da profesora María Armada Rodríguez, agasallounos cunha selección de palabras galegas ilustradas que forman unha perfecta simbiose entre significado e estética visual da palabra elixida. Todo un canto a emotividade das palabras..

► Coa nosa xente Sección que dedicamos ao que foi alumnado de noso. Neste curso ofrecémoslle ao alumnado a posibilidade de coñecer ao progreso profesional de Alba Rozas coa súa primeira novela, A caída de Guiomar ; de Verónica Ledo Lançao, Natalia González Coego e Rocío Fernández González, galardoadas as dúas primeiras como Empresarias Innovadoras e a terceira no apartado de Mulleres en Movemento, as tres co gallo do 8M; de Carlos García Meixide, quen vén de recibir unha bolsa da Fundación Barrié para estudos de posgrao no estranxeiro; de María Dolores Varela Costa, neurocirurxiá pioneira en España de operar a columna desde o abdome, de María José Rielo Blanco, unha das máis recoñecidas fagotistas de Europa.

► Entroido. Concurso de carautas Malia ás restricións derivadas da COVID-19 celebramos o Concurso, o quinto, e exposición de Carautas de Entroido a cargo do Departamento de Artes Plásticas. As mesmas estiveron expostas nos paneis do vestíbulo do centro.

► Entroido : Habelas hainas!

Suevia, Martín e María coas súas respectivas carautas premiadas

Malia as restricións derivadas da pandemia, un pouco de Entroido non veu nada mal. Secasí que un grupo de bruxas-meigas se deu cita no instituto na compaña de algún que outro bruxo-meigo, preparadas para a celebración dun aquelarre anti-coronavirus.

► Día da lingua materna Celebramos o 21 de febreiro o Día da Lingua materna sen Tik-Tok pero coa lembranza de Valentín e Xela Arias, coa achega de Guadi Galego e recordando a quebra da transmisión da lingua galega, animando a superar os prexuízos.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021 - Páx. 13

► Día de Rosalía : Compartindo poemas Celebramos o Día de Rosalía coa actividade "Poemas para compartir". Que mellor agasallo que un poema de Rosalía!

► 8M. Día Internacional da Muller (I)

As carteiras e os carteiros antes do reparto

Conmemoramos o 8 de marzo coas seguintes actividades:  Marela para Senlleiras e o 8M Aproveitando a celebración do 8 de marzo (Día Internacional da Muller), editamos unha nova Guía de lectura, a nº 18, que se corresponde coa Marela nº 29, dedicada neste caso á novela de Antía Yáñez Senlleiras, que o Club de Lectura do Bacharelato leu.  8M : 13 mulleres que escribiron a historia en

feminino

A actividade, 13 mulleres que escribiron a historia en feminino, consistiu en iren as profesoras caracterizadas polas aulas explicando a figura feminina elixida: Rosie, a Remachadora, Elisa e Marcela, Simone de Beauvoir, Rosalind Franklin, María Blasco, Chimamanda N. Adichie, Cigarreira da Coruña, Teodora I, As dúas Marías, Maruxa Mallo e Marjane Satrapi. Toda unha variedade de perfís cun punto en común, o feito de seren mulleres que se enfrontaron a un mundo radicalmente machista.  8M : Coa nosa xente Achegamos o éxito persoal da xente de noso, como neste caso Verónica Ledo Lançao, Natalia González Coego e Rocío Fernández González que ao fío das actividades conmemorativas do 8 de marzo, foron galardoadas, Verónica e Natalia no apartado de Empresaria Innovadora e Rocío no de Mulleres en Movemento.  Mulleres na historia e BD Elisa e Marcela Recuperamos material que sobre "Mulleres na historia" elaborou no seu momento alumnado da ESO coordinados polo profesor Santiago Cerviño. Así mesmo, expuxemos as viñetas da novela gráfica “Elisa e Marcela” de Xulia Vicente que o Consello da Cultura Galega ofrece en aberto.  Encontro con María Sánchez Encontro en liña ao fío das actividades organizadas para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, con alumnado de 1º do Bacharelato e 4º da ESO integrante do Club de Lectura.  8M. A historia en feminino. 13 mulleres con

coraxe

Como xa anticipamos antes, o instituto recibiu virtualmente co gallo do Día Internacional da Muller un grupo de 13 mulleres con coraxe coa idea de fomentar a educación en igualdade de cara á eliminación das diferenzas de xénero. 

8M. 13 mulleres que escribiron a historia en feminino. 13 mulleres con coraxe : o libro

O libro "13 mulleres que escribiron a historia en feminino. 13 mulleres con coraxe", resultado da actividade conmemorativa do 8 de marzo supuxo toda unha reportaxe gráfica da actividade.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 14

► 8M : Día internacional da muller (II)  8M. 13 mulleres con coraxe : o vídeo Puxémoslle o ramo ao proxecto "13 mulleres que escribiron a historia. 13 mulleres con coraxe", conmemorativo do 8 de marzo, cun vídeo sobre a actividade nas aulas.  8M. Encontro con María González Flores O ramo á celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, puxémolo cun Encontro coa socióloga e feminista María González Flores, que achegou a alumnado de 1º do Bacharelato o coñecemento dos feminismos dun xeito moi ameno.

► Día Mundial da Poesía Celebrámolo o Día Mundial da Poesía, lembrando uns versos de Xela Arias do libro Intempériome. Recuperamos ademais a poesía visual Sermos poetas 4, do alumnado de 4º da ESO do curso 2018-19.

► Encontro co xeógrafo Horacio García O 23 de marzo tivo lugar un Encontro do alumnado de 1º do Bacharelato de HMC co xeógrafo Horacio García, que versou sobre "Xeografía, máis que capitais?”

► Biblioteca inclusiva (I) 20.000 leguas de viaxe baixo dos mares foi un agasallo da Asociación

Juan XXIII, que fixo doazón á nosa biblioteca de seis exemplares da novela, adaptada para a colección Lectura fácil, dentro do plan Biblioteca inclusiva e do proxecto de Plena inclusión Galicia. Contamos tamén coa colaboración de Misha Bies Golas.

► Día Mundial do Teatro Conmemoramos o Día Mundial do Teatro, ao abeiro da publicación da banda deseñada “As pombas de Carboeiro” de Inacio e Iván Suárez, con BSO de Benxa Otero e interpretada pola Banda de Lalín, e que reproduce en viñetas a obra que no seu día Fantoches Baj puxo en escena, protagonizada por Inacio e Benxamín Otero. Xa na Marela demos conta da posta en escena da que gozou o noso alumnado.

► Graffiti romanos

Actividade desenvolvida polo alumnado de 1º da ESO A, B e D; organizada e coordinada pola profesora Alba Payo, que nos achegou ao costume de escribir, raiar, pintar ou debuxar nas paredes dos edificios das rúas.

► Encontro con Educalecrín O alumnado da ESO tivo un Encontro con Verónica Ledo Lançao e Natalia González Coego de Educalecrín. As charlas e os obradoiros xiraron arredor do tema "Nova ética ecosocial: Unha educación diferente para un mundo diferente".


► Día do Libro

Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021 - Páx. 15

A fin de conmemorar o 23A, Día do Libro, desenvolvemos a actividade "A portada son eu / somos nós", coordinada por Luísa Areán e Uxía Nogueira, que uniu lectura e creación artística.

 A portada son eu, somos nós: os premios O xurado do Concurso "A portada son eu, somos nós" acordou por unanimidade outorgar o premio á Portada mellor completada (Quero ser escritor) a Samuel Fernández Fernández (1º da ESO D) e a Portada máis orixinal (Lo que nos contaron) a Giovana de Lara (1º da ESO D). 

A portada son eu, somos nós: a exposición

No acceso ao vestíbulo puidemos ver a Exposición "A portada son eu, somos nós".  A portada son eu, somos nós: o libro Editouse o libro "A portada son eu, somos nós", que recolle a actividade conmemorativa do Día do Libro.  Trama Irmau e o Día do Libro O Club de Lectura Trama Irmau, so a coordinación de Uxía Nogueira, conmemorou o Día do Libro coa realización dun vídeo que nos amosa unha visión multicultural do libro, con edición de Severiano Casalderrey.

► Día Mundial da Arte

Celebramos, ao abeiro da coordinación da profesora María Armada, o Día Mundial da Arte coa proposta ao alumnado do Bacharelato de Artes, da representación dun lugar que para eles significase algo, positivo ou negativo; para posteriormente escanar dita representación e encapsulala nun cubo. Lugares cubo foi o resultado.

► Encontro con Mario Pereira Encontro con Mario Pereira dos Clubs de lectura de 1º da ESO ABCD e Rabo Rizado arredor de "Contos para Manuela", quen lles falou de como xurdiron os mesmos, da súa experiencia como docente e do seu facer literario.

► Odisea 2021 O alumno de 2º do Bacharelato C, Melvin Ibarra Soto logrou o subcampionato no Concurso Odisea 2021.

► Encontro con Alba Rozas Encontro coa filóloga e escritora lalinense Alba Rozas ao fío da lectura da súa novela A caída de Guiomar por parte do Club de lectura que amosou moito interese e curiosidade, sobre o libro e sobre a propia autora

► Club de Ciencia O Club de Ciencia, que botou a andar no 2º trimestre da man de Luís Guitián, Mar Espinosa e Raquel Honrubia, amosounos os obradoiros desenvolvidos: Obradoiro de xabón, Obradoiro de cociña molecular, Obradoiro de identificación de ósos e reconstrución dun esqueleto humano e Obradoiro de elaboración dun ronsel para traballar sobre a densidade.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021 - Páx. 16

► Xadrez de alto nivel con David Lariño Nieto, campión de España Visitou o noso instituto o Gran Mestre de Xadrez David Lariño Nieto, campión de España absoluto na modalidade de clásica e varias veces na modalidade de xadrez rápido. O propósito da visita foi o de compartir experiencia e o de xogar ao longo da mañá unhas partidas simultáneas co alumnado de 1º da ESO que ten como materia optativa Xadrez, ademais de botar unhas partidas de exhibición de xadrez relampo.

► Itinerario da Memoria histórica de Lalín O alumnado de 4º da ESO B e C participou na actividade "Itinerario da Memoria histórica de Lalín", percorrido memorialista organizado e coordinado pola profesora Alba Payo, co obxectivo, sinala, de “espertar a memoria de Lalín a través do nomenclátor das rúas, a simboloxía falanxista e os cambios funcionais de certos edificios con fortes connotacións históricas ou o seu derrubamento especulativo, coa pretensión de evitar a desmemoria do próximo e ser unha homenaxe ás vítimas da Guerra Civil e da Ditadura” . Foron dúas as saídas, das mesmas demos conta a través da correspondente reportaxe gráfica 1 e da reportaxe gráfica 2.

► Biblioteca inclusiva (II) A profesora de PT, Eva Vázquez, co fin de fomentar a pedagoxía da inclusividade, achegounos unhas viñetas sobre un mozo con TDAH que reflexiona sobre si mesmo, concluíndo que é unha persoa como todas cos seus defectos e as súas virtudes.

► (re)Encontro con Adela Otero O luns 24 tivo lugar un Encontro con Adela Otero, máis ben Reencontro, pois Adela é xente de noso do alumnado de 1º do Bacharelato de Artes, sobre A viaxe do audiovisual.

► II Concurso Ilustración Científica Convocado polos departamentos de Bioloxía e Debuxo do IES Ramón Mª Aller Ulloa celebrouse o II Concurso Ilustración Científica. O 1º premio do certame foi para Ana Victoria Pérez Vallejos e o 2º para Rebeca Ojea de Pinho, alumnas de 3º da ESO e de 1º do Bacharelato, respectivamente.

►"Iceberg" de Yara Juncal contra a desigualdade e a violencia de xénero Alumnado e profesorado de 3ºB, 4ºB e 4ºC asistiu ao espectáculo de danza “Iceberg”, de Yara Juncal, actividade promovida pola Deputación dentro do programa Mulleres en Acción: Violencia Zero 2020-2021.

► Pandemias A Exposición Proxecto Pandemias, iniciativa interdisciplinar, achegounos información de forma moi atraente sobre o mecanismo de infección do SARS COV2 e as medidas de prevención xerais, das trolas que hai arredor das vacinas, do que as redes socias como Instagram din a respecto das pandemias, das máis sobranceiras pandemias da historia, do reflexo na literatura e da relación entre pandemias e arte; co obxectivo de concienciar o alumnado do coñecemento da problemática e de que sexa activo partícipe da dinámica solidaria. E co libro Pandemias.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021 - Páx. 17

► Día Mundial do Brincar Conmemoramos o 28 de maio, Día Mundial do Brincar, un dereito establecido na Convención sobre os dereitos das nenas e os nenos, propoñendo media ducia de vellos compañeiros do noso catálogo sobre xogos tradicionais.

► Encontro con Antía Yáñez O venres, 28, tivo lugar o dobre encontro programado dos Clubs de lectura con Antía Yáñez, ao fío da lectura de Senlleiras por parte dos Club de Bacharelato e do profesorado e d' O misterio de Portomarín polo Club de 1º e 2º da ESO. En ambos casos o encontro resultou ameno participando activamente os diferentes clubs, sobre todo os máis cativos que amosaron moita complicidade coa escritora.

► Encontro con José Palacios Aguilar O venres, 28, tivo lugar o programado Encontro co doutor en Educación Física José Palacios Aguilar do alumnado de 4º da ESO de Bioloxía. O relatorio-obradoiro serviu para adestrar o alumnado en RCP e primeiros auxilios. Desenvolvéndose as dúas sesións dun xeito áxil e ameno e con total implicación do alumnado. A organización e coordinación do Encontro correo a cargo de Raquel Honrubia.

► Cantos do Entroido de Lalín e Romances de cego. Os carteis de cordel Seguindo o fío da literatura de cordel, dixitalizamos os Carteis de cego que serviron de ilustración aos Cantos do Entroido de Lalín no período que vai de 1985 a 1991.

► Encontro con Marcos Calveiro O luns, 31 de maio, tivo lugar un Encontro co escritor Marcos Calveiro do alumnado de 1º do Bacharelato A, arredor das novelas Fontán e O xardineiro dos ingleses, que serviu de ramo ás actividades conmemorativas do 17M. Ao fío do encontro unhas reflexións do alumnado.

► IV Olimpíada Galega de Historia O equipo A cuádrupla alianza dos guerreiros de Cristo, coordinado polo profesor Jorge Cepeda e integrado por Alba Fernández Blanco, Rodrigo Fernández Fernández, Xulia Ferradás Rodríguez, e Antía Framiñán López de 4º da ESO chegou a semifinais, acadando un dos diplomas na IV Olimpíada Galega de Historia.

► Cando nada é o que parece Cando nada é o que parece resultou ser unha enxeñosa actividade organizada e coordinada pola profesora María Armada e desenvolvida polo alumnado de 2º do Bacharelato de Artes a partir de intervir nunha zona común do centro creando unha realidade ficticia que invite a imaxinar unha nova concepción do espazo onde se visualice. O obxectivo de todas estas actividades é integrar artes e letras nas propostas científicas, como veremos logo no apartado Toc-Toc_A-Ciencia

Xogos de nenos (1560): Pieter Bruegel, o vello.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021 - Páx. 18

► Webcómics.

Xa comentamos en memorias anteriores que, na procura de proporcionar materias complementarios e alternativos á nosa comunidade, temos unha actividade de selección e promoción de webcómics co título xenérico de LiterIatura. Con ela difundimos un tipo de documento atractivo, gratuíto e de gran potencial. LiterIatura, publicada n’A Marela Tarabela sérvenos para:  Presentarmos diversos sitios de cadriños moi interesantes para múltiples actividades.  Mostrármolas a través do tema do libro e a lectura. un tema dos moitos que tratan, pero que é especial para nós. Ampliando o tema, pero sen variar o propósito iniciamos hai dous cursos a sección CienciAtiras no noso blogue Toc-toc_A Ciencia. Trátanse de tiras ou cadriños no que o tema xira arredor da ciencia e a tecnoloxía.

► VIII Concurso Literario “Mª Vitoria Taboada”

Como xa indicamos con anterioridade, organizamos, xunto ao Departamento de galego e o ENDL, a oitava edición do concurso de poesía, relato e sketch teatral, de novo ampliándoo ao ámbito autonómico, como homenaxe á nosa compañeira. O cartel publicitario foi obra da alumna Sara Capiscol Pérez, gañadora, como xa comentamos, do concurso de carteis. Os premios do VIII Concurso Mª Vitoria Taboada foron, na categoría de poesía, para Andrea Segade Rozas; na categoría de relato curto, para Ana Novo Cuñarro; cun Accésit para Vicente José Mosquera Valero; ficando deserto o premio de sketch teatral. Os traballos premiados pódense ler, como sempre, n’A Marela Tarabela e serán impresos con ilustracións do alumnado do Bac. de Artes. A entrega de premios realizouse o 28 de maio nun sinxelo acto (polo protocolo da COVID-19) celebrado na Biblioteca. Iso si, contamos coa impagable presenza de Antía Yáñez, que fixo entrega dos premios.

► Día das letras galegas.

 17M Conmemoramos o Día das letras galegas lembrando a figura de Xela Arias a través da reprodución dos carteis da exposición “Xela Arias. Asinamos ser libres” no espazo Recanto das Letras Galegas, co Club de Lectura sumándose ao evento e outras recomendacións. 

Recitando a Xela

Recitando a Xela é o recoñecemento e a homenaxe que o noso instituto

rende a Xela Arias co gallo do Día das Letras Galegas. O vídeo achéganos á dimensión humana e literaria da homenaxeada. A realización contou coa impagable coordinación e asistencia técnica de Carmen, Lara e Uxía. O obxectivo é que Recitando a Xela, edición de Severiano Casalderrey, sirva para incrementar a presenza acotío da lingua galega na mocidade.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 19

► Encontros con...

Xa mencionamos, noutros apartados, os encontros con diversos científicos e autores literarios. Nun e noutro caso, resulta unha actividade rendíbel cando se celebra despois dun traballo preparatorio previo. Ese é criterio principal á hora de organizármolos. A seguir uns exemplos:

Yolanda Pazos no Encontro sobre O fitoplancto na nosa vida

María González Flores no encontro sobre Feminismos

Un momento do Encontro con Horacio García sobre Xeografía, máis que capitais?

Imaxe do Encontro con Educalecrín Encontro coa filóloga e escritora Alba Rozas

Encontro con Juan Casto Rivadulla sobre O mundo na túa cabeza

Encontro con Adela Otero sobre A viaxe do audiovisual Álvaro López Valiñas nun momento do relatorio “Microbioloxía e patóxenos”

Un momento do Encontro con Antía Yáñez

Imaxe do Encontro con José Palacios Aguilar

Encontro co Mario Pereira arredor de Contos para Manuela

Encontro co escritor Marcos Calveiro Encontro co campión de xadrez de España David Lariño Nieto


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 20

Publicacións, blogs, wiki...

Mantemos a chama da nosa primeira publicación A marela tarabela, como boletín impreso. Este ano, recolleu, como xa vimos, dúas guías de suxestión, A arte de trobar de Santiago Lopo (Guía de lectura nº 17, A Marela Tarabela nº 28); e Senlleiras de Antía Yáñez (Guía de lectura nº 18, A Marela Tarabela nº 29); ademais a raíz do Encontro con Marcos Calveiro, reimprimimos a guía de lectura O xardineiro dos ingleses. Así mesmo, como xa demos conta, editamos e presentamos o libro do VII Concurso literario “Mª Vitoria Taboada”. Premios 2020, con ilustracións de alumnado de 2º de Bacharelato de Artes. Exemplos de libros editados: Proxecto Física Nuclear, 75 aniversario de Hiroshima e Nagasaki. Historia, arte, ciencia e literatura... Mapa Sociolingüístico do Centro (MSC-2020) Día da Ilustración. A emotividade visual das palabras 8M. 13 mulleres que escribiron a historia en feminino... 23-A : Día do Libro. A portada son eu, somos nós Graffiti romanos Día Mundial da Arte. 13-A. Lugares cubo II Concurso Ilustración Científica IES R. Mª Aller Ulloa Pandemias Cantos de Entroido de Lalín e Romances de cego. Os carteis de cordel Cando nada é o que parece Exemplos de vídeos editados: A violencia é un virus, vacínate! 8M. 13 mulleres con coraxe... Día do Libro 2021 Recitando a Xela Lavado de mans axeitado Seguimos mantendo (e colaborando) con: A marela tarabela (edición dixital). O noso veterano blog vai collendo novo perfil e adquirindo novas funcións: ora o usamos como lanzadeira de contidos audiovisuais libres de dereitos de exhibición pública, ora ofrecemos repertorios temáticos ou seleccións de materiais. Ao fío de... , serie compartida co Toc-toc que está dando bos resultados. Solicitámoslle a un alumno ou grupo unha crónica dos Encontros con..., que debe servir de modelo para este tipo de documentos. A Marela BD. A Marela BD é o catálogo en liña da nosa colección de BD, con máis de mil publicacións, referidos a máis de mil catrocentos volumes e con arredor de catro mil cen referencias. Comezámolo en abril de 2012 e, este ano, seguimos coa publicación dos fondos de BD. Toc-toc-A Ciencia. Céntrase fundamentalmente na actividade xerada pola accións acollidas baixo o mesmo nome e procura dar ligazóns aos materiais que imos xerando. Tamén inclúe suxestións de lectura ou recomenda sitios web. A Gaiola de Faraday. Blog que pretendemos retomar o próximo curso. Wikirmau. É o wiki de lecturas do centro, deseñado desde o Proxecto Lector. Youtube do IES Aller Ulloa. O noso espazo para subir vídeos das actividades escolares e extraescolares. Facebook do IES Aller Ulloa. Rede social coa que compartimos a información recollida nos blogs. Trama Irmau, blog dos Clubs de lectura.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 21

► Na procura de información Baixo este apartado incluímos dous clásicos e retomamos outro:

1. Unidade didáctica O libro que buscas. Renovamos a unidade didáctica. O material empregado pode verse e consultar na nosa Web en Biblioteca/Formación Documental. Tamén O título que buscas: guía de uso da biblioteca.

2. XIII Olimpíada do saber. Nun principio estaba previsto desenvolver integramente en Moodle a mesma, pero unha serie de atrancos motivou que o evento se realizase de xeito tradicional, malia a adquisición hai xa uns cursos de novos equipos e a mellora no funcionamento da rede. No entanto, como xa indicamos con anterioridade desenvolveuse con bastante éxito.

3. Concurso de cultura clásica Odisea 2021. Este curso, como xa comentamos, participou un alumno de 2º de Bacharelato que, coordinado polo profesor Servando Lois, logrou o subcampionato. Agardamos participar de novo o próximo curso.

► Hora de ler. Desenvolveuse en toda a ESO e FPB, con sesións diarias de 20 minutos. Mantivemos o modelo de lectura do curso anterior: cada día/semana a sesión de ler vai escalando unha hora no horario. Iso significa que a cada materia lle toca organizar a sesión cada dous meses aproximadamente.

► Clubs de lectura: A Trama IRMAU A Trama IRMAU (rede de clubs de lectura do noso IES) funcionou nos marcos consolidados en cursos anteriores. Dado que é obxecto da súa programación e memoria específicas, remitímonos a estas para máis detalles.

► Proxecto lector (PL) e Plan Anual de Lectura

(PAL)

Tanto o PL como o PAL poden ser consultados na nosa web.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 22

Toc-toc_A-Ciencia Esta nosa actividade chegou ao seu oitavo ano e o resultado segue sendo moi satisfactorio. Neste curso seguimos a propoñer acompañala de máis actividade humanística e artístico literaria. Nese sentido avanzamos correctamente. Proxecto Física Nuclear, 75 aniversario de Hiroshima e Nagasaki. Historia, arte, ciencia e literatura, XI Día da Ciencia en Galego, Encontro con Roc Olivé: Ilustraciencia, Día Mundial da Sida, Galiciencia en liña, 11F (Encontro con Yolanda Pazos...), 8M (Día Internacional da Muller), Día Internacional de π, Prácticas con bacteriófagos na USC, Encontro con Horacio García, Nova ética ecosocial con Educalecrín, Encontro con Juan Casto Rivadulla e “O mundo na túa cabeza”, Club de Ciencia, Encontro con Álvaro López Valiñas sobre “Microbioloxía e patóxenos”, II Concurso Ilustración Científica, Pandemias... favoreceron esa relación, baixo o lema de: Mundo con-ciencia. 1º trimestre

Schrödinger: non era o gato, era a caixa Unha lúdica reflexión sobre que o animal máis famoso da física sexa o gato de Schrödinger.

Proxecto Física Nuclear. Exposición-homenaxe a Ana Reboiro. Desde o 27 de outubro ao 9 de novembro no vestíbulo do instituto puidemos gozar da exposición "Proxecto Física Nuclear, 75 aniversario de Hiroshima e Nagasaki. Historia, arte, ciencia e literatura". Exposición-homenaxe á coordinadora do proxecto, Ana Reboiro. Actividade desenvolvida co gallo do 75 aniversario do lanzamento das bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki.Mención á parte merecen os carteis: Bombas sobre Lalín (o que faltaba!).

Con B de Ciencia (9) : Un planeta, un desafío. A COVID-19 desde o reto sanitario en BD, obra en aberto do Gen Z Group.

XI Día da Ciencia en Galego Conmemoramos o Día da Ciencia en Galego, e con el o Mes da Ciencia en Galego. Ao fío de tal conmemoración, o Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) propuxo dedicarlle dito Mes da Ciencia a dous científicos, un estranxeiro, Robert Koch, e outro galego, Ernesto Viéitez Cortizo. Ademais, lembramos o Día da Ciencia en Galicia, dedicado á figura de Andrés Avelino Comerma y Batalla.

Encontro con Roc Olivé: Ilustraciencia O encontro co ilustrador científico Roc Olivé Pous xirou arredor da importancia da ilustración como medio de divulgación e comunicación das investigacións científicas. Mágoa que se perderan as fotos.

Premio "Inspiraciencia" do CESIC para Adrián Llinares Juíz Moito gustamos do éxito do alumno de 1º do Bac. Adrián Llinares Juiz gañador do concurso de relatos "Inspiraciencia", organizado polo CSIC, co relato "El amor es pura química... y la familia también".


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 23

Toc-toc_A-Ciencia 1º trimestre (cont.)

Día Mundial da sida: o VIH  Ao fío da conmemoración do Día Mundial da Sida, os Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas achegáronnos información sobre o virus da inmunodeficiencia humana, o VIH. A maiores, a profesora Raquel Honrubia elaborou un mural informativo sobre as fases da enfermidade do VIH e o seu tratamento.

Galiciencia 2020  A edición deste ano de Galiciencia foi en liña. Dentro dos proxectos de Secundaria, o noso centro participou con tres: "Viaxe ao centro dunha folla", "COV-Virtual: la aplicación de gestión del COVID-19 en centros educativos" e "Aplicación para el Control de Casos Covid -19 en los centros escolares (3Covid+)", recibindo este último proxecto de Andrea Estefanía Solís e Laura Cancela Castro unha mención. 2º trimestre

11F: Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia Celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, con diversas actividades coordinadas polo Departamento de Bioloxía:  Encontro con Yolanda Pazos. Ao fío da conmemoración do 11F, contamos coa oceanógrafa da USC Yolanda Pazos, que disertou sobre O fitoplancto nosa vida co alumnado de 1º do Bacharelato de Ciencias  Mesa redonda organizada polos centros singulares da USC: CiQUS, CIMUS, CiTIUS e IGFAE, coa participación de científicas de distintos ámbitos, que lles falaron ao alumnado do 1º do Bac. de Ciencias das súas experiencias e dos seus traballos de investigación, así como das oportunidades de futuro. A coordinación foi de Natalia Fernández.  “As ciencias escríbense en feminino”, xornada divulgativa en liña para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, organizada polo Concello de Santiago, a través do CEXTEC e Talentia Summit, destinada ao alumnado do STEMBach (1º e 2º). A coordinación foi de Raquel Honrubia.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 24

Toc-toc_A-Ciencia 2º trimestre (cont.)

Termos esenciais de vacinas e termos relacionados coa pandemia da COVID-19.  O Servizo de Normalización Lingüística da USC presentou un vocabulario en liña de rexistros do ámbito dos antíxenos e da inmunización, que complementa o relacionado coa pandemia da COVID-19. información esta moi necesaria para o alumnado e a comunidade educativa, en xeral.

8 de marzo : Día Internacional da Muller 

Ao fío da celebración do Día Internacional da Muller, xurdiu por parte dun grupo de profesoras a idea de reivindicar o papel da muller na historia a fin de fomentar a educación en igualdade de cara á eliminación das diferenzas de xénero. O resultado foi 13 mulleres que escribiron a historia en feminino, consistente en iren as profesoras caracterizadas polas aulas explicando a figura feminina elixida. E no ámbito científico foron caracterizadas María Blasco e Rosalind Franklin. 8M. A historia e a ciencia en feminino : Reportaxe gráfica da caracterización de María Blasco e Rosalind Franklin.

Día Internacional de π 

Conmemoramos o Día Internacional de π lembrando seis dos grandes matemáticos da historia. Así mesmo recordamos o "Arco da vella de π" e recuperamos os carteis alusivos á Historia do número π.

Prácticas con bacteriófagos na USC 

O alumnado do STEMBAC de 2º do Bacharelato realizou na Facultade de Bioloxía da USC unha práctica de laboratorio con bacteriófagos, os virus que infectan bacterias, dirixida polo profesor López Romalde, catedrático de Microbioloxía desta facultade. Completaron a visita cunha visita ao Museo de Historia Natural da USC.

Encontro co xeógrafo Horacio García 

O xeógrafo Horacio García achegou ao alumnado unha atractiva visión da Xeografía, a partir da pregunta, que é a Xeografía? Durante a exposición, o alumnado puido ver en directo un velocímetro, un higrómetro, un anemómetro e un medidor láser de distancias.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 25

Toc-toc_A-Ciencia 3º trimestre

O Aller revolucionará a electroforese ao optimizar e dixitalizar o proceso. 

Recibimos a nova do premio a este proxecto innovador dirixido pola profesora Raquel Honrubia e o profesor Javier Lozano, que incluirá a creación dun adaptador e unha aplicación informática.

Encontro con Educalecrín.  O alumnado da ESO tivo un Encontro con Verónica Ledo Lançao e Natalia González Coego de Educalecrín. As charlas e os obradoiros xiraron arredor do tema "Nova ética ecosocial: Unha educación diferente para un mundo diferente".

Encontro co neurocientífico Juan Casto Rivadulla : O mundo na túa cabeza.  Encontro do alumnado de 4º da ESO de Cultura Científica co neurocientífico Juan Casto Rivadulla Férnandez so o lema "O mundo na túa cabeza”.

Club de Ciencia  O Club de Ciencia, que botou a andar no 2º trimestre da man de Luís Guitián, Mar Espinosa e Raquel Honrubia, amosounos os obradoiros desenvolvidos: Obradoiro de xabón, Obradoiro de cociña molecular, Obradoiro de identificación de ósos e reconstrución dun esqueleto humano e Obradoiro de elaboración dun ronsel para traballar sobre a densidade.

Encontro con Álvaro López Valiñas  O alumnado de 1º do Bacharelato tivo un Encontro co biotecnólogo molecular Álvaro López Valiñas. O relatorio levou por título "Microbioloxía e patóxenos", centrándose nas nas grandes pandemias da historia (varíola, peste negra, gripe española), na pandemia actual SARS-Coronavirus2 e en como evitar as futuras pandemias.

II Concurso Ilustración Científica 

Convocado polos departamentos de Bioloxía e Debuxo celebrouse o II Concurso Ilustración Científica, 2021. O 1º premio do certame foi para Ana Victoria Pérez Vallejos e o 2º premio para Rebeca Ojea de Pinho. O xurado destacou a calidade das ilustracións.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 26

Toc-toc_A-Ciencia 3º trimestre (cont.)

Presentación dos traballos de investigación do STEMBACH  O alumnado de 2º do STEMBACH púxolle o ramo

aos cursos coa presentación dos seus traballos de investigación: Análise bioinformática e secuenciación dun xenoma bacteriano, Determinación concentración mínima inhibitoria de colutorios en cultivos bacterianos e Viaxe ao centro dunha folla.

Galiciencia 2021  Unha vez máis o noso centro presentou proxectos ao certame científico Galiciencia que se desenvolveu en liña. Tres foron os proxectos presentados na categoría de Secundaria: Os riles , máquinas perfectas, de Aroa Fernández Fernández e Noa Fernández Iglesias; Teiki. 2.0. Sistema automatizado de pedidos, de Laura Cancela Castro e Andrea Estefanía Solís Iglesias; e Sillu. Sistema de vixilancia para o gando, de Ann Jolie Lourido Pose e Adrian Hermida Rozas.

Encontro con José Palacios Aguilar.  O alumnado de 4º da ESO de Bioloxía asistiu ao programado Encontro co doutor en Educación Física José Palacios Aguilar. O relatorio-obradoiro versou sobre RCP e primeiros auxilios. A actividade foi organizada e coordinada pola profesora Raquel Honrubia.

Pandemias  A Exposición Proxecto Pandemias, achegounos información de forma moi atraente sobre o mecanismo de infección do SARS COV2 e as medidas de prevención xerais, das trolas que hai arredor das vacinas, do que as redes socias din a respecto das pandemias, das máis sobranceiras pandemias da historia, do reflexo na literatura e da relación entre pandemias e arte; co obxectivo de concienciar o alumnado do coñecemento da problemática e de que sexa activo partícipe da dinámica solidaria. E co libro.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 27

7. Grao de cumprimento dos obxectivos propostos 1. Valoración A biblioteca, coordinada polo profesor José Payo Cangado, desenvolveu con normalidade a súa propia programación e coordinou e colaborou nas diferentes actividades realizadas no centro. De todo isto dáse conta na presente Memoria. Canto ao horario de apertura, a Biblioteca estivo aberta durante o horario lectivo da mañá de 8.50 a 14.30, todos os días. No entanto, debido o protocolo anti-COVID-19, no se abriu polas tardes como outros cursos que era atendida por persoal da EOI e do equipo de biblioteca. Isto motivou que os préstamos á EOI se fixesen na propia aula, previa demanda do alumnado. Con todo, memoria tras memoria gústanos subliñar que, malia ir cambiando, o profesorado da EOI sempre presentou unha total integración e implicación no funcionamento da biblioteca, que agardamos se faga de novo efectiva o vindeiro curso. Para isto e toda a xestión de dinamización, este curso o Equipo de Apoio contou con vinte e catro sesións semanais (dezaseis menos que o curso pasado), das que quince corresponden ao responsable, malia que na práctica son moitas máis. Salientar que a maior afluencia á Biblioteca se produciu nos recreos dos tres primeiros cursos da ESO. Neste curso o Espazo Multimedia da Biblioteca, de sempre moi empregado polo profesorado e o alumnado, estivo restrinxido debido ás medidas contra a COVID -19. Por último sinalar que a cantidade de documentos cos que conta a Biblioteca acada a cifra de 25.987. Este curso, a 3 de xuño, catalogáronse 654 documentos (libros, películas...), unha cifre algo inferior á do curso anterior, que no entanto cos fondos aínda sen fichar podemos superar. Canto aos obxectivos previstos no PLAMBE, os mesmos cumpríronse case na súa totalidade, fica algún proxecto adiado para o próximo curso, caso do Proxecto conmemorativo do Centenario da Xeración Nós, que por falta de espazo e seguindo os protocolos antipandemia acordamos pospoñer, tal e como xa comentamos nesta Memoria No entanto, si se realizaron outros moitos que foron xurdindo ao longo do curso como detallamos nesta Memoria.

2. Táboa de 0 a 5 sobre a valoración da implicación e participación da comunidade educativa (profesorado, alumnado, equipo directivo, familias) nas propostas da biblioteca escolar: Sector

Valoración de menor a maior implicación

Alumnado

5

Profesorado

5

Equipo directivo

5

Familias

1

Fica claro que hai que potenciar unha maior implicación das familias, que este curso deixamos de lado por mor das medidas de prevención da COVID-19.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 28

8. Breve descrición das actividades desenvolvidas 1. Descrición das mesmas Ao longo desta memoria xa demos conta das actividades desenvolvidas ao abeiro da organización, coordinación e colaboración da Biblioteca. A seguir uns exemplos: 1. Día Europeo das Linguas 2. BD no IES Aller Ulloa 3. Día Mundial da Animación. 4. Exposición Proxecto Física Nuclear. Exposición- Homenaxe a Ana Reboiro 5. Día de Xosé Neira Vilas 6. Día da ciencia en galego. 7. Trama IRMAU: Clubs de Lectura 8. VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada: os premios 9. Marela para A arte de trobar 10. VIII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral 11. Premio “Inspiraciencia” 12. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller 13. Día Mundial da Sida 14. Día Internacional das Persoas con Discapacidade 15. Galiciencia 2020 16. Postais de Nadal 17. Cova prehistórica no Instituto 18. MSC-2020 19. XIII Olimpíada do Saber 20. A revista GRIAL en aberto 21. Día da Ilustración 2021. A emotividade visual das palabras 22. Coa nosa xente 23. Entroido. Concurso de carautas e Habelas hainas! 24. 11F. Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (Mesa redonda e As ciencias escríbense en feminino) 25. Encontro coa oceanógrafa Yolanda Pazos (O fitoplancto nosa vida) 26. Día da lingua materna 27. Día de Rosalía : Compartindo poemas 28. 8M. Día Internacional da Muller. Actividades: Marela para Senlleiras e o 8M, 13 mulleres que escribiron a historia en feminino (con libro e vídeo incluídos), Coa nosa xente, Mulleres na historia e BD Eli sa e Marcela, Encontro con María Sánchez, Encontro con María González Flores. 29. Día Internacional de Π 30. Prácticas con bacteriófagos na USC

31. 32. 33. 34. 35.

Día Mundial da Poesía Encontro co xeógrafo Horacio García Biblioteca inclusiva Día Mundial do Teatro Día do Libro: "A portada son eu, somos nós". 36. Trama Irmau e o Día do Libro 37. Graffiti romanos 38. Encontro con Educalecrín: "Nova ética ecosocial: Unha educación diferente para un mundo diferente". 39. Encontro con Juan Casto Rivadulla: "O mundo na túa cabeza". 40. Día Mundial da Arte: “Lugares cubo”. 41. Encontro con Mario Pereira 42. Odisea 2021 43. Encontro con Alba Rozas: A caída de

Guiomar

44. Club de Ciencia. Obradoiros 45. Xadrez de alto nivel con David Lariño Nieto, campión de España. 46. Encontro con Álvaro López Valiñas: "Microbioloxía e patóxenos". 47. Itinerario da Memoria histórica de Lalín 48. (re)Encontro con Adela Otero: “A viaxe do audiovisual”. 49. II Concurso de Ilustración Científica 50. "Iceberg" de Yara Juncal contra a desigualdade e a violencia de xénero. 52. Pandemias 53. Encontro con Antía Yáñez 54. Encontro con José Palacios Aguilar: “RCP e primeiros auxilios”. 55. Investigacións do STEMBAC 56. Galiciencia 2021 57. Día Mundial do Brincar 58. Literatura de cordel: Cantos do Entroido de Lalín e Romances de cego 59. IV Olimpíada Galega de Historia 60. Encontro con Marcos Calveiro 61. Cando nada é o que parece 62. Día das letras galegas: “Xela Arias. Asinamos ser libres” e “Recitando a Xela”. 63. Webcómics: LiterIatura e CienciAtiras.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 29

9. Avaliación das actividades e do funcionamento dos servizos da biblioteca e previsións de futuro 1. Actividades propostas que deben manterse ou adaptarse no futuro: Nas Consideracións previas a este Memoria-2021, xa demos conta da problemática que en parte afectou de novo a este curso, dado que houbo algún proxecto do PLAMBE que non puido ser executados debido ao protocolo anti-COVID-19, caso do Centenario da Xeración Nós Canto ás actividades, seguiremos cada vez máis a aproveitar o material xa confeccionado e empregado, como neste curso que recuperamos material para as exposicións “Proxecto Física Nuclear: 75 aniversario das bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki”, “Día de Xosé Neira Vilas”, “Día Internacional de Π” ou “Día Mundial da poesía”. Estas experiencias e a acumulada no Toc-toc_A Ciencia serviunos para facer un par de reflexións. Unha, que seguiremos a aproveitar cada vez máis o material confeccionado en anos anteriores, o que supón un incremento no aproveitamento de recursos. Outra, que temos a sospeita que a vella tendencia bibliotequeiro da acumulación pode afectar a algunha actividade como estas; é polo que seguiremos a avaliar ese risco. Non obstante, os resultados obtidos ata o momento son óptimos. E dentro desta práctica trataremos de desenvolver o próximo curso as actividades que nun puideron realizarse neste, sobre todo o “Proxecto: Centenario xeración Nós” polo seu significado.

2. Funcionamento dos servizos da biblioteca 1. A situación de complexidade coa que se iniciou o curso a causa da COVID -19, a BE, como centro creativo de aprendizaxes e viveiro de cidadanía, procurou tendo en conta medidas especiais de prevención, que o funcionamento dos servizos da biblioteca fosen os máximos posíbeis no marco da comunidade educativa. A este respecto, só mantivemos o horario de apertura da BE de mañá, con menos profesorado de garda designado para seguir funcionando como “espazo de encontro” e “espazo de acompañamento na lectura e no tratamento da información”, debido ás necesidades protocolarias do centro, e sempre cumprindo cos protocolos sanitarios, tal e como recollen nas Normas de uso da Biblioteca para o curso 2020-2021. 2. Seguiremos traballando na Biblioteca inclusiva en colaboración, sobre todo co departamento de Orientación. Deste proceso xa damos conta na presente Memoria. 3. Analizaremos, en colaboración co profesorado dos ciclos de informática, a situación da alfabetización mediática e informacional da comunidade educativa, avaliando se a BE precisa dunha revisión da súa colección, centrada na necesidade de reforzar o seu carácter híbrido (analóxico e dixital), que xa puxemos en marcha hai tres cursos; e se é posible, caso de ser necesario, deseñar programas urxentes de alfabetización mediática e informacional para o alumnado e outros membros da comunidade escolar. 4. Por último, no PLAMBE 2021-2022 incluiremos aquelas actividades ou proxectos non executados ou rematados no curso 2020-2021, recollidas nesta Memoria.

2. Previsións de futuro 1. Unha vez superada a pandemia e coa volta á normalidade académica, recuperaremos o horario de tarde na apertura da biblioteca, contando como sempre coa colaboración de profesorado do equipo da biblioteca e do da EOI. 2. Reactivaremos o proceso de colaboración coas familias coa achega de información sobre o funcionamento da biblioteca, aberta non só á toda a comunidade educativa senón que tamén a todas aquelas persoas que soliciten dos noso servizos como subministradores de lectura. 3. Seguiremos impulsando a biblioteca dixital como complemento do soporte base tradicional.


Biblioteca Mario Pereira. “IES R. Mª Aller Ulloa” Lalín - Memoria 2020-2021- Páx. 30

Memoria da Biblioteca Mario Pereira do IES Ramón Mª Aller Ulloa - Lalín En Lalín, a 7 de xuño de 2021. O Coordinador da Biblioteca

José Payo Cangado Vº e Pr. A Directora

Juana Mouriño Otero


Biblioteca Mario Pereira IES Ramón Mª Aller Ulloa. Lalín


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.